Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada

Page 1

SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO “Foi un tipo grande, todo nel era grande: dende a súa impresionante estatura con aquel nariz afiado que cortaba o vento, a súa inquebrantable forza de vontade, e toda a súa grande humanidade, que ás veces agachaba tras un redondo nariz vermello de pallaso que, para agasallo dos deuses, lle serviu para berrar verdades coma puños. Como home foi inconmensurable, auténtico e íntegro, e bebeu a vida en grandes grolos, tras unha mesta nube de fume de tabaco. De fortes conviccións éticas, loitou vehementemente por defender as súas ideas e, teimudo como era, levounas adiante, sen parar a medir o esforzo e as consecuencias. Aberto ás ideas e ás persoas, foi quen de franquear a porta aos que viñan de fóra e facerlles un sitio dentro da escena. Sempre colaborou con todos e foi un dos grandes animadores do debate permanente do Teatro”. César Lombera “Non, Roberto no se nos vai dun bar, nin dun teatro, nin da memoria dos bares, dos teatros, dos libros, dos labirintos que compoñen e edifican esta nosa experiencia vital, artística e dialéctica. El é, sen máis, unha presenza viva e perdurábel… Perdura nos teatros e na memoria da xente, do paisano ao catedrático. Non é un desaparecido. Eu sei por que. Porque o necesitamos. Hoxe talvez máis que nunca”. Manuel Lourenzo.

IES A Cachada. Boiro 13,14,15 de maio

Programa


MÉRCORES, 8 DE MAIO

MÉRCORES 15 DE MAIO

11:00 Encontro do alumnado de 1º de ESO co escritor Marcos Calveiro, autor do libro Palabras de auga.

12:35 Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Presentación do vídeo sobre a súa vida e obra realizado polo Club do Antifás. Presentación do nº 1 da revista Xanela Dixital. Os membros do consello de redacción da revista amosarán as seccións que aparecerán neste novo número. Entrega de premios  Concurso de relato curto, poesía e banda deseñada, organizado polo departamento de Lingua galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.  Concurso de microtextos teatrais, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.  Concurso de marcapáxinas, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.  Entroido 2013, organizado polo departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

LUNS, 13 DE MAIO 11.:00 Encontro do alumnado de 2º de ESO co escritor Tucho Calvo, autor do libro Formigas. 12:45 Encontro do alumnado de 3º de ESO coa escritora Natalia Carou, autora do libro O alento nas costas. MARTES, 14 DE MAIO 12:35 Todos ao teatro! O seguinte. 1º premio do concurso de microtextos teatrais. Autores: Lois Pimentel e Loreto Abalo. Benvido ao mundo real: 2º premio do concurso de microtextos teatrais. Autores: Iván Segade, Irene Vicente e Xacobe Galbán. Sketchs da obra Anxos de garda. Autora: Anxos Sumai.

EXPOSICIÓN ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Durante os días 14, 15 e 16 de maio poderase ver no noso centro unha exposición sobre Roberto Vidal Bolaño enviada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que vén acompañada dunha serie de actividades que están a disposición de todos os que desexen realizalas.

16:30

Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega IES A Cachada.

Sesión de contacontos con Cándido Pazó: Historias de sempre para rapaces de agora.

Colabora:

“Un espectáculo de conto e comedia que fai da lingua unha experiencia lúdica. Unha hora de diversión, evocación, imaxinación, emoción, reflexión e outras cousas para estar on”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.