The Muros Times nº 8 - Decembro 2013

Page 1

The Muros Times Nº 8 DECEMBRO—2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS 1


The Muros Times Cadro de Redacción: Director: Jorge Lago de Pexejo Director xefe de edición e maquetación: Manuel Lago Álvarez Director de edición en área de Lingua: Henrique Monteagudo Director de edición en área de Historia e Mar: Manuel M. Caamaño Area de Mediciña: María Castiñeira Area de Poesía: Joaquín Vilar Area de Teatro e Belas Artes: Antón Lago Area de Educación: Marisé Luces Área de Sociedade: Quín Caamaño Area de Música: Alianza Uhía Área de Costumes: Manuela Tajes Área de Fotografía: Nieves Formoso Vidal e José M. Formoso Área de Etnografía: Manolo de Lajo

Difusión da Cultura. Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.

2


The Muros Times Nº 8 - DECEMBRO—2013 Indice: Carta da Redacción

Páx.

4

A defunta (p/ Marcelo da Rabela)

páx.

5

Paseando por Muros p/ Antonio Lago Piñeiro

páx.

6-7

A Nosa Xente (Pedro Luces Barreiros)

páx.

8

A Nosa Xente ( Francisco Dubert García)

páx.

8

A Nosa Xente (Domingos Dosil Cubelo)

páx.

9

Hórreos de Torea (p/ Antonio Rey)

páx .

10-11

A nosa xente na diáspora e as súas lembranzas de Nadal

páx.

12-13

A Noite Boa no Monte Unbe (p/Jorge Lago de Pexejo)

páx.

14-15

Entrevista a Rosario Piñeiro. (p/Jorge Lago de Pexejo)

páx.

16-19

Así funciona o 061 de Galicia (Javier Mayo Veloso)

páx.

20-21

Mais documentos do ano 1809. (II) p/ Manuel M. Caamaño

páx.

22-24

O Cruceiro do Convento de Louro (p/ Xokas Figueiras)

páx.

25

Os nosos Beléns (p/ varios)

páx.

26-27

A Bandeira Galega e o Joaquín Pérez (p/ F. Abeijón Núñez)

páx.

28-29

Panxoliñas de Augardente (p/ Manuel M. Caamaño )

páx.

30

Curisidades muradanas (p/ Manuel Lago Álvarez)

páx.

31

Teatro na Vila (por Antón Lameiro)

páx.

32-34

Novas de onte (p/ Manuel Lago Álvarez)

páx.

35

¿A quén non se lle dan as matemáticas? p/ Mª X. Alfonso Torres páx.

36

A voz dos nosos poetas (Manuel M. Pena, Luciano Piñeiro)

páx.

37

La iglesia de San Pedro (p/ Manuel Lago Álvarez)

páx.

38- 39

Noite de Amor

páx.

40

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.

3


Carta da Redacción: E tempo de Nadal, e tamén tempo de recibir o ano novo. Atrás vai quedar un ano 2013 que veu nacer a revista cultural The Muros Times. Para algúns… un feito intranscendente, ou como pouco, un mal menor. Para moitos, unha iniciativa pioneira e longamente agardada; e agardada porque as terras muradanas nunca plasmaran por escrito tal maneira a posta en valor do patrimonio histórico, cultural, e artístico que atesouramos. Un pequeno grupo de Muradáns, de aquí e da diáspora, plantamos unha semente que está a dar froitos tanxibles. Son mais de 800 os seguidores directos na páxina de TMT, e foron 6400 os que accederon a versión dixital da revista do mes de octubre. Ós oito números publicados de abril a novembro tiveron un total de 23101 visitas, que e unha cifra que di moito do interese que os lectores teñen pola revista. Nestes meses de posta en marcha non foron poucas as dificultades, pero os que colaboramos e escribimos en TMT, soubemos afrontalas; unhas veces con notable paciencia e outras gardando un prudente silencio. Non é fácil levar adiante unha tarefa cando un se atopa rodeado de ácidas críticas que só se fundamentan en un: a ónde van eses?. Pois como dicían os nosos devanceiros: éche o que hai ¡¡¡, e por ser así, TMT seguirá sendo unha oferta cultural ABERTA e PLURAL, e como tal non renuncia a que os seus colaboradores sexan persoas do mais normal, xentes de aquí e de acolá, que moi por encima do seu pensar individual, están comprometidas en que TMT sexa unha revista para todos; e para todos a nosa mais rendida felicitación: Para os bós momentos, gratitude; para os malos, moita esperanza; para cada día, unha ilusión, e sempre, sempre, felicidade.

FELIZ NADAL E UN VENTUREIRO ANINOVO ¡¡¡

4


A defunta p/ Marcelino García Lariño

Unha moza de Lariño, no concello de Carnota, chamada Malena, casouse cun veciño noso da Virxe do Camiño, e veu vivir a Muros á casa da sogra que era viúva.

máis ben de persoa achacosa, doente ou eivada, coa face entoucada, lúgubre, sombriza cunha cor esbrancuxada, pálida coma a dunha encoveirada. A mociña, ¡miña almiña! que é moi sensible

Malena era moi noviña, moi xeitosa por certo, traballadoriña e foi e aínda o é moi boa veciña, moi acudidora e moi da súa casa que ninguén lle ten que dicir. É un modelo de rapaza.

e educada, mandouna pasar e coidando que era unha pobre condoeuse dela e díxolle que agardase un momento. Pero a muller que acababa de entrar abriu o bolso e del sacou unhas prendas de roupa de muller e rogoulle con elas. Ela, a Malena, díxolle que non necesitaba nada do que a muller lle ofrecía. Mais esta preguntoulle: –¿Non está túa sogra na casa? Dille que estou eu aquí que veño por ela. –¿Daquela, vostede quen é?– inquiriu a rapaza. –Eu sonche “A Defunta”.

Ós poucos días de vir para a Virxe, para casa da sogra, cando aínda Malena a penas coñecía ós veciños e menos aínda ás xentes dos outros lugares, petáronlle na porta da casa. Malena foi a abrir e atopouse cunha muller que traía un bolso. O aspecto da recente chegada era

Negra cousa lle dixo. A boa e santa da rapaza deu en berrar coma unha tola –calquera faría o mesmo, ¿non si?–, dicindo: –¡Miña sogra non baixe. Que xa ten aquí a morte agardándoa! Efectivamente a vendedora era desta parroquia onde todo o mundo a coñecía polo alcume de “A Defunta”.

5


PASEANDO POR MUROS p/ Antonio Lago Piñeiro Observar os cuadros de Antonio e como dar un pa-

de Muros, que Antonio non hubera levado ó papel

seo pola Vila, como sentirse andando de rúa en

ou ao lenzo. Estas que amosamos na revista TMT

rúa, e palpar as súas nobres pedras. Antonio pinta

son unha pequena mostra da gran colección de An-

con un realismo tanxible, e pudera decirse que as

tonio.

súas obras son como fotografías, pero nada mais lonxe: e só realismo dhun enamorado de Muros que escribe con plumilla e pincel versos de amor a Vila que o acolleu. Non hai edificio nin pedra coñecida

6


7


A NOSA XENTE Pedro Luces Barreiros

Francisco

En idade non ten moitos anos, pero en experiencia da vida sí. Chámese Pedro Luces Barreiros, pero todos o coñecemos por Pedro do Ancho. Naceu no ,ano 1933 no moi muradán barrio de San Xosé. Seus país foron Ramón Luces Trigo e María Barreiros González. Con doce anos abandonou a escola para traballar co seu pai Ramón nas duras tareas da pesca. Con un sorriso nos beizos falame de cando saian para o Profundo, remando e remando nunha travesía que lles levaba catro horas. A pesca á liña; merluzas, as que viñeran… e logo outras catro horas para voltar a Muros. Tamén me dí das travesías a Fisterra (tamén a remo), nunha canoa propiedade d seu pai Pedro e que se chamaba Turita, e dime que hoxe as travesías son mais levadeiras, xa que os motores reman sós.

Dubert García

Cóntame que fixo dous anos de servicio militar no buque Almirante Valdés, e que logo de un breve tempo dedicado á pesca en Muros, empezou a navegar en buques mercantes españoles, que o primeiro barco no que navegou era da Naviera Vascongada e chamabase Leñador, e que nos moitos anos de navegación recorreu caseque todolos mares do mundo. Ós vintenove anos casou con María Figueiras Dosil, ca que tuvo dous fillos: Pedro e María. Hoxe, xa xubilado, adica o seu tempo a dar longos paseos pola Vila, moitas veces acompañado dun pequeño can, do que dí que ainda que é pequeño e caivo, ten mais forzas que él. A historia de Pedro e parecida a de moitos muradáns que adicaron a súa vida ó mar; un mar que lle deu penas pero tamén moitas alegrías. Pese a todo, Pedro sigue sentíndose mariñeiro e que sempre o será.

