Curso 2011-2012 IES S谩nchez Cant贸n Pontevedra
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Contido INTRODUCIÓN ............................................................................................................................... 3 ALGÚNS OBXECTIVOS .................................................................................................................... 5 OS LIBROS ...................................................................................................................................... 8
EL ANILLO DE IRINA. CARE SANTOS................................................................................... 9
EL BAILE. IRENE NEMIROVSKI ......................................................................................... 11
WAYS TO LIVE FOREVER. ( ESTO NO ES JUSTO) SALLY NICHOLLS ................................. 14
AS PELÍCULAS .............................................................................................................................. 16
EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS ................................................................................ 16
QUIERO SER COMO BECKHAM ........................................................................................ 17
OS POEMAS ................................................................................................................................. 20
O CAPTAIN! MY CAPTAIN. WALT WHITMAN. ................................................................. 20
ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA ........................................................................ 22
AS ACTIVIDADES .......................................................................................................................... 24
RENDEZ -VOUS À LA BIBLIOTHÈQUE ............................................................................... 24
SÁIDA LITERARIA. AS TERTULIAS DO CAFÉ MODERNO. ................................................. 27
ACTIVIDADES EN TORNO A CULTURGAL ......................................................................... 30
CADÁVERES EXQUISITOS ................................................................................................. 47
AS TICS E TINTA VIVA................................................................................................................... 50 AVALIACIÓN ................................................................................................................................ 53
1
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
DATA DE INICIO: Curso 2008—2009
NOME DO CLUB DE LECTURA “TINTA VIVA”
COMPOÑENTES NO PRESENTE CURSO: 20 alumnos e alumnas de 2º ESO. Outros 20 alumnos participan en determinadas actividades DURACIÓN DAS SESIÓNS: As sesións duran unha hora, DE 1.40 a 2.30. Todo o alumnado asiste sempre con total regularidade. PERIODICIDADE DAS SESIÓNS: Sesións semanais só interrompidas por coincidencia con festivos .
COORDINA: Mª ROSARIO SÁNCHEZ-GABRIEL
CENTRO
IES SÁNCHEZ CANTÓN. PONTEVEDRA
2
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
INTRODUCIÓN O principal inconveniente de organizar a estrutura dun club de lectura e sen dúbida o horario. Os rapaces e rapazas están certamente moi ocupados
participando
en
toda sorte
de
actividades musicais,
deportivas, de reforzo... É certamente complexo atopar unha banda horaria que posibilite a un número viable de persoas reunirse cunha periodicidade semanal. Sen embargo Tinta Viva xa naceu con esa intención. Ata o presente momento
somos quen de manter as nosas reunión semanais
porque pensamos que esta circunstancia fai que o club sexa moito máis produtivo e gratificante. Como xa explicitamos na solicitude do presente curso a oportunidade desta edición apareceu tras un erro da xefatura de estudos que deixaba sen espazo a case 40 rapaces de alternativa á Relixión. Tras unha dura negociación porque nunha primeira instancia todos e todas querían ser membros do club e non era posible, quedamos en facer algunhas actividades comúns
e
limitar
o
club
ás
primeiras
20
persoas
que
o
demandasen explicando as razóns para a súa solicitude. Formamos un club un pouco peculiar con 20 persoas que tiveron sesións semanais de lectura na biblioteca e outras 16 ou 18 persoas que permanecían na aula facendo outras actividades e baixaban á biblioteca dúas ou tres semanas por trimestre normalmente para ver unha película relacionada co tema do libro que acababamos de rematar e falar sobre ela. Previamente a profesora a cargo deste grupo preparaba actividades previas ao visionado da mesma. Tamén participaron na actividade de homenaxe aos libreiros á que fomos invitados polos organizadores de Culturgal.
Foi un curso altamente
3
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
gratificante como quedará plasmado nas enquisas de avaliación. O grupo xa demanda ser membros do club para o curso que ven. En principio non queren que nada cambie, din que todo é perfecto, que todo está ben organizado, que queren seguir facendo as mesmas cousas, xa veremos. Curiosamente, cando remataban as sesións comúns e retornabamos as nosas sesións de lectura e comentarios ao redor dos libros elixidos todos respirabamos un pouco, “en realidade o que queremos, o que máis nos gusta do club é estar cos libros e ler. Que ben cando estamos otra vez nós sós e o podemos facer con tranquilidade”. Ademais da lectura dos libros, sempre gratificante, e as sesións de cine queremos destacar moi especialmente a visita a Culturgal e a actividade que realizamos cos libreiros que asistiron ao evento. Foi unha actividade moi ben valorada polo alumnado que pasou unha mañá moi instrutiva falando con eles. Tamén queremos destacar as actividades de escritura creativa: utilización de ferramentas 2.0, composición de estrofas de rap, creación de cadáveres exquisitos... os asistentes
valoran
este
grupo
de
actividades
cunha
puntuación moi alta. Mencionaremos asemade a asistencia de 4 alumnas á Xornada do Clubs de Lecturas celebrada fai só unhas semanas. En resumo, como é xa habitual só temos boas sensacións logo desta edición do club de lectura. Só queda desexar que teñamos a oportunidade de poder seguir manténdoo en pé.
