Sabes que lin

Page 1

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 abril 2013

abr 3­19:21

Título

ÁRBORES NO CAMIÑO

Autor/a Ilustrador/a

Regine Raymond-García Vanina Starkoff

Editorial

OQO

De que vai?

MIGUEL

Este libro trata dun neno chamado Karim que estaba coa súa nai. Un rebaño de cabras pasou trotando sobre a terra vermella e Karim correu detrás delas, e perdeuse. Non sabía volver e tiña medo,sede e fame. Camiñou e atopou a árbore da palabra e díxolle que camiñara ata o baobab. O baobab era onde iba súa nai descansar. Ao pouco chegou a unha palmeira que lle dixo que seguira andando. Por fin chegou ao baobab pero súa nai non estaba. O baobab díxolle que se sentara á súa sombra. Karim botaba de menos á súa nai, o baobab soltou un froito delicioso e Karim comeuno. A nai foi descansar ao baobab e alí estaba Karim durmindo nas pólas. Cando espertou díxolle á súa nai que de maior quería ser gardián das árbores.

ALDÁN

A quen llo recomendas? Este libro é curto, entretido e ten ilustracións preciosas. Gustaríame regalarllo a un amigo ou familiar.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

1


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 abril 2013

Título

A SEREA DO DESERTO

Autor/a Ilustrador/a

Xavier López Rodríguez Marifé Quesada

Editorial

Alfaguara

De que vai? Este conto trata dunha nena saharaui que ven no verán á casa dunha nena. Primeiro a nena non lle cae moi ben, pero despois cada vez que xoga con ela ou que van á praia cáelle mellor. Un día foron á praia, outro día á montaña a respirar aire fresco e tamén foron á aldea da avoa da nena. Na aldea Tawala, a nena saharaui veu e aprendeu moitas cousas. O último día de Tawala coa nena foron á praia e a nena dixo que parecía unha serea do deserto e decidiu escribir un libro.

CARLA

A quen llo recomendas? Recomendo que o lea todo o mundo porque fala de que as persoas poden levarse ben sen importar do lugar no que nacen.

abr 3­19:20

Título

CORREDORES DE SOMBRA

Autor/a Ilustrador/a Editorial

Agustín Fernández Paz Xerais

De que vai? Ao facer unhas obras, descubren un cadaver cun burato de bala na cabeza de fai máis de 50 anos. Clara Soutelo acepta o reto de resolver o misterio

YESSICA

A quen llo recomendas? É un libro moi interesante, entretido e engancha. Para a xente á que lle gusta o misterio.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

2


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Título

2 abril 2013

BEBÉ BIGOTES

Autor/a Ilustrador/a

Patacruá Alesandra Cimatoribus

Editorial

OQO

De que vai? Era unha vez un vello moi vello e unha vella moi vella que querían ter un bebé. Un día puxéronse mans á obra, pedíronllo ao rei mandando mensaxes ás cegoñas pero non houbo resultado. Fixeron un neno de paus, pero era moi duro. Fixeron un de trapo pero era moi brando. Logo fixéronno de fariña, pero viñeron os ratos. O vello díxolle á vella que para ter un bebé tiña que sacalo da barriga, e a vella saiu a tomar o aire. Cando entrou tiña un bebé (en realidade era un gato envolto nunha saba). O vello preguntou porque tiña tanto pelo e a vella díxolle que tiña posto un abrigo para o frío.O bebé tiña dentes e cola. O vello saiu a pasear co bebé pero o bebé (gato) escapouse. Os vellos decidiron que eran moi maiores para coidar dun bebé e tiñan que disfrutar da vida.

NELPHY

A quen llo recomendas? Gustoume moito esta historia porque ten ideas disparatadas e polas ilustracións. É moi entretido e divertido.

abr 3­19:20

Título

A VODA DOS RATOS

Autor/a Ilustrador/a

Margarita del Marzo Lisa Kaser

Editorial

OQO

De que vai? Era unha vez unha ratiña moi branca que só quería casar cun rato gris case negro, pero seu pai non quería. O pai quería que casara co home máis forte do mundo. Entón foi xunto ao sol, a nube, o vento, a montaña, a árbore e o elefante pero todos querían a outra persoa. Mentres no palacio o rato e a rata víanse ás agachadas. Entón o rato como vira que o rato gris case negro asustara a un elefante pola súa filla deixoulles casar de boa gana.

