The muros times 4 xullo 2013

Page 1

The Muros Times ANO 0 – Nº 4 – XULLO-2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS 1


The Muros Times ANO 0 – Nº 4 – XULLO—2013 Cadro de Redacción: Director: Jorge Lago de Pexejo Director xefe de edición e maquetación: Manuel Lago Álvarez Director de edición en área de Lingua: Henrique Monteagudo Director de edición en área de Historia e Mar: Manuel M. Caamaño Area de Medicina: María Castiñeira Area de Poesía: Joaquín Vilar Area de Teatro: Antón Lago Area de Educación: Marisé Luces Área de Bellas Artes: Alfonso Pouso e Antón Lago Área de Sociedade: Quín Caamaño Area de Música: Alianza Uhía Área de Costumes: Manuela Tajes Área de Etnografía: Manolo de Lajo

Difusión da Cultura. Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.

2


Carta da Redacción: Cando fai uns poucos meses debuxamos o inicio da revista, non podíamos supoñer que ”The Muros Times” iba a ter unha acollida tan grande. TMT, que nace na diáspora, a miles de kilómetros da terra que uns muradáns deixaron buscando unha vida mellor, e o froito do interés de moitos en dar a coñecer a historia, arte, cultura e costumes dhun “LAR” que nunca se olvidou. Ás aportacions dos colaboradores fundacionais, cada mes únense outras que enriquecen a revista dándolle mais calidade e fomentado o interés dos moitos lectores, os que xa podemos contar por alguns miles, asegún as estadísticas que nos ofrecen a páxina de TMT no Facebook, e a páxina-soporte en issuu.com. Para os vindeiros meses hai xa compremetidos un bo número de artigos de muradans residentes e doutros que están fora, pero que tamén queren unirse o gran proxecto de TMT. Profesores de Historia, Filoloxía e Mediciña; Licenciados en Economia, Farmacia, Dereito, Bioloxía, Inxeniería Industrial, Graduados Sociais, Periodismo, e un longo etcétera, vannos aportar os seus coñementos, pero tamén haberá outras colaboracións de persoas , que a outro nivel, pero non por elo menos importante, escribirán sobre embarcacions tradicionais, mediciña natural, costumes, flora, etc. TMT é, e vai seguir sendo, unha iniciativa plural e aberta, e por iso quer da colaboración de todos, porque entre todos poderemos mais, e ese mais debe ser causa común de todos: Pór en valor o noso concello de Muros e as súa comarca. Xa por último, dende de “The Muros Times”, os colaboradores queremos dedicarlle unhas liñas de agradecemento a Manuel Lago Álvarez (Manolo de América) polo seu infatigable labor na captación de mais colaboradores e pola edición e maquetación

da revista dixital.

Sen o seu profesionalismo, dedicación e paciencia

(comparable á de San Xó), este proxecto nunca se podería haber levado a cabo. Gracias Manolo.

3


The Muros Times ¡¡¡ Indice: Carta da Redacción

Páx. 3

Historia sobre a nosa “Pendanguiña” (Malú Pérez Quintela)

páx. 5

En Cadea Sen Prijon (Henrique Monteagudo)

páx. 6-7

A Nosa Xente (José Manuel Formoso Luces)

páx. 8

A Nosa Xente (Francisco Carantoña Dubert)

páx. 9

Lembranzas de pesco (Alfonso Pouso)

páx . 10

A Frei Humberto Castro Soto (in memoriam) Manuel M. Pena

páx. 10

¿Por qué a Música na Educación Infantil? (Esmu-Carnota)

páx. 11

Presuposto da igrexa de Muros, 1843 (Manuel M. Caamaño)

páx. 11

A nosa xente na diáspora

páx. 12-13

A voz dos nosos poetas

(Joaquín Vilar—Manuel M. Pena)

páx. 14

A estancia do Señor Requeté no hospital (M. García Lariño)

páx. 15

Capela da Nosa Señora das Angustias (Xokas Figueiras)

páx. 16

O porqué do nome de CRUS DE PELOS (Manolo de Lajo)

páx. 17

As participacións preferentes: ¿qué podemos facer? (R. Siaba)

páx 18-19

En Esteiro, con amor (II) (Gonzalo Brea Romaní)

páx. 20-21

Hablemos de drogas (II) (Dra. Castiñeira)

páx. 22-23

E Moi Humanitaria VIila De Muros (Francisco Abeijón Núñez)

páx. 24-25

Entrevista: Domingo Juan Barreiros Lago (Jorge Lago de Pexejo)

páx. 26-29

Ofrenda a Nosa Señora do Carme (Manuel M. Caamaño)

páx. 30-31

Don Emeterio Goyenechea (Manuel da Roura)

páx. 32

A Furna de Touriñán… (Alfonso Pouso)

páx. 33

Entrevista a Castelo Rock

páx. 34-35

Los Canecillos de la Virgen del Camino (Manuel Lago Alvarez)

páx. 36

A Ponte do Engano (Mª Luz Pérez Quintela)

páx. 37

Entre las monjas y el Sacristán (Marisé Luces Tajes)

páx. 38

O Beato Arias de Presno e a Campa Santa (M. Lago Álvarez)

páx. 39

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.

4


HISTORIA SOBRE A NOSA PENDANGUIÑA p/ María Luz Pérez Quintela Hai casi cincuenta anos que cheguei a esta fermosa vila de Muros. De todas as tradicións, contos e historias, hai una que sempre, sempre chamou a miña atención: ¿ Por qué a nosa Virxe do Carme, a que se venera nesta vila, agarimosamente chámanlle “ A Pendanguiña”, e quen tal nome lle dou.E preguntando e investigando cheguei a coñecer a seguinte his-

baixaban á Virxe dende a súa Capela no barrio do Carme, ata a Igrexa Parroquial, para facerlle a novena, e o día 16 do mesmo mes, na súa festa, volvía para a súa casa, non sin antes pasear polo mar nunha embarcación debidamente engalanada, seguida po-lo resto dos barcos , costume que aínda hoxe se conserva , facendo soar as súas bocinas, deixando sobre o mar unha fermosa coroa de flores mentras se reza un responso polos navegantes que xa non están con nos. De tanto paseo Xan do Manelo dou en chamarlle “A Pendanguiña”, que aínda se lle chama hoxe . E dende eiquí cóntovos o que él relataba con corazón agradecido.

“PENDANGUIÑA” ( Á Virxe do Carme da Vila de Muros)

toria de boca da miña sogra, Teresa Cerviño Lago, neta do autor do nome “Pendanguiña”, que era o seu avó materno Xoan Manuel Lago Fernández, Armador e Patrón dun veleiro que se chamou “ O Paquete de Vigo”, que levaba e traía mercancías a Xixón e Vigo, despois de que xa navegara por moitos mares. Pois contaba Xan do Manelo, que así se lle coñecía familiarmente, que vira á Virxe do Carme, á “Pendanguiña”, no pau maior do seu veleiro, nun día de tremenda angustia por causa dunha forte tempestade que a punto estuvo de afundi-lo barco.

¡ Foi tremendo!, contaba Xan do Manelo, ¡ algo inesperado que a todos sorprendeu!. O meu barco afundíase na escuma Dunhas ondas enormes, negras e profundas; Parecía non ter fin, e as velas se partían, Os meus homes, mariñeiros con moitas singladuras, Aterrados pola bravura do mar, choraban con tristura. Eu xa esgotara todas as manobras E vin, cheo de medo, do meu veleiro a zozobra. Quedábame por facer una derradeira cousa E non o pensei máis, púxenme mans a obra. Abracei ós meus homes como si fose o seu pai, Axionllámonos en cuberta collidiños da man, E mirando cara ó ceo que nos traía aquel mal Berramos cheos de fe:¡¡¡Nai, Nai,Nai!!!, ¡Socórrenos Señora, nesta hora de zozobra! ¡Baixa as túas mans por nos, nosa Patrona!. E ó mirar cara ó ceo, sobor do pau maior Miramos á nosa “Pendanguiña” que nos daba o seu favor.

¡ Quedamos mudos ¡. Deixamos de chorar Mirando como a nosa “Pendanguiña” calmaba o fero mar.

Como o día oito de Xullo, os mariñeiros

5


EN CADEA SEN PRIJON A DESCUBERTA DUN NOVO CORPUS POÉTICO TARDOMEDIEVAL EN GALEGO p/ Henrique Monteagudo

O

cluso podería ser doutro autor (ou doutros autores). A datación dos textos entre as décadas finais do século XIV e as primeiras do XV vén asegurada pola data dos instrumentos notariais que os acompañan (1433-34) e pola proximidade en temas e formas á poesía da escola galego-castelá e polo propio estadio lingüístico dos poemas. A subscrición dos documentos notariais por Lopo Garcia de Toar, “escribán del Rei e o seu notario público na vila de Ferrol” e a referencia nunha nota marxinal a un moyto honrado señor Diego de Andrade convidan a situar na área do propio Ferrol a copia do manuscrito. A mención dun señor da casa de Andrade resulta extremadamente suxerente, tendo en conta o pulo desa liñaxe desde a metade do século XIV e todo ao longo do XV, un pulo político e social pe-

século XIII foi o do esplendor lírico do idio-

ma galego, do que nos quedou garrida mostra nos cancioneiros trobadorescos galegoportugueses. As décadas finais do século XIV e iniciais do XV coñecerían un modesto florecemento da chamada escola galego-castelá. Ata o de agora supúñase que a definitiva decadencia poética do galego, que se desenvolveu en relación inversa co de emerxencia do castelán, viñera da man da obsolescencia da poesía lírica que recuaba paseniño ante a nova moda da poesía recitada (o dezir). E de súpeto, unha inesperada revelación: un manuscrito poético en galego, contendo vinte e tres poemas, copiado por volta de 1433-34, que recentemente tivemos a fortuna de exhumar grazas á xenerosidade de dona Pilar Iglesias (a súa propietaria) e mais de Dolores Pereira e Gabriel Quiroga (os arquiveiros que o descubriron). Uns poemas sorprendentes en primeiro lugar pola lingua —un galego cunha pegada moi limitada do influxo castelán—, pero tamén polo ámbito de produción —a propia Galicia— e a autoría presumible destes textos. Por parte, chama a atención o carácter das composicións: non son cantigas, senón dizeres, isto é, non son composicións musicadas, senón recitativas. O groso do seu corpo vén constituído por poesía amatoria, do estilo da cantiga de amor trobadoresca. Pero tamén contén unha insólita composición piadosa bastante extensa (cento tres versos) e unha mostra de poesía burlesca que evoca as cantigas de escarnio e maldizer. E aínda unha mostra de debate poético, unha pergunta de Afonso Paez ou Perez e a correspondente resposta de Joan Garcia. Coidamos que o conxunto dos textos forman parte dun cancioneiro de autor que nos chegou en estadio fragmentario. Atribuímolo ao dito Afonso Paez ou Perez, aínda que tamén podería ser atribuído a Joan Garcia, e in-

ro tamén cultural. Coas súas irregularidades, os poemas teñen a aparencia de obras experimentais. Semellan indicar que o outono poético do galego medieval non só foi máis tardío do que supuñamos, senón tamén máis rico e creativo. En todo caso, o alcance da súa importancia non se limita á historia literaria galega, mais atinxe o conxunto da historia literaria peninsular. Ofrecemos unha pequena mostra do manuscrito cunha presada de imaxes e de textos en edición crítica. Unhas e outros están extractados do volume En cadea sen prijon. Cancioneiro de Afonso Paez, que recentemente preparamos para a súa publicación pola Xunta de Galicia.

6


ou se esperarey en vosa mercede.” E ela me diso: “Por certo sabede que no me demandardes culpa non ey.”

Poys que ja quero morrer Poys que ja quero morrer mando ben alta fazer a cova para meter meu corpo dentro en ela —da que soo moy namorado e por quen paso coydado e me ten atormentado, que é moy linda e bela.

Porende culpo triste, coytado, a min e ao que me foy engendrar e tanta vergonça a min quiso dar, poys que vivo de miña señor alongado, que por vergonça eu ando anojado e vivo triste sen ningun placer, porlo qual moyro e quero morrer, ou se viver, viverey penado

Mando ali enterrar meu corpo, en seu lugar, poys que me quiso matar sen lle eu fazer error, e me dou tribulaçon, e trouxo en sua prijon senpre o meu coraçon, seendo eu seu servidor.

Miña señora, por vosa nobreza Miña señora, por vosa nobreza querede ora meu cor confortar, e tirar a min de tanta graveza e dolor e grande pesar, e non me leyxedes tanto penar, mays querede a min responder se é voso talente a min de valer ou por voso amor me leyxardes matar.

E mando moy ben tanger os sinos por coñoscer a que me trouxo en poder. Tangeran toda sazon pero que me non quis confortar, ante me leyxou penar e moytas coytas pasar, non sey eu por qual razon.

Querede-me ora dar bon recado e confortar este meu coraçon, que meu corpo vive penado con gran dolor e tribulaçon. Se de vós non ey galardon desta terra me yrey alongar, ante que tal vida agora pasar e viver en tal maldiçon.

Maldigo miña ventura Maldigo miña ventura e o dia en que eu nascin! pois ¡triste, coytado, maldito de min! por miña señora vivo en rancura. Maldita seja sua fremosura, e o dia en que a eu vin! E maldito o dia en que a coñocin, poys por ela vivo en amargura!

Finda Meu desejo ja chega a morte, caentura, dolor, pesar forte que ora paso en esta sazon.

Pero non a culpo, ca non é de culpar, mays culpo a min e ao que me fadou, que me tal fada ao colo deytou, que ja sobre min non poso tornar. E culpo a min, que a foy amar, e culpo meus ollos e meu coraçon, que me deytaron en tal afliçon que noytes nen dias non poso folgar, que un dia a miña señor preguntey (a esta por que paso coytas e dolor): “Dizede vós, miña nobre señor, poys que vos servi e nunca errey, se de vós galardon algun averey,

7


A NOSA XENTE José Manuel Formoso Luces

Dores, etc, agora, xa xubilado, e con mais tempo, non deixa de colaborar, como un veciño mais, en multitude de iniciativas cívicas. As alfombras florais da Calle Axesta, que se fan para a festa do Corpus, levan o seu selo. Auténticas obras de arte nas que José Manuel pon todo o seu interés, facendo as plantillas, e axudando a montar unhas alfombras dignas de todo eloxio, e tamén dirixindo a un bo número de veciños cooperantes, que admiran o seu bó facer, e como non, a súa paciencia. Gran aficionado a fotografía, é colaborador gráfico habitual da revista “The Muros Times”, pero a súa gran pasión son as cunchas. Leva moitísimos anos percorrendo as nosas costas, recollendo cunchas, clasificándoas e referenciándoas con seus nomes científicos e os habituais entre nos. A súa colección, que abrangue mais de dos milleiros de exemplares catalogados, xa percorreu moitas vilas de Galicia, onde foi admirada por milleiros de persoas. Das catalogadas como propias da nosa ría de Muros e Noia, ten publicado un libro a todo cor, do que se editaron 30.000 exemplares, que foron repartidos en colexios, bibliotecas, exposicións, feiras de turismo, etc.