8

Son Francisco Dubert García. Marchei de Muros para Ferrol no ano 1975, ós sete anos; de alí fomos para Santiago no 1977, onde sigo a vivir e traballar. As amigas de miña nai preguntábanme cada vez que iamos á vila: "¿Y que te gusta más: Muros o Ferrol?”. Non había dúbida ningunha na resposta: “Muros”, contestaba eu. Levo en Santiago máis de trinta e cinco anos e, cando me preguntan de onde son, tampouco dúbido de ningún xeito: “de Muros”. Para moitos muradáns hoxe serei un turista máis que pasea pola Axesta ou pola Fonte Vella, pero como esquecer que estudei na escola de San José (ó lado da Academia e da Alameda), que fun ó catecismo e xoguei no pórtico da colexiata, ou ás espadas no Limoeiro, que fixen arcos de loureiro, que fun á papona cun sacho prestado ou que remexía nos eitos que outros facían, que me bañei nas escaleritas e na rambla da Calle Ancha, que explorei o Macaya-R… E que fun de roquete nas procesións de Semana Santa. Hoxe son profesor do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago, onde explico gramática (os complementos directos, indirectos, a voz pasiva, a estrutura interna do verbo ou do substantivo). Tamén son membro do Consello Científico do Instituto da Lingua Galega. Na USC son compañeiro doutro muradán que colabora nestas páxinas, Henrique Monteagudo: gran amigo e sempre mestre. Ademais do meu labor docente, investigo sobre a fonoloxía (a pronuncia das oracións e frases), a morfoloxía, a dialectoloxía (como o galego cambia ó longo do territorio), a gramática histórica (como o galego cambia co tempo) e os resultados que ten para o galego o seu contacto co español. Casei cunha fisterrana, Susana, e tiven tres fillos. Cando non vou a Muros, vou a Fisterra: sempre teño o mar á man. Con esta biografía, ¿que máis podo pedir?


A NOSA XENTE familiar montou un pequeno taller de reparación de radios ao tempo que facía de administrativo para o seu irmán constructor.

Domingos Dosil Cubelo Domingos Dosil Cubelo (1943-2012).

En 1982 fundou, xunto con Juán Carpintero Vázquez, a asociación de discapacitados da bisbarra

Domingos Dosil Cueblo naceu en Campo das Cortes, parroquia de Muros, o 27 de setembro de 1943 no seo dunha casa da aldea que fixera o seu avó cos aforros dunha anterior etapa de emigración norteamericana. A infancia de Domingos transcurriu coas estreiteces da postguerra española, aínda que a súa era unha casa de fartura. Na que se ben non se disponía de aforros e o traballo era duro, na súa familia tiñan abondo para comer naquela etapa de economía de subsistencia. Como a maioría dos rapaces daquel tempo o neno Domingos tivo moi pouca escola . As primeiras letras aprendeunas na Fonte Vella, nunha escola chamada “das adelinas”, e despois foi a escola dos irmáns Don Moisés e Don Manolo. Dende moi novo axudou a facer as tarefas necesarias na súa casa de labranza. Co seu avó aprendeu a «botar uns regos» como el mesmo recordaba emocionado.

de Muros buscando no movimiento asociativo a solución das necesidades comúns do colectivo. Encetando unha nova etapa na súa vida que o levaría a ser un personaxe coñecido en todo o estado, ocupando durante moitos anos a presidencia da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Firmemente convencido da integración laboral dos discapacitados e con ese obxectivo fomentou a creación de cooperativas e empresas por parte do movemento asociativo.

Aos catorce anos empezou a traballar de mariñeiro na canoa do xeito do señor José París, “corniños”. Despois embarcaríase na mariña mercante ata que entra en quintas e volve a casa para cumplir co servizo militar. Con cáseque dezanove anos cumplidos, o 25 de agosto de 1962, en compañía de dous amigos foi bañarse a praia da Vouga. Domingos tirouse á auga batendo coa cabeza no fondo de area da praia e xa nunca máis volvería a andar. Sufriu unha tetraplexia por aplastamento da médula nas cervicais a altura da quinta e sexta vértebras. Salindo daquela praia ao lombo dos compañeiros foi como empezou un calvario de once meses no hospital de Santiago e despois na casa curando as feridas provocadas por estar todo o tempo deitado. Fixo tres anos de rehabilitación entre Santiago e o centro de rehabilitación de tetrapléxicos de Toledo. Durante esta etapa de rehabilitación encetou algún estudios, aprendendo a montaxe e reparación de aparatos de radio. De volta na casa

En febreiro de 2007 Domingos Dosil abandona a presidencia de COGAMI coa intención de xubilarse e voltar a Muros. Pero un grupo de muradáns encabezados por Xoán Manuel Bazarra convecérono para encabezar a lista do BNG nas eleccións municipais de maio daquel mesmo ano. No período que vai do ano 2007 ao 2011, con un pacto de goberno asinado co Partido Popular de José Antonio Siaba Cernadas, Domingos Dosil Cubelo vai converterse no primeiro alcalde nacionalista galego que houbo no concello de Muros. Finalmente unha grave enfermidade intestinal remataría coa súa vida o 6 de febreiro de 2012.

9


Hórreos de Torea (p/ Antonio Rey) Dende as lonxanas terras de Arxentina, Antonio Rey envíanos fotos de hórreos da súa parroquia de Torea. Antonio, ainda que non naceú en Torea, vive en Galego e proclama os catro ventos a terra que veu nacer os seus devanceiros, Típicos de Galicia, o orixen da palabra hórreo remitenos ó latín “horreum”, que designaba a un edificio no que se gardaban frutos do campo, especialmente o grano. A primeira representación gráfica dhun hórreo remontase ata o século XIII, nas Cantigas de Santa María, atribuidas a Alfonso X o Sabio.

10


11


A NOSA XENTE NA DIASPORA e as súas lembranzas do nadal Leandro Tajes

novembro. Por suposto na miña casa xa está posta. Hai unha clara influencia americana en varias tradicións, e o Nadal é unha delas.

Moi boas a todos, eu chámome Leandro Tajes e son de Baño. Coñécenme polo fillo de Tono da Benina e Celia do Marbella.

Tódolos centros comerciais, negocios e xardíns

O meu primeiro Nadal na diáspora data do ano 2004 que foi cando cheguei a traballar á República Dominicana nunha compañía de hoteles. Daquela tiña 23 anos e esas datas tan emotivas facían relucir a típica morriña que nos caracteriza. Foi un Nadal moi estrano, aparte de que estaba traballando e dispoñía de pouco tempo para disfrutar, sumábase tamén o clima tropical e as altas temperaturas. Decoración navideña por todos lados e un sol radiante a diario. Foi un choque estraño debido a que de onde vimos relacionamos o Nadal con inverno, choiva, frío e neve ás veces. Os seguintes Nadais xa foron máis levadeiros, xa tiña máis amistades (sobre todo galegos emigrados coma min) e tamén ó formar unha familia aquí xa o conto cambia. Neste país viven o Nadal dunha maneira especial e apaixoante que me gusta moito, aquí ponse á arbore de Nadal na casa a primeira semana de

particulares tínguense dun colorido e decoracións moi fermosas, na radio soan moitos merengues navideños a todas horas. O dominicano é un apasionado destas datas, danlle moita importancia á familia e nestas datas sóense xuntar con demáis familiares que están emigrados noutros países. Saúdos a todos os Muradanos

Yolanda Beiro Cheguei a o Prat de Llobregat , Barcelona o 3 de xaneiro con 18 anos ,xa fai 25 anos de aquelo, acordome sempre que a primeira vez que fun a Barcelona foi a ver a cabalgata de reis.Eu que todolos anos participaba na nosa cabalgata desde que teño uso de razón,ese ano xa non iba a facer a cola no casino para facer de paxe do reí negro. Quedei alucinada ca cabalgata de Barcelona na miña memoria teño a cantidad de caramelos que tiraban as carrozas,a pila de carrozas que participaban,pero sobre todo os cabalos quedei prendada dos cabalos,gustoume moito,pero votei tanto e tanto de menos a miña cabalgata de Muros que hoxe en día sigo botandoa de menos,fai xa 25 anos que non a vexo .Todolos anos penso en volver e vela e por motivos varios nunca e posible.Cando poñedes en I love Muros as fotos volvo a ser unha rapaza como si ainda vivira en Muros.

12


María Caamaño París

ballei. Cando deron as 12 campanadas eu estaba

Hola amigos! Son Maria Angeles Caamaño Pa-

Aqui e tradi-

ris. Xa escribin a miña biografia para contar un

cion

que

a

pouquiño da miña vida fora de Muros. Agora co-

esa

hora

a

mo se acerca o Nadal vou relatar o meu primeiro

xente se vai

lexos da miña terra e da miña xente. Foi moi tris-

toda a cate-

te. Foi o Nadal do 2009. Na miña casiña o 24

dral da cida-

xuntabamonos todos na casa de meus pais para

de a recibilo

cenar. Meus irmans, meus avos, algun tio.... pola

novo ano e

contra cando cheguei

brindar

a este pais empe-

champan.

cei a traballar nun

eu que o fin

restaurante e o

de ano leva-

24 traballei!!!!!

ba o dia pensando na salida da noite!!!! Jajaja.