4
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
ALGÚNS OBXECTIVOS
CLUB DE LECTURA TINTA VIVA CURSO 2011-12
Realización dunha ruta literaria dun día de duración con todo o alumnado de Atención Educativa do 2º ESO Realización dun Roteiro Literario pola cidade coa colaboración do Departamento de Galego Visitas e entrevistas ás librarías coas que traballamos normalmente
vISITANDO CULTURGAL
5
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Visita a Culturgal VISITANDO CULTURGAL 2
6
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
CLUB DE LECTURA TINTA VIVA
CURSO 2011-12
Sesións de cine relacionadas coa lectura dos libros que lemos nas que participarán todos os alumnos e alumnas antes mencionados Participación activa dos membros do club no deseño e presentación de celebracións e conmemoracións no centro. Actividades abertas en relación coa actualidade: efemérides, aparición nos medios de noticias sobre escritores ou obras literarias concretas
Coordinación co profesorado de atención educativa deste nivel para traballar conxuntamente
CLUB DE LECTURA TINTA Unha breve actividade de escritura VIVA creativa ao final de cada libro
CURSO 2011-12
Mantemento do espazo do club de lectura no aula virtual con foros de debate sobre temas relacionados coa lectura.
7
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
OS LIBROS Decidimos inspirarnos na obra de Guadalupe Jover,”Constelaciones Literarias” e centrarnos na constelación Sentirse Raro que pretende explorar desde unha mirada literaria o mundo da adolescencia. Trátase dun grupo de alumnos e alumnas moi novos, o máis novo que tivemos ata agora pero non queríamos enfrontalos a obras demasiado infantís ou carentes de calidade. Como mantemos sesións semanais
dános
tempo
a
explorar
detalladamente
cada
libro,
investigar sobre os lugares en que se desenvolve a acción, sobre a época en que a novela foi escrita e, por suposto sobre a época en que a acción da novela ten lugar. Ás veces decidimos ler en casa e dedicar a clase a comentar o lido, ás veces lemos na sesión semanal porque unha gran parte do grupo así o demanda. Encántalles escoitar mentres alguén le en alto. Paramos, comentamos, calquera pregunta cando non entende unha palabra. Todo o mundo pode interromper de forma ordenada cando quere comentar algo ou facer algunha precisión. Completamos a lectura con fragmentos de películas ou documentais relacionados co tema, buscamos no dicionario palabras descoñecidas, indagamos nos acontecementos históricos que aparecen nas lecturas. Non temos présa e a verdade é que as sesións pasan voando e sempre
estamos
esperando
que
chegue
a
seguinte.
lemos tres libros e traballamos con eles. “O anel de Irina” de Caré Santos, “O Baile” de Irene Nemirovski “Isto non é xusto” de Sally Nicholls.
8
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
EL ANILLO DE IRINA. CARE SANTOS Citamos de novo a Guadalupe Jover: “A lectura de “El anillo de Irina” constitúe unha excelente ocasión para traballar co alumnado un texto con certa complexidade estrutural, debido aos diversos fíos narrativos, ao tratamento do tempo, á introdución da literatura clásica (a rusa, neste caso) dentro da literatura. Con todo, por encima de todo iso está a calidade literaria da súa escritura e a atracción que o tema provoca nos lectores. Porque nos devolve ás sensacións do primeiro amor, á incerteza, ao descubrimento de novos sentimentos nunca antes experimentados, ao medo ao rexeitamento, á valentía necesaria para conquistar a unha persoa, ao valor para contarlle que pasamos os días pensando nel ou nela, e, por suposto, ao valor para encaixar o que a outra persoa pensa de nós. E todo iso fuxindo de calquera sentimentalismo. Porque nos reta a descubrir misterios que non se resolven do todo ata o final”. Porque nos achega ao descubrimento dunha das mellores literaturas do mundo, a rusa. Os grandes autores da literatura rusa axudan a Álex a comprender mellor que lle está pasando na súa relación familiar, coa súa vida, co seu futuro. Actividades complementarias:
9
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
A máis importante foi facer unha pequena investigación sobre os autores máis importantes da literatura rusa que aparecen mesturados coa historia de Irina Lemos pequenos fragmentos de Alexander Pushkin, Fiodor Dostoievsky, Turguéniev e Mariña Tsvietáieva. Vimos fragmentos e comentamos El doctor
Zhivago,
porque a súa rodaxe en Soria aparece mencionada na película. Procuramos información sobre San Petesburgo, a cidade de Irina: fotografías e algún documental. Falamos da complexidade das relacións familiares, dos diferentes modelos de familias, das relacións tan difíciles cos pais cando chega a adolescencia. Descubrimos as posibilidades da ferramenta Voki da web 2.0 que nos posibilitou facer un divertido experimento de recreación dos personaxes máis importantes da obra.
