Cartaces Día da ciencia e tecnoloxía en galego do IES A Cachada, Boiro

Page 1

E-Book Un e-book é un libro electronico: publicación dixital comercializada en Internet. O seu tamaño, estrutura e deseño foron tratados para que a súa visualización, tempo de descarga e posibilidades de utilización sexan os adecuados. Características principais • Para protexer os dereitos do autor e editor, os e-books non poden ser impresos a menos que o editor ou propietario dea o permiso oportuno. • A compra dun e-book faise sempre a través de Internet. Requisitos previos para descargar un e-book • Dispoñer dun ordenador con ao menos 6MB de espacio libre no disco duro. • Ter instalado o Adobe Acrobat Reader ou o Adobe Acrobat ebook.

Imaxe: libro mecánico de Ángela Ruíz robles

Imaxe: e-book

Antecedentes do e-book Pode considerarse como tal o dispositivo que inventou Ángela Ruíz Robles, unha mestra ferrolana, no ano 1949. Era unha enciclopedia mecánica con bobinas que constaba de dúas partes: a primeira, coñecementos básicos; a segunda, adicada cada unha a unha materia. Recubría o mecanismo unha lámina transparente e inrrompible, con cristal de aumento e luz para ver na oscuridade. Podía mesmo incorporar sons para as explicacións dos temas.


VIDEOXOGOS FEITOS EN GALICIA GeoRain: Tés que capturar cos dedos as diversas figuras e levalas ás súas correspondentes esquinas. Foi feito na Coruña.

Battle of Puppets: Xogo de estratexia no que hai que capturar un teatro rival. Foi desenvolto polos lucenses Small Wonders.


A CALCULADORA, UN GRAN INVENTO CON ORIXES GALEGAS!

Algunha vez utilizastes unha calculadora, non ? Pois teño o placer de dicirvos que este marabilloso invento ten unha orixe GALEGA!

Ramón Silvestre Verea García naceu no 1833 en San Miguel de Curantes e ingresou na escola en Compostela no 1847, onde suspendeu case tódalas asignaturas. Emigrou a Cuba e posteriormente trasladouse a New York en 1865, onde se adicou a inventar aparatos.

No 1878 recibiu a medalla de ouro da Exposición Mundial de Inventos de Cuba pola súa máquina de calcular, precursora da computadora: era a primeira que efectuaba as catro reglas matemáticas ata quince cifras. Toda a prensa resaltou o invento; a “Calculating Machine 3” pesaba 22 kg. de ferro e aceiro e foi patentada o 10 de setembre de 1878. Nunca foi comercializada, pois Verea declarou que só o movía o afán de contribuír ao avance científico por amor propio e patriotismo.

Faleceu pobre e só o 6 de febreiro de 1899, de afección pulmonar, e foi enterrado no cemiterio do Oeste nun panteón anónimo.


CIENTÍFICAS GALEGAS

Olaia Naveiras naceu en Coruña no ano 1977. Cando rematou o bacharelato no ano 1995 marchou estudar biomedicina en Massachusetts. Ao ano seguinte comezou medicina na Universidade Autónoma de Madrid e iniciou as súas investigacións sobre infermidades infeciosas como a leishmaniose e menixite.

Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense o 13 de Maio de 1914, e faleceu en Santiago de Compostela o 6 de Agosto de 2009; foi unha matemática e astrónoma galega. Filla dun mestre de matemáticas, en 1957 convértese na primeira muller profesora da recén creada facultade de Matemáticas en Santiago, onde imparte clases durante seis anos, ata 1963.

María Martinón-Torres e Ourensá é responsable do Grupo de Investigación en Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. Realizou o primeiro estudo detallado morfolóxico e biométrico dos 60 dentes conservados no xacemento de Dmanisi (Xeorxia) que se corresponden co Homo georgicus, unha especie que viviu fai 1,7 millóns de anos.


Niniwalker Este nome pertence ao andador que o biólogo coruñes Vilar deseñou para a súa filla cando esta aprendía a andar. A dor que Vilar tiña na espalda ao aprenderlle a andar a nés levouno a proxectar un andador e posteriormente fabricalo de plástico, cunhas rodas que tiña pola casa. Naceu así o primeiro andador, cuxo nome rende homeaxe á filla do creador, Nini: o niniwalker. O aparello é moi sinxelo: dispón dun bastón de aluminio cun manillar no extremo para que o adulto o suxeite; ao longo do bastón ten unha curvatura para que o neno non choque co tubo; no medio do bastón tén outro manillar para o neno, e ao final ten dúas rodas para que ande. (Como di Vilar é unha extensión do brazo.) O que máis o preocupaba era que os pediatras lle deran o visto bo; despois de examinalo durante un periodo de tempo aprobárono, ensalzando a súa utilidade tanto para o neno coma para o pai. Este é o Niniwalker


OS FÍSICOS GALEGOS TRIUNFAN NO MUNDO

O CERN é a Organización Europea para a Investigación Nuclear. É o maior laboratorio de investigación en Física de Partículas a nivel mundial. Nel traballan varios físicos da Universidade de Santiago de Compostela.

