Boletín tecno 3ºpdc e RE

Page 1

Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

Tecnoloxía Boletín 3ºPDC e RE

Nome

BLOQUES 1 e 2: O PROCESO TECNOLÓXICO e O ORDENDADOR 1. Que diferencia hai entre a Ciencia e a Tecnoloxía?

2. Completa a seguinte táboa que nos permite describir un obxecto desde un punto de vista tecnolóxico:

Obxecto

Lapis

Silla

Cilindro duns 20 cm de longo e base con diámetro aprox 1cm

Tén unha base duns 50x50 cm2 apoiada en catro patas e un respaldo rectangular de dimensións variables

Análise formal

Rectángulo de aprox. 220x15cm2 e grosor 2cm

Análise funcional

Sobre unha das súas superficies pode escribirse

Análise tecnolóxica

Feita de madeira e bordeada dun perfil metálico

O cilindro é de madeira e no seu interior tén unha mina de carbón

Análise sociolóxica

Pode facerse con prefabricados de madeira, así que non tén un gran coste ambiental. Non é cara

O carbón que os compón, grafito, obtense xunto a outros carbóns en minas bastante contaminantes. O prezo é baixo

Bolsa da compra

Serve para tomar líquidos A base e o respaldo soen ser de madeira ou plástico; as patas, de madeira ou metálicas

3. Explica con exemplos en qué consistirían as seguintes fases do proceso tecnolóxico

aplicadas ● ● ● ● ● ● ●

ó problema: “necesitamos unha caixa para gardar cousas”: Plantexamento do problema Busca e proposta de solucións Elección dunha solución Proposta de deseño: bosquexo enriquecido Planificación da solución Construción da solución Verificación da solución

4. Supoñamos que imos construír unha caixa de madeira. Primeiro, faremos a estrutura

con listóns, e logo fixaremos a estes listóns chapas de madeira que fagan o

1


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

recobremento. Completa a seguinte folla de procesos que corresponde á construción da estrutura da caixa e pásaa a un documento Google Docs:

Peza: estrutura da caixa con listóns de madeira

Debuxo

FASES DA CONSTRUCIÓN

DESCRICIÓN

1. Marcado pezas bases

As bases son rectángulos de 31x21,5. Estamos descontanto 5mm que ocupará a madeira que revista a estrutura

2. Marcado pezas alto da caixa

Debemos cortar 4 listóns triangulares que serán os piares da nosa estrutura

3. Serrado e pulido das pezas da estrutura

MATERIAIS e FERRAMENTAS Listón 15x15; Lapis, metro, escuadro

TE MP O 5’

OBSERVACIÓNS (DETALLES E SEGURIDADE) Ter en conta o grosor do lapis, así como o da serra con que cortaremos Ídem

Serrucho e sarxento/prensa Escofinas e papel de lixa

Pode usarse unha caixa de ingletes para asegurarse de que o corte é recto.

4. Conformación Os listóns anteriores deben da estrutura suxeitarse entre si; para isto utilizaremos cola de carpinteiro e reforzaremos a continuación con clavos

5.

Remata este orzamento e atopa o valor total a pagar. Despois, pásao a unha folla de cálculo e inserta as ecuacións precisas para obter os resultados:

Material

Coste por unidade

Nº de unidades

Pintura

3,50€/litro

10 litros

Brochas

1,50€

4

Cubeta pintura

2,75€

2

Disolvente

3€ cada medio litro

1 litro

Man de obra

18€/hora

20 horas

Prezo total

IVE 21% TOTAL A PAGAR

2


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

6. Clasificación de empresas: completa a seguinte táboa rodeando a resposta correcta, e engade tres empresas máis (clasificándoas) Sector laboral ●

Primario: extracción de bens

Propiedade do capital

Secundario:

● ●

transformación de bens ●

Réxime xurídico

Empresa privada Empresa pública

(pode ser

autónomo)

Cuaternario:

Empresa societaria: ● S.A., con

educación, investigación e ciencias

Terciario:

hostelería e servizos ●

Empresa individual

Ámbito de acción ●

● ●

(opera en varios países)

accións en bolsa

S.L.,

sociedade

de responsabilidade limitada ●

Local/comarca l Nacional Multinacional

Cooperativa

Tamaño (según empregados) ● ●

Micro: ata 10 Mediana: 11 a 49 Grande: 50 a 250 Macro: + 250

Trasnacional (tén filiais en outros países)

Movistar Jealsa Rule’s Moda Zara Mariscadoras

Kiosko

7. As presentacións e a web: crea en Google Drive unha presentación sobre o impacto ambiental da produción industrial na túa área/vila. 8. Deseña o teu Curriculum Vitae conforme os seguintes apartados: ●

Información persoal (nome, dirección, tfno, email, data e lugar nacemento…)

Experiencia laboral (comezar pola máis recente, e indicar nome do empregador e características da empresa e do posto de traballo)

Educación e formación (comezar pola máis recente, e indicar nome das escolas e os títulos obtidos, especificando nivel alcanzado e cualificacións)

Capacidades e aptitudes persoais: ○

Lingua materna e outros idiomas (indicar nivel escrito, lectura e expresión oral)

Capacidades e aptitudes sociais (as túas relacións coa xente)

Capacidades e aptitudes organizativas

Capacidades e aptitudes técnicas (na manipulación de máquinas e ferramentas)

Capacidades e aptitudes artísticas

Outras: permiso de conducir, capacidades e aptitudes deportivas, etc

3


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

BLOQUE 3: DESEÑO GRÁFICO 1.

Atopa as vistas das seguintes pezas (tés moitos máis exemplos que deberías resolver no Cachatronic, 3º ESO, UD 3, Deseño gráfico):

4


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

2. “Acoutar” unha peza é indicar as súas medidas. A norma elemental é non empregar medidas de máis nin de menos. As cifras de couta póñense por enriba dunha flechiña que se apoia en liñas auxiliares, e non se indica a unidade de medida (esta pónse ó lado da peza, e soen ser mm). Outras normas de acoutación son: a) As liñas de couta deben debuxarse fóra do contorno das figuras, e non se poden utilizar aristas das propias peza b) As liñas de couta dos radios e diámetros non poden coincidir coa horizontal nin vertical c) As frechas de couta deben ser paralelas ás liñas que acoutan, e as de referencia han de ser perpendiculares d) As liñas de couta e referencia nunca cortarán o debuxo, a ser posible e) As cifras de couta deben situarse sobre as flechas de couta, centrados; han de ter un tamaño lexible pero proporcionado á flecha 2a) Segundo o anterior, sinala as acoutacións que están mal na figura da esquerda.

2b) Acouta as seguintes imaxes, tendo en conta que 1 cadradiño equivale a 1mm:

5


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

BLOQUE 4: ELECTRICIDADE A corrente eléctrica é o paso de electróns por un condutor. Como son miles de millóns de electróns os que circulan por segundo, adoita empregarse un múltiplo: o Culombio ●

1C (Culombio) = 6,241 ×1018 veces a carga dun electrón

Para que exista corrente eléctrica, debe haber: 1. Circuíto eléctrico: un conxunto de condutores eléctricos e compoñentes unidos entre si. Se nun circuíto existen terminais sen conectar (circuíto aberto, caso c na figura), non pasará corrente, pois a resistencia que presenta o aire é infinita. Pola contra, se nun circuíto non hai elementos resistentes, a intensidade tenderá a infinito e queimarásenos o circuíto (sería como unir os 2 terminais dun enchufe). A este caso (o a, na figura) chámaselle curtocircuíto, e é moi perigoso: debes evitalo sempre nas túas montaxes! 2. Unha fonte de enerxía que faga circular os electróns! Convencionalmente, a corrente vai do polo positivo da nosa fonte ó negativo. Na realidade, dado que a carga é negativa, o sentido é o inverso.

En corrente eléctrica existen tres magnitudes fundamentais: ●

V (Tensión eléctrica ou voltaxe, mídese en Voltios -V-): é a enerxía eléctrica por unidade de carga, e gracias a ela flúen os electróns polo condutor

I (Intensidade de corrente, mídese en Amperios -A-): é a cantidade de carga por unidade de tempo que circula nun condutor, é dicir, a velocidade dos electróns. Canto maior sexa a voltaxe que aplicamos e menor a resistencia que atopemos, maior será a intensidade. Canto maior é esta, os motores xiran máis rápido, as lámpadas alumean máis e as resistencias quéntanse máis.