10
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
EL BAILE. IRENE NEMIROVSKI El baile, de Irene Némirovsky, escribiuse ao redor de 1929, data do famoso crack da Bolsa de New York, e constitúe unha dura crítica a unha sociedade baleira, obsesionada polo luxo e as aparencias. Némirovsky
preséntanos
aos
seus
personaxes,
os
Kampf,
enriquecidos repentinamente por un golpe de sorte na Bolsa, aos que tratará na súa novela co máximo desprezo. Por outra banda, e como tema central, nárranse as vicisitudes de Antoinette, a filla do matrimonio que é unha rapaza de 14 anos. A conexión que soporta cos adultos (pais, institutriz e profesora de piano) marcará a pauta da narración. O vínculo coa súa nai está recalcado desde as primeiras liñas do texto: unha persoa autoritaria e
histérica fronte á súa
apocada e retraída filla. Desde este punto inicial, Némirovsky introdúcenos no universo íntimo do adolescente. Somos testemuñas dos seus desexos, medos, e sentimentos de amor-odio; que oscilarán entre o extremismo e, ás veces, a contradición. Unha personalidade coa cal simpatizamos ou podemos sentirnos identificados. A partir deste caldo de cultivo, a moza experimentará fortes paixóns: ansias de vivir, rebeldía, indiferenza, maldade, frustración, rancor e desexos de vinganza. Antoinette, con estupor, descubrirá a debilidade e as deficiencias dos maiores.
11
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Un dos temas que máis preocupan entre os adolescentes é a relación de pais e fillos e o rol que representa cada un na familia. Este libro fala dos conflitos que se poden establecer entre unha nai e unha filla cando a comunicación se rompe. A través do comportamento da filla, Antoinette Kampf, podemos reflexionar sobre como poden afectarnos eses conflitos e que aspectos da vida cotiá pódennos facer sentir tan rabiosos como se sente Antoinette coa súa nai, ou tan afastados dos nosos fillos como están os Kampf. Aínda que a historia dos Kampf desenvólvese entre a década de 1920 e 1930, hai algúns dos seus comportamentos que poden servirnos para
falar
de
problemas actuais como
a crise económica, o
materialismo, a obsesión polo diñeiro, as aparencias, etc Aprendemos
moito
con
este
libro
de
Nemirovski.
Investigamos sobre o famoso crack da bolsa, tamén sobre a
apaixonante
vida
da
malograda
autora
e
as
circunstancias da súa desaparición. Buscamos
información
sobre
moitas
palabras
que
describen o luxoso mobiliario da casa dos Kampf, os tecidos dos que estaban feitos os vestidos, os nomes das xoias, os adornos, os obxectos decorativos...buscamos imaxes para non esquecer estas palabras. Descubrimos que hai unha versión teatral do relato do Centro Drámatico Nacional que combina o teatro e a danza para dar vida aos personaxes. Sobre todo falamos da relación nai-filla chea de luces e sombras que inmediatamente foi oi que máis chamou a atención do alumnado que se identidicó rapidamente coa
12
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
figura
de
Antoinette
e
disfrutou
de
coa
vitoria
da
adolescente sobre a figura destruída da nai despois de que a filla consumase a súa vinganza. O aspecto que máis interesou aos alumnos, sen dúbida, foi a sospeita de que Irene Nemirovski, á súa vez escribiu “El baile” para vingarse da súa propia nai que, dalgún xeito foi responsable da súa solitaria infancia por deixala sempre en mans de institutrices.
13
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
WAYS TO LIVE FOREVER. ( ESTO NO ES JUSTO) SALLY NICHOLLS No seu momento xa nos impresionou moi gratamente a lectura desta novela que se le dun tirón. Está totalmente afastada da sensiblería e o políticamente correcto tan común en obras que tratan o sempre difícil tema da morte de nenos e adolescentes. Foi esta unha obra lida enteramente durante as sesións do club de lectura. Así o decidiu o grupo e así o fixemos. Falamos de moitísimas cousas. Temos materiais abundantes no centro para profundar no tema da morte e o do, algúns deles elaborados por adolescentes. Sen dúbida o libro máis valorado dos que lemos esta edición de Tinta Viva, poida que polo tema, tan infrecuentemente tratado no currículo, pero sen dúbida tamén pola propia calidade que ten a obra que é rigorosa e sen demasiadas concesións pero á vez pon en valor todo o que nos engancha á vida. Comentamos a relevancia da curiosa decisión de cambiar por completo o sentido do título da novela na edición española. Moito máis acertado o título da novela orixinal, sen ningún lugar a dúbida. Unha experiencia moi enriquecedora para tod@s nós. Como actividades complementarias: • Revisamos o material na páxina do centro, as distintas seccións, especialmente as guías para casos de situacións de dó. • Investigamos sobre o que é a leucemia.
