As literatas

Page 1

s literatas Ies a cachada. boiro

plan proxecta

Donas de si

nยบ: 1


EQUIPO EDITORIAL

CONSELLO DE REDACCIÓN Sandra Moares Alejandro Da Vila Valeria Alonso Carla Miranda Andrea Collazo Miriam Melón Ángela Sánchez Brais Nieto Ada Villar Paula Vázquez Alejandra Seijas Silvia García Carmen Rodríguez COORDINACIÓN Carmen Rodríguez

MAQUETACIÓN Silvia García


EDITORIAL

O

día en que María ía ter o seu primeiro fillo, seu marido que era o home máis feliz do universo, tiña organizada unha festa con paparotada de empanadas regada con viño do país. Por fin ía ter un vinculeiro que pertetuase a súa estirpe. Pero ás veces o destino é cruel e quixo que nacese unha nena fermosa e repoluda en vez do neno tan desexado. Coa carrapeta que se agarrou Manuel ao saber a noticia, tirou coas empanadas ao río e non quixo saber nada da recén nacida. Hoxe en día María filla é unha muller feita e dereita e seu pai está orgullosísimo dela. É seu olliño dereito , o sustento da súa vellez, a súa vida enteira e cando o pensa, arrepíntese moito da arroutada que tivera ao saber que lle nacera unha nena. Esta historia é o reflexo do comportamento social de finais do século dezanove e comezos do século vinte e que aínda ás veces perdura nos nosos días. A muller era considerada unha cidadá de segunda, relegada ao papel de nai “anxo do fogar”, serventa, coidadora de anciá…, pero á que se lle negaba toda a posibilidade de ascenso social e de formación intelectual. Só nos ambientes máis liberais se trataron ás mulleres como individuos capaces e intelixentes e se lles permitiu alzar a súa voz e dar a coñecer a súa valía. Como nos resultaba difícil elaborar unha revista ambientada nun ano concreto , este traballo recolle material de finais do século dezanove e primeira metade do século vinte. Por ese motivo non ten ano concreto , senón que figura só na súa portada o número 1. Esta revista escolar titúlase “As Literatas” en honor ao artigo publicado en 1866 por Rosalía de Castro e do que recollemos un fragmento da “Carta a Eduarda” nas nosas páxinas. Este artigo trata sobre a condición feminina na que a autora advirte da atribución de obras de mulleres a homes, especialmente aos seus maridos. Nesta carta Nicanora aconsella a Eduarda que non escriba, que non publique, que rompa os seus poemas, nun exercicio de sarcasmo contra o estatus ó que eran apartadas as mulleres creadoras. Afortunadamente contra este ambiente case que misóxino, xorden personaxes femininas relevantes e pioneiras en moitos eidos que nos abriron o camino ás xeracións futuras. A elas , a esas mulleres loitadoras e exemplares querémoslles brindar unha merecida homenaxe. Non están todas nin moito menos, só uns pequenos grans que forman os alicerces dos logros acadados por esas mulleres. Vai por elas!


Carta a Eduarda

Isto é insoportable para unha persoa que teña algún literato e algún sentimento de poesía no corazon; pero sobre todo, amiga miña, ti non sabes o que é ser escritora. Selo como Jorge Sand vale algo, pero doutro xeito, que continuo tormento! Pola rúa sinálante constantemente, e non para ben, e en todas partes murmuran de ti. Se vas á tertulia e falas algo do que sabes; se te expresas nunha linguaxe algo correcta, chámante “bachillera”, din que te escoitas a ti mesma, que o queres saber todo. Se gardas unha prudente reserva, que ridícula!, que orgullosa!, rexeitas falar como non sexa con literatos. Se te fas a modesta e por non entrar en vanas disputas deixas pasar inadvertidas as cuestións coas que te provocan, onde está o teu talento? Nin sequera sabes entreter a xente cunha amena conversa. Se che agrada a sociedade, pretendes lucirte, queres que se fale de ti, non hai función sen tarasca. Se vives afastada do trato da xente é que te fas a interesante, estás tola, o teu carácter é atrabiliario e insoportable; pasas o día en deliquios poéticos e a noite contemplando as estrelas, como Don Quixote. As mulleres poñen en relevo ata o máis agochado dos teus defectos e os homes non deixan de dicirche, sempre que poden, que unha muller de talento é unha verdadeira calamidade, que vale máis casar coa burra de Balaam, e que só unha parva pode facer a felicidade dun mortal varón. Sobre todo os que escriben e se teñen por graciosos, non deixan pasar nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus homes, se os teñen, e se non, aínda que sexa os do criado. Cousa fácil era para algunhas abrir o armario e plantarlles diante do nariz os zurcidos pacientemente traballados, para demostrarlles que escribir algunhas páxinas non as fai esquecerse dos seus quefaceres domésticos, podendo engadir que os que tal murmuran, esquecen, en cambio, que só naceron para tragar o pan de cada día e vivir como parasitos.