O muradán que hoxe traemos as páxinas de TMT, o que todos conocemos por “Porrúa”, naceu na Vila de Muros o 12 de xaneiro de 1948 .

O seu segundo apelido “Luces”, e dos mais antergos de Muros, pois xa aparece mencionado en documentos do séculos XV e XVI (“Alfonso Basques vivio despues de biuda su muger Maria de Lusses, la biexa”). Fillo de José Formoso e de María Rosa Luces, foi o primeiro de seis irmáns. Casado con Josefa Fernández, e pai de catro fillos, un deles, a quen cariñosamente coñecemos por “J”, é sacerdote diocesano e ocupa o cargo de Vice-Canciller no Arcebispado de Santiago. O noso “Porrúa” sempre foi, - e sigue sendo-, un home inquieto, pero manso de corazón. As súas colaboracións en cantas manifestacións culturais se deron en Muros, foron sempre agradecidas. Foi membro fundador da Cabalgada de Reises de Muros (unha das mais antergas de Galicia), do grupo de teatro xuvenil muradán, do clube de fútbol, do Clube de Remo, da Festa da Flor, do Festival “Mister Feo”, da Confraría da Virxe das

8


A NOSA XENTE Francisco Carantoña Dubert Coñecín a Don Paco Carantoña dende que tiña eu uso de razón. Cando viña a Muros, sempre pasaba a saudar a miña nai América. Como miña nai nacera en Xixón i él era xixonés de adopción, sempre pasaban largo tempo falando de Xixón e de Asturias. Don Paco, sempre cos seus diarios baixo o brazo, daba largos paseos pola Vila que o veu nacer, e mantiña agradables conversas coa xente; entre eles Marcelo da Rabela, con quen mantivo sempre unha grande amizade. Gran enamorado de Muros, foi o promotor de que a Vila de Xixón se hirmanase coa de Muros, por mor do afecto que os xixoneses sinten por Muros, por haber acollido o Inmortal Jovellanos, aló polo ano 1810. A él se debe tamén o monolito a Jovellanos que se atopa no noso paseo marítimo. Permitinme recoller a biografía que segue, para que propios e alleos coñezan deste muradán, quen nunca renunciou as súas orixes. “El prestigioso escritor, periodista y crítico de arte Francisco Carantoña Dubert nació en la villa de Muros el 4 de abril de 1926. Vivió en Gijón (Asturias) desde que, en 1954, asumió la dirección del diario El Comercio hasta su fallecimiento, el 8 de diciembre de 1997. Estudió el bachillerato en varias ciudades españolas y la carrera de Ciencias Químicas en Valladolid, Granada y Madrid, donde se licenció en 1948. Durante dos años fue ayudante de la cátedra de Química Inorgánica en la Universidad de Madrid. Ingresó en la Escuela de Periodismo en 1951 y en noviembre de 1954 se incorporó al diario gijonés El Comercio, del que sería director hasta el año 1995 y articulista hasta su muerte. Antes había sido redactor de El Español y redactor jefe de Motor Mundial. Bajo su dirección El Comercio se transformó en un periódico moderno y se consolidó como el primero y más influyente de la ciudad. Durante decenios los gijoneses se acostumbraron a leer los dos artículos que publicaba diariamente, uno dedicado al análisis de la política regional, nacional o internacional, que firmaba con su nombre, y otro sobre temas muy diversos en la columna “La Vida y sus Vueltas”, firmado con el seudónimo de Till.

Lector infatigable, hombre de amplia cultura, su producción literaria fue extensa y variada. Su afición por la pintura le llevó a estudiar la obra de varios artistas asturianos, con algunos de los cuales, como Nicanor Piñole, Orlando Pelayo, Joaquín Rubio Camín o Pelayo Ortega, mantuvo una estrecha amistad. Así, publicó libros, fue comisario de exposiciones e introdujo catálogos sobre la obra de, además de los citados, Evaristo Valle y Antonio Suárez, entre otros. Como novelista, es autor de La libertad de los tejones y del relato Dinusiña, la hija de Betulio el alberguero, ilustrado por Orlando Pelayo. A la ciudad que lo acogió durante la mayor parte de su vida le dedicó Semblanza de Gijón, que fue ilustrado por Pelayo Ortega, y su trabajo como articulista ha merecido la publicación de tres recopilaciones: La vida y sus vueltas, El último año de Till y Gijón de perfil. A Galicia y a su natal villa de Muros, de la que fue cronista oficial, les dedicó, además de numerosas referencias en los artículos publicados en El Comercio, las crónicas de sus libros de viajes Memorias del peregrino Till y Viaje a tierras de Finisterre, en el año del cometa Kohoutek, el segundo con dibujos de Orlando Pelayo, y su última obra, La estancia de Jovellanos en Muros de Galicia. Fue miembro numerario del Real Instituto de Estudios Asturianos (Ridea), en el que ingresó en 1982 con el discurso Las mascaradas de Evaristo Valle. En 1995 participó en la creación del Foro Jovellanos del Principado de Asturias, del que sería primero vicepresidente y presidente tras el fallecimiento, en ese mismo año, de José Caso González. En noviembre de 1987 la Fundación Dolores Medio le concedió la Medalla del Gran Premio de las Letras Asturianas, en mayo de 1992 fue nombrado hijo adoptivo de Gijón y en 1993 se le concedió la medalla de plata del Principado de Asturias.

9


LEMBRANZAS DE PESCO … Cando so era un rapaz o' Mar tiñalle medo por iso fun traballar con un home pro cemento trescentas pesetas ao dia foi moito tempo o meu "sueldo " traballando coma home... ¡ e pagado como neno ! Esgotado cal un burro canso de dar o pelexo botenlle collons a cousa e fun-me cara o Curbeiro atopeime eu con Xoan (un bon amigo de neno ) andamos cara o seu pai que isparaba os aparellos. - Boas tardes ,SR. PEPE falar con vostede quero... -Dime o que queres rapaz ¡ non poido perder o tempo ! tremabanme as pernas todas non sei que facer cos dedos

pois a forma de falar erache brava de xeito ! e de supeto eu soltei : Embarcarme e o que quero miroume de riba a baixo deulle un respiro o trafego e soltoume sen pensalo... coma un ferro ao roxo ardendo : - Hoxe as catro da mañan ¡coma un cravo no Curbeiro ! pararon xa os tremores o peor xa estaba feito. Cheguei moi cedo esa tarde a miña nai dixenlle contento : -Prepareme pronto a cea -E, ¿ a que ven iso, meu neno ?

era o barco trasmalleiro e fomos a TOURIÑAN en busca de pintos e vellos. Ao cachiño de sair pola punta do castelo... botei fora pola boca o que non habia dentro Vaia lembranza mais doce a que gardo eu dese vello... foi il o primeiro home que me pagou un bon sueldo. Hoxe xa faleceu o meu probe xa non anda aos aparellos pero devolle a ise HOME : Que me embarcase de NENO. En memoria de un bon home . © a. pouso

-Embarcarei esta noite co SR. XACOBO o vello e as catro da manan teño que ir pro Curbeiro A probe da miña nai canto sofria por dentro pois de sobrado sabia do mareo do seu neno. NOVO CABO VILAN

A Frei HUMBERTO CASTRO SOTO (in memoriam)

home de fe, conducido polo ideal franciscano. Viviu, serviu...; ouro en pano, con seráfica humildade departiu fraternidade e comprensión; foi humano. Cando Deus o convocou pola vía natural, obediente e puntual, acudiu, logo pensou … Era a cita principal: HUMBERTO CASTRO aceptou cristianamente o final. En testamento, deixou concordia por capital.

De condición campechano, verbo animoso e fluído,

P/ Manuel María Pena Silva— http:// rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

10


¿Por qué a Música na Educación Infantil? p/ Esmu-Carnota Maís aló das cancións infantís populares, repetidas miles de veces perante décadas de pais a fillos, e de fillos a netos, a música é un piar fundamental dentro da Educación Infantil, é unha maneira de expandir as capacidades dos cativos/as a moitos niveis. O seu poder para estimular a intelixencia emocional, así coma o densenrolo auditivo e cognoscitivo dende unha idade temprana, fan dela unha sonora fonte de información, altamente beneficiosa para os máis pequenos. Por iso, cada vez máis e máis pais súmanse á tendencia de inculcar aos seus fillos a paixón por un instrumento musical dende a idade preescolar. Compartir con eles a maxia das notas musicais ao despregarse sobre unha partitura non só nos permite estreitar lazos e abrir miras, os efectos de aprender a tocar o violín, o piano ou a guitarra, repercuten directamente na súa capacidade de aprendizaxe, fomentando a súa comprensión de materias moi diferentes coma as matemáticas, e expandindo os límites da súa imaxinación, ao tempo que cultivan unha faceta máis sensible da súa personalidade de cara á vida adulta. Neste sentido o máis importante cando se pretende inculcar o gusto pola música a unha idade temprana é presentala coma un xogo, máis alá que unha simple repetición de exercicios, escalas e arpexios.

Porque a música hai que vivila!!!!!!

Presuposto da igrexa colexial de Muros para o ano 1843 p/ Manuel M. Caamaño No arquivo particular de D. Ramón Artaza e Malvárez figuraba este documento municipal do ano 1843. "Presupuesto de los gastos que se contemplan necesarios para el culto parroquial de esta Villa y Santuario de N. S. del Camino que le está anecso para el año corriente de 1843: Por el sueldo de Sacristán y Fabriquero, 1000 Reales de Vellón -/- Para hostias, incienso, carbón, plancha de corporales y limpieza de purificadores a cargo de dicho Fabriquero. 330 R. V. -/- Para los monancillos, 270 R.V. -/- Para labar la ropa, jabón y reparla (repararla), 320 R.V. -/- Para armar y desarmar el monumento, 290 R. V. -/- Por setenta y cinco libras de cera, 930 R. V. -/- Por vino para las misas, 350 R. V. -/- Por reparos de la iglesia y utensilios, 300 R. V. -/- Por casullas, albas, misales, vinagreras y más necesario, 600 R. V. -/- Para la función del Patrono, 800 R. V. -/ - Total 5.190 Reales de Vellón." "Data. Por derechos de sepulturas privilegiadas que se perciben por la fábrica, 240 R. V. -/- Por reparto vecinal, 4950 R. V. -/- Igual, 5.190 Reales de Vellón. Muros 12 de Enero de 1843. Manuel Costoya y Valladares, Ignacio Pérez Bazarra, Felipe Lago (Siguen las firmas) Joaquín Duque, secretario."

11


A NOSA XENTE NA DIASPORA Nellie Lago Hola a todos! Eu son Manuela Mayo Cubelo, máis coñecida coma Nellie Lago. Son do Campo das Cortes.

mos. Estamos moi orgullosos de ser de Muros, i eu, sempre que teño oportunidade, comparto con todo mundo cousas da nosa terra e da nosa cultura. E aínda que nunca se nos olvida de donde vimos e cales son as nosas raíces, estamos moi contentos en este país. Gracias a “The Muros Times” por darme a oportunidade de compartir con vos, un pouco da miña vida. Apertas para tódolos Muradáns donde queira que estén. Nellie Lago.

Juan Rodríguez Fernández Son Juan Rodriguez Fernandez coñecido tamén como o fillo de Juanita de Xanquías e Juan de Marin. Sigo tendo a nacionalidade Espanola cousa que non quero cambiar nunca, porque eu son muradano, galego e espanol. Emigrei a Jersey, unha pequena illa no canal de mancha que petenece a coroa inglesa pero non petenece a Inglaterra. Vivín nesa illa por 18 anos traballando sempre en hoteles. Ahora estou na illa de Guernsey (que está o lado e é mais pequena que Jersey) donde vivo dende fai 8 anos. Traballo no aeroporto de Guernsey como oficial de seguridade. Saúdos , apertas, bicos a toda a miña familia que está por todo o mundo; a todos os meus amigos en Muros e a todos os muradanos que están fora do noso querido pobo. ==========================================

Ventura Abeijón Rodríguez Estou casada con Antonio Lago (o Jarabello) de Serres. Temos dous fillos e dúas netiñas. Vivimos en Commack, Long Island. Unha cidade de 31 Km cadrados e 36.000 habitantes. Son profesora de preescolar. Hai doce anos que traballo nun colexio cerquiña da casa. Viñemos para América a darlle un futuro mellor aos nosos fillos. Ese era o noso "sueño americano" e creo que o logra-

Son, Ventura Abeijón Rodríguez, coñecido tamen como o xenro de Marcial de Tona. Fillo de José e Lola da Canela e casado con Maria José, tamén de Muros. Nacín en Esteiro. Emigrei para Suiza no ano 1979. Actualmente resido en Playa Honda (Lanzarote). Estoú retirado por unha incapacidade desde o ano 2012. Saúdos a todos.

12


Juana Conchas García Son Juana conchas de Muros tamén coñecida como Juana García. Filla de Conchita de Juan do bar e de Moncho de Moreira. Casada con Ramon Garcia tamén de Muros Nacín en Muros e emigrei para USA no ano1984 Actualmente resido en Rahway, NJ, USA. Traballo na casa.