14
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Aprendemos o que é un tratamento de quimioterapia e radioterapia, Investigamos o que quere dicir fase terminal dunha enfermidade. Discutimos sobre as decisións que unha persoa e a súa familia deben estar preparadas para tomar cando non hai cura posible para un enfermo. Ata empezamos un intento de elaborar listas de cousas que nos gustaría facer antes de morrer como fai o personaxe da novela. Desafortunadamente chegou o final de curso e non foi posible. Todos coincidimos que a lectura deste libro foi unha moi boa elección
para rematar as
sesións do club.
15
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
AS PELÍCULAS EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS AÑO 1989 DURACIÓN 124 min. DIRECTOR Peter Weir GUIÓN Tom Schulman MÚSICA Maurice Jarre FOTOGRAFÍA John Seale
Pareceunos que a proxección desta película era unha boa forma de empezar a presente edición de Tinta Viva este curso. Como xa explicamos queríamos expoñer aos participantes a unha serie de materiais e xéneros literarios variados que tivesen á adolescencia como eixo central e “El club de los poetas muertos” pareceunos unha boa opción porque ademais pon en valor a poesía como elemento de iniciación e rebeldía. Tamén é interesante a reflexión sobre a figura dos docentes e a súa influencia na defensa da liberdade de pensamento.
Foi unha boa opción. A película encantou a todos e non defraudou a ninguén a pesar do paso dos anos evidente nalgún dos protagonistas. Moitos
e
moitas
choraron
e
declararon
que
lles
impactou
profundamente. Máis do que pensamos cando decidimos incluíla nas actividades deste curso. Os adolescentes son sempre unha fonte de constante sorpresa.
16
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
“Non me cansaría de vela unha e outra vez..carpe diem , oh capitán meu capitán, cantas bágoas custoume vela”. “O Club dos Poetas Mortos” é todo un canto á vida, á liberdade de pensamento, unha película que inspira e que nos fai querer ser mellores persoas”.
17
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
QUIERO SER COMO BECKHAM Dirección: Gurinder Chadha Guión: Gurinder Chadha, Guljit Bindra, Paul Mayeda Berges Producción: Gurinder Chadha & Deepak Nayar Duración: 108 min. Países: Gran Bretaña Año de producción: 2002
Decidimos ver esta película despois da lectura de “El anillo de Irina” e “El baile”. Esta comedia sérvenos para suscitar de xeito desenfadado e entretido os problemas que os adolescentes teñen que enfrontar cando non cumpren as expectativas do que os seus pais esperan deles. Na película, ademais, entran en xogo cuestións provocadas polos estereotipos das diferentes culturas enfrontadas a circunstancias
cotiás
que
non
encaixan
co
situacións e
modelo
de
muller
tradicional. A partir deste tema central, e enlazando perfectamente coas lecturas anteriores o debate céntrase en torno aos seguintes aspectos: Os problemas que xorden cando unha muller non cumpre co que socialmente espérase dela como muller. Os estereotipos relacionados co mundo dos homes e co mundo das mulleres. As
orientacións
sexuais
e
os
prexuizos
vinculados
á
homosexualidade. As percepción e
a non aceptación
do
propio
corpo do
adolescente como motivo de vergonza e sufrimento.
18
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
19
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
OS POEMAS
O CAPTAIN! MY CAPTAIN. WALT WHITMAN. Leaves of grass. Dúas sesións.
Dedicamos un par de sesións a comentar o poema que tantas veces é mencionado no Club dos poetas mortos “Oh capitán, mi capitán” . Introducimos brevemente a figura de Walt Whitman e o seu papel na literatura norteamericana actual
Os participantes fixeron unha pequena investigación ata descubrir cal foi a finalidade última do poema: un canto fúnebre á figura do presidente Abraham Lincoln.
Lemos o poema en inglés, traducímolo, buscamos unha tradución de calidade na rede. Oímos o recitado das dúas versións, en inglés e en castelán. Ata atopamos unha versión musicada en inglés O alumnado apreciou a forza do poema, o seu ritmo e solemnidade na versión orixinal. A verdade é que foi unha actividade que encantou a todos.
20
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
“O Captain! My Captain!” O Captain my Captain! our fearful trip is done; The ship has weather’d every rack, the prize we sought is won; The port is near, the bells I hear, the people all exulting, While follow eyes the steady keel, the vessel grim and daring: But O heart! heart! heart! O the bleeding drops of red, Where on the deck my Captain lies, Fallen cold and dead. O Captain! my Captain! rise up and hear the bells; Rise up—for you the flag is flung—for you the bugle trills; For you bouquets and ribbon’d wreaths—for you the shores acrowding; For you they call, the swaying mass, their eager faces turning; Here Captain! dear father! This arm beneath your head; It is some dream that on the deck, You’ve fallen cold and dead. My Captain does not answer, his lips are pale and still; My father does not feel my arm, he has no pulse nor will; The ship is anchor’d safe and sound, its voyage closed and done; From fearful trip, the victor ship, comes in with object won; Exult, O shores, and ring, O bells! But I, with mournful tread, Walk the deck my Captain lies, Fallen cold and dead.