Rosalía de Castro


A

baronesa Amandine Aurore Lucile Dupin, máis coñecida como escritora baixo o seudónimo de “George Sand”, provoca un gran escándalo abandonando ao seu marido, o barón Casimir Dudevant.

Parece ser que a autora, despois de abandonar ao seu home, acaba de instalarse en París, levando unha vida para algúns “escandalosa”; pois pódese vela polas rúas e cafés parisinos vestida de home e fumando. Para algúns membros da alta sociedade isto é unha “provocación” e non tardaron moito en oírse críticas á súa persoa; como as que lle adica o poeta Baudelaire e que citamos a continuación: “ É estúpida e en-

greída. Os seus ideais morais teñen a mesma profundidade de xuízo e delicadeza cás limpadoras e as mantidas...O feito de que haxa homes que se namoren desta zorra é proba do baixo que caeron os homes desta xeración”.

Por se isto fora pouco, despois da publicación da súa última novela “Indiana”, a nosa autora vese novamente en entredito pola súa amizade coa actriz Marie Doval. O feito de que as dúas mulleres anden sempre xuntas, aumenta os rumores sobre unha posible relación sentimental entre elas; sobre todo cando o marido da actriz se refira a George Sand con palabras como “ esa maldita lesbiana”. Está claro que esta escritora e aristócrata non deixa indiferente a ninguén. E ,se ben é certo que ten moitos detractores que a calumnian e insultan, tamén goza do respecto e a inestimable amizade de persoeiros tan relevantes como Gustave Flaubert, Marcel Proust ou Honoré de Balzac.

A

Academia de Ciencias Morais e Políticas intentou retirarlle o premio ao ensaio que leva por título

La beneficiencia, la filantropía y la caridad, e que resultou ser o gañador dun certame promovido por esta entidade. O escándalo xurdiu ao facerse público que baixo o seudónimo de Fernando xacía o nome dunha muller, Dª Concepción Arenal .. Finalmente, a academia aceptou a gañadora e decidiu publicar a súa obra.

ESCÁNDALOS Descóbrese que o autor da serie de novelas “Claudine” non é Willy, senón a súa muller Colette

U

nha vez descuberta a autoría desta serie novelesca tan famosa, a súa autora, Colette, descóbrese e, farta das infidelidades do seu home e de verse reducida ao papel de esposa escarnecida e burlada, decide divorciarse del e adicarse a actuar en espectáculos de Music-hall.

S

on agora para Colette anos de escándalo e liberación moral; descubrindo tamén a súa bisexualidade; incluso na novela Claudine en ménage, a autora cóntanos que sostivo un trío cunha das amantes do seu exmarido Willy. Outras amantes importantes son a rica herdeira norteamericana Natalie Clifford e Sophie de Morny, marquesa de Belboeuf.


GALICIA SOFRE O DRAMA DA EMIGRACIÓN

D

ende os portos da Coruña e Vigo saen os barcos cargados coa nosa xente que marcha a América en busca dun futuro mellor. Aquí quedan os vellos, os nenos e as mulleres. Mulleres que se converten en viúvas de vivos e viúvas de mortos. Así o denuncia Rosalía de Castro no seu libro Follas novas., no que rende unha homenaxe a todas aquelas mulleres que quedan soas na nosa patria.

Tecín soia a miña tea, sembre soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virme a erguer, el xa non me pousará. ¡Qué tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás...; ferve o pote..., mais, meu caldo, soíña te hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas sinto negras soidás. O meu homiño perdéuse, ninguén sabe en ónde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime en ónde está.

Rosalía de Castro


N

a terra das “viúvas de vivos e mortos”, mentres tantos homes galegos exploran novos horizontes xeográficos na busca do sustento , moitas mulleres enfróntanse a xigantescos retos persoais sen moverse de Galicia. Algunhas emprenden aventuras económicas que non están incluídas no papel asignado para elas nesta época e que lles abrirá as portas ás xeracións futuras de mulleres galegas. Estamos a falar de : Amelia Méndez ( monta o primeiro cine sonoro de Marín tras enviuvar),Celia Rivas( convértese na primeira muller camioneira de Galicia), Dolores Centeno (armadora bergantiñá nesta época na que o transporte marítimo é totalmente masculino) , Hoxe, sen embargo, imos entrevistar a Joaquina García García, nada en 1879 en Porto do Son e filla de mariñeiro, coñecida por todos como a “Ghaxola”. Deseñou os primeiros traxes impermeables para os mariñeiros despois de experimentar pola súa conta con distintas mesturas de tecidos .

Estes “traxes de augas” teñen tanto éxito que non dá feito cos encargos que ten. Agora é unha empresaria coa súa propia fábrica. A.-Ola Joaquina. Grazas por recibirnos na súa casa. J.-Grazas a vós por acordarvos de min. A.-Veña, comezamos. Como se lle ocorreu a idea de facer os traxes impermeables? J.-Meu pai é mariñeiro e caíame a alma aos pés velo chegar enchoupado á casa polos salseiros do mar e os chubascos. Virxe santísima! Queríalle facer un traxe impermeable para que non collera tantas sopas. . E coma meu pai, os veciños. Pense vostede que esta é unha vila mariñeira. Trabállase no mar. A.-Con que materiais comezou a traballar ata conseguir o que a convencerá finalmente? J.-Os traxes elabóranse con lenzo. Primeiro lávase no río para sacarlle o apresto e ponse a secar. Logo tráese ao taller e colócase no sarillo.