Na

Para min esas navidades pasaron.... como dias

fregando o suelo da cociña do restaurante!!!!!

miña

co E

vida!!!!

normales. E logo falar cos teus... conectar en in-

Como un

ternet e velos xuntos... E moi triste estar lexos!!!!

dia de

O dia 1 paseino durmindo. E de reis nada de na-

noi-

da. Aqui so existe o Papa Noel!!!! Non vou dicir que aqui non so curren, claro que si. A cidade esta preciosa, a xente anda coma tola pero

as nosas

xuntanzas e as nosas teboa

po-

costum-

bres son espe-

des ir cenar fora? Co bonito que e o calorciño da

ciais. E este e o

tua casa? Pois aqui, si. Paseino traballando ata

meu relato. Man-

as 11:30 da noite. O 25 por sorte o restaurante

dovos un grande

cerraba pero daba igual para min porque o dia de

abrazo e desexo-

xuntanza era o 24. O dia de Nadal paseino con

vos

xente que non coñecia practicamente. A comida,

Festas na nosa

totalmente diferente. Fixose un coctel de gambas

terra e os que

e unha fondue chinoise que por certo me sentou

estades fora co-

fatal. Non ai nada de aqui que se asemelle as

ma min tamen e que o novo ano traiga saude pa-

nosas costumbres muradanas. O 31 de novo tra-

ra todos, paz e traballo para sair adiante!!!!!

13

Moi

Boas


A NOSA XENTE NA DIASPORA sións insospeitadas.

A Noite Boa no Monte Umbe p/ Jorge Lago de Pexejo A primeira Noite Boa fora do pobo Ao cabo de tantos anos, téñome que permitir certa licenza poética para poder narrar a miña primeira Noite Boa fóra do pobo que me viu nacer. Existen lagoas que un ten que encher do xeito que se recordan, pero ás veces a memoria nos xoga trucos e é máis selectiva que veraz. O que sí recordo vívidamente é a anticipación ante a inminente marcha a terras americanas con apenas once anos cumpridos. A triste realidade do que nos obrigaba a emigrar non calara en min ainda e a perspectiva do descoñecido superaba calquera outro sentimento de anticipada ausencia. O certo é que un día de decembro do 1961 atopeime no porto de Vigo admirando un "enorme" trasatlántico con tal fascinación que máis que un buque me parecía unha catedral. Alí totalmente pasmado e rodeado de baúis que contiñan as nosas poucas pertenzas ademais dalgúns encargos para xente que xa vivía alá en Montevideo. Hoxe pode parecer estraño, pero recordo que nos baúis había un leghón ou sacho para un que tiña unha chacra nós arredores de Montevideo e unha maruca salgada que nos encargou unha nai para un fillo que xa había moitos anos que vivía na capital uruguaia e por razóns que aínda non entendo posiblemente a maruca salgada representaba o máximo en demostración de afecto maternal. Tamén había unha chea de familiares chorosos que non viñan a dicir ata a vista senón máis ben adeus pois naquel entón non se viaxaba con billete de retorno.

A miña nai que se mareaba vendo pasar un choche, non lle sentou nada ben o movemento continuo do barco e pasouse case toda a travesía encamada e polo tanto nunca me sentín tan libre de poder deambular por onde me dese a gana dentro dos confíns do buque. Esa catedral flotante converteuse de súpeto en algo totalmente descoñecido para aquel rapaz de Miraflores. A partir do primeiro día de adaptación ao vaivén das ondas a catedral converteuse nun hotel flotante considerando o meu descoñecemento do que podía

ser un hotel flotante ou ancorado. A miña primeira sensación de luxo foi comer todos os días en mesa con mantel e cubertería fina e en días festivos como o Paso do Ecuador; moito máis e mellor do mesmo. Despois de xa cruzar o emisferio de norte a sur, chegou a Noite Boa e podo dicir con toda certeza de que a Jorge Lago o esperaba unha noite inesquecible. A atmosfera do Nadal era palpable ao longo e ancho do buque, dende os privilexiados de primeira clase aos emigrantes de segunda.

Zarpou o Monte Umbe, vin afastarse a miña terra e aí empezou para a miña unha aventura de unas dimen-

O comedor do Monte Umbe tiña un par de escaleiras que converxían na entrada ao salón e ese día de Noite Boa parecía que todo tiña unha dimensión surrealista. Topámonos cun enorme árbor de Nadal que eu nunca vira pois o noso eran nacementos. Por si o da árbore fose pouco, todo o enorme salón estaba adornado de grilandas, globos, estrelas...A verdade é que nada do vivido ata ese entón tiña comparación co que

14


os meus ollos gozaban nin moito menos con ningunha anterior Noite Boa. Eu tiña unha especie de informante abordo que formaba parte da tripulación e tal vez porque era da Alivía, o bo señor facíiame saber de todos os acontecementos anticipadamente. O día de Noite Boa era moi especial abordo, mesmo o capitán e os oficiais se dignaban a participar completamente engalanados cos seus uniformes no gran baile-cea desa noite.

aquel consomé non era caldo, Jorge nunca comera algo onde se vise o fondo a non ser calandraca e polo tanto o consomé deixouno así como llo serviron. Por razóns obvias Jorge anticipaba a clásica caldei-

O informante xa me dixera que ia ser unha cea para recordar e que tíñamos que ir ghuapos. A pesar de que a miña nai raramente saía do camarote para ir ao comedor, ese día por ser tan especial fixo un esforzo para celebrar a Noite Boa en familia e vestindo as nosas mellores galas alí nos presentamos miña nai, o meu irmán e eu. Como xa dixen, o salón comedor lucía espectacular. Os manteis parecían ter máis amidón e a cubertería parecía brillar como prata de lei. Copas de viño en secuencia: Branco, tinto, champaña e auga. Panos da mesa que non sabías se atreverte a que despre-

gar ou deixalos quedos para non arrughalos e unha carta que tratabas de descifrar coma se estivese escrito en arameo. Mesmo os camareiros parecían un pouco máis cordiais. O menú estaba composto de seccións que eu non sabía que existisen, de feito naquel entón non sabía o que era un menú. Entrantes: Paté foie gras de non sei qué, friames combinados, croquetas de algo, etc., etc., Jorge, que é o paté foi? Non sei mamá, non sei se foi ou non foi pero eu non o quero. E que son friames combinados? Pois sonche cousas que veñen nunha fiambreira, supoño. Das croquetas xa había oido falar e non me soaban tan exóticas. Despois dos entremeses chegou o consomé. Para Jorge Lago consomé era caldo e

rada de bacallau con coliflor e presentáronlle un peixe de segundo prato que non tiña nin cabeza nin ollos nin rabo e por moito que o miraba non sabía distinguir se era vacún ou porcino pero fincoulle o dente e a experiencia foi tan boa que dende ese entón comprobou que case sempre as aparencias enganan. Terceiro prato: Tenreira á algo con salsa de algo e con patacas Parmentier. Se á sopa lle dín de lado por carecer de consistencia, a tenreira espertou apetitos que eu non cría posuír. Ambrosía non define o que eu experimentei. A tenreira pareceume espectacular a min, pero á miña nai, cando a viu vestida dunha salsa marrón a súa propia cor volveuse aínda máis verde e desapareceu do comedor deixando porba do seu mareo por todas as papeleiras ao longo dos corredores de volta ao camarote. As patacas Parmentier vinas en principio con suspicacia porque afeito a cachelos nunca me imaxinei que as patacas se podían metamorfosear en algo tan singular. As sobremesas: se mal non recordo entre a variedade había crema catalá, follados, flanes e napoleones. Para Jorge o máximo en experimentación pasteleira foran as cristinas de Rogelia e o pan bombón da tahona ou calquera lambetada que che permitisen dous reais ou unha peseta na casa de Xesús dá Meca. O da crema catalá non lle excitou, pois crema era o pental que che daban cando te ferías nunha caída ou te daban cunha cañota na cabeza xogando ao Capitán Trueno ou El Jabato. Pero os follados napoleónicos foron outro deses descubrimentos que deixaron rotura. Así foi a miña primeira Noite Boa fóra de Muros tal e como a recordo.

