Maio 2015

Page 1

Neste día tan fermoso vimos todos a cantar, este maio do Sequelo pensamos vos vai gustar.

Houbo eleccións europeas con gran sorpresa xeral, pois o líder da coleta fixo aos grandes moito mal.

Ben pronto pasou o ano todos queremos cantar, que chegou a primavera! que bonito todo está!

Por se este fora pouco apareceu outro máis, os votos a repartir agora con Cidadáns.

Recollemos moitas flores fíos e agullas mercamos, outros foron por fiuncho para facer o noso maio.

Con achaques e velliño o noso rei abdicou, pasoulle o lío ao seu fillo vaia morro lle botou.

Estreamos este curso nova lei de educación case os mestres tolean facendo as programacións.

Non é tarefa doada a que lle caeu enriba, restaurar todo o prestixio que perdeu a monarquía.

Ademais da nova lei estreamos o E-DIXGAL, non saben que discurrir para facernos traballar.

Un xogo houbo este ano que garante diversión, atopar a Nicolás en cada celebración.

Menos mal que ao cole vimos agora de mellor gana, do gusto que da baixar pola rúa asfaltada. Non foi esta a única rúa que cambiou na nosa vila, fixádevos no empedrado que se puxo en Almuiña. Non había presuposto para a antiga “avenida”, houbo que esperar un pouco e chegou nova partida. Se o estiran un pouco máis arriba chegará, e o Centro de Saúde por fin se construirá. Xa chegan as eleccións todo se quere arranxar, ben se nota que hai presa para podelo inaugurar. Que ben funcionan as cousas cando hai algún interés, propoñemos desde agora que haxa eleccións cada mes. Vaia caste de políticos coa que temos que lidiar, sexan de a cor que sexan non nos podemos fiar.

Por conseguiren o voto todo se pode cambiar, os impostos que subiron din que agora os van baixar. Para saír desta crise pídennos austeridá, que doado é dicilo tendo unha “tarxeta black”. O honorable Pujol tan honrado parecía, vaia arte para evadir el e toda a súa familia. Os cursos de formación parecían un gran plan, pero nun fraude quedaron según dixo un tal Griñán. A palabra “dimisión” non está no dicionario, todos din que non dimiten ata seren imputados. A chapuza é notable no caso da sanidade, se non pillamos o ébola foi pura casualidade. Cerran seccións de hospitais fan que os turnos se dupliquen, e se logo protestamos bótanlle a culpa á gripe.

Moito mellor é o fútbol iso non ten discusión, pero vaites cos horarios que impón a televisión. E hora de ir rematando que queremos merendar, e para repoñer forzas a rosquiña imos papar. Todo isto que cantamos foi para facelos sorrir, pois non é intención nosa ao respetable ferir.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.