Oscar Fariña Lamela Son Oscar Fariña Lamela, fillo de María Lamela e José Antonio Fariña Sambade. Emigrei aos EUA no ano 1996 e cheguei aquí sen ter puñetera idea de onde chegara; nin se viña temporalmente ou para nunca máis volver. Os meus irmáns xa estaban aquí e xa se dedicaban ás faenas do mar pero eu nunca pisara un barco. Recordo que cando me estaba a despedir da familia, estaba máis contento que ou carallo anticipando a viaxe en avión no que tampouco viaxara nunca. Nin se me pasaba pola cabeza o que me esperaba ás dúas semanas de ter chegado aquí. Ofrecéronme unha praza nun barco dun muradano Xesús dá Corrubeda cuxa esposa era prima da miña nai. Recordo que ou Corrubedo chamou ao meu tío José Lamela e espetoulle: ¿O teu sobriño quere vir a pescar? " Si, respondín eu". Ok mañá ás oito no peirao de Point Pleasant" E así foi como puxen pé na cuberta do Muros, o único entre cincuenta pesqueiros que tiña o nome do meu pobo. Aí foi cando me decatei do significado de ser emigrante e do dura que era a miña profesión, pero tamén do agradecido que estou por conseguir un benestar e dar grazas a deus por encontrar a mellor amiga, nai e esposa. Todo o mundo fala ben dos seus, pero Jennifer para min é o todo, ela e os meus fillos son o maior tesouro que poiden posuír. Saudos a toda a familia, en especial moitos bicos para miña nai que non pode estar con nós. Saudos a todo pobo.

Anabel Lago-Pedrick Ola, son Anabel Lago-Pedrick, filla de Jorge Lago de Pexejo de Miraflores e Manuela Tajes Gómez da Virxe do Camiño. Segundo os meus pais fun concebida nos EUA, nacida en Muros no que vivín ata os dous anos, polo tanto son 100% muradana e 98% americana, unha ecuación un pouco rara, pero así é como me sinto. Estou casada cun yankee Richard Pedrick, que o que máis ama de Muros ademais da arquitectura e a amabilidade das súas xentes, son os churros nos días de mercado. Temos dúas nenas chamadas Olivia e Isabel. A miña profesión é psicóloga e traballo nun programa estatal tratando de remediar os males que aflixen á sociedade. Falo exclusivamente inglés, galego ou castelán. O galego foi imposto no fogar como lingua oficial por dous galegos que aínda trato de descifrar o por qué da súa obstinación en que aprendese galego antes que castelán. Quero mandar un abrazo a Muros e a tódolos muradáns, e sobre todo á os meus tios, aos meus primos e a toda a familia.

13


A voz dos nosos poetas SAUDADE (Como hei...) Como hei poder vivir, se perdo a vida cada hora, que (des)vivo lonxe de Ti, cando teño que estar fóra?

Ao PICO, xograr de Esteiro. (in memoriam)

Como hei poder pensar, no que teño que facer, sinto gañas de chorar, por non te poder ver? Como hei poder ter, se quero coller e non podo, es auga que escapa das mans, e non encontro acomodo? Como atopar o perdido, cando volver a consciencia, donde retomar a convivencia, e recuperar o sentido? Joaquín Vilar

GAL-ízate Esperta do longo sono, derruba os muros de pedra, racha o ar cun aturuxo, de liberdade e guerra. Acubilla os teus fillos, espallados na ribeira, Nai do Alén, pobo de escudo e bandeira. Ergue ó teu pobo, defende a túa aldea, enche de cobiza o mar a Fala ... a Terra!! Chan dos nosos ancestros, Patria de mar e vento, enchárcanos de forza, danos folgos e alento!. Galicia esperta! cabeza ben alta! a fronte ergueita! Galicia: loita,canta,berra!! Joaquín Vilar

Non coñecín á persoa, albisqueino en personaxe, recoñecinlle a liñaxe que no escenario é coroa. Prorrompo aplauso arestora, por ser levián equipaxe; replique o eco a mensaxe da "Galizaland" señora. Rindo sentida homenaxe a XOSÉ MANUEL OLVEIRA GALLARDO, voz mariñeira dunha adestrada oleaxe. Muradáns, falta o veciño de Breogán compañeiro, caeu telón, xa adiviño… Eis PICO, xograr de Esteiro, noutro papel, manseliño, maxistral, máis verdadeiro P/ Manuel María Pena Silva

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

14


A ESTANCIA DO SEÑOR REQUETÉ NO HOSPITAL p/ Marcelino García Lariño

O señor Requeté era dunha vila que aínda existe, disque moi bonita, pero na que as autoridades tantos locais como provinciais e aínda hai quen di que tamén as estatais, non permiten nin consenten edificar ni amañar as poucas casas que, por mor deles, aínda quedan. Argumentan as autoridades que, por ser tan bonita esta vila (que efectivamente é moi bonita porque así o quixo Deus Noso Señor, e non eles) non se pode facer nada, por ser un xoia, ¡maldita xoia!, de interese artístico e histórico. Compre tamén dicir que unha inmensa maioría das casa desta vila tan fermosa (que o é, deso non hai dúbida) véñanse abaixo. E tamén os monumentos que hai, igrexas, capelas e mosteiros, sofren o deterioro do paso do tempo sen que as autoridades, Concello, Patrimonio Artístico, Histórico, Deputacións e un longo etcétera de similares, nin os arranxan nin, aínda o que é peor, os deixan arranxar. A alguén déixanlle, pero, xa se sabe: os deles ou ós que eles queiran, as máis das veces –polo que di a xente do mundo– mediante medios inconfesables. Na vila onde naceu e aínda vive e oxalá o faga por moito tempo o señor Requeté, só hai ruínas e despoboado. Só quedan vellos; a xente nova, como é de supoñer, liscase para Canarias ou para onde atopen traballo. Iso en canto ó humano. En canto ó HistóricoArtístico, que é o que ó parecer, máis lle interesa ós que mandan riba de nós, declarárona monumento despois de derrubar, na década dos cincuenta, o precioso castelo, teste-

muña de tantas e heroicas batallas, que aínda en bo estado se conservaba, e abater a Torre do reloxo do vetusto concello, chamado Consistorio, que formaba parte das antigas murallas que cercaban a vila. Disque, din o eles, os que mandan por riba de nós, que hai que conservar a vila así para distracción e encanto dos turistas. E dicir: para ensinarlle, en pleno século XXI, a reserva onde vivímo-los indios. O señor Requeté, home bo e formal onde os haxa, tivo a desgraza de sufrir un infarto de miocardio. E ingresou, moi maliño, en coronarias, no Hospital Clínico de Santiago de

Compostela. Xa levaba o señor Requeté alí uns días internado, xa estaba algo melloriño, e tamén estaba na mesma dependencia outro doente ó que non se lle movía o ventre xa había días e tiña un dolor insoportable. O vello que sufría o entullo, o pobriño, levaba día e noite gritando: –¡Non podo obrar! ¡non podo obrar!. E o señor Requeté, que xa estaba canso de oílo e tamén quería descansar, contestoulle tamén berrando para animalo. –¡Tampouco en Muros. Non deixa o alcalde!

15


Capela da Nosa Señora das Angustias

A Capela da Nosa Señora das Angustias formaba parte, nun principio, da antiga parroquial de San Pedro. Pero a igrexa foi desfeita para ampliar o cemiterio, sobrevivindo só a Capela Maior e o que era a sancristía, de menor altura. Componse dunha bóveda de cantaría que descansa sobre dous corpos compostos de columnas e arcos labrados. Ao seu fronte álzase un altar e a ambos lados sepulturas baixo senllos brasóns de forma ovalada compostos de dous cuarteis iguais (o superior corresponde aos Giances de Caamaño e o inferior aos Patiños). Os seus muros están feitos de cantaría e na fachada, sobre a porta, ábrese unha xanela cadrada sobre a que descansa un brasón partido en catro cuarteis: o superior esquerdo son as armas dos Romero, catro aspas de bordóns de ouro tendo no medio seis orellas; o seguinte son as armas dos Caamaño, unha árbore rodeada de dez lanzas; o inferior esquerdo o brazo e o puñal roto, armas dos Carballido; e o último un pato nadando armas do Patiño. O conxunto atópase coroado por unha pequena espadana e un teito a tres augas, de uralita. A Capela foi construída no ano 1665, cuxa data vese gravada na bóveda, reformada no ano 1878 pola viúva de don Fernando María de Carantoña e no ano 1914 por Ramón de Artaza como lexítimo herdeiro. Fundación e propieda-

16

de dos esposos D. Domingo A. Giance de Caamaño, Rexedor perpetuo e Procurador Xeral da Vila e a súa esposa Dª María Patiño Oanes de Figueiras e despois da súa morte a súa filla Dª Aldonza Giance de Caamaño e Patiño, quen xunto co seu marido fundan Maiorazco na Capela xunto ca obriga de alumear diariamente con aceite a lámpada que colgaba diante da Nosa Señora das Angustias. Ten privilexio pontificio de Altar de Alma Perpetuo e varias indulxencias dun cardeal compostelán e do Nuncio. Serviu como sepultura de diversas persoas ilustres da Vila. Así, ao lado dereito do altar descansan: D. Domingo Giance de Caamaño e da súa esposa Dª María Patiño Oanes de Figueiras Corposanto e Guemez e as da súa filla Aldonza; as de D. Ramón de Artaza Giance de Caamaño e da súa muller Dª María Malvarez de Gomez de Reloba e as de seu fillo Armindo; as de D. Manuel de Artaza e as da ilustrísima Sra. Dª María Elices Gasset de Artaza; e no lado esquerdo as de D. Fernando Carantoña Ubach Giance de Caamaño, Conde de Medina de Contreras e vizconde de Peña Parda de Flórez.

Artigo do noso conveciño Xokas Figueiras, recollido en: www.patrimoniogalego.net


O porqué do nome de CRUS DE PELOS

p/ Manolo de Lajo

Crus de Pelos, antigamente coñecido como Monte de San Antón, é un promontorio granítico duns 250 m. sobre o nivel do mar e si-

Escoitase falar de xente que subeu a Crus de Pelos, pero de Pedra de Corvo ainda non sei de ninguén que fora e voltara para contalo. Durante o século XV o cura de Sestaio tamén misaba en Torea. Era un home baixiño con unha cabeleira rizada, coñecido no lugar por o nome de Pelostortos. O señor bicario acostumaba a facer o recorrido entre parroquias cruzando por o medio dos ditos montes. Un domingo voltando da misa de finados en San Xulian de Torea colléuno a noite atravesando os dous promontorios, e non sei si foi o medo ou que en realidade veu a Santa Compaña vaixando por Pedra de Corvo, que decideu preguntarlles para donde iban; respostando as ánimas: "Non vimos a po los vivos, nin vimos a po los mortos, vimos a por Pelostortos". O pobre colleu tanto medo que empezou a correr cara a Crus de Pelos, con tan mala sorte que tropezou e bateu a cabeza nunha pedra quedando inconsciente.

tuado o nordeste da vila de Muros. O monte que se ve máis o norte del, chámase Pedra de Corvo, lugar maldito e moradía dos

páxaros da morte: corvos, pegas negras e curuxas. Estes páxaros anunciaban a morte das persoas ben cantando, ben tocando coas ás nas fiestras ou poñendose sobre as casas ou nos mesmos cuartos dos que van a morrer. Tamén contan que é moradía da Santa Compaña, por eso ninguén se atreve a chegar perto del.

O día siguinte topouno morto unha pastora de ovellas cos pelos ensanguentados e pegados na pedra. No mismo sitio erixiuse un pedestal cunha crus a cal se lle chamou Crus de Pelostortos. Terminada a guerra civil coa eliminación sitemática do Galego como língua e o clero dominando a sociedade civil española, decidiron sacarlle o de tortos porque non soaba moi elegante o de Cruz de Pelostuertos ou Pelostorcidos, quedando soio o actual nome de Crus de Pelos.

17


AS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES ¿QUÉ PODEMOS FACER? p/ Ramón Siaba Vara (Avogado) As “participacións preferentes”, tamén denominadas “Instrumentos híbridos de capital” son definidas como valores emitidos por unha sociedade que non confiren participación no seu capital nin dereito ao voto. Teñen carácter perpetuo, aínda que a entidade se reserva a opción de amortizalas a partir do quinto ano –circunstancia que leva á confusión pois o cliente inexperto pensa que está contratando un depósito por cinco anos–. A súa rendibilidade, de carácter variable, non está garantida pois é unha inversión vinculada á evolución da entidade –se hai perdas non hai obriga de abonar remuneración algunha–. Trátase dun instrumento complexo e de risco elevado que pode xerar rendibilidade, pero tamén perdas no capital invertido, un risco do que non se informou aos clientes que o contrataron. O evidente engano consistiu en ofrecelas e comercializalas como se se tratase dun depósito de renda fixa, cando en realidade son todo o contrario. O banco ofrecía ao cliente contratar un depósito normal e corrente polo que se lle aboarían uns intereses un pouco máis altos que os que obtiña co depósito convencional e no que non existían riscos, pero cando dito cliente se presentaba no banco a retirar o seu diñeiro atopábase coa contestación de que o contrato subscrito tiña por obxecto a adquisición de participacións preferentes e que, debido á situación do mercado, non podían amortizarse nese momento. A diferenza entre un depósito e un valor é que no depósito o cliente presta un diñeiro ao banco depositándoo na entidade e percibindo en contrapartida uns intereses. Pola súa parte, un valor (como as participacións preferentes) é un título que incorpora unha serie de dereitos e que é obxecto de comercio, co cal os valores cómpranse e véndense nuns mercados suxeitos á lei da oferta e a demanda, de maneira que a diferenza do depósito non podemos chegar ao banco e dicirlle ao empregado que nos entregue todo o diñeiro depositado posto que decidimos retiralo. Ao tratarse de participacións preferentes, recuperar o diñeiro non depende da nosa vontade se non do mercado financeiro: dun mercado secundario no que se non hai demanda, como actualmente é o caso, pois non hai venda e por tanto nunca poderemos recuperar o diñeiro invertido, porque se trata dun produto sen vencemento, é dicir perpetuo. É un produto de alto risco con escasa liquidez, claramente inadecuado para os pequenos inversores. Nunca debería dirixirse a estas persoas, polo seu carácter especulativo e de risco, circunstancia que non foi tida en conta pola Comisión Nacional do Mercado de Valores, que, como organismo controlador, non fixo nada para impedir as prácticas abusivas na súa comercialización a particulares.