ENTREVISTA A JOAQUINA GARCÍA GARCÍA

Taller de roupas de auga para mariñeiros.En primeiro lugar, á esquerda Francisco Moreira e Joaquina García. Tamén están seis dos 13 fillos que tiveron: Joaquina, Jesusa, Carmen, Luis,Agustín, Juana e Antonio. As demais son costureiras.


A.-Que é o sarillo? J.-É unha especie de torno de madeira que se move a man…. E despois as costureiras miden, marcan e cortan as pezas e cósense a man e coas máquinas de coser. E así xorden os traxes. A.- Como se consegue impermeabilizar esa tea? J.-Hai que meter os traxes, unha vez confeccionados, en aceite de liñaza cocido. E para fixalo engádeselle po e tamén para darlles cor e déixase secar. Ao cabo dunha semana dáselles unha segunda man e aos catro días unha terceira . Polo revés só levan unha capa de aceite. A.- Cantas mulleres traballan no taller? J.- Entre 15 e 20 dependendo dos pedidos que haxa. A.-Xa sei que está mal visto falar de cartos, pero canto cobran estas mulleres? J.- Pois cobran cinco ou seis reás ao día para entregar na casa. É moita axuda na casa cando non se pode saír ao mar. Tamén gañan algúns cartos facendo horas extras e estes cartos son para elas e así poden mercar un pano, unha chambra para os días de festa. A.- De cantas pezas consta ese fantástico traxe de augas? J.- De tres. O gorro ao que nós lle chamamos “sueste”, o chaquetón e os pantalóns. O sueste ten a á estreita e levantada por diante e caída e máis ancha por detrás. Ve vostede como é? O chaquetón é amplo para poder levar roupa de abrigo por debaixo e os pantalóns chegan ata os pés cubrindo case toda a bota. A.- Quen compra os traxes que vostede confecciona? J.-Todos os mariñeiros da vila e dos arredores. Así que viron o traxe de meu pai, todos os mariñeiros do Son querían un. . Nunca pensei que tivese tanto éxito e agora recibo encargas de moitos lugares de España e para enviar os traxes temos que deixalos secar máis tempo, uns quince días

aproximadamente. A.- E como se transportan? J.-Métense en caixas de madeira cuns buratos nos lados para que ventilen. Unha vez seladas as caixas mándanse a Vigo, á Coruña, Asturias, Guipuscoa… A.- Canto custa? É moi caro? J.- Se se coida ben, dura toda a vida. Custa 25 pesetas, que para un mariñeiro coa casa chea de bocas que alimentar é moito. De todas formas aos veciños e á xente de confianza deixámosllelo ao “chedebo” e van pagando aos poucos. Meu fillo, os mariñeiros non che gañan moito, pero móllanse igual! A.- Para rematar esta entrevista, só unha pregunta máis, o feito de ser muller creoulle dificultades engadidas á hora de montar a súa propia empresa? J.-A verdade é que as mulleres de hoxe en día téñenlles que pedir permiso ao marido para todo, pero o meu Francisco sempre me axudou e apoiou moito desde que tiña un simple taller de costura ata agora que temos unha pequena empresa… E o que diga a xente non me importa. Non che ando a roubar senón a traballar. Aquí traballa toda a familia e oxalá dure moitos anos. A.-Moitas grazas por atendernos. Alejandro Davila Pena


As escritoras toman a palabra

“Abride escolas e cerraranse os cárceres.”

Concepción Arenal

“A desigualdade é o peor que hai na vida.Tamén o é a mentira “

Cecilia Böhl de Faber

“Estar casada é…como explicalo?, tremer porque a costeleta do marido estea demasiado feita, o colo da camisa demasiado brando, o baño demasiado quente; é asumir o esgotador papel de intermediaria-colchón entre o malhumor do señor, a avaricia do señor, a súa gula, a súa preguiza...Esta domesticidade é dolorosa e humillante”. Sidonie Gabrielle Colette

“Se, tal como se acepta universalmente dende hai un tempo, unha gran preparación cultural non fai sabio a un home, unha preparación cultural mínima basta para facer sabia a unha muller”. Mary Ann Evans

“O día en que masas compactas con números iguais de homes e mulleres festexen co corazón o 1º de maio, a nova idade do mundo empezará o seu día sobre a terra; porque nela non pode actuar un só sexo”. Rosario Acuña

“Nin a estúpida coquetería nin o desexo de gustar a todos os homes domi-

nan o meu ser. O mundo coñecerame e entenderame algún día; e se iso acontece, non importará demasiado, porque terei aberto o camiño para outras mulleres”. Amantine Aurore Lucille Dupin

“Os homes son como a terra e nós como a lúa. Sempre lles amosamos un lado e cren que non hai outro, porque non o ven. Pero alí está”. Olive Schreiner


M

arcela e Elisa, o primeiro matrimonio homosexual da historia de España. Casaron na Coruña hai uns anos clandestinamente. Ao descubrírenas, tiveron que fuxir; pero non conseguiron desfacer o lazo que unía a estas dúas valentes amantes.

