LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
O traxe tradicional Galicia Antropolóxica. XXV. A Coruña. 1997
Como etnógrafo, Antón Fraguas realizou diversos estudos sobre o traxe tradicional galego. Benvido a este museo do traxe. Coa exposición que visitastes onte, xunto coas láminas que hai nestas paredes teredes información dabondo para completar con éxito este kahoot que vos propoñemos. Sorte!
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
A casa onde nacín Grial. nº. 144. 1999
Para abrir este cadeado precisaredes a combinación que vos proporciona o xogo Makey Makey da estación Romarías e santuarios, sita no domo. Ante vós tedes unha casiña construída coas técnicas artesanais que se empregaron na casa do propio Antón, o que hoxe se coñece como Bioconstrución. Se entrades, poderedes ver como era a casa deste autor e recolleredes o premio que el deixou para vós.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
Do tempo e dos astros Galaxia. 2019
Neste libro recóllese o ensaio de Antón Fraguas Preocupación polo tempo e os astros na creencia popular, no que fala da influencia que teñen os planetas e astros na vida dos galegos. Mergúllate no universo e flúe desde o Cotobade do 28 de decembro de 1905, lugar e día en que naceu Fraguas, ata a noite de hoxe en Boiro.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019 As cousas de Antonio de Insuela El Correo Gallego. 1996 Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Insuela, parroquia de Loureiro, Cotobade (Pontevedra). Con este rosco do Pasapalabra xiraredes polas etapas vitais deste autor: a súa infancia, estudos, o labor de mestre, de investigador nos campos da antropoloxía e da etnografía e o papel destacado que tivo en diversas institucións galegas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Real Academia Galega....
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
A infancia recordada Grial. nº. 144. 1999
Antón dicía que na súa infancia “os xogos eran o trompo, a cacholiña, os botóns, o que che toque, a pita cega o zamanquiño". A vosa misión nesta estación é que o pequeno Mbot percorra en orde as casiñas da estrícula, un xogo da infancia común en toda Galicia. Tedes á vosa disposición flexómetros para calcular as distancias e portátiles para programar o percorrido con Mblock.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
Galicia máxica El Correo Gallego. 1992
Nesta obra, Fraguas recolle moitas crenzas populares galegas relacionadas coas pedras, as fontes, plantas e planetas ós que a sabedoría popular lles atribúe beneficios e inconvenientes. Fíxate nos beneficios das plantas que hai neste expositor e responde as preguntas que hai no cuestionario.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019 Do cancioneiro á mesa posta Ciencia y humanismo en la alimentación. 1995
A vosa función nesta estación será identificar de entre un conxunto de libros cal é de Fraguas e poñelo na mesa… Pero ollo! non está permitido usar as mans. Teredes que enganchar o libro co dron!
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
Romarías e santuarios Galaxia. 1988
Se Fraguas escollese unha vivenda hoxe, optaría por unha casa-domo coma esta, unha vivenda ecolóxica na que nós agachamos a clave para que accedas á estación final, a Casiña dos Maios. Dentro deste domo hai un xogo Makey-Makey que che pedirá as combinacións de respostas da Exposición de A. Fraguas, dos videopoemas e das plantas. Se acertas, darache a clave para entrares na Casiña dos Maios. En caso contrario, as romarías e santuarios axudaranche a resolver o misterio.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019
A xeografía no SEG
Homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos. 1978
Os seus estudos de xeografía son aínda hoxe obras de referencia para calquera que queira achegarse ás características da nosa terra: orografía, clima, xeoloxía, paisaxe, arquitectura popular… Fraguas mencionou en numerosas ocasións as súas vilas favoritas: Santiago, Lugo e Pontevedra. A vosa misión é competir por serdes os máis rápidos en levar cada monumento á súa cidade. Para isto tedes que sincronizar o móbil co Ranger que vos asignen.
LETRAS LETRAS GALEGAS GALEGAS 2019 2019 Diversións de tempos pasados Outeiro. nº 16. A Coruña. 1985 Neste artigo, Fraguas falaba da maneira en que a xente se divertía antigamente. A cousa cambiou moito e As diversións dos tempos pasados pouco teñen que ver coas dos tempos presentes. Os cativos de antes non sabían nada de Scratch; pero vós sodes xa uns campións e bateredes marcas nos 3 videoxogos que vos propoñemos. Cada participante pode botar 2 partidas!