Por que se lles chama PREFERENTES? A única razón de chamarlle así é porque teñen prioridade de cobro sobre os accionistas no suposto que o banco crebe. Aínda que isto non ten relevancia nas nosas antigas “caixas” ao non poder estas emitir accións. Non están garantidas polo fondo de garantía de depósitos porque evidentemente non se trata dun depósito. Cales son as vías principais para saír deste labirinto? A) ARBITRAXE.- A opción da arbitraxe é válida pero limitada, pois só se aplica a unha serie de clientes que teñen que cumprir determinados requisitos. Ademais o prazo para solicitar a arbitraxe, esgotouse para os clientes de NovaGalicia Banco o 17 de xuño, co inicio do período de troco obrigatorio. A Comisión de Seguimento de Instrumentos Híbridos de Capital e Débeda subordinada establece como requisitos para acceder á arbitraxe: - Minoría de idade do subscritor; incapacidade do subscritor. -Inexistencia, falta o incorreccións do documento contractual. - Falta de información ou información incorrecta do produto ou contraditoria.

- Ausencia de procedemento para descubrir datos do perfil. - Procedemento de avaliación de conveniencia ou idoneidade incorrecto. - Se representa unha porcentaxe significativa do seu patrimonio e o cliente non dispón de ingresos adicionais. - Arbitraxe preferente para inversións inferiores a 10.000 euros. A Asociación Europea de Inversores Profesionais calcula que só o 50% das solicitudes da arbitraxe prosperará, e desta porcentaxe unicamente o 30%

18


obterá ditame a favor de recuperar o 100% da inversión. Por experiencia, as arbitraxes que prosperan son as que selecciona a consultora contratada pola propia entidade bancaria, posto que das máis de 30 que solicitamos non aceptaron ningunha, de xeito que a vía que queda é acudir ao Xulgado. B) XULGADO.- Espérase unha avalancha de demandas; de feito os Xulgados xa se están preparando para facer fronte a ela.

aceptación, debendo haber unha información clara e precisa por parte da entidade con carácter previo á contratación, producíndose unha inversión da carga da proba de xeito que é a entidade bancaria a que debe probar que deu unha correcta información ao cliente ao tempo de asinar o contrato de adquisición das participacións. Se non se proba polo banco que se proporcionou dita información ou a mesma foi inadecuada, falsa ou insuficiente, e ao tempo se xustifica que o cliente é unha persoa sen coñecementos financeiros, apreciaríase a concorrencia de erro invalidable do con-

Son moitas as razóns esgrimidas nas demandas que actualmente se están presentando ante os Xulgados co obxecto de anular os contratos de formalización de participacións preferentes: - Non existencia de contrato asinado. - Contrato enganoso. - Non realización dos test de conveniencia ou non veracidade dos mesmos. - Circunstancias persoais dos clientes (sen estudos ou estudos básicos, persoas maiores, nula experiencias e coñecementos financeiros...). - Non información ou información defectuosa ou falsa sobre o produto. As sentenzas que se ditaron ata o momento manteñen, en trazos xerais, un criterio favorable ao cliente.

Resulta de especial importancia que os Tribunais consideren os contratos en que se formalice a adquisición de ditos produtos como contratos de adhesión, é dicir que quen fixa todas as condicións do contrato é o banco sen intervención do cliente; por tanto a parte máis débil (cliente) ten unha posición más favorable á hora da interpretación do contrato. Así mesmo se os Tribunais cualifican ao cliente de pequeno inversor en canto ao seu perfil de investimento, atribúeselle a condición de consumidor, sendo merecedor da máxima protección. O criterio máis alegado ante os Tribunais parte de que o cliente xeralmente non recibiu do banco unha información suficiente, comprensible e clara sobre o produto que ía a contratar e os posibles riscos que asumía. Esíxese a plena conciencia e coñecemento claro e exacto sobre aquilo sobre o que prestan a súa

sentimento en canto ao que constitúe o obxecto do contrato, o que anularía o mesmo, coa obriga do banco de devolver el 100% do diñeiro depositado. Para os que adquiriron participacións preferentes en “La Caixa”, hoxe “Caixabank”, diríalle que soliciten unha copia do test de conveniencia, pois dita entidade no apartado do prazo do produto establece o de 120 ou 240 meses, cando a realidade é que debería expresar que se trata dun produto perpetuo, polo que non deixa de ser un engano que debería ter moi boa acollida ante unha demanda xudicial. Sobre este particular, ao interrogar nun procedemento xudicial ao encargado para Galicia de “Caixabank” sobre este extremo, limitouse a contestar que o programa informático non permitía sinalar o carácter perpetuo, o que non deixa de ser unha explicación absurda e pouco crible, de xeito que lle queda una porta aberta para acudir aos Xulgados aos que teñan contratadas preferentes con dita entidade. Que facer coas preferentes? Se non é viable recuperar o 100% da inversión coa arbitraxe considero que unha boa solución sería aceptar o troco por accións e a venda inmediata ao Fondo de Garantía de Depósitos para, seguidamente, acudir ao Xulgado a reclamar a cantidade que nos falte para recuperar o 100% do nosos depósitos. O código penal define no seu artigo 248 o delito de estafa nos seguintes termos: “Cometen estafa os que, con animo de lucro, utilizasen engano bastante para producir erro en outro, inducíndoo a realizar un acto de disposición en prexuízo propio o alleo”. Que cada quen obteña as súas propias conclusións… (Si alguén necesita mais información,

póñome a seu dispor)

19


EN ESTEIRO, CON AMOR (II)

¿SON BOAS? p/ GONZALO BREA ROMANI

Mentres andaban, polo lugar de Reboredo, pasaron ao lado dun grupo de xente

Eran os luns, días de tra-

que estaban apañando balocas no terreo de

ballo, pero tamén dos recordos do día anterior. Traballaba Miro, co seu pai, de peón, ou como se coñecía en Esteiro, de “lampaso”. Ese luns, non tiña moitas gañas de levantarse para ter que coller as ferramentas, pero era inevitable. Seu pai xa o chamara dúas veces; eran as sete da mañá, e sabía que se o avisaba outra vez, seguramente non sería con palabras. Así que, con moi pouca enerxía, ergueuse da cama e foi cara ao cuarto de baño. Despois, almorzou “calandracas”, que eran frangullas de boroa cocidas en auga, ás que lle botou un pouquiño de azucre. Seu pai estaba listo para marchar, e súa nai apurouno:

Castiñeiras. Manolo, o pai de Edelmiro, botoulles un berro:

Veña, Miro. Teu pai vaise enfadar contigo, coma todos os luns!

- Son boas?! - Nada! Este ano, ca peste, non hai

Xa, Mamá, xa vou.

unha xeitosa. - contestou unha das mulleres

Tiñan que camiñar un bo anaco, pois ese día tocaba traballar na Silvosa. Había que colocar unha cociña de leña, e sabía que ía ser unha xornada extremadamente cansada. A súa tarefa era amasar o cemento, e carrexar os caldeiros ao seu pai, que era quen facía o traballo fino.

20

apoiando o seu sacho, mentres secaba a suor negra co mandil que vestía. - Ides ao choio, lojo? – preguntou o único home que había no terreo, que non tiña ningún utensilio nas mans, e só miraba para as apañadoras.


- Alá imos, á casa de Xulio a ver se lle poñemos a cociña, que despois ven o inverno e non hai leña que chegue. - Ide, lojo ! A nai de Miro tamén botaba balocas nun terreo que tiñan no Sanguiñal. Sabía que xa falaran de apañalas, e estaba coa mosca detrás da orella, pois sempre lle tocaba a el carrexalas ata a casa, na carreta. Tiña que ir atravesando pola casa das Carabeiras, e baixar polo camiño da igrexa. Todos os anos era o mesmo. Uns cantos sacos lle esperaban,

me. As mulleres, como súa nai, tiñan que estar nun pedestal – ou así o pensaba Miro. Eran o motor da vida rutinaria daquela época en Esteiro. Volveu á realidade, cando seu pai lle recordou que a semana que entraba, lles tocaba a eles a recolleita das balocas: Miro, xa sabes. De aquí en oito días, espérache a carreta para carrexar as nosas baloquiñas! Vaites ! Daquela, este ano non che toca a ti?

Non me contestes, malcriado! – berroulle,

ao tempo que lle soltaba unha bonita “colleja” pero non había remedio. Estaba para el.

que resoou polo camiño que os levaba a Rio-

Pensaba que cando estivera casado

maior.

con Marisé non lle ía deixar tanto traballo, e

Miro pensou en Lito, o seu amigo das

non permitiría que botase balocas, nin legu-

palmadas. “Nada, aquí, o menda, o cesto da

mes, nin que estivera todo o verán coma unha

bosta”.

escrava, que era como el vía a súa nai, e a case todas as mulleres daquela idade en Esteiro. Súa nai tiña 44 anos, pero a súa pel estaba moi maltratada polo sol, a auga, a terra, e sobre todo, as preocupacións dunha vida chea de malos tragos polos que había que pasar. Unha vida chea de traballo na terra, na casa. E aínda máis, o traballo de servir ao seu ho-

21


HABLEMOS DE DROGAS (II) (Una realidad que debe tratarse en familia) p/ Dra. Castiñeira Educar es ayudar a comprender los cambios, descubrir emociones y sentimientos sin dejar que nos desborden. Las explicaciones de las normas, la negociación y el pacto nos ayudarán a establecer un clima de confianza 5.- LAS DROGAS ESTÁN MÁS CERCA DE LOS ADOLESCENTES DE LO QUE PENSAMOS. En el inicio de la adolescencia, las drogas pueden aparecer de manera habitual en las conversaciones de chicos y chicas, a pesar de que el consumo acostumbra a ser muy minoritario. A menudo se trata de una manera de demostrar que se ha dejado atrás la infancia. El alcohol, el tabaco y el cannabis son las drogas más cercanas y las que más fácilmente llegan a los adolescentes. En nuestra época las drogas han conseguido un grado de difusión mayor que en cualquier otro momento de la historia, como un elemento trasgresor, para desinhibirse, protestar o identificarse con el grupo. La generalización del consumo puede inducir a los adolescentes a pensar que tomar drogas es una cosa normal y que no comporta ningún peligro. no es así. HABLEMOS DE DROGAS: sin dramatizar ni banalizar Hay que hablar de drogas en casa, de manera franca, evitando crear situaciones dramáticas innecesarias y huyendo del tono catastrofista que acostumbra a reforzar las convicciones de chicos y chicas (“mis padres exageran, no es para tanto”). Al mismo tiempo, sin embargo, es importante intentar no banalizar el tema. Lo más importante es encontrar un tono sencillo, razonable y directo, que sea útil y efectivo para alertar de los riesgos de las drogas. La mejor manera es tener un conocimiento real de las drogas, estar convencido de sus consecuencias negativas y demostrarlo con el ejemplo personal. TOMAR DROGAS ES SIEMPRE UN RIESGO Una droga es una sustancia que puede modificar el pensamiento y la conducta de la persona que la introduce en su organismo. Tiene la capacidad de modificar el comportamiento y, a la larga, el modo de ser. El cerebro es una de las partes más complejas y delicadas del cuerpo. Del cerebro dependen los sentimientos, la forma de pensar, nuestro mundo interior y la capacidad de relacionarnos con otras personas. Las drogas inciden en él de manera directa e interfieren en sus mecanismos de funcionamiento. Las drogas comportan siempre un riesgo muy importante que puede variar según el tipo de sustancia, la manera de consumirla y las características personales de quien las toma. EVITAR HABLAR DE DROGAS O CONVERTIRLAS EN UN TEMA TABÚ NO LAS ELIMINA NI REDUCE

LAS PROBABILIDADES DE QUE CHICOS Y CHICAS TENGAN QUE ENFRENTARSE A ELLAS EN ALGÚN MOMENTO DE SU VIDA. LAS DROGAS AFECTAN EL DESARROLLO EDUCATIVO, LA VIDA FAMILIAR Y LA RELACIÓN CON NUESTRO ENTORNO. Para los adolescentes tomar drogas es muy peligroso.

Cuando el cerebro se acostumbra a funcionar bajo los efectos de una determinada sustancia, la persona termina desarrollando una dependencia que no le permite vivir libremente su vida. Para algunas personas, a causa de su inestabilidad psíquica o porque su cerebro aún está en formación, consumir drogas comporta un gran riesgo. Las consecuencias del consumo de drogas no son solamente sanitarias. Afectan al desarrollo educativo, la vida familiar y laboral y la relación con nuestro entorno. 6.- HABLAR DE DROGAS AYUDA A NUESTROS HIJOS A TENER UNA ACTITUD RESPONSABLE. Los padres y las madres tenemos que procurarnos información adecuada y adaptar nuestras explicaciones a la edad de nuestros hijos. Podemos introducir el tema de una manera que no resulte forzada a partir de una noticia que hemos visto en televisión o de una escena de una película. Es importante conocer el tema razonablemente bien, creer lo que decimos y practicarlo. Estar informados y saber cuáles son los efectos y los peligros de las drogas no estimulará su consumo. DIALOGAR ES INDISPENSABLE Muchas veces, los padres, para hablar con sus hijos de temas delicados como las drogas, esperamos encontrar un momento ideal y un ambiente propicio. Muchas veces, este momento ideal no llega nun-

22


ca. Hay que decidirse a dar el paso. Hablar siempre que se pueda, aunque las condiciones no sean óptimas Dialogar no es sólo hablar, sino observar, mostrar interés, crear un espacio de comunicación que permita expresar ideas, dudas y preocupaciones. Hay que aprender a escuchar, provocar la conversación, establecer una relación de confianza y complicidad. Las primeras informaciones que nuestros hijos reciben, sobre las drogas, acostumbran a ser incompletas y confusas. Hay que proporcionarles información seria, contrastada, que no reproduzca los tópicos, sin exageraciones ni falsas moralinas

poco nosotros lo hacemos. Ser coherentes. Nuestras palabras pierden mucho valor para nuestros hijos si no van acompañadas de una conducta coherente. A menudo esto es más importante que los consejos y recomendaciones. 8.- CÓMO DEBEMOS ACTUAR ANTE UN POSIBLE CONSUMO. El consumo de drogas entre los adolescentes responde a distintos factores: afán de descubrimiento, la trasgresión de las normas, la necesidad de demostrar la propia personalidad, una estética o el sentimiento de formar parte de un grupo. Los padres debemos pro-