15


ENTREVISTA Entrevista a Rosario Piñeiro. p/Jorge Lago de Pexejo

Rosario Piñeiro:_Fun una nena feliz, o que mais recordo e boto de menos é os xogos na

Rosario Piñeiro é unha muradá de Esteiro, unha persoa que pertence a ese conxunto de mulleres que renegan ser encadradas en ningún pre-concepto. Autodidacta, inqueda e decidida a involucrarse, mellorarse e mellorar o mundo no que lle toca vivir. Aínda que a coñecín brevemente, impactoume o seu xeito directo, a súa desenvoltura e espontaneidade. Se as primeiras impresións son as que contan, axiña me decatei de que a nosa conversación sería digna de continuala e compartila cos nosos lectores. J.L._Rosario, é un pracer falar contigo outra

vez. Dixéchesme que eras a maior de cinco irmáns aínda que fuches criada como "filla única". Pódesme aclarar tal contradición?

rúa, cánto non temos xogado... o churro,

Rosario Piñeiro._ Tiven a sorte ou desgraza

arranca pinos, as canicas, as chapas, a goma,

(según se mire) de que me criaran meus

a corda, a estornela (hoxe en día xogamos de

avós maternos, sorte porque nunca me fal-

vez en cando). Fun sempre un cú inquedo,

tou de nada, vivía entre "algodóns", des-

dende que recordo xa sempre andaba metida

graza por non disfrutar da convivencia cos

en todo, a escola non me gustaba moito,( pero

meus irmans. Recordo con sete, oito anos,

polo contrario, SABER é o meu), Ricardo Re-

cando preguntaban na escola polos irmans

gueiro, o meu mestre de ximnasia, fixo que

e dicia que eu tamen os tiña os compañei-

amase o deportes de base e en verdade era

ros non me creían..., a pesares de que vi-

boa deportista, con él fixen atletismo, voleibol,

vian no Freixo (o ladiño) a finais dos sesen-

baloncesto... Pepe Agrelo, meu MESTRE de

ta non era tan cerca como hoxe...

todo, foi una das persoas que mais me ensi-

J.L._ Ben, o de contradición solteino por ser

nou, mais me marcou nos camiños que des-

inquisitivo, pero esa realidade deuse en moi-

pois cos anos fun seguindo.

tos casos de familias numerosas e os avós

J.L._ Ás veces non é o que che ensinan nas es-

adoitaban ser polo xeral candidatos moi volun-

colas, é o que se aprende dalgúns mestres. Non

tariosos para adoptar algún da prole. Cónta-

es a primeira esteirá que nomea ao mestre Agrelo

nos algo da túa nenez, das túas inquietudes

nestas páxinas e do seu efecto en moitos dos

ao crecer.

seus alumnos. Tamén fuches a estudar coas

16


monxas a Noia, supoño que terá sido unha expe-

Tí e os da túa xeración tivestes polo menos a sor-

riencia diferente á de Esteiro.

te de deixar atrás unha época que chegaba á súa fin e participar no futuro doutra máis prometedora.

Rosario Piñeiro._ Agrelo foi unha persoa moi importante para a gran maioría dos seus alum-

Xa pronto decidiches que non querías someterte

nos e dos veciños. Soubo ser mestre e compañeiro. O paso polas monxas, a verdade é que si foi unha experiencia moi diferente, alí seguían crendo que vivía Franco, a pesares de levar dous anos enterrado... tamén tiñamos profes "laicos" que estaban máis na realidade que se vivía neses momentos de transición... (falamos que era o ano 1977). Estando en Noia (con catorce anos) entramos en contacto con ERGA (estudantes revolucionarios galegos) e con un mundo novo para nos, daquela non nos "quixeron" en ERGA, hoxe podo dicir que foi unha sorte, a pesar diso, ese contacto fixo que prendera a semente nacionalista que xa tiña gardada

máis á rutina escolar e de bastante nova quiseches manifestar o teu dereito a decidir casándote aos 17 anos. Se fose hoxe e coa experiencia que nos dan os anos ¿Houbéraste decidido por casarte tan xoven? Rosario Piñeiro._ PARA NADA... os tempos eran outros, como ben dís é moi diferente aos de hoxe en día. Non me arrepinto de habelo feito, de tódalas maneiras non lle recomendo a ninguén que o faga tan cedo, con eses anos quedan moitas cousas por facer, moito que vivir sem ataduras e despois xa non é o mesmo. Unha ventaxa que si teño que recoñecer, é cando as miñas amigas empezaban a criar os fillos, nos xa eramos "libres", pero auga pasada non move muiño... J.L._ É verdade, auga pasada non move muíños, pero tamén é verdade que o pan de onte e o viño dun ano a ninguén fai dano. Mentras que os requisitos de parentesco foron cumpridos sendo aínda moza e o teu interese por outros mesteres seguiu inalterable, involucrácheste i estás “metida” en

J.L._

!Ah! Eses anos de curiosidade e experi-

mentación foron tan decisivos na nosa formación.

todo. Fainos coñecer un pouco dese todo no que estás envolta.

17


Rosario Piñeiro._ Pertenzo dende fai dez anos a un grupo de axuda mútua de país que

perdemos

fillos,

RENACER-

BARCELONA.ORG, son a presidenta da A.A.V.V. Parameán de Esteiro dende fai case oito , dende fai ano e medio a secretaria da CMVMC Sta Mariña de Esteiro. Como representante de calquera das tres asociacións

viuvo...E CANDO E UN FILLO QUE ES?? Neste grupo non importa por ou como perdeste o teu fillo, aquí o importante é que os pais quedamos sen eles... Toda a axuda que recibes no grupo acabas devolvéndoa. http://renacer-barcelona.com J.L._ É indubidable que te axudaron a enfrontarte á vida con valor renovado, a proba é que

son totalmente APOLITICA. Agora bén como Rosario estóu COMPROMETIDA con CxG, teño moita ilusión neste novo proxecto político, creo nel, creo que se pode facer política honradamente, CxG ven a encher ese oco que os partidos existentes foron facendo o irse esquecendo da cidadanía e tan só pensar nos seus propios intereses. J.L._ Viviches a vida temperán, pero tamén ésta te azoutou cruelmente a temperá idade. Sen querer pecar de insensible, ¿Podería pedirche que nos falases de como che beneficiou persoalmente pertencer ao grupo RENACERBARCELONA.ORG? Rosario Piñeiro._ Pertencer e participar no grupo renacer-barcelona.com , para min foi unha tabla de salvación, entender e ver a VIDA, dado que cando pasamos por esta experiencia a vida acabase, queres que o mundo se pare!!! pero non o fai, a vida o noso arredor SIGUE... Falar con pais sen medo a que lle dera magoa, que estiveran pensando que a dor me volvia tola, que "eles" non serían capaces a soportalo... se non que todo o contrario ENTENDIANME sabían perfectamente do que falaba e polo que pasaba, foi a mellor terapia. Temos que ter en conta que estamos "preparados" para enterrar os avós, os país,(os nosos ascendentes),a nosa parella, pero enterrar a un fillo/a eso non entra na nosa cabeza!!!! eso no é posible!!! E por desgraza somos moitos os pais que o temos que facer.Sentimonos tan perdidos que nin temos unha palabra para definirnos, cando che more un pai es orfo, se é a parella

18

estás metida noutras actividades de carácter comunitario. Presidenta dunha asociación de veciños, secretaria da comunidade de montes... e tamén comprometida coas ideas políticas de CxG. Déixame aproveitar para darche a noraboa pola tua valentía . Eres a segunda muller entrevistada en esta revista e teño que decir que Muros pódese sentir moi orgulloso por estar tan ben representado. Rosario Piñeiro._ Podo decir ben alto que o valor humano que atopei en RENACERBARCELONA.com volvín a atopalo en CxG , eu que estaba asqueada da política e dos políticos en xeral, non me podía crer que me houbera atopado con quen se atrevera a formar un partido político cunha base na ho-


nestidade e no valor sinceiro e comprometido coa cidadanía ...e esto non son palabras que digo eu ,son feitos que vemos diariamente o longo do noso País . J.L._ Dános tamén unha idea de que se trata a tua labor como secretaria dá comunidade de montes. Rosario Piñeiro._O mellor de estar ahí, é o traballo no monte cos animais a sensación de liberdade que che da estar alí arriba... a miña labor dentro da Comunidade de Montes é a mesma ca de calquera dos meus compañeiros, según o noso tempo libre no lo permite, subimos uns ou outros o monte, pois temos vacas cachenas e cabalos de pura raza galega, os cales necesitan que se "visiten" de vez en cando. A parte "deronme" o titulo de secretaria, para que ningún deles tivera que andar con papelo (jajajaja) esta labor consiste en buscar subencións, prepara as asembleas, escribir as actas, levar os rexistros dos animais... o que che dicía: papeleo.

J.L._ ¿Cal é a menos favorita? Rosario Piñeiro._ Pasividade J.L._ ¿Que te emociona? Rosario Piñeiro._ Todo ,ata as cousas mais pequenas da vida. J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta? Rosario Piñeiro._ As risas. 5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas? Rosario Piñeiro._ Cando se lle grita a un neno

J.L. Xa me queda pouco espazo para seguir esta charla tan amena que sinceramente me doe ter que ir dándolle fin, pero as esixencias do editor son incuestionables. Cédoche a última palabra antes de someterte ao habitual cuestionario co que sempre remato as miñas entrevistas. Rosario Piñeiro._ Foi un pracer esta "charla", quedan moitas cousas no tinteiro, moito que decirnos, pero teremos tempo!!! Grazas a TMT e as persoas que o fan posible, co tempo (pouco) TMT será un referente do noso concello, das nosas xentes dentro e fora. Un saúdo. J.L._ Grazas a ti Rosario por compartir connosco un pouco dá túa vida e ás túas inquietudes. Estou seguro que moitas persoas se sentirán identificadas contigo e outras veranche como un exemplo a seguir. Aí che vai a primeira pregunta dun cuestionario que a pesar de ser xenérico, di moito do individuo que as responde. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita? Rosario Piñeiro._ VIDA

ou a un vello 6. J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito? Rosario Piñeiro_ ¡! cajonamarequeosfixo,carallo!!! 7. J.L._ ¿Que profesión ademais da que exerces che gustaría facer? Rosario Piñeiro._ A dicir verdade creo que non boto en falta ninguna, como "ama de casa" pasei por todas e co inqueda que son fago todo o que me gusta... 8. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer? Rosario Piñeiro._ Verdugo. 9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? Rosario Piñeiro._ Non me gustaría que me recibise Deus, gustaríame que estiveran esperándome os meus e me dixeran : Sabíamos que volverías a nos !!!