CLAUDIA

A quen llo recomendas? Recoméndollo a todo o mundo porque é un conto moi divertido e bonito.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

3


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 abril 2013

Título

CARTAS DE INVERNO

Autor/a Ilustrador/a

Agustín Fernández Paz

Editorial

Xerais

De que vai? Todo comezou cando Tareixa recibiu unha carta de Xabier. Decía que senón a chamaba nuns días lle dera o sobre ao inspector Soutulla. Pero aos dous días ela abriu o sobre. Dentro contiña unha carta de Xabier e sete de Adrián. Na carta de Xabier poñía que un día quedara con Adrián en Viveiro e que el díxolle que se ía mudar a Galiza a unha casa que según dicía o dono, estaba encantada. Ao día seguinte de mudarse Adrián comezou a recibir chamadas e fax pedindo axuda. Adrián subiu ao faiado e atopou un libro de cadros aberto polo cadro dunha nena. Cando o abriu ao día seguinte, o libro xa cambiara. Así pasou varias veces e Adrián deuse conta de que o cadro estaba ambientado na súa casa nunha habitación ao lado da cociña. Adrián entrou na habitación e uns chanzos polos que baixou. Tareixa acabou de ler as cartas de Adrián e siguiu coas de Xabier, e continuaba dicindo que fora á casa de Adrián e alí viu un monstro que o asustou. Tareixa e Soutullo foron á casa de Adrián e...

CARME

A quen llo recomendas? É un libro moi interesante e misterioso cun final intrigante.

abr 3­19:20

Título

PEPÍN E O AVÓ

Autor/a Ilustrador/a

Hilda Perera Paz Rodero

Editorial

Everest

De que vai? O avó de Pepín quería que Pepín fora á súa casa porque non sabía como era unha vaca nin sequera unha galiña. O pai decía que non pero a súa nai preocupouse e preguntoulle como eran as vacas e dixo: como as botellas de leite de cristal e as galiñas como caixas verdes. Entón chamou ao avó e este foino buscar para levalo á súa finca. Alí atopáronse cun animal que facía cuac, cuac...e Pepín preguntáballe ao avó que era ese animal. O avó decíalle os nomes dos animais: a vaca, o coello, o chivo, a galiña, o burro. Pepín preguntoulle ao avó se podía quedarse con eles, pero a caseira dixo que non...

LUCAS

A quen llo recomendas? A calquera persona que queira rirse porque é moi divertido.

abr 3­19:15

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

4


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Título

2 abril 2013

CONTO DE NADAL

Autor/a Ilustrador/a

Charles Dickens Christian Birmingham

Editorial

Vicens Vives

De que vai?

ÓSCAR

Un home chamado Scrooge era moi malo, mandaba aos seus empregados traballar todos os días ao ano incluso en Nadal. Tiña un empregado ao que non lle pagaba casi nada e morría de frío no inverno, pero a Scrooge non lle importaba. Na noite de Nadal aparecéronselle o espirito do seu socio Marley que xa morrera...

A quen llo recomendas? A un amigo ao que lle guste o medo.

abr 3­19:15

Título

A HISTORIA DE ERIKA

Autor/a Ilustrador/a Editorial

Ruth Vander Zee Roberto Innocenti Kalandraka

De que vai? Erika era unha nena que a tiraron pola ventana do tren porque ían para un campo de concentración. Atopárona tirada e recollérona e coidaron dela ata que se fixo maior, casou e tivo tres fillos.

NEREA

A quen llo recomendas? A min gustoume e recomendaríallo a un amigo porque fala dos tempos de antes.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

5


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Título

2 abril 2013

¡ESTO ES EL COLMO!

Autor/a Ilustrador/a

Jeff Kinney Jeff Kinney

Editorial

Molino

De que vai? Gregory é un neno que pensa que é perfecto e quere axudar aos demais. Intenta axudar á súa nai pero ignorao, intenta axudar a seu irmán Rodrick pero pégalle, e seu pai di que o vai meter nunha academia militar. O neno é un desgraciado e pídelle axuda a seu amigo Rowley e fan unha cápsula do tempo na que Greg mete diñeiro. Un día no colexio Greg non leva no almorzo ningunha lambetada, Greg non ten forzas. Ao volver á casa pídelle explicacións á súa nai que lle di que desaparecen. Greg investiga e decide que foi seu pai porque o ve. Na festa dos Snelle, Greg quérese declarar á nena que lle gusta pero non pode. Ao día seguinte na o seu pai pídelle axuda porque está nun apreto.