DEBEMOS EVITAR: Interrogarles insistentemente sobre si piensan consumir drogas o si las ha tomado ya. Es mucho mejor pedirles su opinión (que piensan del consumo de drogas por parte de algunos jóvenes, que peligros ven en ello). Discutir y pelearnos, de modo que la defensa de las drogas se convierta en una afirmación de su identidad. Desautorizar o culpabilizar de forma permanente con un juicio que fácilmente puede girársenos en contra. 7.- ¿QUÉ PODEMOS HACER? La labor de los padres pasa por la comunicación, la confianza y la disposición para acompañarles a conseguir la autonomía y la responsabilidad. No siempre los padres podemos evitar que los adolescentes prueben las drogas, por ganas de experimentar o por la influencia del grupo. Nuestro apoyo puede proporcionarles recursos para resistir mejor a la presión del entorno. Por eso, no hay que esperar a la adolescencia. Mientras los hijos son preadolescentes es más fácil introducir consejos y explicaciones sobre las drogas. El aprendizaje de los valores debe ser progresivo. Nadie hará nuestro trabajo. No podemos pensar que son ya mayores o que ya se ocuparán en la escuela de explicarles qué son las drogas. Tenemos que asumir nuestra responsabilidad y estar a su lado. DEBEMOS PROCURAR: Evitar las actitudes autoritarias. Tenemos que aprender a observar los pequeños detalles, escuchar, preguntar de otra manera, dejando caer información, ideas y opiniones. Ser exigentes con nuestros hijos. Confiar en ellos pero, al mismo tiempo, pedirles que sean responsables, valorar sus aciertos y sus errores, sin agasajarles ni criticarles de forma tajante. Reconocer su capacidad para tomar decisiones. El objetivo de la enseñanza es que chicos y chicas autónomos y responsables. No podemos estar siempre encima de ellos y sobreprotegerlos pensando que no son capaces de entender y actuar en situaciones complejas. Respetar su intimidad. Tiene derecho a ello, y también necesidad. La comunicación tiene que estar siempre abierta, pero debemos entender que difícilmente nuestro hijo nos explicará todo lo que le pasa. Tam-

curar que nuestros hijos desarrollen un pensamiento crítico en torno a las drogas y que aprendan a divertirse y relacionarse sin recurrir a ellas Si, a pesar de todo, sospechamos que nuestro hijo ha consumido o consume drogas, lo primero que debemos hacer es hablar con él para conocer las razones que le han llevado a tomarlas, y de que tipo de consumo se trata, si ha sido sólo un hecho puntual y cómo valora los riesgos que comporta su actuación. Comprobar, al menos, que conoce las precauciones que debería tomar siempre, y aquello que debería evitar a cualquier precio si experimenta. Una mala experiencia puede ser positiva si saben sacarse conclusiones de la misma. Tenemos que hablar del tema relajadamente y sin dejarnos llevar por la urgencia, la rabia o la angustia (aunque es muy difícil). Es mejor dejar pasar el primer momento de mayor alteración y crear un clima de verdadero diálogo, sin “víctimas” ni “culpables”. Ofrecerse, de manera colaboradora y reflexiva, con preocupación pero sin violencia. Haciendo de detectives o persiguiendo a nuestro hijo sólo vamos a conseguir que se distancie de nosotros. Debemos procurar no alarmarnos injustificadamente. La ayuda de un profesional o una persona de referencia puede ayudarnos a valorar de manera más efectiva su consumo y determinar las pautas que debemos seguir ante las distintas situaciones

23


… E MOI HUMANITARIA VILA DE MUROS. p/ Francisco Abeijón Núñez

O título de “moi humanitaria” engadíuselle en

1906 aos de “moi noble” e “moi leal” que xa rezaban no escudo da Vila de Muros. Imos debullar algúns aspectos desta distinción que aínda que xa foron publicados se cadra non son o suficientemente coñecidos. O título de ”moi humanitaria” recibiríase polo labor que desempeñaron os veciños de Muros no salvamento do buque “Cardenal Cisneros” que en 1905 naufragou sen víctimas ao tocar os baixos dos Meixidos. A Gaceta de Madrid do 9 de outubro de 1906 publicaba un decreto que rezaba: “A S.M. el Rey (q.D.g) dignouse expedir por este minis-

pesetas. Era idéntico aos “Princesa de Asturias” e “Cataluña” botados nos estaleiros de La Carraca (Cádiz) e Cartagena respectivamente. Estes barcos fixéranse coa intención de constituíren o máis claro expoñente dun hipotético rexurdimento da mariña española logo dos desastres de Santiago de Cuba e de Cavite. Tratábase dun barco novo que entrara en servicio en 1902 pero con un deseño e artillería xa desfasados posto que a súa construcción proxectouse ao abeiro dunha Real Orde de 1888. O “Cardenal Cisneros” zarpou de Muros con destino a Ferrol o 28 de outubro de 1905 nunhas condicións meteorolóxicas inmellorables, con tempo claro e co mar como un prato. O resto da escuadra estaba composta polo “Princesa de Asturias”, o “Rio de la Plata” e o “Extremadura” que tomaron rumbo á cidade de Vigo. Contan os cronistas, Jaime Solá director do Heraldo

terio real decreto seguinte.= Querendo dar unha proba do meu real aprecio á vila de Muros, provincia de Coruña, e tendo en conta os seus leais e heróicos antecedentes, así como a súa constante adhesión á monarquía constitucional, veño de concederlle os títulos de Moi Nobre, Moi Leal e Moi Humanitaria.= Dado en San Ildefonso a a vintenove de setembro de mil novecentos seis.=Alfonso.=O Ministro da Gobernación. Bernabé Dávila”. O concello de Muros na sesión plenaria do 14 de outubro de 1906 acordou empregar no futuro o título de “moi nobre, moi leal e moi humanitaria” no distintivo municipal para acadar así a súa perpetuación. Esta sesión remataría co recibimento dunha fotografía do Rei asinada polo monarca e dunha medalla para o señor Alcalde. Según explica o estudioso en asuntos militares D. Alejandro Anca Armadillo na súa obra “El crucero acorazado cardenal cisneros” Barlovento (2004) tratábase dun barco de 106 metros de eslora e 7500 toneladas de desprazamento, con seis caldeiras de vapor que lle permitían acadar os 18 nós de velocidade e con unha dotación de 550 tripulantes. Fora construído no arsenal de Ferrol por un importe aproximado de quince millóns de

de Galicia, e os muradáns Luís Malvárez para “La Voz de Galicia” e “Noticiero”, así como o escritor Artaza y Malvárez, que o “Cardenal Cisneros” navegaba a 10 nós de velocidade cando contra as nove da mañán unha laxa dos Meixidos desgarroulle a obra viva de xeito que sería imposible conter a inundación. O comandante ordenou abandonar o buque aos 544 tripulantes que ían a bordo. Evacuación que se fixo durante os tres cuartos de hora que aínda estivo a flote. Participaron no salvamento o vapor “Argonauta”, o balandro “Méndez Núñez” e moitas lanchas de pesca do xeito. Lémbranse ás crónicas especialmente das patroneadas polos muradáns Manuel Porrúa e Ricardo Caamaño. Nunca aparecería a fatídica agulla non sinalada nas cartas coa que bateu o “Cardenal Cisneros” a pesar do exhaustivo recoñecemento que farían na zona os buques “Urania” da Comisión Hidrográfica e o caño-

24


neiro “Marqués de la Victoria”. Esta pedra non sinalada nos mapas sería a versión dos protagonistas dos feitos exposta nas dilixencias sumariais practicadas ao efecto no salón de actos do concello de Muros, presididas polo xeneral Santaló e nas que participou como secretario o xefe de estado maior D. Manuel Dueñas. O resultado do actuado nesta comisión sería publicado en suplementos especiais nos xornais:“…Que o sábado último ás cinco da madrugada saiu o Cardenal Cisneros da ría de Muros, a un andar de dez millas. Que sendo as sete cincuenta o acorazado, libre xa dos baixos de Bruyos arrumbou para pasar a dúas millas e media dos Meixidos. As oito viuse romper o mar pola aleta de estribor sobre ditos baixos. Entón sentíndose a bordo do buque unha tremenda trepidación. A máquina parou inmediatamente. (…) Practicado con rapidez un recoñecemento, puido apreciarse unha enorme vía de auga. (...) O Cisneros comenzou a afundirse con lentitude pola proa. Cando chegou ao seu último tercio, o buque tomou a súa posición vertical, poñendo ao aire hélices e quilla. Despoios prodúxose un espantoso remuíño. Logo advertiuse unha columna ou tromba de auga seguida dunha explosión semellante a dun torpedo. Despois afundiuse por completo. Pénsase que ao afundirse reventou o casco.” Para os xeiteiros testemuñas do incidente o “Cardenal Cisneros” afundiuse logo de chocar cos baixos de Meixidos ben coñecidos polos navegantes. Os mariñeiros tamén contaron aos xornalistas como cando eles estaban faenando o viron asomar o barco por Monte Louro e xa comprenderon que levaba moi mal rumbo:“…o barco viña perderse sen remedio, nós comprendiámolo e non podíamos evitalo. Primeiro pasou por unhas pedras chamadas Ximiela e que non está nas cartas españolas pero si nas inglesas e tivo a fortuna de non estrelarse. Pero despois arrumbou máis a terra. Xa antes pasara por dentro duns baixos. Nós comprendíamos que a bordo non se decataban do perigo. Como vían romper a laxe grande do Meixido críanse libres das pedras, e nós gritábamos con todas as nosas forzas, ata quedar roucos, e facíamos sinais cos panos. Éramos moitos barcos a dicirlles que se separasen. Pero de abordo pensaban que aquelas voces e aquelas sinais eran a despedida á escuadra que viñan de pasar algúns días en Muros (...) Dígolle a vostede que saltábamos sobre as lanchas. Algúns chorábamos. O Cisneros íase sobre as pedras e nós víamos que ía a perderse”. O Comandante do Cardenal Cisneros era o Capitán de Navío don Manuel Díaz Iglesias nacido en Cádiz en 1848, que servira meritoriamente en Filipinas e como segundo no “Reina Cristina”. Faltáballe tan solo un mes de mando para estar en condicións de obter un ascenso. Sen embargo a súa carreira profesional quedaría para sempre truncada logo deste naufraxio.

25

As crónicas publicadas relatan como a tripulación presenciou dende os botes de salvamento o afundimento do “Cardenal Cisneros”. O barco en dez minuots sumerxiuse primeiro de proa, levantando despois a popa e afundiuse por completo sobre a banda de babor. A chegada da tripulación ao muelle de Muros prodúxose hora e media despois da perda do buque. O alcalde – Sr.Louro-, un vello mariño mercante- arengou aos veciños para que acollesen nas súas casas aos náufragos. O Sr. Díaz Iglesias aloxouse na casa do Sr. Siaba, posto que según o xornalista Jaime Solá a muller do comandante regresando dun paseo fora sorprendida pola chuvia e tivera que acollerse no fogar dos señores Siaba. Recibira alí tantas atencións que ao voltar a Muros non quixo ir a outro sitio. O resto dos mandos aloxáronsee na casa do señor Manuel Riveiro e na do propio Alcalde. Despois arribarían a Muros os cruceiros “Extremadura” e “Rio de la Plata”, os canoneiros “Marqués de la Victoria”, “Marqués de Molíns” e “Vasco Núñez de Balboa”. Os tripulantes do Cisneros foron distribuídos en todos os barcos da escuadra. Ata o día 30 de outubro estiveron os náufragos en Muros. De volta rumbo para Ferrol ao atoparse o “Rio de la Plata” –barco no que ía o Comandante do Cisneros- fronte aos baixos Meixidos no lugar aproximado da catástrofe formáronse sobre a cuberta as dotacións dos buques e deuse lectura ao telegrama que o ministro de defensa dirixiu ao comandante xeral da división participándolle a satisfación que ao Rei lle causou o notable salvamento levado a cabo. O telegrama leído polo propio señor Díaz Iglesias, decía así: “Ministro da Mariña a Capitan xeral do Departamento. Elevo a S.M. os nobres sentimentos que expresa telegrama de V.E. encargándolle transmita unha vez máis a testemuña de gratitude do Rei e da Patria para o seus subordinados cuia exemplar disciplina que admira e ensalza propios e extraños, evitou a terrible traxedia que sería para España esta desgracia irreparable.”


Entrevista concedida a “The Muros Times” por Domingo Juan Barreiros Lago. p./Jorge Lago de Pexejo, Hoxe teño a honra de entrevistar a Domingo Barreiros Lago, un home que pola súa notoriedade non necesita tarxeta de presentación na nosa bisbarra pero aínda así, debo compartir certas facetas que posiblemente non todos coñecen. O seu curriculum é tan extenso que ocuparía todo o espazo dispoñible para esta esta interviú, abonda dicir que este veciño de Louro, nacido en 1942, alumno da Escola de Abaixo e posteriormente do Seminario de Herbón onde cursou o bacharelato e matriculou no ano 60 por libre na Escola de Maxisterio de Santiago rematando os tres cursos da carreira no ano 61...oposiciones para a praza de Mestre Nacional no 63 e exercendo 6 cursos en Alfabetización de Adultos (Outes, Noia, Carnota e Sobrado dos Montes). Servizo militar no Sahara e mestre propietario dunha escola de nenos non Freixo e outros centros de ensino, alternándoo todo como membro por máis de 20 anos na de todos coñecida Orquestra Los Romero e para non se quedar curto foi o primeiro licenciado galego de Filoloxía Hispánica e Ciencias da Educación pola Universidade de Educación a distancia. J.L._Como músico diletante que fun sempre, teño unha grande admiración por aqueles que souberon elevar a arte a niveis superiores dos que eu nunca puiden alcanzar e ante tan notable carreira non podo menos que sentirme atordado pola perspectiva de conducir unha entrevista con alguén que co único que teño en común é o amor pola música e ter sido monaguillo. Escasamente vainos chegar o tempo para repasar tantas e diversas actividades que exerceu ao correr dos anos, polo tanto imos concentrarnos máis no aspecto musical. ¿Cando empezou a sentir inquietude pola música Domingo, foi unha vocación dende neno ou tardía? Domingo Barreiros Lago:_ Antes de respostarche á pregunta que me fas, convén aclarar que, aínda que fixen estudos de Ciencias da Educación na UNED, varias asignaturas, por-

que no tiña suficientes de Filoloxía Hispánica para entreter o tempo, non completei esa Carreira. En Filoloxía, sí son Licenciado, si ben na miña profesión de docente só dei Música tanto no Colexio " Emilio de Navascués, coma no IES "Poeta Añón" da Serra de Outes. Paso agora a dicirche que a miña afección pola música empezou cando estaba en segundo curso de Humanidades e tiña a opción de escoller, ademais do solfeo, que dábamos obligatoriamente, un instrumento como era o armonio ou o órgano. Causábame admiración o feito de que un alumno que me levaba varios cursos, tamén de Louro, chamado Gumersindo Lago Lago, manexaba o que hoxe denominamos teclados dunha forma admirable. Tamén tiña un espello diante de min no condiscípulo muradano, que tamén me levaba algúns cursos, Manuel Angel Viro Caamaño, que tocaba e toca o órgano, e máis o Piano, como din que o fan os anxos...