Así, Marcela e Mario puideron casar nunha igrexa da parroquia de San Xurxo da Coruña, o 8 de xuño dese mesmo ano ás sete e media da mañá para que fose discreta a cerimonia. A parella fíxose u n retrato no Marcela e estudo de José Sellier como toMario, da parella feliz Eu e ao día seguinte volveron para declárovos Dumbría. Non muller e conseguiron ocultalo durante muller! moito tempo e despois de enterarse de que se celebrara un “casamento sen home”, a noticia espallouse e fíxose eco nas primeiras páxinas da prensa galega e madrileña. Isto provocou as negativas de emprego, burlas, menosprezos…Foi un calvario para as dúas mulleres e decidiron fuxir cara O Porto.

Marcela García Ibias e Elisa Sánchez Loriga coñecéronse na Escola de Maxisterio da Coruña, onde se estaban formando para impartir clases. O que empezou sendo amizade, acabou por converterse nunha relación amorosa. Os pais de Marcela, que non aceptaban a relación, decidiron enviala a Madrid, coa fin de apazugar o amor entre as mozas. Pero o amor é caprichoso e as rapazas volveron atoparse cando ambas fiNesa cidade lusa viviron coma un nalizaron xa os seus estudos. matrimonio normal, ata que os médicos descubriron que Mario era muller. Trala Elisa comezou a traballar en Couso, descuberta foron encarceradas durante unha pequena parroquia de Coristanco, e trece días e posteriormente postas en liMarcela atopou traballo nun municipio berdade por presión popular. Eran consipreto de Vimianzo, en Calo. O reencontro deradas dúas desgraciadas. avivou as chamas do amor e foron vivir Despois deste altercado as mozas xuntas a Calo. Alí permanecía Elisa dan- seguiron vivindo no Porto e o día de Reis do clases cando Marcela se marchou a de 1902 Marcela tivo unha filla de non se Dumbría en 1889. Sen embargo a ducia soubo quen. Dise que esta foi unha estrade quilómetros que as separaban non era taxema para darlle credibilidade ao maquen de impedirlles estar xuntas. Marce- trimonio, mais os xornais continuaban la percorría todas as noites doce quilóbu rlándose destas dúas mu lleres: metros para poder durmir nos brazos da “Marcela tivo unha nena por xeración essúa amada. pontánea, coma as lombrigas”. A convivencia das dúas mulleres foi Cansas do trato recibido, decidiron respectada polos veciños. Quen sabe se emigrar a Bos Aires para intentar vivir a foi por ignorancia sobre o seu comporta- súa historia de amor como todo o mundo mento sexual ou por puro consentimento . se merece. Alí traballaron un tempo como Aínda así nunca puideron vivir tranquicriadas, pero como apenas se podían ver, las. Marcela e Elisa finxiron un enfado: Elisa decidiu casar cun vello ao que lle Elisa dixo que non aguantaba e que se ía quedaba pouco tempo de vida. A idea era e Marcela anunciou o seu casamento con non traballar para poder estar máis temMario, un primo da súa amiga. po con Marcela e cando enviuvara, volver En 1901 Elisa decidiu masculinizar o con ela. Pero o home enterouse de todo e seu aspecto e falsificar a súa identidade . denunciounas. Cambiou o nome por “Mario”, cortou o pelo, A prensa bonaerense apenas ocupou comezou a vestir traxes e a imitar os o caso e a pegada das dúas mozas perademáns de home. Para crear ao seu per- deuse: conseguirían ser felices ou pasarsonaxe, tomou como referencia a un pri- ían o resto da súa vida fuxindo? mo seu finado nun naufraxio. Valeria Alonso e Carla Miranda


PARRICIDIO INESPERADO DE HILDEGART RODRÍGUEZ A xove morreu prematuramente onte en Madrid , asasinada por súa nai, Aurora Rodríguez ller única ( selección euxenésica), se separase dela e comezase unha nova vida coa súa parella. Súa nai afirma que era unha ingrata porque agora que acadara un grande éxito na política quería abandonala. Segundo os veciños dixeron, oíanse fortes discusións entre a nai e a filla e cada vez que Hildegart se quería separar da nai, esta ameazaba con suicidarse ou pechábaa na casa para que non puidese fuxir. Relatan o feito que se produciu un día no que Aurora Rodríguez subiu á terraza cunha pistola e disparouna varias veces ao aire. Esta sería a pistola coa que despois mataría á súa filla. O cadáver de Hildegart será exposto no Centro Federal, sede do seu partido. Andrea Collazo.