21
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA A poesía de Celso Emilio Ferreiro Dirixiou as sesións Anxo González. Dúas sesións
“Como facer que os rapaces e rapazas de 2º ESO gusten da poesía? Non é fácil. Mais tampouco é imposible. Primeiro, hai que apoiarse na música, no rap, nas cantareiras para que entendan o ritmo e o sentimento que comparten poesía e música. Segundo, hai que aproveitar as ferramentas que tamén lles chegan facilmente: as presentacións, os vídeos, é dicir, as imaxes. Estes complementos poden achegarlles mellor o poema, facelo máis próximo e dixerible por eles e elas. Deben entender que a poesía o mesmo que outras facetas artísticas non desaparece o que fan é transformarse e adaptarse aos tempos. Non pode desaparecer porque o amor, a morte, a soidade sempre imos necesitar verbalizalos, comunicalos a outros humanos. Ou é que a pintura, a escultura non se foron transformando tamén co paso do tempo e non están a aproveitar hoxe as ferramentas informáticas? Nesa liña está o poema de Celso Emilio Ferreiro que analizamos co alumnado do club de lectura no Sánchez
Cantón,
foi
o
poema
protagonizado
por
Moraima).
Explicamos, esmiuzamos, escoitamos de xeitos diferentes o poema; e vimos o contexto no que se creou. Así o alumnado quedou cunha visión atractiva da poesía de Celso Emilio Ferreiro.”
Anxo González Guerra
22
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima.
23
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
AS ACTIVIDADES RENDEZ -VOUS À LA BIBLIOTHÈQUE PORTFOLIO. EEI CRESPO RIVAS-IES SÁNCHEZ CANTÓN
Acto final presentado polo alumnado do Club de Lectura Dentro do marco do Portfolio Europeo das Linguas o noso centro desenvolveu durante o curso un proxecto común coa EEI Crespo Rivas arredor
da biblioteca,
da
lectura
e
da importancia do
coñecemento das linguas. Os
departamentos
de
galego,
francés
e
inglés
traballaron
conxuntamente cun grupo de 2º ESO, e o equipo de profesores do Crespo Rivas dirixiu o traballo dos alumnos do último ano de Infantil. Os resultados foron sendas presentacións das respectivas bibliotecas e a realización de diferentes videos baseados nos contos máis lidos polos alumnos de infantil. No último trimestre a actividade centrouse sobre todo na producción oral das distintas linguas traballadas e culminou cun encontro na biblioteca do Sánchez Cantón onde os alumnos de 2º Eso D recibiron con música e gastronomía francesa aos pequenos de 5 anos cos que colaboraron durante o curso.O acto foi presentado por alumnado pertencente ao Club de Lectura.Como despedida quixemos regalarlles o cadro que preside a nosa biblioteca realizado polos alumnos do Sánchez Cantón arredor da idea da imaxinación e a lectura que motivou o proxecto portfolio deste curso do 2012. En definitiva, foi unha xornada moi gratificante para todos.
24
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Acto final presentado polo alumnado do club.
25
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
26
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
SÁIDA LITERARIA. AS TERTULIAS DO CAFÉ MODERNO.
Dirixe a saída Anxo González.
Sempre é un privilexio escoitar ao profe Anxo. Tantas anécdotas impagables
dos
personaxes
sentados
nese
imposible
faladoiro
representado na praza de S. José, fronte ao Café Moderno. Seguro que o alumnado non vai esquecer como Alexandre Bóveda foi fusilado pola súa ideoloxía, como Carlos Casares escribía os seus artigos no barco que lle levaba de Cangas a Vigo. Como non lembrar que Castelao foi profesor do noso instituto o Sánchez Cantón ou que o propio Federico García Lorca visitou nalgunha ocasión a tertulia do café moderno e escribiu algúns versos no seu honor. A verdade é que pasámolo xenial. Un fin de festa inesquecible.