Marta Viturro, Melisa Vázquez, Nuria Outeiral e Sergio Nieto 3ºD


Zara e as novas tecnoloxías Tralo seu éxito co grupo INDITEX, Amancio Ortega montou a súa primeira tenda online. O 2 de Setembro comezou a vender a través de Internet nos seguintes países: España, Francia, Alemania, Reino Unido, Italia e Portugal. O grupo INDITEX está formado por Zara, Blanco, Pull and Bear, Bershka, Massimo Dutti e demais tendas. Na tenda online ofreceranse prezos de venda idénticos aos das tendas físicas . 1. O vicepresidente da compañía, Pablo Isla subliña a “importancia estratéxica que ten este novo impulso comercial, en liña co esforzo permanente por ofrecer o mellor servizo aos clientes”. 2. ”Internet e o mundo das redes sociais son ferramentas de referencia indispensables e canles extraordinarias de comunicación que encaixan coa filosofía do grupo”.


Biodíesel e gasolina verde O biodiésel é un combustibel renovabel e biodegradábel obtido a partir de lípidos naturais, como os aceites vexetais ou graxa animais.

As propiedades do Biodiésel son coñecidas dende mediados do século XIX grazas aos traballos de Rudolf Diesel. No século XXI, no contexto de busca de novas fontes de enerxia e a crecente preocupación polo quecemento do planeta, estase a desenvolver como combustibel para automóbiles, alternativo aos derivados do petróleo.

Recentemente, uns científicos da Universidade de Santiago crearon unha gasolina "verde", a cal ten un contido máis baixo en xofre (un dos compoñentes máis tóxicos da gasolina).

É un invento que todavia non está patentado, pero xa esta en camiño.


En plena Guerra Civil Alexandre Finisterre, futuro editor do poeta León Felipe, deseñou este xogo nun sanatorio que acollía a nenos mutilados, co propósito de axudar á súa rehabilitación: xa que non podían xogar ao fútbol de verdade, que polo menos practicasen esta variante de mesa. En circunstancias normais, cun invento así, teríase feito de oro. Pero non durante a durísima posguerra franquista. Non tivo oportunidade de reclamar a súa patente, pois era un roxo, un vencido. Xa no exilio, Finisterre puido ter feito un gran negocio en EE UU; pero negouse cando soubo que, para isto, tiña que chegar a acordos coa Mafia. Ringleira 1

O noso porteiro

1 xogador

*

Ringleira 2

A nosa defensa

3 xogadores

***

Ringleira 3

Ataque do equipo contrario

4 xogadores

****

Ringleira 4

Os nosos centrocampistas

3 xogadores

***

Ringleira 5

Centrocampistas do equipo contrario

3 xogadores

***

Ringleira 6

Os nosos dianteiros

4 xogadores

****

Ringleira 7

Defensa do equipo contrario

3 xogadores

***

Ringleira 8

Porteiro do equipo contrario

1 xogador

*


Os segredos de Inditex Amancio Ortega , dono de inditex, unha das maiores empresas téxtiles do mundo, non invirte en publicidade. Entón... ¿Cal é a súa clave no éxito?

A clave Ortega soubo darse conta nos anos 70 da importancia das novas tecnoloxías e así fichou a quen fora a súa man dereita durante a época de gran crecemento do grupo, Jose Mª Castellanos, catedrático de economía e gran coñecedor do potencial dos ordenadores, e pediulle que falara con Toyota para que lle explicaran aquilo que a eles lles funcionaba tan ben: o "just in time".

Just in time! É unha filosofía que significa "xusto a tempo". O que quere dicir usar xusto o que se necesite. Ou sexa, que inditex adaptou ese proxecto de Toyota á roupa, para facilitar o manexo do almacén, aproveitar o tempo, e evitar o desperdizo dos materiais. Co “Just in time” as fábricas de Amancio Ortega funcionan en cadea; é dicir, nunha mesma sala poden realizar tódalas tarefas necesarias para confeccionar cada prenda, o que aforra tempo e traballo.


Televés é unha empresa galega adicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución da sinal de televisión, que se creou en 1958 cando a TV en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente instalouse nun pequeño obradoiro, facturando o primeiro ano 400.000 pts e empregando 10 persoas.

Na actualidade a Corporación Televés agrupa, segundo datos da propia compañía, a 750 traballadores, e a súa cifra de vendas supera os 192,5 millóns de euros, sendo pioneira na introdución das novas tecnoloxías.

Miguel Silva e xosé Ramón García crearon no 2002, en Santiago, Blusens: empresa de ámbito tecnolóxico que produce reprodutores de DVD, mp3, mp4, televisores, localizadores GPS e agora tamén ordenadores portátiles e outros artigos de electrónica de consumo. En abril de 2008 creouse Blusens Global Corporation potenciando así o carácter multinacional da compañía e reforzando o obxetivo de estar presentes en máis de 50 países a finales de 2008.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.