26


E por aí empezou todo, da man dos PP. Leoncio Villanueva Portugal e Manuel Feijóo Souza, o fundador do Orfeón "Terra a Nosa" de Santiago, fun introducíndome nos segredos das corcheas, na armonía, e outras cousiñas relacionadas. Sen falsa humildade, eu non me considero un músico de Conservatorio, aínda que revalidei varios dos cursos de Piano, que estudei en Herbón, no de Santiago.

farto difícil, conducir varios, ten que ser un traballo monumental non só no aspecto loxístico se non no didáctico. ¿Como chas arranxas? Domingo Barreiros Lago:_ No que respecta á parte loxística do meu traballo, ensaio 2 veces por semana con cada grupo: o luns co Orfeón de Muros

Créome máis ben un músico "autodidacta", que fun aprendendo o que poida saber de Armonía, composición, dirección coral, etc. (desta última fixen máis de dez cursillos distintos en distintos lugares de toda España, con profesores tanto nacionais coma extranxeiros) coa práctica, e analizando as partituras dos grandes maestros clásicos: Mozart, Bach, Brahms, Beethoven,,, J.L._ Ademais do amor pola música que ten a súa raíz etimolóxica en mousa ou musa, tes outro amor que vén do grego filoloxía; amor polas palabras. ¿Cómo compartes eses dous amores? Domingo Barreiros Lago:_ Absolutamente. De feito, no traballo diario coas corais, ademais de ensinar as melodías e o traballo de cada corda, teño que explicarlles o significado de moitas verbas e locucións e traducir textos do latín e de outras linguas extranxeiras. J.L._ Escoitei unha das túas composicións: Himno ao Leixaprén. A min intrigoume a repetición do tema musical e deume a sensación de estar a escoitar música de séculos atrás. ¿Podes elucidar un pouco sobre o estilo e o porqué desa peza? Domingo Barreiros Lago:_ O himno ao Leixaprén foi composto arredor do ano 2.009 para un acto que se fixo no Instituto "Poeta Añón" de Outes, no que participaban uns oito ou nove Institutos da comarca. A palabra Leixaprén ven dunha composición antiga da lírica galegoportuguesa nos tempos medievais, na que se ía tomando o último verso dunha estrofa para iniciar o primeiro da seguinte. A música que lle puxen foi tamén de inspiración ou a xeito de música deses tempos. Supoño que a gravación a encontrarías na páxina de IES "Poeta Añón". A composición está editada en papel nun libriño que se fixera ao efecto por ese tempo. J.L._ Explicada a procedencia, non cabe dúbida de que quen escoite o teu Himno a Leixaprén, verá en efecto plasmado o estilo poético de tomar o último verso para iniciar o seguinte. Tamén logra un certo efecto de facer sentir que un navega en augas calmas. Eu sei de boas fontes que ser director dun coro é

27

e coa Coral "Agustín González" de Louro; o martes coas do Clube de Xubilados de Porto do Son, Liceo de Noia e "Francisco Añón" de Outes; o mércores con "Don Diego de Muros" e "San Xoán de Serres; o xoves co co Orfeón "Ría de Muros" , coa do Freixo e coa de Louro; o venres repito as corais do martes e o sábado as do mércores. Algúns, sábados, cando podo, tamén traballo cunha coral de nenos/ as en O Freixo (Outes), que se chama Coral Xuvenil "Solpor". O meu horario de traballo é polas tardes, para adaptarme ao tempo libre dos coralistas e empezo uns días ás seis ou sete da tarde, rematando ás 10, e outros, ás sete, terminando ás once e media da noite, non podendo regresar á casa ata as doce da noite. No aspecto didáctico- ten en conta que o ensino era a miña profesión- teño que adaptarme ás condicións de idade e coñecementos de persoas, que non saben, nin len música (moita repetición e incidir sobre os defectos de oído, etc., porque se deixas que no principio collan algo mal, despois é moi difícil rectificar). J.L._ É posible que a voz humana fose o primeiro instrumento musical e a música é un ruído organizado, pero pola súa propia natureza non é o máis doado de controlar. Como director, ¿Que é o máis difícil de conducir unha coral? Domingo Barreiros Lago:_

Estás no


certo, cando afirmas que a voz e o primeiro instrumento musical, falando cronolóxicamente, e que non é doado de controlar á perfección, pero hai que facelo a base de educación do oído e de técnicas vocais de emisión, respiración e outros truquiños..., dependendo tamén da perfección que queiras lograr. Para min o máis difícil do traballo de dirección coral e o conseguir que a xente che atenda ao que lles dis, ou ao que pretendes ensinar.

una frase musical curta e repetírllela tres veces. Despois repítena eles outras tres e así imos debullando o traballo. Unimos as frases, etc. No que atinxe á parte económica, cada coral dáme una cantidade mensual de 200 €. E con ela teño que arreglarme para facerlle uns 9 ou 10 ensaios ao mes. Se teño alguna actuación, por esa viaxe ou polo traballo non percibo nada. Desde Louro, onde vivo, ata o Son (a coral máis alonxada hai uns 55 quilómetros de ida e outros tantos de volta e o gasoil hai que págalo . Eu calculo que a 3ª parte de que cobro vai para gastos de coche. Outra 3ª parte lévama a Facenda na declaración de renta e quédame para o meu traballo o resto. Como ves, estou millonario... Hai una coral que me paga algo máis, pero tamén lle poño 3 horas semanas de ensaio en lugar de dúas. Outras dúas corais danme una 250 € e outra 230 €, Para comida e outros gastos non hai ningún presuposto. Cadaquén come na súa casa... A algunas corais aínda por enriba lles fago gratis as fotocopias das partituras. E teño que pagalas eu. Un choio! As corais teñen alguna axuda (tiñan) dos Concellos, da Deputación, etc., pero coa crise a cousa foi a menos. De onde poden sacar cartos é de algunha misa, funeral, voda...

Cada vez noto máis a falta de concentración no persoal que teño diante, e esto non é nun grupo en concreto, senón que é en todos. J.L._Explicada a parte loxística, o que non vou facer é preguntarte, cómo demos fas para levar a cabo tan monumental traballo considerando como dis que moitos non teñen coñecementos musicais previos. A resposta obvia é ser consecuente, concienzudo e sobretodo moi dedicado a algo que cres plenamente e a recompensa é ver o froito do esforzo realizado. Tamén está a cuestión económica que non podemos deixar pasar por alto, os gastos de transporte, comidas, posta en escena, etc., teñen que ser significativos. ¿De qué xeito vos subvencionades? Domingo Barreiros Lago:_ A resposta á primeira pregunta, de cómo fago para ensinarlles ou aprenderlles as cancións, se non saben música. En algunhas das corais hai alguna persoa que ten certas nocións musicais, pero non suficientes para interpretar de por sí sós una partitura. Así que a técnica é coller

J.L._ Vendo a enorme responsabilidade que pesa nos teus ombros, a gran dedicación e esforzo persoal que require facer o que ti fas ¿Contas cunha colaboración axeitada doutras persoas que poidan se é necesario ocupar o teu sitio aínda que só sexa momentáneamente? Domingo Barreiros Lago:_ Hai veces que cando me coinciden dúas actuacións de dúas corais no mesmo día e hora, teño un amigo (un profesor uruguaio, afincado en Noia, que me sustitúe, pero por regra xeral non hai quen me faga o meu traballo. Teño una filla que me sustituía ás veces, pero o seu traballo profesional no ensino lle impide falo meu ou ocupar o meu lugar. Cando era de ir cantar ao Festival de Vilancicos de Caixanova en Vigo ou na Coruña, entón preparaba a algún coralista adiantado, que me dirixira as tres cancións que levaba cada grupo. J.L._ ¿Os teus coros cantan sempre a capela ou son acompañados ás veces de instrumentos musicais, xa sexa órgano ou orquestra? Domingo Barreiros Lago:_ Normalmente os coros cantan "a capella", pero ás veces

28


(raramente) acompáñoos eu cun órgano ou chamo a outra persoa.

por certo xa morreu) ocupeime eu dos teclados.

J.L._ Non cabe dúbida de que nos nosos pobos hai un resurximento cultural palpable. A proba está na cantidade de coros que ensaias. Segundo a túa opinión, ¿A qué se debe tal popularidade e diversidade de grupos corais hoxe en día?

En principio, e durante varios anos a formación foi de sete músicos: trompeta, saxo, baixo, guitarra, batería, órgano e cantante. Máis tarde quedamos seis e finalmente 5, cando se disolveu o grupo, uns vinte e pico de anos máis tarde.

Domingo Barreiros Lago:_ A razón pola que hai tantas corais na zona é por que á xente lle gusta cantar e tamén por envexa, xa que se na parroquia veciña teñen una coral, nós non imos ser menos... A rivalidade tamén fai que o mundo progrese. J.L._ ¿Como ves o futuro da cultura popular galega? Domingo Barreiros Lago:_ O futuro da cultura popular galega é cada vez máis boiante. Hai máis medios; máis xente preparada para ensinar; máis facilidade nas radios e na televisión e tamén en directo, para aprenderen uns de outros, etc. Sobre todo en grupos folklóricos. J.L._ Como persoa que empezou os seus anos de formación na Escola de Abaixo de Louro, pasando por Herbón ese berce de tantos talentos, maxisterio, filoloxía hispánica e outros etcéteras ¿Qué recomendación, consello ou suxestión lle darías á xuventude de hoxe? Domingo Barreiros Lago:_ Aínda que aos vellos, coma min, nos gusta sempre estar dando consellos, aínda que non nos fagan caso, a min non me gusta dalos, pero diríalle á xente nova que se interese pola música (vocal instrumental ou folklórica), que procuren aprender de quen sabe máis ca eles; que vexan o traballo dos demais, xa que de todo o mundo podemos aprender algo: dos mellores que nós, porque nos deixan coa boca aberta e dos iguais ou de inferior categoría musical, porque tamén dos erros dos outros se aprende, para non cometelos nós. J.L._ Domingo, ti tiveches unha longa participación na orquestra Los Romero, cóntanos algo da túa traxectoria no grupo. Domingo Barreiros Lago:_ Aló polo ano 1963, nunha reestructuración, que fixeron, (antes era una orquestra) precisaban un vocalista (cantante) e buscaron a un irmán meu. Querían que ademáis lles tocara o contrabaixo. Como el non se daba arranxado para facer as dúas cousas á vez, chamáronme a min para facer o baixo eléctrico. E ahí empezou todo. Despois veu a moda das guitarras eléctricas e paseime a ela. Máis tarde, ao marchar para os USA o que facía de organista (Eleuterio, un "chaval" de Louro, que

29

J.L._ Pois si, o grupo Los Romero foi unha parte inesquecible da xuventude dos da miña andaina e mesmo posteriormente, pero a pesar de que todo o bo tamén ten o seu fin, certas cousas son imperecedoiras. As corais seguen unha traxectoria milenaria e parece que o seu futuro está asegurado. Xa sexa en unísono ou en clave polifónica, dende Sudáfrica ata as planicies das nacións indo -americanas, os seres humanos senten unha especial predisposición para cantar xuntos. Para render culto, ou para cultivarse, para expoñer queixas, para arrullar os recén nacidos ou para que nos despedan deste mundo. Aínda sentíndoo moito, non me queda outro remedio que dar por concluída esta entrevista. Grazas Domingo pola túa paciencia e pola tua acollida e tamén pola sinceridade e ilustración das túas respostas. Conclúo a entrevista co cuestionario co que sempre remataba o gran xornalista Bernard Pivot: J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita? Domingo:_ nai/pai J.L._ ¿Cal é a menos favorita? Domingo:_ Abuso (a persoas ou animais) J.L._ ¿Que che fai emocionar? Domingo:_ Amor de país a fillos (tanto en persoas como en animais) J.L._ ¿Que son ou ruído gústache? Domingo:_ O do mar/ou a auga J.L._ ¿Que son ou ruído detestas? Domingo:_ Chirrido dunha máquina / (rebarbadora) J.L._ ¿Cal é a túa imprecación favorita? Domingo:_ ma cagho nos ghatos J.L._ ¿Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer? Domingo:_ Labrador ou gandeiro J.L._ ¿Qué profesión rexeitarías facer? Domingo:_ Carniceiro J.L._ Se o ceo existe, ¿Qué te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? Domingo:_ Mira quen ben ahí, tiña ganas de verche!


Neste mes de Xullo celébramos en Muros as festas na honra da Nosa Señora do Carme. Festividade especialmente vivida e sentida por todos os que dedicamos as nosas vidas aos traballos no mar. Fai dous anos recaeu sobre a miña persoa a honra e a responsabilidade de exercer de oferente, no nome do colectivo mariñeiro muradán, a Nosa Señora dos Navegantes na misa solemne do seu día. Aseméllame que non podía pasar por alto este número de THE MUROS TIMES tan salientable festividade para todos os pescos e aproveito para volver a lembrar aquelas sentidas verbas que un día escribín na honra da nosa “Pendanguiña” costas de ter que representar no día de hoxe ás xentes do mar, a túa xente.

