16 maio 2017 Teatro - STARgal - Xantar popular - SerafĂn Marcos
PROGRAMA
MAÑÁ 8:35 a 10:15 1º ESO STARgal 2º ESO Teatro Bolaño 3º e 4º ESO clase normal 10:35 a 12:15 1º ESO Clase normal 2º ESO STARgal 3º e 4º ESO Teatro Bolaño 12:35 a 14:15 1º ESO Teatro Bolaño 2º ESO Clase normal 3º e 4º ESO STAR gal
TARDE De 16:20 a 18:00, Xogos populares e Serafín Marcos
O Obradoiro Bolaño de teatro, baixo a dirección de Sabela Hermida, representa dúas obras: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de C. Casares, e Isto non é o que tiña planeado, da alumna Laura Alvarellos. Competición e mostra de produtos audiovisuais, videoxogos e robots.
SERAFÍN MARCOS Unha performance de música e xogos relacionados con Carlos Casares.
XANTAR POPULAR Traede a comida, e lembrade que vir co traxe tradicional puntúa no STARgal! Toda a info en iespacachada.org
LOGO GAFAS RV
AS LARANXAS
MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
gracias ás gafas de RV accederedes a cinco contornos que representan obras de Casares. Se atinades tres ou máis, entrade na Gran Mecánica e experimentade os límites da realidade virtual! as laranxas máis laranxas de todas as laranxas é unha das obras máis divertidas de toda a literatura galega. Publicada no 1973.
LOGO PREGUNTAS E RESPOSTAS
CAMBIO EN
TRES
nesta estación concursades como grupo. Trátase de atinar co recipiente que contén a resposta correcta ás preguntas que veredes na pantalla sobre a obra de Casares. cambio en tres foi a primeira novela publicada de carlos casares (1963) na que fala do mundo da emigración cun relato innovador e experimental a través do seu protagonista principal.
ENTREVISTAS
DEUS
SENTADO NUN SILLÓN AZUL
ó sentarvos no máxico Sillón Azul ides sentirvos imbuídos polo espírito de Carlos Casares. Respondede ás cuestións que vos plantexan as nosas xornalistas mentres o público segue a entrevista por Periscope deus sentado nun sillón azul é unha obra na que se fala da influencia do tempo e experiencias no xeito de entender a vida. publicada no 1996.
LOGO MONTAXE ROBÓTICA
ILUSTRÍSIMA
esta é unha instalación didáctica que deseñou e construiu o alumnado de 4º para que vos acheguedes de forma lúdica á vida de Casares. Trátase dunha montaxe que emprega elementos robóticos programados con Arduino, Mblock e Lego. ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. publicada 1980.
LOGO DRONS
LOLO ANDA EN DRON unha mostra de voo con drons que lle encantaría a Lolo, quen en verdade só andaba en bicicleta... lolo anda en bicicleta é un conto no que o protagonista fai o que pode para conseguir aprender a montar en bicicleta. publicada no 1996.
LOGO VIDEO-CONTACONTOS
OS ESCUROS SOÑOS
DE CLÍO iDES VER unha PROXECCIÓN DOS VIDEOCONTACONTOS QUE SE PRESENTARON Ó concurso máis que palabras queorganiza o departamento de lingua galega. VOTADE POLO QUE MÁIS VOS GUSTE! OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO CONTÉN DOCE CONTOS NOS QUE carlos casares fala do mundo no pasado mesturando superstición relixiosa, ficción, realidade, fantasía e humor. publicada no 1979.
LOGO
LEGO
TORIBIO REVOLUCIONA O TRÁFICO
as Monitoras desta proba propoñeranvos un circuíto entre cidades que tiveron que ver coa vida de Casares. Se sodes de 1º ou 2º podedes empregar a app que implementou o alumnado de 4º, se sodes de 3º ou 4º, programade! O voso obxectivo é que o Lego cubra o traxecto no menor tempo posible e sen tirar os obstáculos.
unha soa visita á casa das ciencias da coruña sérvelle a toribio para revolucionar o tráfico. unha obra escrita por carlos casares e penelope ares. publicada en 1994.
A "PEQUENA" MASCOTA
UN POLBO XIGANTE
nesta instalación podedes interactuar co noso enorme polbo mecánico. O movemento dos seus raxos está controlado por servos que foron programados a través de Arduino. Como o polbo é un animal moi intelixente, veredes que é capaz de seguir cos ollos os movementos que fagades, estade atentos! o polbo xigante son as historias que contaba Delfina, a criada da casa do narrador cando era neno. publicouse no 2000
BOOKTRAILERS
VENTO
FERIDO
iDES VER unha escolma de booktrailers elaborados polo alumnado de 3º da eso. escollede o que máis os guste, tendo en conta que ten que incitarnos a ler o libro do que fala! VENTO FERIDO É UNHA OBRA DE CARLOS CASARES PUBLICADA POR GALAXIA EN 1967. TRÁTASE DUNHA COLECCIÓN DE RELATOS BREVES SOBRE A AVIOLENCIA E O FATALISMO.
LOGO
EXPOSICIÓN
XOGUETES PARA UN TEMPO
PROHIBIDO ANTE VÓS TEDES unha exposición con mostras do fedellar nas aulas de Tecnoloxía. Escollede o trAbAllo que vos pareza máis orixinal ou mellor deseñado! xoguetes para un tempo prohibido é un texto que supuxo unha renovación na narrativa galega. considérase unha novela sobre a represión da posguerra e das ilusións da xuventude. publicada no 1975.