Declarou por fin a Infanta e con grande expectación, ela nada non sabía todo o fixo por amor.
Moi bos días teñan todos xa estamos en Marín, baixamos desde O Sequelo e chegamos logo aquí.
Celebrar as Olimpiadas no 2020 non puido ser, si quedou ben demostrado o noso nivel de inglés.
Un ano xa vai alá que parece repetido, poucas cousas melloraron nós seguimos insistindo.
No seguinte informe PISA á cabeza imos estar cos consellos de Dona Ana tomando un “relaxing cup”.
Chove que chove este ano cicloxéneses sen parar, tivemos que ir en piragua para as flores atopar.
Menos mal! Que queda o fútbol porque é moi entretido olvidámonos de todo mentras vemos os partidos
Máis non foi dificultade a auga non nos pon medo, sabede que algunha vez xa se inundou o colexio. O noso cole vai velliño 40 anos cumple xa, isto é cousa importante que temos que celebrar. Non se fien das aparencias está ben modernizado, con pizarras dixitais en cada aula contamos. Para o cumple do colexio pedimos como agasallo arranxar un pouco o patio para non facernos dano. Aínda que estamos en crise pediremos algo máis mellor conexión á rede para mellor traballar. Esta crise é infinita parece non acabar se os políticos son os mesmos nin no 3000 vai rematar. A unha viaxe no tempo eles nos queren levar pois cada lei que reforman imos 100 anos pa atrás. Empezou o señor Wert por cambiar a educación, pensou que a nova LOMCE ía ser moito mellor. O curso que ven xa empeza ben podemos estudar, pois se codos non poñemos lonxe non imos chegar.
O ministro de Interior pensou en nos “protexer”, a toda a cidadanía tamén fixo nova lei.
Sen falar do noso pobo non nos iremos de aquí sempre pasan moitas cousas nesta vila de Marín.
Vaiamos ben dereitiños dun en un sen agrupar non vaia ser que “alguén” pense nos imos manifestar.
Limparon as beirarrúas e quedaron moi blanquiñas, procuremos entre todos que sigan así limpiñas.
E atención manifestantes hai que poñer protección, que os antidisturbios tiran pelotas a mogollón.
Moita xente irresponsable saca o can a pasear na rúa queda o “regaliño” que o animaliño fai.
Vendo que as novas leis daban moito que falar, o ministro Gallardón non quixo quedar atrás.
O paseo do peirao necesita reparación estragaronse as farolas e falta iluminación.
Home de gran experiencia no de buratos abrir, recordemos non hai tanto era o alcalde de Madrid.
Se chegas ata o final moito coidado has de ter pois nada que te despistes unha rata hache morder.
Pensou : “Eu non vou ser menos dúas leis vou reformar”, endurecer a do aborto pola xustiza pagar.
Un novo centro de saude leva anos prometido, máis nesta lexislatura aínda non será construído.
Aínda non dixemos nada sobre a “Casa Real” cabreados uns cos outros con cara de funeral.
Moitas máis cousas sabemos que nos quedan por contar pero por hoxe xa chega non os queremos cansar.
Outra vez o rei Juan Carlos sufriu unha operación tivo que vir un galego para facelo mellor.
Adeus pois a todo mundo xa é hora de nos marchar estamos un pouco cansos e queremos merendar.