19


ASI FUNCIONA O 061 DE GALICIA A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi creada o día 4 de decembro do ano 1995 polo Goberno de Galicia, ante a necesidade de desenvolver unha estratexia de resposta ás urxencias sanitarias.

madas (que veñen sendo unha media de 2.915 por día). Básicamente está composta polo seguinte personal: Médicos coordinadores: encargados de dar a resposta sanitaria máis axeitada a cada unha das demandas que entran na Central de Coordinación, mediante a súa análise e resolución, optimizando a xestión dos recursos dispoñibles. Teleoperadores: reciben a chamada e realizan a clasificación. Locutores: mobilizan os recursos que lle indican os médicos e fan o seu seguimento. Así mesmo, fan o seguimento do localizador/GPS. Non tódalas chamadas rematan en mobilización de recursos. No 2012 un 39 % non se mobilizóu recurso fronte a un 65 % onde sí se mobiliza re-

Ten por obxecto a realización de actividades de xestión, coordinación, consultoría, asistencia e transporte de pacientes, docencia e investigación, prioritariamente, en materia de atención extrahospitalaria no caso de emerxencia e urxencia sanitaria; no campo dos coidados críticos e na atención sociosanitaria, promove a eficacia, eficiencia e seguridade do sistema sanitario. Para tal fin, xestiona a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias, regulada pola Orde do 9 de outubro de 1995. A CENTRAL DE COORDINACIÓN do 061 (CCUS 061) está ubicada en San Marcos (Santiago de Compostela). No ano 2012 dispón dos seguintes recursos: No ano 2012 atendéu un total de 1.064.153 cha-

curso. ¿Qué percorrido fai unha chamada ó 061?

20


O servizo 061 ponse en marcha cando un cidadán, en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, algunha testemuña desta urxencia ou un membro dun servizo público ( policía, bombeiros, etc.) marca o teléfono do 0 6 1 para solicitar axuda.

Instructor de Soporte Vital Básico por SEMESAHA

A chamada entra na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia, e é atendida por un teleoperador que lle pregunta ao alertante en primeiro lugar polo motivo da chamada e, posteriormente, polos datos de localización do doente. Unha vez confirmado o motivo e contido da demanda, solicítanselle ao alertante (se procede) os datos de filiación do doente. Simultaneamente, o teleoperador traspasará a chamada ao médico (consultor, MER ou xefe de sala en función da clasificación realizada). Tódo este proceso está protocolizado. O médico coordinador identificarase e comezará a interrogar ao alertante en función do motivo da chamada para obter información ao respecto e para facer a anamnese. En función da valoración realizada polo médico da Central tralo interrrogatorio telefónico, este asigna unha resposta á demanda que pode ser con ou sen mobilización de recursos. Ao mesmo tempo que se asigna a resposta o médico coordinador informa o doente da forma na que considera se debe resolver a demanda, indicandolle ao alertante as recomendacións que ha de seguir co doente e, no caso de requirirse a intervención dalgún tipo de recurso asistencial, o recurso enviado. Nos casos nos que a demanda se resolve con mobilización de recurso o médico ordenalle ao locutor a activación do recurso seleccionado. Gracias a unha potente plataforma informática todo este proceso é simultáneo para tódolos membros da sala polo que a frase "mentres falamos a axuda xa vai de camiño" é realmente certa. Fontes: Memoria anual do 061 ano 2005 Memoria anual do 061 ano 2012 Elaboración propia Francisco Javier Mayo Veloso Operador na Central de Coordinación do 061 Técnico en Transporte Sanitario

21


AS TROPAS NAPOLEONICAS ENTRAN, INCENDIAN E SAQUEAN MUROS NO ANO 1809 (II) Mais documentos sobre a entrada, saqueo e incendio polos franceses da Vila de Muros no ano 1809. (II)

nota, obligando á su merced y mas Sres. de Ayuntamiento á que les entregasen como lo hicieron, el numero de raciones pan carne y vino que pedian de orden del Dn Manuel Taboada y de su compañero el llamado comandante recogiendo las llaves del Castillo, Almacenes y cuantos efectos de guerra havia de todo lo que se apoderaron. En esta estado

p/ Manuel M. Caamaño “En la villa de Muros á veite y nueve de Marzo de mil ochocientos y nueve; El señor don Joaquín Veiro Regidor Decano del Ayuntamiento de dicha Villa que á falta de Juéz y Alcaldes administra Justicia en ella, por ante mi Escribano dijo; que últimamente se presentó en la Casa que servía para Ayuntamiento Dn Manuel Taboada y Coton acompañado de otros quatro o cinco sugetos armados y ente ellos uno que decía ser Comandante y resultó ser Fraile y llamarse Fr. Pedro Romero, diciendo trahian ordenes del Excelentisimo Marqués de la Romana para la reunión de desertores de su Exercito y recoleccion de depositos para su servicio, los quales fueron respetados con el acatamiento que se merecia el gefe de quien provenian y

su merced y más Municipalidad conociendo que en este Pueblo se hacia una verdadera alarma contra los franceses que estaban en la Capital de Santiago, y algunos en la inmediata Villa de Noya, trataron con Taboada y Comandante manifestandoles la situación local del Pueblo que estaba avierto la carretera franca para Noya, Santiago y Coruña, y que si llegara asaverse sus operaciones por los Franceses, como era presumible no solo ellos y mas alarmados estaban expuestos sinó que vendría á quemar este Pueblo, y matar sus havitantes como lo hicieran en otros; suplicandoles por lo mismo se trasladasen a otro lugar de los menos expuestos de la inmediata montaña, o Carnota en el que se les auxiliaría y y enviaría todo lo que pudiesen y fuese posible. Cuyas razones y otras mas sumisas no fueron bastantes para combencerlos , antes bien añadieron de que los Franceses no vendrían á este Pueblo, que estubiesen seguros, y lo mismo los mas havitantes que respondian con sus cabezas siempre que aquellos viniesen, ya que tenían mucha gente paisana alarmada, y cada día se le aumentaba más, y para municionarla como correspondia obligaron á que estos vecinos le entregasen, como lo hicieron las armas que tenían y á mayor abundamiento pasaba embarcado el Comandante á Vigo en busca de una Fragata Inglesa para que le diese como lo haria los fusiles, polvora y balas que necesitaban, cuya salida hizo de este Puerto to-

señalandoles casa de alojamiento en que pudieren desempeñar su comisión, ala que se les llevó al anochecer del primer día de su llegada. En la misma se notó que Tomás Fernández Gefe de Fachos de la inmediata feligresia de San Juan de Serres se presentó voluntariamente en dicha posada, en cuya puerta permaneció con mucho número de paisanaje armada, y al día siguiente se fue aumentando esta mandada por el mismo y por Bonifacio Piñeiro y José Luis García que también lo son de la de San Mamed de Car-

22


mandose por el Taboada y dichos jefes, las entradas por tierra impidiendo la salida á los que pretendían practicarlo á imitación de antes pero continuando su merced en el dar de dicha racion. Se dibulga que benian los Franceses; buelbe Taboada y Jefes á contestar lo mismo; que respondian con sus cabezas: se aumenta la desconfianza; loa havitantes que estaban desarmados se proponen, manda al Jefe Bonifacio que pase con su trozo á cortar el Puente de Don Alonso; sale diciendo iba á practicarlo y á vatir a los Franceses para que no pasasen: crece mas la voz de que estos llegaran ó estaban para hacerlo á dicho puente, y que según la distancia estarian aquí la mañana del siguiente veinte y seis; contesta Taboada confiaba en su gente no dieron crédito a dichos; que todo era incierto; manda refuerzo á Bonifacio que Taboada dice se batiera rechazara a los Franceses, y trahia prisioneros á muchos de ellos. En este estado siendo ya de mañana del mismo veinte y seis algunos vecinos viejos de sesenta y setenta años empiezan a caminar con mujeres, niños y enfermos para los montes para poner á salvo sus vidas en caso de llegar al Pueblo los Franceses y á poner en las Lanchas de pesca, y buques mayores propios que tenían en la playa, varios vienes, alhajas y dinero que consideraban. Sabido por el gefe Tomás Fernández sale con partidas de paisanos armados, una á su mando y otras al de Joaquín Tizón y Don Domingo García Carantoña; cogen aunos y otros, les proponen su ruina, no dan ascenso á sus dichos y lagrimas, traenles con el nombre de prisioneros y traidores con las cestas y bultos que llebaban, presentan todo en la casa de posada del Taboada, imponen la pena de que serian fusilados quantos volviesen a salir tanto viejos co-

mo mujeres y niños dando orden para que tirasen al que hallasen , y decomisasen quantos efectos aprendiesen. A este tiempo aso-

man los Franceses á media legua de distancia los reconoce todo el Pueblo, quieren los impedidos, mugeres y niños salir por mar ó tierra, al ponerlo en practica sele pribó por dichos Tizón, García y Fernández con su gente, á algunos le dan golpes, ponen pistolas alos pechos y practican otras inhumanidades; empiezan a entrar los Franceses, huyen los Paisanos por los montes hacelo Taboada por mar á un barco Portugues que empezó a cañonear

con el castillo inútilmente por no poder ofender a los franceses, ni impedirles la entrada, según el terreno, que hicieron á cosa del medio día, o algo mas, del veite y seis corriente, “ la que trajo las consecuencias de haver muerto á algunos hombres y mugeres haverse sauqeado generalmente el Pueblo de todo lo precioso que havia en el”, por no haverse permitido sacar la menor cosa, “y poner fuego á sus casas quedando reducidas á cenizas hasta el número de ciento ochenta y cinco”, entre ellas las de mayor estimación, como se reconoce de sus formales, y las en que havitaban y tenían sus oficios los escribanos de numero D. Franco. Granero, D. Joaquín Martínez, D. Domingo García Carantoña y D. Luis Cayetano Cereijo, cuyos papeles, Notas o Registros, y aun los titulos de Escribanos de los tres primeros fueron reducidos á cenizas, á imitación de cuantos vienes y alhajas contenian sus casas por impedirsele ponerlo en seguro, como