R (Resistencia eléctrica, mídese en Ohms - Ω -): é a oposición que presenta calquera corpo ó paso da corrente. Os condutores (metais) teñen baixa resistencia, mentres os aillantes (plástico, madeira) a teñen moi alta. Canto máis fino e longo sexa un material, máis resistencia terá. A enerxía eléctrica, nunha resistencia, transfórmase en enerxía térmica ou calor: as estufas eléctricas, as planchas, os secadores… son electrodomésticos que teñen resistencias para producir calor.

6


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

As 3 magnitudes anteriores relaciónanse a través da Lei de Ohm, que di que canto maior é a voltaxe, maior a intensidade, e que canto maior é a resistencia que se opón, menor é a intensidade. Isto pode expresarse de 3 xeitos equivalentes: V=IxR

I=V/R R=V/I

Unha forma gráfica de velo é o triángulo de Ohm: tapando unha das magnitudes, obterás o resto (E é a forza electromotriz, igual á Voltaxe)!

1. Tendo en conta o visto ata agora, cal lámpada alumeará máis nos seguintes circuítos, suposto que todas teñen igual resistencia? ¿Por que?

2. Os elementos dun circuíto eléctrico teñen un símbolo que os representa:

7


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

2a) Completa a seguinte táboa na que se clasifican segundo a súa función nun circuíto:

Elemento

Símbolo

Xeradores: proporcionan enerxía eléctrica ó noso circuíto ●

CC: proporcionan corrente continua A partir de enerxía química A partir de movemento

Pila/Batería D...

CA: proporcionan corrente alterna (a partir movemento)

Consumidores ou receptores de enerxía ●

Transfórmana en luz

Transfórmana en calor

Transfórmana en movemento

Transfórmana en enerxía magnética

Gobernan o circuíto (elementos de mando ou control) ●

Acenden/apagan permantentemente

Acenden/apagan mentres se pulsan

Permiten diferentes posicións/camiños

Actívanse en función da intensidade

2b) Debuxa os seguintes esquemas empregando os símbolos normativos:

8


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

3. As resistencias son elementos cerámicos cuxo valor se pode determinar a partir dos aneis de cores que teñen debuxados:

Debuxa tres resistencias de valor: 2600Ω, 13000Ω e 3k7Ω, e calcula o valor doutras 3 que atopes na maleta do taller. 4. Conexión dos elementos dun circuíto: os compoñentes dun circuíto poden conectarse en serie (un tras doutro), paralelo (todos comparten os mesmos nós) ou mixto (unha mestura dos dous):

Cando varias resistencias están en serie (como nas lámpadas do circuíto 1), o valor total é a suma de todas as resistencias. Así, nun circuíto con varias lámpadas en serie, estas alumean menos, pois a Resistencia total é moi alta. Pola contra, cando as resistencias están en paralelo, como na figura 2, o valor total da resistencia é menor do que cada unha por separado, polo cal o valor da intensidade total é maior. Se se trata de lámpadas, a consecuencia é que alumearán máis! Comproba no taller qué acontece cos circuítos arriba explicados, e engade unha lámpada máis (en serie no primeiro caso, e en paralelo no segundo). Que ocorre? Proba a desconectar unha lámpada en cada caso: que acontece? Finalmente, intenta deseñar un circuíto mixto, debúxao na libreta e explica qué ocorre nel.