27
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
28
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Actividade no café moderno 1
29
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
ACTIVIDADES EN TORNO A CULTURGAL
Cando a finais de Novembro os organizadores de Culturgal invitaron ao alumnado do club de lectura para facer unha actividade cos libreiros de Pontevedra pensamos que era a ocasión de aproveitar ao máximo a oportunidade. Despois de discutir e acordar co alumnado os materiais que íamos preparar, decidimos o seguinte: • Preparar unha carta conxunta de homenaxe e recoñecemento ao labor dos libreros e ao seu papel fundamental na paisaxe dos nosos barrios, pobos e cidades. • Preparar unha entrevista conxunta que nos serviría de reflexión sobre os problemas e as difíciles circunstancias que atravesa o sector editorial e as librerías da nosa cidade en particular. • Pensar en sloganes e frases con criterios válidos a ter en conta antes de adquirir un libro. • Regalara cada libreir@ unha reprodución do cadro da biblioteca cunha dedicatoria de cada un dos membros do club. Como o tempo era escaso e non queriamos renunciar á lectura do libro que tiñamos entre mans decidimos traballar utilizando varias wikis para cada unha destas tarefas. A utilización deste tipo de ferramentas e recursos foi fundamental para esta actividade. O alumnado traballaba durante a semana, cando podía, e todos iamos
30
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
deixando comentarios e suxestións sobre o traballo dos demais e por suposto engadindo máis ideas propias. Sentímonos moi satisfeitos do logrado. Os libreiros estiveron moi agradecidos pola homenaxe, mostráronnos a súa satisfacción pola visita e pola calidade dos materiais aportados. Incluímos parte do traballo nesta memoria.
Cos libreiros en Culturgal 1
31
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Á PROCURA DOS LIBREIROS CARTA AOS LIBREIROS DE PONTEVEDRA ACTIVIDADE PARA CULTURGAL
Prezados libreiros:
Como sabedes, somos un grupo de alumnado do IES Sánchez Cantón. Temos un club de lectura no centro que se chama “Tinta Viva” e coma membros deste club non podemos deixar de sentir curiosidade pola vosa profesión e preocupación polo futuro das librarías. Agora estamos nun período de crise que non sabemos cando rematará. Se isto supón un problema para todos os tipos de traballos, é de supoñer que vós, os libreiros, tamén estaredes afectados. Sabemos que a venda de libros decaeu e supoñemos que estades a pasar por unha situación moi difícil e non queremos nin imaxinar que o futuro das librarías poida estar en perigo. Preguntámonos cales serán as vosas inquedanzas e se pensades que esta difícil situación ten arranxo.
Queremos darvos as grazas por estar hoxe connosco, e non só por estar hoxe senón pola vosa dedicación ás librarias, vendendo eses libros tan marabillosos, aínda que non todo o mundo os aprecie. Non aceptamos que o voso futuro estea en perigo. Que sería de nós se non existiran as librarías? Si, poderiamos seguir vivindo con aparente normalidade, pero os nosos preciosos libros desaparecerían, e xa non poderiamos gozar das súas follas nin do olor das súas páxinas, nin das cores das ilustracións. Teriamos que ler sempre nun aparello electrónico plano onde todo é virtual. Non é que pensemos que non teñen vantaxes pero non é o mesmo. Por iso queremos desexarvos
32
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
sorte; é un desexo un pouco egoísta porque sobre todo pensamos en nós e en todo o que perderíamos.
A verdade é que estamos moi preocupados polo que vos poida pasar; sodes os nosos libreiros de toda a vida, esas persoas que imaxinamos lendo e lendo todo o día, coa gran sorte de ter sempre libros novos entre as mans. Queremos que continuedes En Pontevredra, nosa cidade, que nunca vos convirtades en lenda porque aínda que agora a xente teña eses aparellos súper "guais" seguimos precisando da vosa axuda, do voso consello. Non creades que non! Cremos que despois de todo non debedes ter medo a nada, e tranquilos, non permitiremos que vos extingades como os dinosauros, iso si que non!. Porque veredes, aínda nos peores momentos, ou precisamente neses momentos duros e difíciles estamos seguros de que sempre virá algunha persoa interesada en atopar unha aventura nova na que adentrarse... E quen mellor ca vós para servir de guía.
Como compartimos un aprezo moi especial polos libros pregámosvos que nos aceptedes este pequeno agasallo. É unha reproducción do cadro que dá a benvida á nosa biblioteca. Como é unha homenaxe á lectura e aos mundos infinitos que ela nos brinda pensamos que ninguén o merece máis ca vós.
Grazas e coidádevos moito.