O

nte, 26 de maio de 1933, morre asasinada en Madrid, na rúa Galileo, a activista ferrolá do Partido Socialista da UXT Hildegart Rodríguez á curta idade de 18 anos a mans da súa propia nai: Aurora Rodríguez. Hildegart, nena prodixio, era coñecida pola súa faceta feminista e por escribir libros sobre sexoloxía: La rebeldía sexual de la juventud ou La revolución sexual entre outros polo que a alcumaron como “ A virxe roxa”. Os primeiros estudos forenses que se realizaron no escenario do crime afirman que a morte produciuse de forma inmediata debido a catro tiros asestados sobre a persoa de Hildegart, tres deles na cabeza e un no corazón mentres durmía. Aurora Rodríguez Carballeira, nai e presunta autora do crime, permanece detida nas dependencias xudiciais, despois de que se entregara voluntariamente, á espera dunha decisión do xuíz instrutor do caso. Nestes momentos segue sendo interrogada polos inspectores que levan o caso. As súas primeiras declaracións sobre os feitos foron que a matou porque non soportaba que a súa filla, á que ela creara e educara para que fose unha mu-


CONCEPCIÓN ARENAL A visitadora de cárceres

H ai moitos tipos de mulleres: mulleres

traballadoras, mulleres-nai, mulleres “anxos do fogar”, mulleres relixiosas, mulleres floreiro…, pero hai un tipo de mulleres inigualables pola súa valía moral. Estoume a referir a Concepción Arenal. Ela é, sen dúbida, unha clara figura feminista que non debe caer no esquecemento. Durante dous anos, (1863-1865), desempeñou un gran labor como visitadora de cárceres. Esta muller é unha persoa valente e con firmes crenzas, que chegou incluso a travestirse con roupas masculinas para poder asistir á universidade ou pasar inadvertida en lugares frecuentemente visitados por homes. Concepción Arenal , actualmente, desempeña o papel de avogada e escritora; pero non é isto o que fai que sexa digna de admiración. Arenal obtivo o título, específico para ela, de visitadora de cárceres. Nesta época na sen educación práctitraballo, é a peor conser humano. E se por da que sexa por necemer aos teus fillos; unha criminal repusociedade. Concepmente polos dereitos biou os traballos forpuidesen proporciofixo todo o posible para coas presas, os susoa, ten a axuda das Magdalenas, un grupo de donas que rrolá nas prisións.

que vivimos, ser muller, camente, e explotada no dena que pode ter un riba infrinxes a lei, aínsidade para dar de coentón xa te consideran diada e marxinada pola ción loita incansabledestas mulleres: camzosos por outros que narlles certo salario, ra evitar a violencia pabornos… Pero non está colaboran no labor da fe-

A pesar de que só exerceu este traballo durante dous anos , xa que foi inxustamente destituída debido tal vez a que a sociedade aínda non está preparada para as súas ideas reformistas; ela segue aportando o seu gran de area para cambiala. As súas ideas son tan firmes que axudou ás presas unha vez que foron postas en liberdade. Ela céntrase na investigación da personalidade da delincuente para tratar de averiguar que erros cometeu a sociedade para empuxalas a delinquir. É famosa a súa cita: “Abride escolas, e pecharanse cárceres”. En definitiva, Concepción Arenal non é unha persoa máis, é a persoa que loita polos dereitos das que son esquecidas. Ser unha delincuente non che fai menos persoa, só fai que precises máis axuda, e esta muller proporcionoulles esta axuda : “Odia o delito, compadece o delincuente”. Sandra Moares.


A DIFICULTADE DE SER ESCRITORA

X

a o dixo Safo (Grecia, 650-580 a.C): “Alguén se lembrará de nosoutras no futuro”. Xa hai case 3.000 anos que se pronunciaron estas palabras e aínda hoxe son moitas as escritoras que teñen que superar varios atrancos se queren ver publicadas as súas obras. O primeiro é a necesidade de ter que acudir ao seudónimo e o segundo, aínda peor, é aguantar a sospeita de que elas non son as autoras das creacións que publican senón os seus maridos. Xa nolo dixo Virginia Woolf: “Pasará moito tempo antes de que unha

muller poida sentarse a escribir sen que xurda unha pantasma que deba ser asasinada”. E tamén nolo re-

corda a nosa querida Rosalía de Castro, de cuxas palabras facemos eco neste xornal: “ Non deixan pasar

nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus homes”.

En canto ás que optan por recorrer ao seudónimo, destacamos as irmás Brontë, que continuamente se sentiron rexeitadas polas editorias unha vez que se daban conta de que eran mulleres as que escribían. Así, Charlotte viuse obrigada a agochar a súa obra Jane Eyre entre as patacas que pelaba e a publicala baixo o nome masculino de Currer Bell. Asemade, súa irmá Emily adoptou o seudónimo de Ellis Bell para poder dar ao prelo a exitosa novela de Cumes borrascosos e Anne, o de Acton Bell para poder publicar Ag-

nes Grey.