23


es publico, y ellos lo asientan. Y para que en todo tiempo conste lo acaecido co la alarma y sus resultas y mas fines que puedan importar, lo atesta su merced por cierto y ofrece recibir, en orden á uno y otro, la competente averiguación con las personas mas condecoradas del Pueblo que ya se ban restituyendo á él. Asi lo dijo y firma de que hago fe – Joaquín Beyro – Ante mi Jacobo Llanes de Alborés – rubricado.

retroceder con su familia, cuando salía de la villa, la gente del Taboada, apesar de no poder por su edad y enfermedades prestar, en caso necesario, servicio alguno; que mataron hom-

___________ Sobre os feitos enunciados no auto que antecede deron información testifical, baixo xuramento, ante o Alcalde-Xuiz, e escribano público, os señores: D. Bernardo Lucias e D. Luis Llanes y Castilla, canonigos-curas da colexiata. Don José Gil, canonigo tamén da misma e D. Francisco Granero, D. Joaquín Martínez, D. Luis Cayetano Cereijo e D. Domingo García Carantoña, escribanos públicos da Vila. Os cales afirman o exposto no citado auto. -El 1.º Entraron al medio día, saqueando, incendiando y matando i le consta lo dicho por haberlo presenciado desde la bahía, y que al marcharse los franceses, salto á tierra para ayudar á apagar el fuego y prestar ausilio, hallándose con varios cadáveres de hombres y mugeres. Las quemadas, totalmente, fueron 185 de las principales. -El 2.º Que mataron hombres, mugeres y

bres mugeres y niños, y que hubo de perecer, el con su familia, por haberle incendiado la casa donde se refugiaba por no poder retirarse a tiempo. -El 5.º Que mataron hombres, mugeres y niños etc. y que le embargaron dos baules con los papeles de su oficio, que trató de poner á salvo, los que guardaban la villa para evitar la marcha de los vecinos, soldados del Taboada. -El 6.º Que vinieron por San Anton, que incendiaron 185 casa de las principales, incluyendo la suya y la de sus compañeros de oficio citados, matando hombres, mugeres y niños, que logró á costa de grandisimos trabajos, salvar algunos papeles de su cargo. -El 7.º Como los anteriores, agregando que pretendieron hacerles frente, mas visto el gran numero de franceses desistieran de ello.

niños apeasar de hallarlos indefensos, quemando 185 casas! -El 3.º Que entraron al medio día por el monte de San Anton matando hombres, mugeres y niños, que la gente se refugio en los montes, por mar y en los vecinos pueblos, quemando 185 casas principales. -El 4.º Que fue uno de los que obligaron á

Escrito este Auto é información testifical, siguiente, en siete pliegos de papel sellado del año 1809, a fé del escribano Jacobo Illanes de Alborés. É curioso constatar que se fai mención continuamente a cantidade de casas queimadas polas tropas napoleónicas (185), pero en ningún caso se fala do número nin do nome de vítimas a pesar de que todos repiten que morreron a mans dos soldados franceses, varios homes, mulleres e nenos desta vila.

24


O Cruceiro do Convento de Louro Tipo de ben: Cruceiro , Concello: Muros Parroquia:Louro Lugar:Louro Cronoloxía: Idade Moderna (XVIXVIII) , Descrición: Situado no centro do Claustro do Convento de San Francisco. A cruz non ten crucifixo, de forma octogonal rematada en picos floreados, sostense sobre un capitel esquinado, tendo a cada un dos seus catro lados unha estrela de oito puntas (repítese en numerosos cruceiros do Concello). O fuste cilíndrico sostense sobre unha basa que a súa vez se sostén sobre dúas gradas, sendo a basa a terceira. Ramón de Artaza apunta a que a súa feitura podería corresponder coa do claustro, o cal ostenta nun dos seus lados a inacción do ano 1646. Propiedade: Privada Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Tradición oral: Referencias bibliográficas: Historia de Muros y su distrito .- 2ª edic. .- Ramon de Artaza Malvarez http:// ww.planeamentourbanistico.xunta.es /mapes/MUROS/ documents/22396CA016.pdf

Artigo de Xokas Figueiras, recollido en patrimoniogalego.net

25


Os Nosos Beléns As orixes deste costume de reproducir en imaxes o nacemento de Xesús se remonta ao século 13 por iniciativa de San Francisco de Asís. Dise que, mentres predicaba pola campiña de Rieti, Italia, o sorprendeu o cru inverno ao humilde predicador que vestía con farrapos. Refuxiouse na ermida de Greccio. Era o Nadal do ano 1223. Mentres oraba rodeado daquela paz do bosque e meditando a lectura do evanxelista San Lucas, tivo a inspiración de reproducir en vivo o misterio do nacemento de Xesús en Belén. Construíu unha casiña de palla a xeito de portal, puxo un presebe no seu interior, trouxo un boi e un asno dos campesiños do lugar e invitou un pequeno grupo deles a reproducir a escena

da

adoración

dos

pastores.

A fermosa idea propagouse por toda Italia, logo a España e o resto da Europa católica.

26


27


A BANDEIRA GALEGA E O JOAQUÍN PÉREZ DE MUROS p/ FRANCISCO ABEIJÓN NÚÑEZ

O pailebote muradán Joaquín Pérez tivo a honra de ser o primeiro barco no que ondeou a bandeira galega. Este feito tivo lugar o primeiro de xullo mil novecentos trinta e dous. Aquel día de verán no peirao de Muros encetábase unha excursión de Ultreyas – organización xuvenil galeguista- que durante quince días ía transitar polas Rias Baixas. Tratábase dunha viaxe de formación e aprendizaxe para un grupo de

reconstrucción da Patria. Esta viaxe como barco escola significaba un flete excepciónal para Joaquín Perez. Xa que o barco adicábase normalmente ao transporte de mercadorías dende Vigo, a coñecida como carreira de Vigo, para a casa armadora da familia Pérez de Muros. Ninguén nos asteleiros do Caniso situado na Inxuela en Esteiro donde fora construido polo mestre Manuel Brea Cernadas “o mariñán” en mil novecentos vinte podía sospeitar que este barco de pouco máis de dezaseis metros de eslora e apenas vintecinco toneladas métricas de rexistro bruto estaría destinado a entrar con letras maiúsculas na historia de Galiza. O Joaquín Pérez iría mandado polo patrón esteirán de confianza da casa dos “carraspellos” muradáns. A dos Pérez era unha das casas industriais e comerciais máis puxantes da burguesía da época. Xosé Caamaño Esteiro nacido en Esteiro en mil novecentos, era coñecido por Xosé de Fisterrán, e estaba en

rapaces nas materias de xeografía, navegación, historia, etnografía, etc… Estaba insertada nunha moderna concepción do ensino pedagóxico que facía furor por toda Europa nos anos trinta do século XX. Polas referencias escritas da viaxe sabemos que visitaron entre outros os portos de Ribeira, Rianxo, Cambados, Vilagarcía, O Grove, Portonovo, Bueu, Ons e Vigo. Para aqueles cáseque dúas ducias de rapaces, entre os que podemos citar a Isaac Díaz Pardo, X.Astorga Anta, Torres Caplane, Penas e un longo etcétera de Ultreyas sería unha excursión inovidable. Para os profesores Xurxo Lourenzo, X.Martínez López, Álvaro das Casas, R.Martínez e Isidro Parga Pondal era unha importante xeira da que se tirarían algúns estudios e varias experiencias. E para a organización xuvenil galeguista Ultreya supoñía un paso adiante na súa propia consolidación e no traballo de educación da mocidade cara a

28

posesión do nomeamento de patrón de cabotaxe para pilotar barcos de vela e vapor por augas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía dende 1930. Este mariñeiro tamén sería, máis tarde en 1934, tamén o patrón do Genoveva –folio VILL-3ª-2-1463-, a primeira baca de arrastre que houbo no porto de Muros. E máis tarde moi coñecido na postguerra por ser o patrón do barco secuestrado polos republicanos fuxidos que levaron ao mítico Lino Tieles dende a ria de Muros ata as costas francesas –pero esa historia debullaremola máis polo miudo noutra ocasión-.