33
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Cos libreiros en Culturgal 2
34
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Cos libreiros en Culturgal 3
35
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
DEDICATORIAS DE AGRADECEMENTO AOS LIBREIROS ACTIVIDADE PARA CULTURGAL Grazas
por
axudar
a
alimentar
a
nosa
imaxinación. Julia Os libros son portais que conducen ata outros mundos, outras dimensións ás que non todos poden acceder. Grazas por axudarnos a cruzar eses umbrais. Judith As palabras son chaves para entrar nos libros e gozar deles. Anai Para ler hai que ter moita imaxinación e vós a alimentades. Fátima Para gozar plenamente do sabor dun bo libro terás que probar moitos primeiro. Lucía Para os que sabemos compartir os libros como agasallos, non coma unha obriga. Elisa. Grazas por estar aquí e ofrecernos marabillosos mundos Carmen
36
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Para min analfabeto é aquela persoa que aínda que sabe ler non o fai. Dedicado a vós, por conseguir que a xente lea. Helvia Grazas por deixarnos pasar tan bos momentos cos vosos libros, Teresa Para que gozedes deste cartel que conta a historia de un grupo de alumn@s que viron a coñecervos e falar con vós. Rosalía Non é o mesmo ler un libro que gozalo porque o que o goza é quen en verdade o le. Alexandre Espero que continuedes compartindo historias e agasallando aventuras. Ada Para que lembremos que os libros son máis ca letras Lliure A lectura é a viaxe dos que ás veces non poden coller o tren Beatriz Un bo lector é aquel que ao rematar un libro é quen de escribir unha páxina máis. Clara
37
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Un bo libro é coma unha viaxe, o empezas con inquedanza e o rematas con melancolía. Paula
Grazas aos libreiros que nos venden libros, grazas aos libros que traen historias, grazas as historias que nos fan viaxar a outros mundos onde poden acontecer miles de cousas. Sara Grazas por mergullarnos no mar das letras onde as quenllas son “V” e os cabaliños do mar son “S”. Grazas por estar connosco. Federico
38
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Federico con Kiko da Silva
39
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Á PROCURA DOS LIBREIROS ENTREVISTA EN CULTURGAL
A Con sinceridade, gústalle ser libreiro? Por que decidiu ser libreiro/a? Cando decidiu que quería ser libreiro? De verdade lle gusta ler? Dedica moito tempo á lectura ou prefire facer outras cousas no seu tempo de lecer? Que tipo de libros prefire ler cando pode ler o que lle gusta : misterio,aventura..? Cal é o seu xénero literario favorito: cómic, poesía..? Ten algún escritor ou escritora favoritos? E algún libro especial? Acórdase de cal foi o primeiro libro que leu? De pequeno gustáballe ler?
40
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
B
Pensa que hai que ler moito para ser libreiro? Le libros en formato dixital? Ten E-Book? Pensa mércalo se non o ten? Á hora de escoller un libro para as súas librarías cal é o seu criterio? Le todos os libros que ten na libraría? Se non o fai, como pode aconsellar a xente sobre eles? E se o fai, como pode reter tanta informacion na súa cabeza? Se tivera que aconsellarnos agora un libro para a nosa idade cal sería? C Na súa casa gústalles ler? Pensa que o traballo de libreiro se pode pasar de pais a fillos?. A súa profesión de libreiro vén de familia ou foi vostede o que a comezou? Pódese aplicar o refrán "Na casa do ferreiro coitelo de pau" aos libreiros? Adoita agasallar aos seus amigos con libros?
41
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
D Cos libros electrónicos a xente deixa de mercalos na libraría. Pensa que este invento vai ser a fin dos libreiros? Agora tamén se pode mercar os libros na Internet, que pensa diso, e do pirateo de libros? En que época do ano vende máis libros? Cre que a venda de libros de poesía diminuíu nos últimos anos? Como afectou a crise ás librarías de Pontevedra?. Están moi preocupados? Ten boa relación con outros libreiros da cidade ou compiten?
Que pensa da venda de libros en grandes superficies? Hai moitas formas diferentes de xestionar unha libraría? Os fillos dos seus clientes seguen sendo clientes? Quen merca máis libros, os homes ou as mulleres? Que idade ten o grupo máis numeroso de clientes? Mercan libros os adolescentes? Pídenlles consello á hora de mercar?
Cal é o xénero literario máis mercado? Ten clientes fixos ou ve moitas caras novas?
42
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
E Ve a luz para vostede e para a súa librería ao final do túnel da crise ? Velle futuro ás librerías ou pensa que van extinguirse ? Recibe formación para adaptarse ás novas tecnoloxías e ás novas tendencias do mundo editorial? Como ve unha libraría dentro de 50 anos, por exemplo? Pensa que nos colexios e institutos se xestiona ben o tema da lectura?
QUE É O MELLOR E O PEOR DA SÚA PROFESIÓN?
43
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
ENSAIOS DE CARTEIS E FICHAS CON CONSELLOS PARA MERCAR LIBROS BEN. ACTIVIDADE PARA CULTURGAL
44
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
MERCA
LIBROS
BEN
Título do libro Apelidos e nome do autor/a Editorial
Breve resumo do argumento ou contido.
Razóns polas que elixíchedes o libro / Valoración persoal.
45
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
REGUEIFAS EN CULTURGAL
46
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
CADÁVERES EXQUISITOS Escritura creativa.