Tamén Jane Austen soía ocultar e oculta os seus escritos cada vez que alguén se lle acerca pola vergoña que sente ante unha sociedade que condena a muller escritora; ou Emily Dickinson, que leva anos encerrada na súa casa privándonos de poder ler os seus fermosos poemas. Outras españolas, como a catalá Catarina Albert provocaron un gran escándalo ao asinar como muller no seu monólogo La infanticida. Escándalo producido pola temática desta obra e a súa crueza; algo sobre o que parece que ás mulleres lles está vetado escribir. Este foi o motivo polo que a partir da publicación deste libro optou por asinar como Víctor Catalá. Podemos citar a moitas máis, como a Cecilia Böhl de Faber que asinou como Fernán Caballero, á británica Mary Ann Evans que o fixo baixo o seudónimo de George Eliot ou a francesa Amandin Dupin como George Sand. Pero tamén hai escritoras sobre as que paira a sombra do seu marido e todo o que escriben atribúeselles a eles. É o caso da francesa Colette, que comezou a publicar a famosa serie Claudine firmada polo seu home Willy. E que dicir da nosa querida Rosalía de Castro, que continuamente ten que aturar as insinuacións de que non é ela senón o seu home, Murguía, o autor dos seus versos. Esperamos que chegue o día en que estas mulleres abandonen o segundo plano e alcancen o podio que se merecen e que os prexuízos, a vergoña, a discriminación, o medo e a inxustiza que esta sociedade impón ás mulleres deixe paso ao seu desexo vital de expresarse coa literatura.


AS ACTIVISTAS DA VIDA COTIÁ As Lavandeiras

E

ntre as mulleres importantes do s.XIX cabe esperarse mulleres con dotes para algo ou da nobreza. Sen embargo, as mulleres verdadeiramente importantes e con verdadeira repercusión social son esas mulleres traballadoras, cunha vida nada fácil e das que case non se ten coñecemento. Debemos falar, por exemplo, das lavandeiras de Ferrol. O traballo das lavandeiras consistía en lavar a roupa por encargo, mais era un traballo custoso e de gran esforzo físico naqueles tempos. Carrexaban as numerosas pezas de roupa , non só saias, camisas e pantalóns, senón tamén a roupa da cama e os uniformes dos oficiais. Eran moi afanadas; pois ademais de lavar a roupa conseguían que esta ulise ben secada sobre a herba. A roupa levábana enriba da cabeza, en fardos, ata o río ou lavadoiro. Alí había pedras específicas para cada prenda de roupa e as máis sucias deixábanse para o final, lavando primeiro as máis fáciles. Fretaban as pezas contra a rocha e mesturaban o produto que utilizaban para as manchas con talco de xabrón. Cando terminaban de fretar unha peza deixábana secar. Era un traballo moi duro e incluso ás veces lles sangraban as mans, por non falar de ter que carrexar a auga fervendo da casa ata o lugar onde se lavaba. Aínda que tamén tiñan privilexios. Podían adoptar nenos do hospicio sen ningún tipo de trámite ou problema, pois considerábase que o soldo era o suficientemente elevado para manter a criatura. Así, os ríos convertéronse en lugares de encontro social e as mulleres axudábanse unhas ás outras para paliar e levar mellor as duras horas de traballo. Grazas ós traballos de mulleres como estas, puido introducirse pouco a pouco a muller no mundo laboral. Por todo isto hai que darlles voz e a xusta importancia a estas grandes loitadoras. Ada Villar.

As Augadoras

A

s augadoras desempeñaban unha función, non pequena, nestes tempos en que non había auga da traída nas casas. Estas mulleres facían “cola” nas fontes das vilas para despois poderen distribuír a auga potable polas casas máis ricas ou incluso por fábricas e lugares onde se precisase. Este traballo requiría unha gran forza física; pois tiñan que cargar cun recipiente na cabeza e outro nos brazos, subindo e baixando pisos en moitas ocasións. Nun tempo en que as casas ardían con moita facilidade, elas exercían as máis das veces de bombeiros, acudindo a apagar o lume.. As augadoras cobraban salarios sempre insuficientes pero que axudaban a paliar as condicións de vida miserables de moitas destas mulleres. En 1919 creouse a primeira Sociedade de augadoras; co gallo de mellorar as súas condicións salariais, laborais e asistenciais.


AS ACTIVISTAS DA VIDA COTIÁ As Leiteiras

E

stas mulleres realizaban un duro traballo nunhas condicións moi precarias. A súa posta en escena, camiñando paseniño, consistía en portar o leite para vender nas vilas. Percorrían o camiño a pé, ao mencer, antes de que cantase o galo; portando enormes calderetas de máis de trinta litros na cabeza, sen máis protección que un trapo enrolado que chamaban “a mulida”. Pero ademais do duro traballo que realizaban, eran elas as portadoras das novas que corrían pola contorna cando os medios de comunicación andaban aínda en panos menores. Paula Vázquez