O resto da tripulación do Joaquín Pérez durante esta histórica viaxe estaba formada polos mariñeiros esteiráns Bieito Caamaño Esteiro – Benito de Fisterrán- irmán do patrón, Xan Maio Caamaño –Xan de Meliño-, Xosé Caamaño Cernadas – Xosé de Ferreñas-, e máis un meiriño apelidado Lamas e casado en Muros. Como sabedes os meiriños por estes lares son as persoas orixinarias das rias baixas. A emoción bulía na mente dos rapaces. Auténticas vangardas galeguistas sabedoras de que era a primeira vez na historia da navegación galega que a bandeira azul e blanca ondeaba na popa dun navío. Unha vez doblado o Rebordiño e avistando pola amura de estribor os cumes do monte Louro aqueles privilexiados estudantes empezaban a apagar a súa sede de sabedoría aprendendo as doctas ensinanzas dos seus mestres aplicando de xeito práctico a filosofía da organización Ultreya, que fora creada en febreiro dese mesmo ano por Álvaro das Casas, director do instituto de Noia e destacado político arredista.

VI. Porque teño que ser home útil a miña Terra, cumprirei todas as miñas obrigas para ir facendo a miña historia de cidadán exemplar. VII. Porque quero limpar a miña axuda de erros, educarei o meu esprito no estudo e no traballo. VIII. Porque teño de ser rexo na axuda aos meus irmáns, fortalecerei meu corpo na craridade das augas e no ar das montañas. IX. Porque soño nun provir de verdadeira fraternidade, farei que rente min se xunten todos os rapaces galegos para que o día de mañán non nos afasten prexuízos de caste. X. Porque quero unha Galiza enteiramente galega en convivio con todas as culturas abrirei o meu peito a todos os homes de boa vontade e reita intención.

Esta filosofía dos Ultreyas quedaría expresada aínda que coa exuberante retórica da época no decálogo da organización: I. Porque amo a Galiza con toda a miña alma , adicareille os meus millores esforzos para formala eternamente feliz. II. Porque a miña vida está chea de mágoas, a miña mocidade será unha leda canción que erguerá o espírito de todos os coitados. III. Porque estou afincado no chan nativo endexamais hei de crebar as ligazóns coa miña xente, manterei sempre aceso o fogo do meu lar. IV. Porque penso no que fun, no que son e no que teño que ser, respetarei os vellos e pequenos e defendereinos de toda aldraxe e sofrimento. V. Porque quero a eficacia da miña laboura, axudarei os nobres desexos dos meus compañeiros como quixera que me axudasen a min na arela dos meus limpos soños.

O día quince de xullo de mil novecentos trinta e dous o barco de Muros, Joaquín Pérez, rendía viaxe en Vigo coa súa bandeira azul e branca na popa. A primeira universidade flotante da nosa terra facía doutores “honoris causa” a toda a pasaxe e a súa tripulación. O patrón de cabotaxe número 551 da Comandancia da Mariña de Vilagarcía, Xosé de Fisterrán, sorría dende a ponte. Matinaría na trascendencia histórica desta viaxe que estaba tocando ao seu fin? O finado de Pepe Agrelo e máis eu que investigamos este asunto en mil novecentos noventa e dous coidamos que si.

29


Panxoliñas de Augardente. p/ Manuel M. Caamaño

Son as 7:30 da maña do mércores 20 de decembro. Estamos a 20 millas ao oeste de Monte Louro. Anda un ventiño fresco de leste o que me obriga a manter as fiestras da ponte pechadas para non mollar a cara. Teño sono, estou canso e un pouco malhumorado. E fai un frío que pela.! Acabamos agora mesmo de largar as artes e aproveito para tomar un cafeíño ben quente para quecer o corpo. Miro no radar e non temos barco ningún nun radio de 4 millas , podo tomar tranquilo o café. Acendo o UHF na canle 74 . Saúdame unha voz augardentosa pero ben afinada que canta unha panxoliña que fala do Neno sobre un feixe de pallas . Cambio para a canle 9 e outra voz , esta vez moi desafinada , canta tamén unha panxoliña que fala de peixes e ríos. Cando termina outra voz e outra panxoliña remúdano . Paso agora a canle 11 onde esta control de trafico de Finisterre . Un petroleiro de bandeira Grega está a reportar o seu paso polo dispositivo de separación de tráfico. E ao terminar despídese con un recoñecible, merry chistmas and happy new year. Volvo a canle 74 , sigue a mesma voz de augardente cantando, pero esta vez é unha rancheira o que soa po la radio. Cando termina outras voces anímano a continuar e a voz augardentosa arrancase con un pasodoble! Xa son mais das 8 da mañá , xa espabilei , xa quecín e xa no me lembro porque estaba malhumorado…

30


CURIOSIDADES MURADANAS O APELIDO MUROS p/ Manuel Lago Álvarez O apelido Muros e de procedencia galega, con casas solares que radicaron precisamente na vila de Muros. Hai contrastados antecedentes da presenza de xentes co apelido Muros, con anterioridade os anos 1.400. Os seus compoñentes mais destacados engadiron os seus nomes, o toponímico de "Muros". Parece ser que seu orixen fixase en don Diego

Rodríguez de Muros, nado polos anos 1.300, xa que con anterioridade os desta familia aínda non usaban o patronímico Muros. Un dos personaxes mais famoso desta familia foi don Diego de Muros, que foi chamado "Muros I" que foi bispo de Tui e Cidade Rodrigo e que tomou o hábito da Mercede en Salamanca o 21 de maio de 1.472. As armas do escudo nobiliario son: en campo de prata con unha cruz potenzada de gules. En España hai 863 persoas censadas co apelido Muros e aproximadamente 858 persoas que levan este apelido, co que, Muros, e o 4.902º apelido más frecuente en España.

ña son 11, e estas once, están censadas todas en Muros. Ningún outro concello de Galicia ten ningunha persoa censada co apelido Muros. O maior número de aparicións dáse en Granada: 378. Outras provincias con abundantes aparicións son: Barcelona (161), Madrid (79), Sevilla (48), Málaga (35), Córdoba (18), Valencia (13), Xirona (15), Alacante (11), así como Illas Baleares (22). O apelido Muros aparece recollido polo Cronista e Decano Rey de Armas, Don Vicente de Cadenas y Vicent, no seu "Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica", iso significa que o liñaxe Muros ten armas oficiais certificadas por Rey de Armas. Dito “Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica” e a maior obra de heráldica española, onde aparecen os apelidos coa súa heráldica como o apelido Muros ordeados alfabeticamente, cos seus escudos. Tamén, Julio de Atienza, no seu "Nobiliario Español", recolle a heráldica e historia do apelido Muros. Esta obra e de gran importancia para a heráldica xa que recolle a historia, probas de nobreza e fidalguía dos apelidos e liñaxes entre os que está o apelido Muros. Tamén figura o apelido Muros no "Diccionario Heráldico y Nobiliario de los Reinos de España" de Fernando González Doria, aínda que presenta menos datos do apelido Muros que o "Nobiliario Español".

Estas persoas viven en 52 provincias. Na coru-

31


TEATRO NA VILA Por Antón Lameiro A influencia positiva que exerce calquera actividade artística dentro dunha comunidade é esencial no seu desenvolvemento, e non debe ser desestimada polo moito ou pouco profesional que ésta sexa. Tanto a mestría de Ximiela como a desenvoltura de Aquelando Teatro, ou o entusiasmo da Asociación O Rumial son un reflexo das enquedanzas, do xenio, e do ben facer que como pobo compartimos. A expresión artística de nos mesmos. Cando un pobo ou unha comunidade celebra e aprecia as artes, o xeito que temos de organizarnos ou ata de divertirnos toma unha perspectiva diferente, máis creativa e máis sensible si se quer, útiles o fin de contas para conservar o noso pasado e trazar o noso futuro. A nosa vila ten unha longa e consolidada fama de titiriteira: O Enterro do Facundo, as Xornadas da Cultura Mariñeira ou a

Cabalgata de Reises serían os vivos exemplos que a acreditan, e o Teatro Mercedes, que data dos primeiros anos do século pasado, vería sendo a proba máis sólida de tan longa afinidade. ¿Como sería a primeira obra que se representou en Muros? ¿cántos ocurrentes muradanos e muradanas non farían xa as delicias dos seus conveciños? Desgraciadamente non contamos con suficientes referencias históricas da vida cultural na Vila por aquel entón, xa que naqueles anos dábaselle máis importancia a enxalzar os santos ou a conmemorar gloriosas efemérides do que a promover a ilustración. O meu primeiro recordo dramático data de cando eu tiña sete ou oito anos e as catequistas de Serres montaron un Belén vivinte con un final donde todo-los nenos pasábamos a bicar os xeonllos do Neno Xesús. O dramatismo da úni-

