Entrevista aos libreiros

Page 1

VISITA A CULTURGAL Club de lectura “Tinta Viva” IES SÁNCHEZ CANTÓN 2 DECEMBRO 2011

Á PROCURA DOS LIBREIROS

A Con sinceridade, gústalle ser libreiro? Por que decidiu ser libreiro/a? Cando decidiu que quería ser libreiro? De verdade lle gusta ler? Dedica moito tempo á lectura ou prefire facer outras cousas no seu tempo de lecer? Que tipo de libros prefire ler cando pode ler o que lle gusta : misterio,aventura..? Cal é o seu xénero literario favorito: cómic, poesía..? Ten algún escritor ou escritora favoritos? E algún libro especial? Acórdase de cal foi o primeiro libro que leu? De pequeno gustáballe ler?

1


VISITA A CULTURGAL Club de lectura “Tinta Viva” IES SÁNCHEZ CANTÓN 2 DECEMBRO 2011

B

Pensa que hai que ler moito para ser libreiro? Le libros en formato dixital? Ten E-Book? Pensa mércalo se non o ten? Á hora de escoller un libro para as súas librarías cal é o seu criterio? Le todos os libros que ten na libraría? Se non o fai, como pode aconsellar a xente sobre eles? E se o fai, como pode reter tanta informacion na súa cabeza? Se tivera que aconsellarnos agora un libro para a nosa idade cal sería? C Na súa casa gústalles ler? Pensa que o traballo de libreiro se pode pasar de pais a fillos?. A súa profesión de libreiro vén de familia ou foi vostede o que a comezou? Pódese aplicar o refrán "Na casa do ferreiro coitelo de pau" aos libreiros? Adoita agasallar aos seus amigos con libros?

2


VISITA A CULTURGAL Club de lectura “Tinta Viva” IES SÁNCHEZ CANTÓN 2 DECEMBRO 2011

D Cos libros electrónicos a xente deixa de mercalos na libraría. Pensa que este invento vai ser a fin dos libreiros? Agora tamén se pode mercar os libros na Internet, que pensa diso, e do pirateo de libros? En que época do ano vende máis libros? Cre que a venda de libros de poesía diminuíu nos últimos anos? Como afectou a crise ás librarías de Pontevedra?. Están moi preocupados? Ten boa relación con outros libreiros da cidade ou compiten?

Que pensa da venda de libros en grandes superficies? Hai moitas formas diferentes de xestionar unha libraría? Os fillos dos seus clientes seguen sendo clientes? Quen merca máis libros, os homes ou as mulleres? Que idade ten o grupo máis numeroso de clientes? Mercan libros os adolescentes? Pídenlles consello á hora de mercar? 

Cal é o xénero literario máis mercado? Ten clientes fixos ou ve moitas caras novas?

3


VISITA A CULTURGAL Club de lectura “Tinta Viva” IES SÁNCHEZ CANTÓN 2 DECEMBRO 2011

E Ve a luz para vostede e para a súa librería ao final do túnel da crise ? Velle futuro ás librerías ou pensa que van extinguirse ? Recibe formación para adaptarse ás novas tecnoloxías e ás novas tendencias do mundo editorial? Como ve unha libraría dentro de 50 anos, por exemplo? Pensa que nos colexios e institutos se xestiona ben o tema da lectura?

QUE É O MELLOR E O PEOR DA SÚA PROFESIÓN?

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.