Memoria técnica: caixa de proxectos en madeira

Page 1

MEMORIA TÉCNICA: CAIXA DE MADEIRA

Índice 1. Estudo inicial: i.

problema de partida

ii.

proposta de solucións

iii.

bosquexo enriquecido (con detalles, medidas, cores…)

2. Planos 3. Planificación: follas de proceso 4. Orzamento 5. Avaliación: i.

produto final: resultado, defectos, melloras

ii.

proceso de traballo (do grupo)

6. Bibliografía e/ou referencias web.

1


1. Estudo inicial i. Problema de partida Na materia de Tecnoloxía é preciso ter un sitio onde gardar os utensilios e pezas que se van fabricando no taller. Ata o de agora, para este fin cada grupo tiña unha caixa de folios debidamente etiquetada que se colocaba ordeada no estante metálico de proxectos. A súa función de almacenamento cumplíase, pero o endeble da súa estrutura facía que a miúdo se nos rompese ou deteriorase. Como as caixas se “heredan” de curso en curso, a día de hoxe están en moi mal estado.

ii. Proposta de solucións Aínda que é evidente que podemos repoñer as caixas vellas con outras de folios, repetindo o etiquetado, parécenos que o cartón non é a mellor solución, pois como dixemos, deteriórase moi axiña. O que vos propoñemos é a construción dunha caixa de madeira, pois cremos que este é un dos xeitos de almacenamento máis sinxelo e resistente que existen. Debe cumprir unha serie de condicións: ● As súas dimensións deben ser iguais ás dunha caixa de folios, para que o sitio de almacenamento siga sendo válido: 31,5 longo x 22 ancho x 23,5 alto (cm) ● Ser resistente, estable e duradeira ● Debe ter un bo acabado, particularmente nas aristas ● Tedes que utilizar material reciclado e non tóxico para a súa construción Crear a vosa propia caixa de madeira, non vos vai ser nada complicado. Coas ferramentas necesarias e seguindo unha serie de pasos sinxelos, en pouco tempo teredes lista a vosa caixa!

iii. Bosquexo enriquecido Debuxade na vosa libreta un ou varios bosquexos da caixa que ides realizar, incluíndo neles o tipo de suxección da caixa (vai ser por ranuras? con asas? con pomos? con resaltes de madeira?), a forma de peche da tapa ( encaixe sobre guías? con bisagras?), a decoración/aspecto finais… Indicade asimesmo aqueles aspectos que cómpre ter en conta antes de poñerse a traballar: os materiais precisos, os clavos e pegamentos que ides usar, pinturas, a forma que terá a estrutura soporte da caixa, etc.

2


2. Planos

3


3. Planificación As nosas caixas compóñense dunha estrutura base e do recobremento. Veremos a folla de operacións para cada unha. Debedes encher os ocos baleiros unha vez realizadas as operacións (a priori non podemos calcular os tempos, nin saber de todas as observacións precisas). A segunda parte, o revestimento, depende da vosa elección de materiais, así que debedes copiar e reencher esa folla no voso caderno. Para identificar cada peza e facilitar a súa descripción, recomendámosvos que nos debuxos de cada folla asignedes a cada peza un número, que faredes constar tamén nos planos. Peza: estrutura base Debuxo

FASES DA CONSTRUCIÓN

DESCRICIÓN

MATERIAIS e FERRAMENTAS

RES PON TEM SAB PO LE

OBSERVACIÓNS (DETALLES E SEGURIDADE)

1. Marcado pezas bases

As bases son rectángulos de 31x21,5. Estamos descontanto 5mm que ocupará a madeira que revista a estrutura

Listón 15x15; Lapis, metro, escuadro

Ter en conta o grosor do lapis, así como o da serra con que cortaremos

2. Marcado pezas alto da caixa

Debemos cortar 4 listóns triangulares que serán os piares da nosa estrutura

Listón triangular; Lapis, metro, escuadro

Ídem

3. Serrado pezas estrutura

Serrado das 12 pezas anteriores. Para pulir o acabado, utilízanse escofinas e lixa

Serrucho e sarxento/prensa Escofinas e papel de lixa

Pode usarse unha caixa de ingletes para asegurarse de que o corte é recto.