ADRIÁN

A quen llo recomendas? É moi entretido e divertido. Este é un dos libros que máis me gustou.

abr 3­19:20

O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA

Título Autor/a Ilustrador/a Editorial

Fina Casalderrey SM

De que vai? David e Branca queren saber o que lle pasou aos fillos de Lúa (unha gata que trouxo Xocas). Cada vez que paría desaparecíanlle os gatiños. Ao final, fixéronse detectives e atoparon unhas pegadas, e así, quitáronlles os zapato aos veciños e, finalmente, había algúns que coincidían e outros non. Cando viron que lles faltaba un, Lúa pariu catro gatiños. David e Branca decidiron vixiala e descubriron que...

BRAIS

A quen llo recomendas? Este libro gustoume (coma todos que levo lido) e a min tamén me gustaría ter un gato. Recomendable para os que lles gustan os animais.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

6


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 abril 2013

O TEMPO DAS PALABRAS EN VOZ BAIXA

Título Autor/a Ilustrador/a Editorial

Anne-Lise Grabéty Esperanza León Xerais

De que vai? Os protagonistas desta historia eran dous moi bos amigos que tiveron unha boa infancia ata que, cando empezaron a medrar chegou o tempo das palabras en voz baixa. Unha época na que a xente non se saudaba mirándose aos ollos coma nos vellos tempos...

MARA

A quen llo recomendas? Gustoume moito este libro e recoméndollo aos amigos aos que lles gusta o misterio porque este é ideal.

abr 3­19:20

DIARIO DE GREG-Días de cans

Título Autor/a Ilustrador/a Editorial

Jeff Kinney Jeff Kinney Molino

De que vai? No verán mamá non quere que Greg estea todo o día no salón xogando á consola. Di que os nenos teñen que xogar e estar ao aire libre. Montou un clube de lectura "Ler é guai", saliulle mal e os últimos días deixaron de vir chavales e só quedamos Rawley e máis eu. Mamá pechou o clube e nós alegrámonos moito. Rawley desapareceu durante varios días e mamá enterouse de que estaba co seu pai e decidiu que eu tiña que pasar máis tempo con meu pai e pasamos o día vendo unhas historietas do máis estúpidas pero coas que nos rimos moito. Enterámonos de que se ian acabar porque o escritor xubilábase. Pero a historieta ía seguir co seu fillo e puxémonos alegres e tristes á vez.

DIANA

A quen llo recomendas? É un libro moi divertido. Para pasar un bo rato lendo.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

7


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Título

2 abril 2013

O PODER DA LUZ

Autor/a Ilustrador/a

Elisabetta Gnone Marenostrum Colección Fairy Oak

Editorial

De que vai?

NOA

O terrible 21 ataca de novo Fairy Oak. A tradición parouse debido á terrible tormenta que desencadeou o inimigo Pervinca. Unha das xemelgas escapouse separándose da súa irmá e deixando as defensas e esperanzas dos máxicos rotas e a guerra perdida. Pero Vainilla mostra o seu poder ao mundo e o seu amor á súa irmá as cales se reunen de novo e salvan Fairy Oak.

A quen llo recomendas? É moi bonito e recomendaría que o lean porque é unha historia para aprender a levarnos ben.

abr 3­19:20

Título

CEDRIC

Autor/a Ilustrador/a Editorial

Raoul Cauvin Laudec Salvat

De que vai? Un día Cedric tiña un cumpreanos pero no camiño pinchóuselle a roda do coche e chegou unha hora tarde ao cumpreanos. Tiña que levar un disfraz e o que lle tocou a Cedric foi de rapaza e todos se riron del e pegoulle ao neno do cumpreanos e a Cedric botáronno da festa.

ERIC

A quen llo recomendas? É un comic e a min gústanme moito os comics. Ademais este é moi entretido e divertido.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

8


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

2 abril 2013

Título

ANITA LA HUERFANITA

Autor/a Ilustrador/a

Claudia González Flores/Arlette de Alba Robin Moro/John Manders

Editorial

Everest

De que vai?

ANDREA

Este conto trata dunha familia que mercou unha casa moi grande e non sabían que estaba embruxada. Unha noite apareceulles unha pantasma pero como non crían neles non se asustaron. A pantasma enfadouse porque o trataron mal. A pantasma tiña un plan pero saiulle mal. Un día a nena da familia foi montar a cabalo pero apareceulle a pantasma e díxolle que o axudara descansar porque levaba 300 anos esperto. Ela axudouno e cando estaba durmido deulle unha caixa branca que contiña xoias.

A quen llo recomendas? Teño dúas opinións, por unha parte gustoume porque a pantasma non consiguiu asustar á nena e por outra parte non me gustan os contos de medo.

abr 3­19:20

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.