Ofrenda a Nosa Señora do Carme

Seino, querida Nai, os homes do mar non nos significamos especialmente nas nosas mostras públicas de fervor relixioso; pero tamén sei que se nos abrisen o peito, aló, moi preto do corazón, atoparíase en todos e cada un de nós unha imaxe túa, Nosa Señora;

Santísima Virxe do Carme, Patroa dos navegantes, Nai do Noso Señor e Nai nosa : quero comezar estas verbas pedindo a Vosa indulxencia se

por que é aí onte te levamos, é aí onde te sentimos e é aí onde máis intimamente te veneramos. E é así Amantísima Nai, por que dende moi nenos, dende que apenas tíñamos uso de razón fomos ensinados a quererte e a venerarte polos nosos maiores. Fomos levados da man ante ti para amosarnos a imaxe que representa un dos valores máis senlleiros das nosas máis arraigadas crenzas . Gravadas no meu maxín como se vívidas imaxes fosen teño aquelas lembranzas da miña nenez daqueles vellos e curtidos homes de mar que ao teu paso polas rúas da nosa Vila descubríanse respectuosamente e como algúns deles eran incapaces de conter aquela bágoa traizoeira e rebelde que esvaraba polas súas fazulas. Homes duros acostumados a vidas duras, pero que ante a túa vista deixaban entrever as súas emocións e o seus máis profundos sentimentos. Tamén acude a miña memoria o momento no que a túa imaxe asomaba aos peiraos da vila e como eu, levado da man do meu pai e na ponte do “Hercules” facía soar a buguina de vapor que xunguida ás dos outros barcos do porto e á serea da vella lonxa producían un balbordo tal que na miña imaxinación de neno pensaba que se achegaba o fin de todos os tempos. Pasados os anos, fun eu quen levou aos meus fillos ao peirao a bordo do barco no que navegaba para que fosen eles os que anunciasen aquel tan temido por min de neno, “fin do mundo”

nalgún momento a emoción atenaza as miñas palabras; porque estas son verbas que non xurden tan só da miña boca nin da miña consciencia, senón que son anaquiños do meu corazón e do meu máis íntimo sentir Nosa Señora do Carme, axeonllado e humilde preséntome ante Vós coa grande carga as miñas

30

Porque foi así Nosa Señora, con estas pequenas cousas que quizais a algún lle parezan nimiedades, como descubrimos que a devoción a Vós, que a devoción á advocación da Nai de Deus na figura da Virxe do Carme era un legado a conservar e a transmitir froito da perseveranza da nosa da nosa Igrexa , dos nosos maiores e da nosa


Fe. Eterna Señora dos navegantes: No día de hoxe que celebramos a túa aparición ante San Simón , onde lle fixestes entrega do teu escapulario, hai un acto que para min ten un significado moi especial: o canto da Salve Mariñeira na capela do barrio da vila que leva o teu nome. Ver ás xentes de Muros , grandes e pequenos, homes e mulleres congregados ao teu arredor cantando con unha única voz a Salve na túa honra é a constatación de todo o anteriormente dito; o pobo de Muros quérete e venérate como Nai e a xente do mar, como Patroa e Protectora.

coa miña voz, que neste dia representa o sentir dos teus fillos que eliximos o mar como forma de vida e de traballo, honrarte , Nai de todos nós e para renovar as ofrendas de todos os que me antecederon nesta encomenda. Salve, Estrela dos Mares: guía das nosas vidas

E como Protectora que és nosa, quero aproveitar este momento, Virxe Santísima, para pedir que avoges ante Deus Noso Señor polas necesidades destes que somos teus fillos; porque somos humanos e temos as nosas cuítas e as nosas miserias. Non te esquezas, Nosa Nai de todos os que padecen necesidade nestes tempos difíciles onde a falta de postos de traballo leva a moitos a pasar penurias económicas. Infunde cordura aos que nos gobernan para que saiban levar a bo termo o destino da nosa terra. Danos prudencia, para que saibamos respectar os nosos caladoiros as nosas rías e os nosos mares, e así como foron fonte de vida para os nosos devanceiros e para nós mesmos o poidan seguir sendo tamén para os nosos fillos. Axúdanos aos que temos a responsabilidade de patronear os barcos das nosas distintas flotas para que sempre poidamos traer a bo porto aos compañeiros que confían as súas vidas na nosa pericia e na nosa cordura. Faino sostendo canda nós as cavillas dos nosos temóns. Non te esquezas tampouco, Raíña do Ceo de todos os teus fillos que perderon as súas vidas no desempeño das tarefas no mar. Acada que todos poidan chegar ante a presenza do teu Divino Fillo, conforta aos seus deudos e protexe aos seus fillos. Prégoche que atendas estas nosas súplicas e que acubilles baixo o teu protector manto a todos os homes e mulleres embarcados en calquera dos barcos que andan espallados polos mares deste mundo. E xa para rematar quero aproveitar algunhas das estrofas desa Salve que antes mencionaba para,

e faro que aloumiña as nosas navegacións. Cantas veces na ponte dun barco, ao carón da túa imaxe, en momentos de dúbida ou de perigo algún de nós invocou a túa maternal protección! Salve, Fénix de Fermosura: porque só ti, Dona do Carmelo és quen de acadar que nós , homes acostumados a soidade do mar e ás ausencias dos nosos, recobremos a esperanza tan só rememorando a túa fermosa faz. Salve Nai do divino Amor: que nos acubillas baixo o teu manto igual que como cando éramos nenos nos refuxiabamos no colo das nosas propias nais. E igual que as veneramos a elas tamén te veneramos a ti, Raíña do Ceo. A túa clemencia danos consolo, por que a pesares das nosas debilidades humanas sempre podemos contar coa túa misericordia.

E fervoroso chegue ao Ceo e ante ti o noso clamor… SALVE, SALVE, SALVE ! Manuel Martínez Caamaño Mariñeiro. 16 de Xullo de 2011

31


Don Emeterio Goyenechea p/ Manuel da Roura El almacén de Emeterio estaba situado, y supongo que aún está, a menos de treinta metros poco más o menos de la carretera que, pasando por Louro, llega a Muros (Carretera de Abaixo). La pared del almacén más cercana al mar quedaba a sólo unos pasos de la orilla, sobre todo cuando se producían mareas llenas y, con más razón, mareas vivas. Desde donde comienza el terreno rocoso que termina en la playa de Goday hasta el Espadanal, dieron en llamarlo Playa de San Francisco, quizás por su cercanía al convento de franciscanos o, ¡quién sabe! , porque los “coristas” tenían allí, en unas rocas aisladas, su baño particular, más discreto y pudoroso. Había que guardar las formas. Por muchos años fuimos nosotros, los hijos de Louro, los únicos beneficiarios de toda aquella extensa playa. Nadie nos la discutió. Ni turismo organizado y multitudinario, ni circunstancial. Las clases medias de Muros, un tanto beatonas, solamente frecuentaban el convento. Por aquellos tiempos las desnudeces públicas en la playa tenían sus detractores, usuarios y abstencionistas. La playa de San Francisco tuvo tres nombres más, aparte del primigenio: Playa de Emeterio, Playa de Chiquillo y Playa de Conachea. Cuatro nombres para una sola playa y los cuatro fueron aceptados y usados indistintamente durante muchos años. El exceso de nominaciones que se le dieron a este espacio de terreno en la misma época y sin que un nombre excluyera a los demás resulta extraño y, sin embargo, así ocurrió. Louro es el único pueblo colindante con la playa aludida y fue, asimismo, quien la usó y la gozó, aprovechando todas las posibilidades que ofrecía, sobre todo en los, desafortunadamente, cortos veranos. ¡Tiempos aquellos! Allí no había turistas, quitasoles, sillas extensibles, toallas, cremas, gafas obscuras ni el gritico cursi cuando la ola alcanzaba nalgas temerosas… Sólo niños con el pipí al viento, absolutamente desinhibidos, se bañaban, jugaban con una pelota o se lanzaban nadando mar adentro para demostrar su valentía o su destreza… Regreso al cuento: En aquel almacén se había establecido años antes un señor vasco llamado Emeterio Goyenechea. Este empresario, casado y con una hija ya mayor, trajo de su tierra una manera

de trato y de lenguaje que no necesariamente concordaba con lo que escuchábamos en otras personas no gallegas. En su castellano, ciertos modismos, giros, acentos, etc., llamaban la atención del nativo, en particular del niño y del adulto con poca o ninguna preparación y mundología. Parece que, ocasionalmente, Don Emeterio, dirigiéndose a los niños o aludiéndolos, les llamaba “chiquillos”; en vez de niños, pequeños, muchachos, etc., decía “chiquillos”. Palabra esta que, si bien la conocíamos, no la usábamos y nos sonaba chocante. Esto fue la causa de que la playa comenzara a llamársele Playa de Chiquillo, así como al pinar y a la fábrica. Algo parecido pasó con la palabra Goyenechea. Este apellido vasco de toda vasquedad, no era precisamente fácil y digerible y, para nosotros, resultaba raro y dificultoso. Un vecino chistoso, y un tanto sinvergüenza, cambió un día el apellido de Don Emeterio y lo nombró con la palabra “Conachea” y … ahí se quedó: Don Emeterio de Conachea, la playa, el almacén y el pinar de Conachea. Don Emeterio pasó a ser simplemente Conachea: Una palabra compuesta, inventada por algún imbécil y que tuvo éxito inmediato. Se impuso. Para el no gallego, la palabra “conachea” no tiene significado alguno, no dice nada, pero para el criado en Galicia sí lo tiene, sino escatológico, picante y desvergonzado, amén de su no frecuente estructura gramatical: nombre y adjetivo juntos. De este error o no error, que cometió no sé quién y que rápidamente se extendió por la aldea, el almacén, el pinar, la playa y Don Emeterio adquirieron un nuevo y no muy agradable nombre: Conachea. Aun recuerdo con desagrado y tristeza los gritos de los niños, quienes, en grupo, pasaban (¡pasábamos!) corriendo por la puerta del almacén de don Emeterio gritando: -¡Conachea..! ¡Conachea..! Los niños son a menudo crueles y no saben ni pueden dominar los instintos que con demasiada frecuencia los empujan a golpear y herir al indefenso. Y Don Emeterio lo era. A veces pienso en aquel viejo vasco, Don Emeterio Goyenechea, quien ya retirado y no precisamente rico, estaba obligado a soportar insultos de niños a quienes jamás hizo daño. Me figuro al hombre, sentado en la sala al lado de su esposa María, crispándose, indefenso, cuando oía las voces, a veces no tan infantiles, gritando:

-¡Conachea! ¡Conachea!...

32


A FURNA DE TOURIÑÁN… “Xaquín , Xaquín , san Telmo nos valga… “ e despóis d’aquello volveu a emnudecer a noite no seu sepulcral silencio. Na mañanciña da víspera do san Xoán, o alborexar o día, un barco tarrafeiro atopaba a deriva unha pequeña dorna abandoada os caprichosos sons do vento e a marea, a unha milla for fora dos baixos da laxe, traendo como tantas veces, por desgraza, a door e o loito outra vez a nosa vila . Deran as catro da tarde no reloxo da comandancia e no vello muelle “do cansorro” trafegaba Manoel mail-o seu fillo Xaquín, coa ansia de iscar o escaso cento de nasas de madeira de arcolito, e mentres o rapaz ía d’un lado a o outro botándolles o isco dentro de cada unha, o pai estibaba-as una a una fincandoas contra o jalleiro coa fin de que non se movesen cando saíran pro mar. A tarde prestábase, xa que o mar era coma un prato

o patrón o rapaz que se deitara un anaco a dormir, xa que as noites de lanceo poiden chegar a ser cansas e longas. Acurrucado Manoel e o seu vástago no plan,e tapados cos raídos chaquetóns , acendeu un cigarro de picadura mentres aguardaba a hora de insar os roseiros do axexo. Era una fermosa noite como poucas das da nosas costas cando Manoel espertou a Xaquín pra escomenzar a faena da levantada na “ pedra do home “, viñan a tres e a catro en cada nasa, nécras coma puños, que din os pescos, halaba o rapaz coa forza que lle daban os seus quince anos e Manoel cun sorriso nos beizos repetíase na sua cachola , “ d’esta acertéina ”e de rematada a levantada e a posterior larga d’ese roseiro, aló foron a catro remos cara o que se atopaba na beirada da furna, levando na idea de se non cubría alí xuntalo nas augas do outro. Era unha noite do escuro con tal negrura que asemella non poder ver unha cuarta máis aló do teu naríz e por máis que o tentaba , non era quen Manoel de afastar dos seus miolos Aquella vella lenda da “ luz de Touriñán “a cal contaba como despóis de asasiñar a un probe veciño da cercana aldeíña de Flis, por mor d’un asunto de roubarlle as catro leiras que posuía ,despeñaran o corpo do coitado dende o alto das rochas do cantíl do cabo a escuridade da furna, non aparecendo ahinda hoxe o seu corpo . Contan os máis vellos o carón do lume da lareira nas longas e frías noites do inverno, que dende entón algunas noites póidese ver unha mortecina luz, e deixase caer dende o alto das rochas de pedra en pedra o abismo d’aquela cova, contan que é a ánima do finado que ven a reclamar venganza pro seu descanso…

chá, e tan soio sopraba una faixiña de Nordés, o cal lles axudaría a chegar a Touriñán xusto pro lance de axexo; arribaron as beiradas do cabo xa entre luscos e fuscos, e afanaronse en aferrar o vello trapo remendado de relinca e armar os remos para largarlle un dos dous roseiros nos que estaban dispostas as nasas, na mesmísima boca da furna. Co mar enchendo o patrón mandaba bogar o rapaz antre as olgas tirándoas case en terra firme, volveron a largar o trapo enfilando a proa nunha bolinada cara a “ pedra do home “e aló deixar o resto do aparello, xa que sabido é que as nécras d’alí son coma “ pans de boroa “.

Din , que todo o que con ela se atope , sen remisión entrará da sua man polas portas do outro mundo… e non terán descanso tampouco as ialmas dos que con el van, ata que el mesmo atope descanso co esclarecemento do seu crime, vagando en pena todos xuntos nos profundos da negra furna de TOURIÑÁN. Hoxe na vila redobra de novo a campá a funeral ,con cadaleitos valeiros d’un pai e un fillo, o resto ocorrido , xa antes foi dito cando enmudeceu a noite no seu sepulcral silencio…

[ a. pouso ]

Despóis de baldear e achicar a embarcación mandou

33


FESTIVAL CASTELO ROCK 2013 QUEN ESTÁ DETRÁS DO CASTELO ROCK? A Asociación Cultural Recreativa Deportiva “Praia do Castelo” é a que organiza este evento, fundada no ano 2004. Dedícase a facer actividades durante todo

ano recaudando fondos para o seu principal obxetivo que é o Festival Castelo Rock, que se fai o primer fin de semana de agosto, está situado o carón da praia do Castelo. CON CANTOS SOCIOS CONTA A VOSA ASOCIACIÓN? Conta con 480 socios de todas as idades, destos dicir que trinta ou máis socios traballan de voluntarios no festival, que dende aquí aproveito para darlle as gracias as veces que faga falta. QUE SIGNIFICADO TEN PARA VOS FACER ISTO?