Os listóns anteriores, cola branca, clavos, martelo

Non hai que usar moita cola. Os clavos deben ser pequenos para non fender os listóns. Podemos axudarnos cunha prensa

4. Conformación Os listóns anteriores deben da estrutura suxeitarse entre si; para isto utilizaremos cola de carpinteiro e reforzaremos a continuación con clavos

4


Peza: revestimento da estrutura

FASES DA CONSTRUCIÓN

Debuxo

DESCRICIÓN

MATERIAIS e FERRAMENTAS

RES PON TEM SAB PO LE

OBSERVACIÓNS (DETALLES E SEGURIDADE)

1. Marcado pezas

Trátase de recubrir a estrutra anterior. Isto pode facerse con refugallo de diferentes táboas (p. ex.: de caixas de froita) ou cunha táboa reciclada. O resultado van ser dúas pezas de 31,5x24, dúas de 22x24 e dúas de 22x31,5 Describide como o fixestes vós!

Chapas de madeira de __x__; Lapis, metro, escuadro

A caixa será igual de resistente pero máis lixeira se as chapas que escolledes son finiñas

2. Serrado pezas

Depende anterior:

Serrucho e sarxento/prensa Escofinas e lixa

Que tipo de serra recomendades para a vosa madeira?

3. Suxección do revestimento á estrutura

As chapas anteriores deben suxeitarse á estrutura; para isto utilizaremos cola de carpinteiro e reforzaremos a continuación con grapas ou clavos.

A estrutura, as chapas que confeccionamos cola branca, clavos ou grapas, martelo e /ou grapadora

A tapa non se fixa aínda

Podemos facer que esta encaixe na estrutura ou ben unila mediante bisagras. Describide como o fixestes:

Describide

Fabricastes ou comprastes bisagras? De que tamaños? Se elixistes outro método, indicade por qué

5. Colocación de Describide o método que asas escollestes para as asas

Describide

?

6. Decoración e acabado

Describide

?

4. Suxección da tapa

Describide

Por que escollistes clavos ou grapas?

5


4. Orzamento Preguntade á profe os costes que non saibades, e calculade vós mesmos o orzamento: NOME/CONCEPTO

CANTIDADE

PREZO UNITARIO

PREZO TOTAL

Reciclado

0

Listón 15x14 Listón perfil triangular Chapas madeira Asas e outros Bisagras Pintura acrílica Cola Clavos e grapas Brochas Papel de lixa Outros Outros Outros Outros Total sen IVE IVE: 21% TOTAL FINAL

6


5. Avaliación i. Produto final Debedes comprobar se as pezas de madeira encaixan perfectamente e se teñen un bo acabado. Noutro caso, teredes que mellorar a montaxe e/ou indicar posibles correccións ou medidas que se deberan ter tomado. Tedes que comprobar se a tapa pecha ben, se as asas son prácticas, e se hai estelas ou clavos que fagan dano. En definitiva, tedes que consignar os defectos que consideredes que tén a vosa caixa, e propoñer melloras para que outros grupos as teñan en conta antes de facer a súa caixa.

ii. Proceso de traballo Chega o momento de avaliarvos como grupo: estivestes coordinados? puido mellorarse a planificación? debistes ter tomado medidas de seguridade que se vos esqueceron? Credes que o voso grupo funciona ben? Que suxestións se vos ocorren para mellorar o voso traballo? De que estades orgullosos e de que non?

6. Bibliografía Usamos as seguintes referencias: ● O blog de Tecno, Cachatronic (www.cachatronic.iesacachada.org) ●

7


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.