9


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

5. Atopa a magnitude que falta en cada esquema aplicando a Lei de Ohm:

6. Para medir o valor das magnitudes eléctricas nun circuíto, utilízase o polímetro: un aparello cunha roda selectora para medir Resistencias, Voltaxes, Intensidades e outras magnitudes que veremos no curso próximo (díodos, transistores, capacidades). Na seguinte figura que representa un polímetro, sinala qué función tén cada elemento:

10


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

7. Existen reglas para a medida de magnitudes: ●

Para calcular o valor dunha resistencia, esta non debe estar conectada á corrente

Para medir a intensidade, o polímetro debe colocarse en serie, como se fose un compoñente máis da rama onde imos medir a corrente

Para medir a tensión, o polímetro disponse en paralelo ó elemento no que queremos calcular a caída de tensión

Polímetro en modo Amperímetro (medida intensidade)

Polímetro en modo Ohmímetro (medida resistencia)

Polímetro en modo Voltímetro (medida tensión)

Monta no taller oo circuíto da figura, completa o seguinte cadro e debuxa cómo fixeches as medidas de tódalas magnitudes utilizando un polímetro.

11


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

BLOQUE 8: ENERXÍA E POTENCIA ELÉCTRICA 1. A Potencia Eléctrica é o rápido que produce ou consume enerxía eléctrica un aparello ou circuíto. Un electrodoméstico moi potente, absorbe moita Enerxía; un xerador pouco potente, produce pouca enerxía. A potencia eléctrica depende da Voltaxe e da Intensidade que atravesan os circuítos dun sistema, e é unha media da taxa á que se consume ou xenera a enerxía: ●

P=VxI (mídese en Watts, que son VxA)

P=E/t ou sexa, E=P.t (Mídese en Watt.s ou Joules)

Atopa o valor da potencia eléctrica que disiparían as resistencias do exercicio 5 do bloque anterior.

2. Investiga na túa casa a potencia de diferentes electrodomésticos: ●

Secador do pelo:

Ordenador:

Lavadora:

Estufa:

TV:

Outros:

3. Un secador tén unha potencia de 2300Watt. Que intensidade absorbe (está conectado á rede, V=230V)? Canta enerxía consume se o temos funcionando 10 min? 4. Averigua qué tensión eléctrica chega ás nosas casas, e canta se produce nas centrais. Busca tamén o valor da tensión nas redes de transporte de alta tensión. Investiga por qué non se transporta a enerxía eléctrica á mesma tensión que se xenera nas centrais. 5. Se tiveramos que depender da xeración de corrente eléctrica a través de pilas e baterías, sería imposible abastecernos. Afortunadamente, ó longo do s. XIX, unha serie de investigadores (Oersted, Ampére, Maxwell), atoparon o xeito de producir corrente eléctrica a partir do fenómeno do electromagnetismo. Eses mesmos descobrementos leváronnos a descubrir que había dous tipos de corrente: ●

Corrente Alterna (CA): trátase dunha corrente na que os electróns están todo o tempo avanzando e retrocedendo

Corrente Continua (CC): nela, os electróns circulan sempre na mesma dirección (é coa que traballamos ata agora, nos circuítos con pilas)

12


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

Un electroimán é un artefacto moi sinxelo de construír, e permitiranos entender mellor que é eso do electromagnetismo, e como se xenera corrente eléctrica nun xerador. Experimenta no taller!

6.

Para

subir

e

baixar

a tensión, utilízanse uns

aparatos

que se

denominan

transformadores. Só poden funcionar cando se traballa con CA: constan dun primeiro bobinado no que se introduce CA, o que convirte o seu entreferro nun imán variable; o magnetismo que ocasiona exténdese por toda a armadura ou entreferro (a parte metálica na que están enroladas as bobinas), e dese xeito, créase na bobina secundaria unha corrente variable (corrente alterna). No seguinte

transformador, identifica: bobinado primario, bobinado secundario e

entreferro: Experimenta no taller montando un transformador, e medindo as diferentes tensións de saída.

7. Nas seguintes centrais, que función desempeñan os tres elementos sinalados cunha frecha? De que centrais se trata? Utilizan enerxía renovable ou non renovable?

13


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

8. Comenta a seguinte gráfica. Cal cres que foi a evolución desde o 2005? Compróbao.

9. Calcula o consumo da factura seguinte e explica en qué consiste o concepto “termo fixo de potencia”: FACTURA DA ELECTRICIDADE Compañía Corrente Boiro, A Coruña Cliente: Humberto Humberto Enderezo: Portocubelo, 26 Domiciliación Bancaria: 2234 3345 34 4444 SERVIZOS/CONCEPTOS Electricidade e servizos Termo fixo de potencia (4,6 kW) Enerxía activa total Aluguer de Equipo Imposto eléctrico I.V.E.

