X. M. Díaz Castro Descubre a zona vella de Compostela reinterpretando os versos de Penélope
Penélope Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Nimbos
“Creo que a poesía é unha actividade puramente artística, que constitúe a forma máis perfecta de expresión dos seres humanos e as súas relacións” X. M. Díaz Castro.
“Penélope” é un poema de Díaz Castro publicado no seu libro Nimbos; con el denunciaba a pasividade que hai en Galicia e as aldraxes que se cometen contra as súas xentes. Nun tempo no que a censura non permitía a diversidade de ideas políticas, a poesía chegaba con máis facilidade á poboación e remexía conciencias.
Instrucións do xogo: en grupos de 4 debedes resolver os 6 retos que atoparedes no anverso e indicar no mapa que vos entregamos a localización de cada punto. Non tedes por que facelos nesa orde. Cando cheguedes a cada sitio-resposta, tedes que facervos unha foto de grupo.
Aran os bois e chove
Díaz Castro naceu en Guitiriz no 1914 e morreu en Lugo no 1990, polo que foi testemuña de enormes cambios en Galicia. 1) Durante os anos 40 os bois eran o sistema de tiro máis habitual na terra, e tamén se usaban para transporte de mercancías. Averigua cal era a Porta de Compostela a través do que entraban os carros. Aínda conserva un cartel que o lembra. 2) A chuvia conformou sempre a paisaxe da nosa terra, mesmo interferindo na arquitectura. As gárgolas
As uvas estróllanse para obter viño, e en Galicia hainos con moita sona: mencía, ribeiro, valdeorras, rías baixas… Durante os anos da ditadura, as tabernas eran o lugar de intercambio de ideas por excelencia, sobre todo nas cidades. En Compostela había un famoso roteiro coñecido como “París-Dakar”
son elementos decorativos de pedra que servían para desaugar os caños dos tellados. Hai unha moi famosa nun notable edificio compostelán: é un home co cu cara abaixo, e simboliza cos seus peidos a tortura perpetua de vivir no inferno. Onde está?
Estrolla o soño mol coma unha uva
que aínda hoxe moitos estudantes percorren, debendo tomar un viño en cada taberna…
3) O auténtico París, non obstante, era unha tasca hoxe coñecida pola súa famosa “tapa”, e á que Franco obrigou a cambiar o nome por un menos internacional: o ditador non era amigo de aperturismos. Onde está ese lugar e como se chama?
Deus é o mesmo… …pero a súa representación humana non! Aínda que vos pareza incrible, os artistas da Idade Media eran bastante irreverentes coas imaxes relixiosas, como dan fé dúas virxes que tedes que atopar. A primeira (4) amosaba os seus seos, e din que eso xustifica o sorriso co que o Profeta Daniel a mira desde o Pórtico da Gloria (rematado polo Mestre Mateo no 1188). Foi mandada rasurar e hoxe xa non pode verse a súa nudez: din que en honra dela se fai o queixo de tetilla de Arzúa. A outra (5), ubicada nunha igrexa diferente, sorrí felizmente preñada.
O tempo vai de Parga a Pastoriza Por esas dúas vilas da Terra Chá luguesa así como por Guitiriz, berce do poeta, transcorre o Camiño Norte de Santiago, que se creou para poder evitar o porto do Cebreiro cando había neve. A Catedral de Compostela tén a súa orixe no descobremento da tumba do suposto Apóstolo Santiago no 813. Desde 1179, concédese xubileo ós pelegríns que percorran o camiño en Ano Santo (aqueles nos que o 25 de xullo acae en Domingo). A Catedral remátase no s. XIX: do 1833 data un famoso reloxio. En que torre está e que anécdota relacionada co reloxeiro tén? (6) 2