As Descargadoras

C

ando non existían os peiraos de atraque e a costa era praia, os barcos que traían as mercadorías eran incapaces de egar ata á beira. Deles saían unhas barcas que se achegaban a esta e eran as mulleres as que facían a descarga meténdose na auga e transportando mercadorías e mesmo pasaxeiros. A imaxe dunha muller cargando cun home era símbolo de fortaleza e vigor; ao tempo que moi frecuente de ver en portos coma o de Ferrol. Foi nesta cidade, na década do 1900, cando estas mulleres crearon o seu propio sindicato. Neste sindicato feminino negociaban cos patróns as condicións de traballo e os seus dereitos; estrablecendo normas. Por exemplo, a idade adecuada para traballar ía dos trece aos sesenta anos. Estas valentes tamén tiveron parte activa na contrución do dique da campaña no arsenal militar desta cidade.. Elas eran as escollidas para transportar ao redor de quince quilos, cada unha, de pedra en cestas. Eran preferidas aos homes para realizaren esta tarefa pola súa forza, pericia e responsabilidade. Alejandra Seijas


MUNDO CIENTÍFICO

NOVA ESPECIE MARIÑA DESCUBERTA A ocenógrafa ferrolá Ángeles Alvariño dá a coñecer unha nova especie mariña á comunidade científica

E

sta moza ferrolá é unha inqueda exploradora da vida mariña. Sen conformarse con sacar o bacharelato e estudar na Univerdidade de Santiago de Compostela e en Madrid, o seu afán levouna a investigar e especializarse no zooplancto ( conxunto de diminutos organismos animais que serve de alimento a especies máis grandes no océano) e ictioplancto (ovos d e l a r v a s d e p e i x e s ) . Para esta muller o mar é o seu mundo , de feito está enrolada no barco oceanográfico británco Strattten Russell despois de recibir unha bolsa de investigtación do "British Council". Todos os libros que leva publicados son sobre a vida mariña, falando tanto de peixes como de aves. Ela fala de todas as especies que viven neste hábitat mariño tan propio da nosa terra. A súa curiosidade, as gañas por descubrir e as súas investigacións guiárona ata o éxito que supón atopar unha nova especie, debuxada por ela mesma. Trátase da hidromedusa Lizzia Alvarinoae Segura. Ata onde chegará esta moza? Miriam Melón


CADRO DE HONRA O

pasado 4 de marzo na sede da Real Academia Galega, na cidade da Coruña, presidida por Manuel Casás Fernández ,foi elixida por unanímidade membro da Academia a escritora Francisca Herrera , converténdose así na primeira muller en acadar un posto tan recoñecido. Ocupa a vacante que deixou o tamén académico Lisardo R. Barreiro.

FRANCISCA HERRERA GARRIDO NOMEADA MEMBRO DA RAG Trátase da primeira muller electa pola Academia

Entre os logros acadados dentro das letras galegas e polo que foi elixida, cabe destacar os seguintes: Francisca Herrera é unha escritora autodidacta cuxa afección pola lectura esperta na súa adolescencia cos poemas de Rosalía de Castro. Publica o seu primeiro poemario en Madrid titulado Sorrisas e bágoas e o seu segundo poemario está prologado polo ilustre historiador Manuel Murguía , viúvo de Rosalía de Castro. En 1925 gañou o premio de ensaio promovido polo diario arxentino El diario español , que versaba sobre a obra de Rosalía de Castro. En 1928 publicou o último libro titulado Familia de lobos. A temática da súa obra é sobre todo, Galicia e a súa xente campesiña, da que describe ou conta a vida, as miserias e diversións da xente do campo. Na actualidade é unha escritora moi recoñecida e adiantada ao seu tempo. Seguro que as xeracións vindeiras a van ter moi en conta. Brais Nieto

MARIE CURIE PRIMEIRA MULLER EN RECIBIR O PREMIO NOBEL

E

sta física e química nacida en Varsovia en 1867 pero con nacionalidade francesa é a primeira muller en recibir o premio Nobel de física xunto a Henri Becquercel e Pierre Curie, polas súas investigación conxuntas sobre os fenómenos da radiación. Estamos a falar dunha muller que foi pioneira nos estudos da radiactividade e que xunto co seu home, Pierre, descubiu os famosos “raios X” en 1895. Tamén foi a autora do descubrimento do polonio, cuxo nome é unha homenaxe á súa terra natal, Polonia. En 1911 foi galardoada co Premio Nobel de Química.