PERÍODO

UNIDADE BASE

PREZO/PORCENTAXE

13-07-2011/19-08-20111,216438 meses

1,719203 Euros/kW

13-07-2011/19-08-2011138 kWh 13-07-2011/19-08-2011

0,142319 Euros/kWh

IMPORTE €

0,69 4,864% 21 %

IMPORTE TOTAL

14


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

BLOQUES 6 e 7: PÉTREOS, CERÁMICOS, PLÁSTICOS E TÉXTILES 1. Existen cinco grandes grupos de materiais de construción: madeira, metais, pétreos,

plásticos e textís. Dentro de cada un destes grupos, poden atoparse varias subclasificacións: madeiras duras e brandas, prefabricados e celulósicos; metais siderúrxicos e metáis non derivados do ferro (pesados, lixeiros e ultralixeiros); pétreos naturais, artificiais e cerámicos; plásticos termoplásticos, termoestables e elastómeros; textís naturais (animais, vexetais, minerais) e textís sintéticos. Realiza un diagrama que englobe todos estes materiais. 2. Nesta terceira avaliación o traballo de exposición é unha presentación1 sobre os materiais

pétreos e plásticos. Preparade esa exposición tendo en conta que as imaxes e/ou vídeos que insertedes han de ser Creative Commons ou vosas propias (particularmente as ferramentas podedes e debedes fotografalas no noso taller; habemos saír de paseo nunha clase para que poidades retratar exemplos en edificacións cercanas), e que tedes que citar a bibliografía que usedes 3. Cada grupo deberá confeccionar dous murais (preferentemente soportados en cartón

duro ou madeira): un cos tipos fundamentais de pétreos e outro cos de plásticos. Ó pé de cada exemplo (obtido no contorno e pegado fisicamente no mural) han de aparecer as propiedades e usos característicos de cada tipo. Os mellores penduraranse no centro! 4. Indica, na seguinte figura, qué material de construción corresponde a cada número:

5. Explica a diferencia entre pétreos naturais e pétreos artificiais, e pon catro exemplos de

cada tipo. Cales son máis caros? En que tipo de construcións se usa cada tipo? De entre eles, hai algún que serven para unir outros materiais?

1 http://www.slideshare.net/advl03/inmunoterapia­para­presentaciones­aburridas

15


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

6. Copia no caderno a seguinte táboa e cumpriméntaa: Orixe e obtención1

Propiedades físicas e químicas2

Ferramentas coas que se traballa para obter derivados

Utilidades técnicas na construción

Posibles derivados (e método de obtención dos mesmos)

Taboleiro de castiñeiro Peza de parqué Cartón Barra de aceiro inoxidable Perfil en L de Aluminio Tubería de cobre Prancha de metacrilato Perfil en T de PVC Banda de caucho Mesado de mármore Moldura de xeso para o teito Peza de gres Xersei de lá Lá de amianto Tela de neopreno Tetrabrik de leite Bolsa de plástico 1

Materia prima da que se parte e método de extracción (se é natural) e transformación (se é un derivado)

2

Propiedades físicas son a dureza, tenacidade, elasticidade, plasticidades, condutividade eléctrica e acústica… Químicas son a corrosionabilidade, oxidabilidade…

7. Identifica a técnica de obtención de prefabricados plásticos da figura e describe en que consiste. Que se obtén neste caso?

8. Na figura aparecen diversas etiquetas dos téxtiles. Na libreta, debúxaas e localiza, nas túas prendas e as dos teus compañeiros, cadansúa (pon o nome da prenda e do compañeiro e engade outras se as atopas).

16


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

9. Resolve o test:

1. Os termoplásticos son plásticos que:

11. Cando é máis duro o granito?

a) convértense en líquido cando se quentan e endurécense nun estado vítreo cando arrefrían. b) convértense en líquido cando se quentan e permañecen en estado líquido cando arrefrían. c) endurecen cando quentan e cando arrefrían convértense nun líquido espeso.

a) cando ten máis cuarzo, porque é o material máis duro que o compón. b) cando ten menos cuarzo, porque é o material máis brando que o compón. c) cando ten máis mica, porque é o material máis duro que o compón.