Queremos apuntar brevemente esta actividade como a que máis entusiasmo espertou entre o alumnado. Nunca imaxinamos cando a propuxemos nunha das sesións a repercusión que tería. Participaron encantados coa idea, gozaron enormemente cos resultados que lían unha e outra vez. Tanto foi o entusiasmo que, logo de buscar ilustracións para os breves e delirantes poemas que producían confeccionamos un pequeno poemario cos nomes de cada un dos participantes e o seu cadáver exquisito como recordo da actividade. Sabemos que, fóra do club de lectura houbo máis cadáveres exquisitos noutras materias, que explicaron a outros profesores a orixe da expresión e a técnica para ocupar algún momento relaxado dalgunha clase. En fin, nunca saberemos a razón do éxito dalgunhas iniciativas fronte a outras menos afortunadas.
Achegamos un par de exemplos como mostra.
47
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
FÁTIMA Xa chegou Nadal … Santa Claus… personaxe gordinflón, inexistente, de longa barba branca. Pode ser Papa Noel Se vai vestido de vermello como as rosas que teño no xardín, ou os tulipáns amarelos que se mecen co vento tanto, tanto … que tiñan que agarrarse ben forte para non caer.
48
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
PAULA Un xardín de flores preciosas onde os animais xogan no bosque das letras.
O medo aturdíame porque xa viñan
¿ E quen viña?
A avoa Benita E máis a avoa Ramona que é moi mona, moi coquetona co seu moniño sentado no sofá.
49
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
AS TICS E TINTA VIVA Unha breve mención antes de rematar esta memoria ás posibilidades que proporciona o emprego de determinadas ferramentas para seguir en contacto durante os días que non hai sesión. Grazas a estes espazos virtuais fomos quen de poder terminar a tempo todos os materiais que elaboramos para a visita de Culturgal. Realmente acreditamos que os documentos presentados son colectivos e colaborativos. Estan elaborados utilizando wikis. Cada membro do club aportaba unhas ideas determinadas que entre todos íanse completando e perfeccionando. Utilizamos tamén outras ferramentas para ver a posibilidade de realizar en poucos segundos análises textuais dunha novela, dun documento calquera. Achegamos a imaxen obtida da entrevista e a carta colectiva aos libreiros. Editamos o pequeno poemario dos cadáveres exquisitos utilizando a ferramenta Issuu. Tamén realizamos a versión sonora de “El anillo de Irina” con Voki e foi moi divertido. Utlizamos Smore para o resumo do acto final do Portfolio co colexio infantil Crespo Rivas, presentado polos membros do club. Na avaliación final todos os participantes valoran de forma moi especial todo o experimentado neste ámbito. Comentan que lles divirte, permítelles ser creativos e expresar ideas en diferentes formatos.
50
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Imaxe das palabras utilizadas na carta aos libreiros
51
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
Recreación sonora dos personaxes de El anillo de Irina utilizando VOKI
52
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
AVALIACIÓN
As actividades de club de Lectura son flexibles e están abertas a todo tipo de suxestións. Porén gústanos facer sempre, cando chega o final de cada edición, unha enquisa formal e anónima para que os participantes valoren cada un dos libros e as actividades realizadas. Tamén preguntamos pola calidade da organización e a coordinación da actividade. Estas son as puntuacións de 1 a 5. Puntúa en xeral a calidade dos libros lidos en conxuto. (1 Moi mal-5 Excelente) Promedio: 4.54 Puntúa como foi coordinado o club de lectura. (1 Moi mal-5 Excelente) Promedio: 4.85 Puntúa en xeral a túa percepción das sesións dos club,
os libros,
actividades e películas no seu
conxunto. (1 Moi mal-5 Promedio: 4.69
Tamén achegamos algúns pantallazos con algunhas das respostas ás preguntas máis relevantes. Como se trata dunha enquisa bastante extensa que utilizamos para ir modulando as sucesivas edicións só mandamos unha pequena mostra como exemplo.
53
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
54
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
55
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
56
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
57
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
58
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
COMA SEMPRE, OS ALUMNSO E ALUMNAS DO CLUB DE LECTURA TEÑEN UNHA PARTE MOI ACTIVA NA SELECCIÓN DE LECTURAS QUE FACEMOS CADA TRIMESTRE E QUE EXPOÑEMOS NO VESTÍBULO E NA BIBLIOTECA. NA MESA OS ÚLTIMOS EXEMPLARES DAS SUXESTIÓNS PARA O VERÁN QUE TIVERON O ÉXITO ACOSTUMADO.
59
“TINTA VIVA” IES Sánchez Cantón, 36006717 Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra. Tlf: 986 86 65 05
De todos os obxectivos programados para a presente edición de “Tinta Viva” que, no seu momento mandamos na solicitude da convocatoria de clubs de Lectura para este curso, e que figuran no comezo desta memoria, diremos que honestamente os damos por acadados cunha única excepción: A ruta literaria dun día de duración non puido ser realizada por motivos de coincidencia con outras viaxes, circunstancia que se viu agravada polo polo feito de que
o
alumnado
pertence
a
grupos
de
referencia
diferentes.
Coordinou Mª Rosario Sánchez-Gabriel Pontevedra, 30 de xuño 2012
60