Ribadeo
miércoles 25 de JUNIO de 2014 elpRogreso
3
actividade ▶ Mari Luz Álvarez Lastra Concelleira de cultura de Ribadeo
O parque de San Francisco acolle hoxe a partir das catro e media un obradoiro de plástica
miguel pazos profesor da usc e director do centro de estudos turísticos de galicia
▶ Este académico compartirá espazo co presidente de Pazos de Galicia, Javier Goyanes, e o director xeral de Finanzas Corporativas e socio de Inversis Corporare, Vicente Martín Egaña, nas xornadas sobre patrimonio e turismo que organiza esta tarde El Progreso en Ribadeo
«O aparcadoiro das Catedrais debería poñerse a un quilómetro» texto: rubén de rosende foto: césar martínez (agn)
o motor do turismo e do patrimonio é o título da xornada de debate que El Progreso, a Deputación e Economía Dixital traen esta tarde ao Parador de Ribadeo. O acto comezará ás sete e media, está aberto ao público e acudirán a el distintas personalidades, como a vicepresidenta segunda do ente provincial, Lara Méndez. O evento contará coa análise de expertos como Javier Goyanes, presidente de Pazos de Galicia; Vicente Martín Egaña, director xeral de Finanzas Corporativas e socio de Inversis Corporare e Miguel Pazos, profesor da facultade de Historia e Xeografía da Universidade de Santiago e novo director do Centro de Estudos Turísticos de Galicia. Cal será a aportación de Miguel Pazos a esta xornada sobre turismo e patrimonio? Convidáronme en calidade de representante da Universidade, polo que veño a ofrecer a visión académica do turismo, que é diferente ao punto de vista da administración publica ou do sector privado. Esta é unha visión crítica, intentamos ser críticos co que se fai. Xustos, pero críticos. Onde reside a principal crítica cara o sector turístico? O problema é que a maioría das veces, o turismo o que busca é conseguir un número alto de visitantes, ben sexa nun recurso natural, patrimonial, histórico ou artístico. O que se quere é máis e máis xente, cando o turismo, desde o meu punto de vista, debería primar o valor cualitativo por riba do cuantitativo. Debe buscar un equilibrio entre o numero de visitantes e o impacto ambiental. O caso máis significativo, como podemos ver diariamente nos medios de comunicación, é o da praia das Catedrais. Cal é a solución para este aglutinamento masivo que sofre o areal ribadense? A solución pasa pola planificación territorial, o control de fluxos. Non temos tampouco que inventar cousas novas, hai que tomar exemplos. En Asturias, por exemplo, o plan de ordenación do litoral ten máis de vinte anos de
vixencia. Nas Catedrais pódese, por exemplo, dificultar o acceso en coche privado ata o recurso. Podemos conseguir resgardar a área inmediata poñendo os aparcadoiros a un quilómetro do areal. Non se trata de prohibir o acceso á praia, pero si disuadir ao público, porque a xente que esté de verdade interesada no recurso irá a velo. Non se prohíbe nada, só faltaría, pero si se dificulta a chegada para
que haxa un filtro. A xente podría interpretar esto como unha falta de democratización do recurso natural... Para nada. Non se pode confundir un espazo público cun espazo para coches. En todo caso, sempre ten que haber un servizo para persoas con discapacidade. O fundamental nesta medida é dificultar, algo que xa se utiliza en moitos parques nacionais. Créase un centro
Calidade
Aposta
O turismo non é só poñer unha cama e unha mesa. Hai que olvidarse de querer lograr o turista un millón»
Mondoñedo é a gran descoñedida. Ten moita potencialidade a nivel artístico, cultural e tamén material»
Pazos, diante dun cartel informativo no Monte do Gozo.
de recepción de visitantes, e o que queira ir andando, que vaia, e para a xente que teña problemas de saúde ofrécese un servizo. Todo esto xa existe en moitos recursos naturais, Como está é un caos. Á marxe da evidencia das Catedrais, hai algún espazo na Mariña que corra perigo? A Mariña de Lugo, por sorte, non é un territorio moi saturado desde o punto de vista turístico. Os problemas son puntuais, de festas ou de romarías. De todos os xeitos, o acceso ás praias hai que traballalo. Eliminar os estacionamentos informais. Por exemplo en Barreiros, hai moitos aparcamentos informais, nas fincas cercanas ós areais, e esas accións hai que tratar de eliminalas. E no lado oposto? Que recursos poderían explotarse? Hai varias cousas que teñen moito futuro a nivel turístico. Para empezar, o Camiño Norte, que é algo fundamental. Existe unha asociación de Amigos do Camiño que sei que están traballando neste sentido, pero debería recibirse un maior impulso por parte da administración. Despois temos dúas vilas, como Mondoñedo e Viveiro, que tiñan que recibir un impulso. Mondoñedo é unha cidade histórica, cun patrimonio rico e con moitos recursos, pero é a gran descoñedida, Ten moita potencialidade, non só a un nivel artístico, senón tamén cultural, material, con grandes escritores como Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro. Sen dúbida debería ser o gran referente, e Viveiro tamén, polo seu casco histórico. Que valor espera inculcar na xente que participe hoxe no debate? O que me gustaría é que a xente sacase en limpo que o turismo non é simplemente poñer unha cama e unha mesa, senón que é moito máis, é poñer en valor o patrimonio e traballar en que se poida coñecer. Saber valorar e apreciar un recurso, a idea fundamental é que non todo vale. Hai que apostar pola calidade, non tratar de conseguir o turista número un millón. E tamén aprender, xa que tampouco podemos crer que temos a verdade absoluta, o importante é escoitar e aprender de todos.
A Xunta subvenciona a contratación de dez socorristas con 30.000 euros delegación
RIBADEO. A Xunta comunicou onte ao Concello de Ribadeo a autorización para a contratación anticipada de dez socorristas, que desenvolverán o seu traballo nas praias durante o verán. Este permiso produciuse despois de que a entidade municipal xustificase as subvencións recibidas o ano pasado, e a axuda ascenderá en total a 30.000 euros. A concesión desta subvención pon fin á polémica surxida entre o goberno autonómico e a entidade municipal, xa que a delegada territorial, Raquel Arias, excluira a semana pasada a Ribadeo dos concellos con dereito á contratación anticipada por non entregar os xustificantes do programa de cooperación de 2013, feito que foi desmentido polo alcalde, Fernando Suárez. A Mariña recibirá 232.585 euros para contratar a 78 socorristas neste verán.
Rouban dúas motoserras, un cargador e gasolina nunha nave de Barreiros delegación
BARREIROS. Dúas motoserras, un cargador de baterías e varios litros de gasolina foron roubados dunha nave municipal en Barreiros, nuns feitos que aconteceron durante a noite de San Xoán. Os operarios do Concello descubriron o roubo onte pola mañá, e cifraron as perdas en máis de 1.000 euros. Os ladróns forzaron unha porta traseira da mencionada nave durante a madrugada do luns ao martes, levando a motoserra, o cargador e o combustible. O dano puido ser aínda maior, xa que segundo os traballadores do concello, o edificio conta cunha considerable cantidade de material no seu interior. vehículo. A Policía Local de Ribadeo tivo que colocar no seu lugar de estacionamento un vehículo que fora movido para o medio da calle, tamén na noite de San Xoán.