2. Os téxtiles están formados por fibras, que poden ser:

12. Para que se utiliza o estaño na técnica de conformación de materiais pétreos?

a) naturais, sintéticas, artificiais e vexetais. b) vexetais, animais, naturais e sintéticas. c) vexetais, animais, minerais e sintéticas.

a) para que o vidro sexa empuxado máis facilmente aos rodillos. b) para que as láminas queden mellor feitas. c) para que o vidro flote nel.

3. Os plásticos clasifícanse en:

13. Cal é a compoñente básica do mármore?

a) termoplásticos, termostables e elastómeros. b) duros, brandos e fráxiles. c) poliméricos e monoméricos.

a) arxila. b) carbonato de calcio. c) granito.

4. Os plásticos son:

14. Que diferencia hai entre un vidro e un cristal?

a) un conxunto de materiais sintéticos de orixe orgánica, facilmente moldeables con calor e presión. b) materias que se atopan na natureza e se consumen directamente, sen ningunha transformación. c) un conxunto de materiais sintéticos de orixe

a) o vidrio é de cor verde e o cristal é transparente. b) teñen dirferentes formas. c) o vidro é artificial e o cristal natural

17


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

orgánica, facilmente moldeables a baixas temperaturas. 5. Que forma adopta o plástico despois de saír da extrusionadora?

15. Cales son as compoñentes do morteiro máis comúns?

a) pode adoptar a forma que nós queiramos. b) sae en forma de láminas. c) sae en forma de tubos.

a) area, granito e auga. b) area, auga e cemento. c) arxila e cemento.

6. Que tres tipos de moldeado existen?

16. Os ladrillos son:

a) inxección, soprado e extracción. b) soprado, compresión e inxección. c) extracción, compresión e soprado.

a) cerámicos. b) rochas. c) pétreos naturais.

7. De que material esta feito o pneumático dun coche?

17. A materia prima das cerámicas é:

a) plástico termoplástico. b) plástico termoestable. c) plástico elastómero.

a) a louza. b) a arxila. c) o granito 18. Os cerámicos son:

8. Como exemplos da transformación de pezas plásticas temos: a) inxección, soprado e calandrado. b) calandrado, soprado e barreado. c) torneado, corte e limado. 9. Os termoestables despois de fundirse pódense volver a fundir para ser moldeados de novo? a) si. b) non. c) depende do tipo de termoestable. 10. Para o perforado utilízase: a) tradeadora ou broca. b) tradeadora ou berbiquí. c) escofina.

a) pétreos artificiais. b) pétreos naturais. c) outro material.

19. De que material se obtén a porcelana? a) alcalino. b) caolín. c) alabastro

20. ¿Que se introduce no molde nas técnicas de soprado? a) auga. b) aire. c) estaño fundido

18


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

BLOQUE 2: O ORDENADOR E OS NOSOS PROXECTOS 1. Hoxendía moita xente dispón dun espazo no que publicar as cousas que lle interesan. Que diferencia hai entre: ●

Blog:

Páxina web:

Wiki:

Rede social:

Google Site

2. Entrevistaremos a algunha entidade, clube, empresa… que non teña páxina web e crearémoslla na aula! 3. Explica as diferencias entre software libre e software gratuíto e completa a seguinte táboa con exemplos:

Software gratuíto/libre (especificar se se coñece)

Software de pago

Debuxo Ofimática Electricidade Pneumática Edición de foto Edición de vídeo Creación páxinas web 4. Que é a “nube”? Que vantaxes e desvantaxes cres que tén? 5. Pescuda no Cachatronic os artigos que falan do tema da publicación e partillamento de contidos: concretamente, o curso pasado fixemos unha investigación sobre a denominada “Lei Sinde”: poderías averiguar en que consiste, e que vixencia tén hoxendía?

19


Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic

6. Que son as licenzas de código aberto ou Creative Common? Completa a táboa seguinte, e explica ó lado de cada licenza qué significa

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.