34

A nosa asociación e sen ánimo de lucro, facémolo porque nos gusta. Para dar a coñecer o noso pobo, para darlle oportunidade as bandas locais a tocar con grupos de renome, para ter unha fin de seman distinta, unha festa para todas esas persoas que lle gusta a música. ESTE ANO DE CRISE, AFECTOUVOS? Por suposto, levamos un par de anos sen recibir ninguna axuda por parte da administración, co cal, vímonos obrigados a tomar unha dura decisión, este ano e por primeira vez imos a cobrar entrada. Os socios que pagen o seu carnet deste ano, teñen o seu correspondente bono para os dous días. Pero tódalas persoas que quiran entrar ao recinto do festival terán que mercar a sua entrada. Non todo o mundo está de acordo con isto, pero a verdade que o prezo do bono é insignificante ( 8 euros ata o 30 de xullo). Estoume acordando de dous comentarios de uns amigos: -Un dicía; a mín por vir a ver como xogo o fútbol, pagan tres euros os domingos. -E outro dicía: e unha volta nos cochitos que dura 2 minutos, qué? COMO SERÁ A PROGRAMACIÓN? Cada ano procuramos facer cousas distintas, ir mellorando e incrementando as horas anteriores ao festival, queremos que a xente pal-


pe o ambiente festeiro. A nosa programación saíra publicada núns días pero antici par que teremos o venres pasarrúas e contaremos con cinco bandas e un Dj. O sábado dúas novidades, gústanos o tradicional e o moderno, co que contaremos con o “gran xogo” organizado por Ana e Irene, para os nenos e a continuación para todas esas persoas que lle guste o deporte e o baile, farannos unha exhibición de zumba na praia en mans de Selo e Lola. Agradecer as estas persoas pola súa grandísima colaboración. A continuación o festival abrirá as súas portas para poder ver e escoitar a catro grupos e un Dj para o peche final.ALGUNHA PETICIÓN? A verdade que sí, pedir a toda esa xente que se acercaba ao recinto a ver o noso espectacular

35

palco, sonido, iluminación, grupos principiantes, bandas miticas,…que veñan igualmente, que merquen a súa entrada e que nos axuden nesta décima edición para nós tan especial.

A.C.R.D PRAIA DO CASTELO


LOS CANECILLOS DE LA VIRGEN DEL CAMINO p/ Manuel Lago Álvarez Los canecillos son elementos constructivos característicos del arte románico, que aprovecha para mostrar su arte en cualquiera de sus elementos estructurales, adaptándose a los mismos. Los canecillos no son una excepción, y consisten en piezas pétreas colocadas en la parte superior de los muros, que sobresalen del mismo y que sirven de base al alero del tejado, pero su forma evolucionó para ser empleado como elemento meramente decorativo hasta el punto de perder su utilidad primitiva, pasando de ser una pieza portante a ser autónoma. Ello derivó en numerosas formas escultóricas, sirviendo para auxiliar el soporte o simplemente para embellecer las cubiertas exteriores e interiores, o los dinteles de los vanos.

Los canecillos son pequeñas obras de arte que se encuentran en una cantidad importante de iglesias románicas, los hay de muchos tipos: personas, animales, vegetales, simbólicos, etc.

Los canecillos, muchas veces son ignorados, incluso por aficionados al arte románico, por ser

poco espectaculares en comparación con portadas, ábsides o capiteles, pero los de este Santuario merecen una atención especial. Los menos son muy simples; de hechura muy sencilla con perfil de nacela y moldura cóncava con decoración de algún motivo geométrico, pero la mayoría son pequeñas obras de arte en los que hay diferentes representaciones. Los motivos esculpidos en los canecillos son de lo más diverso. Desde faunísticos (dragones entrelazados, palomas) pasando por seres teriomorfos ("Terios": ser fantástico o monstruoso), criaturas con rostros deformados, caras con barbas, vieiras, calaveras, e incluso alguna escena erótica que muestra espalda y nalgas, son entre otros muchos algunos de los motivos que causarán nuestro asombro y, aunque puedan no transmitir una serie iconográfica determinada, en muchos de ellos subyace la representación que contrapone el bien al mal.

La presencia de los canecillos románicos en el edificio gótico del Santuario de la Virgen del Camino, no es más que la consecuencia de que el edificio actual fue fruto de la reconstrucción que se realizó a principios del siglo XV, sobre la primitiva iglesia románica. El tejado a dos aguas, orientadas a norte-sur, presenta bajo sus aleros un buen numero de canecillos. Veintitrés a cada viento en la nave principal, y seis, también a cada viento, en la nave que aloja el presbiterio.

36


A PONTE DO ENGANO Conto de Mª Luz Pérez Quintela Dende sempre, os límites do partido de Muros, estiveron marcados polos ríos Ezaro e Tambre. Polo camino de Fisterra, a Ponte de Ézaro, que tardou anos e anos en rematarse, e polo camino de Santiago, a ponte de Don Afonso, que agora ten unha anteponte, a que chaman a do “Engano”. Falarei delas e das súas descoñecidas hestorias. Agora vai a historia dhus amores que aconteceron nas ribeiras que lle deron nome a ponte do Engano.

A casa de Xestoso, na parroquia do Cruceiro de Róo, pertencente ó Concello de Serra de Outes, era unha casa de labradores fortes,xente boa e moi traballadora, e tiñan gran influencia entre a vecindade. Cando se fixeron as obras de millora na carretera de Muros- Noia, co fin de atallar para chegar máis pronto a Santiago, collendo polo corredor, ós de Xestoso invadíanlles algúns terreos que a Xunta de Galicia estaba disposta a expropiarlles, pero Xosé, que así se chamaba o cabeza de familia, cedeu de bo grado os terreos en cuestión para que as obras se fixeran o millor posible. Eran moi bos vecinos. Axudaban á xente, e donde había un problema, ou motivos de tristura, alí estaban eles para axudar a devolverlles a ledicia ós vecinos. Nestes menesteres a máis disposta a facer ben era a filla pequena, Mariquiña, a que seu pai adouraba e regalaba canto ela desexaba. Mariquiña namorouse dun garrido mozo de Tàllara, perto de Noia, e sábados pola tarde, Domingos dispois da Misa e tamén polas tardes, moceaban e paseaban entre as dúas parroquias-Cada un collía o seu coche e encontrábanse na entrada da Ponte Nova que se fixo sobor da Ria nas obras xa mencionadas. O que primeiro chegaba esperaba polo outro despois de aparcar nunha área de descanso próxima a dita ponte. Dispois, entre risas, bicos e arrumacos cruzaban a Ponte de lado a lado. Pero un día, sin saber o porqué, Antón, que asi se chamaba o mozo, non acudiu á cita. Volveuse Mariquiña para a casa pensativa e cabizbaixa, sen saber cal sería o motivo desta ausencia. Pero esta situación repetiuse outras dúas veces máis, e Mariquiña triste, sen noticias de Antón, e un tanto desconfiada, decidiu que iría soamente un día máis a unha cita que que non se celebraría. E así fixo , cando deixou o coche no aparcadoiro e saleu cara á Ponte, alí atopou á seu Antón bicando e abrazando a Xulia a de Remedios. Alí, dónde ela fora tan feliz con Antón, e dónde lle prometerá un eterno amor. Mariquiña tornou para a súa casa triste coma noite e deixando a súa alma presa entre a pedras da Ponte que ela deu en chamar a PONTE DO ENGANO, e cuio nome a xente acolleu e así se chama. Mariquiña enfermou de tristura ,e pouco a pouco consumiuse en silencio ata morrer.

37


ENTRE LAS MONJAS Y EL SACRISTÁN p/ Marisé Luces Tajes Nos situamos a finales de abril del año 1966, en plena fiebre de la adolescencia y los primeros “mal de amores“. Las alumnas de bachillerato del colegio “de las monjas“ teníamos los sábados por la tarde clase de “labores“, unas muestras de bordado y de corte y confección que teníamos que presentar al irnos a examinar a Santiago. Nosotras estábamos en 4º de bachillerato, ¡éramos las mayores ¡ y en plena primavera las hormonas funcionando a tope… jajaja.

clase, ¡ qué contentas estábamos de conversación con él ¡, cuando más entretenida era la charla aparece… SOR EUCARISTÍA . ¡ Ay, Dios mío, la que se preparó ¡. Jorge escapó corriendo, no lo atraparían aunque fueran tras él, pero a nosotras… pellizcos, alguna torta, cachetes en la cabeza con los nudillos… Por su boca salían palabras que ya ni recuerdo, pero una de las frases nos llegó al alma (bueno, no sé a dónde, pero nos llegó) : OS VAIS CON UN PALO VESTIDO DE HOMBRE . Ya más calmada la cosa llegó el castigo: sin recreos, quedar todos los días hasta las 2, y tres domingos, mañana y tarde, en el colegio. Sí, sí, leéis bien, los domingos de 10 a 2 y de 3 a 9. y lo que aún era peor, contárselo a nuestros padres. Llegó el mes de mayo, mes de María, y diariamente venían D. Casimiro y su ayudante para el rosario y la misa y allí estábamos nosotras más serias y tiesas que las beatas oficiales. Lo que no se nos había olvidado era la famosa frasecita, la teníamos clavada. Fue por ello que a Manuela,- ¿a quién si no?, ella siempre tenía las “ mejores “ soluciones “- se le ocurrió que podíamos hacer algo. La hermosa huerta nos dio la solución, allí delante de nuestras narices, apareció una gran rama que, por su forma, parecía estar diciéndonos: aquí me tenéis, cogedme. Y claro que la cogimos. Vestimos a la rama con unos bombachos de gimnasia y una camisa, ¡ qué bien nos quedó ¡ ¡ YA TENÍAMOS AL PALO VESTIDO DE HOMBRE ¡. Terminadas las clases allá nos fuimos a la capilla, Manuela, Carmen y yo, muy formales, nos llevamos la rama y la pusimos en el banco con nosotras.

Había también un sacristán muy guapo que traía de calle a más de una, pero él solo tenía ojos para la más guapa, Carmen, y ella para él. Todos los días, después de tocar las campanas a las 3 de la tarde, se acercaba hasta la puerta del colegio y nos traía unos caramelitos de Nata que compraba en Las Picas ( era rico, tenía propinas de bautizos, bodas…) y nosotras encantadas (adoraba al santo por la peana), para estar con Carmen tenía que estar las amigas. Pero… ¡llegó el día fatal¡.: Una tarde de sábado primaveral, estando ya en clase, Jorge tuvo la osadía de ponerse bajo el quicio de la puerta de entrada a la

Durante los rezos nadie nos dijo nada, pero al salir…¡ ay, al salir ¡ todo lo que os pueda contar es poco. Sor Eucaristía parecía haberse vuelto loca, nos decía de todo y un poco más, llama a la Superiora, hablan entre ellas, nosotras ni abríamos la boca y de repente parece que se calman. ¡ llegaba lo que no queríamos¡ nos dan la receta : Todos los domingos de mayo y junio castigadas., ir a misa con ellas a la capilla, nada de ir a la parroquia que veíamos al sacristán, diariamente solo media hora para ir a comer y los recreos ni olerlos. Y, además, el castigo de los padres por ser tan maleducadas. ¿Os imagináis esto en un colegio de hoy?

¡Y TODO ESTO POR LOS AMORES DEL SACRISTÁN ¡ P/D ¿Os habéis imaginado quién era el sacristán ¿ Sí, ese mismo en el que estáis pensando el Sr. Jorge Lago de Pexejo.

38


O BEATO ARIAS DE PRESNO E A CAMPA SANTA p/ Manuel Lago Álvarez

Alí en Louro, na igrexa do Convento dos Franciscanos, diante do altar maior, hai unha pequena lápida de mármore branco que ten gravada a seguinte incripción: “BEATI ARIAE DE FRESNO / OSSA ET CINERES / HIC IACENT (Aquí xacen osos e cinzas do Beato Arias de Fresno). Para moitos igual resulta descoñecida a historia deste Home de Deus, que foi soterrado na conventual de Louro, despois de ser declarado “Beato” (Benaventurado) pola Igrexa, anos despois do seu pasamento.

ron a veneralo como Santo e a pedirlle os mais diversos favores. Algún dos “pedidos” dos fieis debeu alcanzarse, polo que o frade santo, foi beatificado polo Papa, e a súa sepultura trasladada diante do altar maior da igrexa do convento, pero aínda cambiada de lugar seguiu repetíndose un estrano ritual, que aínda hoxe se segue repetindo. E non é que o conten… e que pasou e pasa… que cando un neno ou nena, nos seus primeiros anos non crece adecuadamente, ou come pouco, ou tarda en falar, ou se ve cativo, moitos

O noso home, naceu en Santa Eulalia de Presno, municipio de Castropol (Asturias), e ingresou no convento franciscano de Ribadeo (Lugo). Co tempo, e xa ordenado, pasou a formar parte da Comunidade Franciscana de Louro. No ano 1579, a terrible epidemia de peste que asolou España, chegou as terras de Muros, afectando tamén ós frades do convento. Un deles, moi enfermo, non foi trasladado ó Hospitalillo da Trinidade de Muros. Os frades optaron por coidalo eles, e dispuxeron, para evitar calquera tipo de contaxio, que fora albergado nunha das chozas do bosque. O frade encargado de coidalo chamábase Frei Diego de la Cruz. O pouco, despois de cumprir varios compromisos de predicación chegou o convento Frei Arias de Presno, quen enterado da enfermidade do outro frade quixo ser él quen o coidase. De nada valeron os coidados de Frei Arias. O frade enfermo morreu, e con él, os poucos días (contaxiado tamén pola peste), Frei Arias de Presno, que foi soterrado no cemiterio do Convento. Moitas visitas tiña a súa campa, que acabou converténdose en lugar de peregrinación. Os fieis de Louro e de toda a comarca e de mais alá, empeza-

39

pais o levan a campa, o poñen sobre ela, e si o neno ou nena e pequerrecho, deixase que durma… rézase, implórase o Beato polo cativo, e feito iso, espértase, sacánselle as roupas e cámbianse por outras. As roupas vellas quéimanse ou se deixan colgadas nos arbores cércanos. Así deste xeito procurábase a curación dun “mal aire”. Aínda este ritual se segue practicando a día de hoxe. Coñezo xente que foi “pasada” pola campa santa e mo contaron con detalle, como así llo contaron os seus pais. Sexa como sexa o “ritual”, o importante e rezarlle o Beato. A persoa que chega a Beato e porque a Igrexa lle teña recoñecido algún milagre, e os milagres nunca veñen sós… non son únicos e exclusivos.


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS

40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.