UNHA ESCRITORA DESCOÑECIDA Filomena Dato Muruais

R

osalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal son as tres escritoras galegas máis coñecidas dos nosos tempos, pero hai moitas máis sen contar cos impostores que utilizan seudónimos femininos para publicar as súas obras, como Valentín Lamas Carvajal. Por iso queremos adicar este espazo a outras mulleres escritoras galegas e dar a coñecer a súa obra. Polas nosas humildes follas xa pasaron grandes mulleres que queren facerse un oco no eido da literatura coma por exemplo a coruñesa Emilia Calé, coñecida ás veces polo seudónimo Esperanza, ou Clara Corral Aller que publicou nas nosas páxinas poemas como “O ben na terra”, “Lonxe vai miña alegría” e “O día de San Antón”, poemas de temática amorosa e elexíaca. Tamén tivemos o pracer de difundir a creación da humilde Nicolasa Añón e da escritora mística de Cuntis sor María Antonia de Jesús. O elenco non é todo o numeroso que quixeramos, pero serve de exemplo para xeracións de mulleres vindeiras. Hoxe publicaremos tres poemas da escritora ourensá Filomena Dato incluídos no seu poemario Follatos . É a segunda escritora, logo de Rosalía, que publica un libro en galego tan difícil nestes tempos que corren e sendo muller. Para quen aínda non a coñeza, que saiba que esta escritora foi varias veces laureada en certames literarios e xogos florais. Os temas recorrentes da súa obra literaria son Galicia e as mulleres. É coñecido o seu poema titulado “ En defensa das mulleres”. Ángela Sánchez Nine

Filomena Dato, sentada., a terceira pola esquerda.

DEFENSA DAS MULLERES Á EXCMA. SRA. MARQUESA DE NÁXERA Os que negan á muller intelixencia e talento, a mellor contestación quizais que fose o desprezo. (……………………………..) O entendemento dos homes con coidado se cultiva e case que todos reciben da instrución a luz divina, e quizais de cada mil un tan só se ilumina: mentres que das mulleres son moi poucas instruídas e as que reciben a luz coma claros soles brillan. Flores dos xardíns das letras de lozana galanía, acendidos caraveis, branquísimas margaridas, rosas de doce fragancia, violetas escondidas, que exalastes o perfume dos deuses, a poesía: quérovos poñer a todas nun ramiño axuntadiñas. Quero os agros percorrer dende Grecia a Galicia, e lembrar se se puidera dende Safo a Rosalía... mais non, renuncio a lembrarvos, lindas flores pelegrinas; pois que todos vos coñecen e non sodes esquecidas. Cando xa nos tempos de onte tales astros aparecían, iso que ó pazo das ciencias entraban por regandixas, porque as portas lles pechaban os que lles tiñan cobiza, e non tivo altura a ciencia que as mulleres non rubiran sen se parar no camiño, chegando sempre ata a cima. Que será cando entrar poidan e saír sen covardía? Que será cando elas saiban, que xa ninguén as critica, por buscaren afanosas a luz da sabedoría?


UNHA ESCRITORA DESCOÑECIDA Filomena Dato Muruais

NON CHOVE O sol fermoso alumea con brillantes resplandores mais na terra non hai verdores, todo é negrura e dor. Que importa que estea o ceo tan azul e transparente se abrasa o sol inclemente e non deixa nin unha flor? O triste labrego chora cando os ermos campos mira, mirando o ceo suspira con amarguísimo afán, e ve pasar diante dos ollos cen visións aterradoras, vendo as longuísimas horas que ten un ano sen pan. Ve o gando morto de fame e os fillos agonizando e que á porta está chamando sen piedade o recaudador. E ó ver pasar diante dos ollos da alma tanta negrura. Maldita sexa a fermosura do ceo! Di o labrador. Sobre o cume dunha serra como un branco tul flotante, mira o labrego anhelante unha nube aparecer, e di posto de xeonllos repeso do que antes dixo: Grazas, meu Deus , pois de fixo esta noite vai chover

O BERCE BALEIRO Cuberto de encaixes con sabas de Holanda un berce dourado preparado está. Na colcha de raso as meigas quizais con ouro e con sedas puideron bordar grilandas de flores; pois con primor tal muller deste mundo non bordou xamais. De fadas teceron invisibles mans os ricos encaixes dos brancos pañais, que parecen feitos de escumas do mar. Xa naceu o herdeiro… Que gozo! Calade! Non chora o meniño! Como isto será? Os ricos non nacen tamén para chorar? O pequeño conde naceu morto xa. A BRUXA Pobre velliña encorvada baixo do peso dos anos, que quizais os desenganos aumentaron o pesar. Negra,fraca e consumida pola fame e a tristura esa infeliz criatura case que cega de chorar. Vive soa cos pesares sen que ninguén a console, só o pau en que se apoia fai compaña o seu dolor. Todos a miran de esguello e foxen cando ela pasa, e non hai chouza nin casa onde non inspire horror. Nunca fixo mal a ninguén, mais se se pon un meniño pouco a pouco esmirriadiño, sempre ela culpa ha de ter. Ela leva a culpa toda se algún gando enferma ou more: e nin ninguén a socorre, nin ninguén a pode ver. E a infeliz mentres tanto, que é de todos maldecida ponse a pensar que na vida sempre lle tocou sufrir.


Musica Galega

Novidades Musicais


MODA Últimas tendencias e novidades

E

stas son as últimas tendencias chegadas da moda parisina: elegantes saias e blusas de tafetán que deixan ao descuberto finos zapatos, fermosos sombreiros adornados con motivos florais xunto cos imprescindibles parasoles. Estes conxuntos constitúen un atuendo perfecto para saír a desfrutar dun paseo pola rúa.


O último en moda de baño, para desfrutar dun agradable día á beira do mar


ANUNCIOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.