Seres mitolóxicos dos ríos 5º A

Page 1

SERES MITOLÓXICOS

DOS RÍOS 5ºA


AS AUREANAS As Aureanas son unhas meigas de aspecto novo que habitan nos ríos e lagos. Conta a lenda que quen se te atope con elas vai ter boa sorte. Nas ribeiras do Sil as aureanas ou sildouras serían as ninfas ou seres marabillosos das augas do Sil que os deuses enviaban aos homes das beiras para favorecelos, para protexelos ou como anxos tutelares. Tamén hai un concepto máis real; nas ribeiras do río Sil antes buscábanse e atopábanse pebidas de ouro, as mulleres encargadas de lavar a terra para separar as pebidas coñecíanse como Oreanas/ Aureanas ou Sildouras.


BIOSBARDOS Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia e coa que se gastan bastantes

bromas.

Tamén

se

chaman cocerellos, cozorellos, gazafellos e cazarellos. Moitas veces hai xente que invita a buscar biosbardos, normalmente pola noite que é realmente cando saen. Cazar biosbardos, sen matalos, é apaixonante. Son dende logo moi esquivos e á primeira de cambio poden ata mexar por nós. O tamaño hai de todo dende o tamaño dun pequeno coello ata o tamaño de medio dedo. Hai xente que di que voan, ou sexa que son paxaros. Un método bo é ir pola noite e levar un saco, para meter os biosbardos, e un pau co que se vai golpeando a maleza e o chan. Cando sae o biosbardo o que hai que facer é metelo no saco. Convén ir con xente que coñeza o lugar e que estivera en contacto anteriormente con eles. Vaise a un río calquera, mellor un regato ou un río pequeno, en Rianxo ó río Grande no Araño, os biosbardos gustan moito de xogar onde o río ten pasais ou poldras. Para velos e cazalos hai que ir pola noite, mellor de lúa chea xa que se non haberá que levar unha lanterna.


FADA DA AUGA Fisicamente as fadas son seres diminutos. Teñen ás nas costas, con forma de ás de bolboreta. Levan traxes feitos con follas de árbores e flores silvestres. Cando voan non podemos velas, só vemos unha luz que se move, por iso moitas veces confúndense cos vagalumes. Segundo o lugar onde viven, podemos encontrar diversos tipos de fadas: As

fadas

da

auga

poden

atoparse en calquera lugar onde este elemento está en liberdade e puro, por exemplo en ríos, fervenzas, fontes, lagoas, etc. As fadas que habitan en ríos e

covas,

chámanse

xeralmente

Lamias; as que sucan os mares son as Sereas ou Nereidas, as fadas que viven nas fontes son as Ninfas.


FEITICEIRA Son

bruxas

que

viven cerca dos ríos e regatos, aínda que vellas, o seu aspecto non repele, teñen unha voz moi doce e

cos

seus

cantos

hipnotizan ós mozos que se acercan ó río e fan que se vaian metendo no río, onde afogarán. Din que nun punto sen

determinar

con

exactitude do río Sil, viven feiticeiras.

Atraen

ós

mozos e sedúcenos coa súa

voz.

Quedan

atrapados polo seu doce son

e

afogan

e

desaparecen no fondo do río para sempre. Hai unha maneira

de

evitar

o

encantamento: cruzar o río cunha pedra na boca. Así os mozos non poden falar e, se gardan silencio, o encantamento non se produce e poden chegar felizmente a outra beira.


LAVANDEIRAS DA NOITE As lavandeiras son mulleres vellas, de baixa estatura, de rostro seco e engurrado, que viven nas fontes. Acostúmanse a ver, xeralmente de noite, lavando. Se alguén pasa, convídano a torcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que procurar non torcer no mesmo sentido ca elas, pois, se o fai, as desgrazas sucederanse e mesmo pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se vai. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, das que abortaron, nais de nenos mortos sen bautizar ou ánimas de mulleres que atentaron contra a vida dos nenos. Velas é de mal agoiro.


LUMIA Malas fadas ou seres perversos da natureza . Teñen rostro de muller aínda que ás veces aparecen con patas de cabra ou con atributos propios das serpes ou dos dragóns. Poden vivir ao loado das fontes, das correntes de auga ou en covas. As Lumias poden chupar o sangue dos nenos e nenas tal como fan as “zugotas”. Tamén poden ser a causa de moitos outros males para as persoas ás que se lles aparezan polas noites en forma

de fermosas

mozas

(

moi

luxuriosas) que están lavando a roupa ou peiteándose mentres esperan pola vítima.


MOURAS Secuestradas polos mouros vivían nas costas de Galicia, en castros, castelos, pozos, etc. Pero sempre baixo a auga ou a terra onde gardan valiosísimos tesouros. Reciben moitos nomes (madamas, donas, encantos, fadas, etc.). Son

mulleres

belísimas

pel branca,

meixelas

encantadas,

as

cales,

(cabelo

roxo,

avermelladas...) teñen

e

grandes

capacidades para o baile e a composición e interpretación de cancións. Se un home as ve, é seducido por elas, e a única forma de que ela tamén se namore deste humano, é rompendo o encantamento que pesa sobre a moura, bicándoa ou facendo o ritual que ela lle indique. Se logra rompelo, conseguirá desposar a moura, agora, roto o encanto, convertida nunha fermosísima moza, e posuír o tesouro que esta gardaba, todas as mouras teñen moitas riquezas, entón o que despose con elas será rico e a boa sorte estará sempre con el. A relación entre mouras e humanos baséase no intercambio de bens, que son usualmente favorables só para os últimos. De aí saíu a famosa frase que os humanos usaban para contactar cas mouras “Dáme da túa riqueza e eu dareiche da miña pobreza.” ou a que usaban as mouras para contactar cos humanos “...dicían os penedos: darme a vosa pobreza e eu dareiche da miña riqueza.” Entre os bens campesiños que estes daban ós mouros, a leite xogaba un papel moi importante, xa que é un produto especialmente apreciado polas donas. Precisamente, unha das formas máis usuais de romper o encantamento é substituír o bico polo ofrecemento dunha cunca de leite. As mouras tamén se caracterizan por ser moi vingativas e interesadas. A maioría dos tratos que fan cos humanos teñen que manterse en segredo, porque se non, o ouro que estas lle dean convertérase en carbón.


SERPAS/ XERPAS

Mulleres monstruosas da mitoloxía galega que teñen a metade do corpo humano, a parte superior, e a parte inferior ten forma de serpe. É ao mesmo tempo, unha serea dos ríos pois afoga e leva aos homes aos pozos somerxidos. Sabemos da existencia de Serpas ou Xerpas nos pozos dos ríos galegos, pero tamén pode habelas no mar ou en covas da costa.


XACIAS / XACIAS Seres míticos humanizados do medio acuático que están emparentadas coas sereas. Segundo se cre fan vida entre

o Castro

de

Marce, en Pantón, e os pozos máis profundos do río Miño. Cativaban ós homes e os mozos namóranse delas pola

súa

beleza

extraordinaria para

posterioridade perdición

dos

con

causar

a

que

as

seguen.

XACIOS Existe no río Miño, unha raza de seres chamados xacios, que teñen a súa gorida nos profundos pozos do río. Os xacios son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe ou de rabo de lagarto e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina: as xacias. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.


FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.