32


ca función resultou, como era de esperar, máis própio do Éxodo ou do Pentateuco do que do Nadal, xa que na vindeira semana falouse máis da gripe que pegamos a maioría dos rapaces do que da sacra e contaxiosa posta en escea. O que si recordo de millor agrado é a incursión que a Sociedade Cultural Muradana (2) dirixida por Gestal fixo no ano 1967, e que como todo mundo sabe rematou instaurando a Cabalgata de Reises (1) ata o día de hoxe. A sua contribución o teatro local pódese considerar pioneira xa que é a primeira referencia que temos da formación dún grupo de teatro como tal. Foron bastantes as obras e non menos os lugares a donde chegaron ca picaresca muradana. Pezas que, anque non eran do repertorio galego - sainetes de Arniches e de Alfonso Paso na maioriade seguro estaban personificadas co noso esparamexo e ca nosa natural gracia pesca; xente ca “disposisión” de Carola de Miraflores, Pepe da Alivía, Jorge de Pexejo, ou As Sereiras conformaban o elenco, co que xa vos podedes imaxinar a natureza e o humor que tiñan estas obras. Co tempo chegarían a codearse co Grupo Tespis de Noia que xa levaba máis anos na es-

non naceu como unha actividade extraescolar do Instituto, Caracusta xurdeu dunha boa idea

cea teatral, pero ca transición política e os avatares da vida chegarían a disolverse, deixando un baldio na farándula local. En 1980 o Grupo de Teatro Caracusta (4) tomaríalles o relevo. Os 80 foi unha década moi rocambolesca: Dende a Xunta repatriaban a Castelao os mesmos que outrora o exiliaran, "Os Resentidos" reclamaban un Vigo capital Lisboa e na Vila, cún cine de Carcamán recén pechado, o desasosego cultural empezaba a botar raices. É importante deixar claro que o grupo de teatro que funcionou na Vila por casi unha década (1980-1989)

a liña dos nosos precursores e achegarnos o público con unha obra máis afín o contexto que nos tocaba vivir, algo que xa todos lésemos na escola ou vísemos na televisión. Eu tiña grabados uns cuantos programas da serie dramática de TVE “Estudio 1”, e como a iñorancia é tan confiada como atrevida, embarqueime nada mais e nada menos que na adaptación da “Historia de una Escalera” de Buero Vallejo. Un drama costumbrista que ten ¿unha vila mariñeira por escenario?. Elo aí o bo que ten o teatro é que, como unha horta en campo, sempre que

na que nos embarcamos uns cuantos mozos de Muros: a Asociación Cultural Limiar. Adolescentes todos, ningún tíñamos mais de 20 anos, compartíamos duas cousas, fomentar a lingua galega e o amor pola nosa Vila. Por suposto que unha das formas máis acertadas que se nos ocurreu para xuntalas foi o teatro, pero como ningún de nós tiña moitas tablas nin tampouco noción alguha da dramaturxia galega, resolvemos que sería moito máis factible seguir

33


se lle boten ganas pode dar moito de seu. Nembargantes no mundo da escea a habilidade de saber acomodar o público é tan recurrente como calquer método que se use para asombrar este. Non sei si pola sorpresa de verse representados no escenario ou por que moitos recoñecían as roupas, os mobles e a utilería que arrepañáramos polos feados da vila, a obra foi un éxito total. Cunha Praza da Pescadería abarrotada e unha noite de agosto canicular, o noso entusiasmo xuvenil desbordou toda-las expectativas e acabamos representando a obra xa non só varias veces na bisbarra, sinon tamén en Mazaricos, Carnota e ata en Santiago. E obrigado decir que o éxito do Grupo de Teatro Caracusta debeuse primeiramente o esforzo dos que formábamos a Asociación Cultural Limiar, asi como o patrocinio do Concello e o oportuno apoio do finado alcalde Xosé Lago; pero a verdade é que nada desto tería sido posible sin a colaboración dos veciños da Vila. Xente como Totola, Mari Loli da Posa, Maria a peluquera, Maria de Romaxe, e un bo lote de voluntarios que co seu afán desinteresado vestiron, peitearon e amoblaron as diferentes esceas para deleite de todos nós. Co altruismo e a participación da xente, especialmente a dos máis novos, a Asociación Cultural Limiar conseguiu tamén recuperar o tradicional Enterro do Facundo, que tiña xa un cántos anos que nos se facía, e que por sorte séguese a celebrar ata o dia de hoxe. As artes en xeral e o teatro en particular xogan un papel moi importante no desenrrolo da xuventude, xa sea interpretando un personaxe ou colaborando ca posta en escea, as suas vidas enriquécense durante o proceso e toda a comunidade beneficiase desto. Nunha segunda etapa de Caracusta, logo de disolverse a Asociación, a A.P.A. do Instituto contratoume para dalle clases de arte dramático os alumnos de BUP e de FP, e foi aquí donde descubrín que o potencial teatral que ten o pobo de Muros é algo xa de por sí xeneracional. Os rapaces cos que traballei durante este novo periodo marcaron para sempre a miña vida, e podo decir que aprendín eu máis deles do que eles de min. Moito podería falar destes anos, pero xa que foi este outro episodio na vida de Caracusta vámolo a deixar para outro capítulo. No que sí me gustaría matizar é que nos casi dez anos que levamos facendo teatro nunca

nos faltou nin a colaboración da xente nin o entusiasmo dos rapaces que se apuntaban a traballar en cada nova producción. E aínda que os contratempos non foron poucos, especialmente logo de que eu me metera na política, a experiencia dramática foi 100% constructiva. Seguramente por que o teatro é unha das poucas expresións artísticas que non se pode levar a cabo individualmente sinon en comunidade, todo resultou, a maiores, armonioso, aínda que tamén controversial; un reflexo da vida, o fin de contas. Talvez por iso como pobo sería bo repasar de vez en cando a política cultural de Galicia, si queremos algún día chegar a entender o noso verdadeiro drama. “Maria Da Marea”, unha das obras que representamos, é unha alegoria de Galiza donde os persoaxes distancianse entre si, non só xa polo fato de que úns falan en galego e outros en castelán, sinon tamén por unha notable aotomarxinación que os define. Na escea 4, logo de que Maria volta de America para casar co pai do seu fillo, alguen pregunta: - ¿E esa rapasa de quen ven sendo? -E filla de Tona da Jalorcha e disque de Don Pasqual Massó. -¿A que anda cos peixes? -A mesma! -Pois vaites que che tuvo ben boa sorte… ,mira ti que ir casar co fillo de Don Leandro o aboghado. -Rindo co dighas. Para non ser máis que filla de porta aberta... PD- Falar de teatro na Vila é non mencinar o Mestre Agrelo é como falar do mar e nunca embarcarse. Pero aquí xa nos saimos dos límites do teatro local para entrar no profesional. E esto son palabras maiores.

34


NOVAS DE ONTE p/ Manuel Lago Álvarez

De Esteiro: Los de la parroquia de Esteiro se quejan y con razón, de lo abandonados que tienen los caminos pues apenas llueve algo se hacen intransitables. Es costumbre, según ellos mismos manifiestan, de que los alcaldes de barrio avisen a los vecinos y estos los arreglen. Llamamos la atención de quien corresponda para que dé las oportunas órdenes. (enero 1903)

Anunciarse bien: Todo comerciante o industrial que quiera vender mucho y bien, debe anunciar su mercancía o industria en El Pueblo Muradano, que es el periódico de más circulación del mundo. (enero-1903)

Un buen partido: Caballero, treinta y pico años, tipo regular, buena educación, empleado inamovible, práctico en los negocios, desea contraer matrimonio con señorita o señora viuda. No reparará en la edad, ni en la hermosura, ni menos en circunstancias, pero tendrá muy en cuenta el capital. Dirigirse por carta, lista de correos, cédula 202. (Noviembre 1902). Nombramientos: Han sido nombrados corresponsales de El Eco Muradano, en Santiago, don José Novo Vahamonde, Entremuros, 28, en Carnota, Don Joaquín Caamaño Lago; en Esteiro, Don Bernardo Caamaño Lojo y en Louro D. José García Beiro. Los suscriptores en esos puntos pueden recoger en la casa de esos señores el periódico. (1902) Subasta de sal: El 1º de noviembre tuvo lugar la subasta de la sal en este ayuntamiento adjudicándosele al mejor postor que lo fue D. Antonio Lutensqui. Buque Matilde: Pocos días antes de llegar a Marín para donde venía el buque Matilde que manda el inteligente capitán, nuestro convecino, D. Bartolomé Fernández, tuvo que arrojar al mar el cadáver del joven muradano Luis Martínez, hijo de la pobre viuda Dolores Pérez. El difunto era el sostén de la madre y de tres hermanos más. Dios lo haya acogido en su seno y de resignación a la pobre madre. (1902) Playa de Tal: Apareció en la playa de Tal, a orilla del mar, el cadáver de un anciano, vecino de aquella parroquia. La muerte atribuyese a un ataque cerebral. (1902).

Visita de Obras: El día 13 del pasado mes hemos tenido el gusto de saludar a nuestro amigo y exvecino el Sobrestante de Obras Públicas D. José Parada, que acompañó en su viaje al Ingeniero segundo Jefe de la provincia, D. José Real. El objeto de la visita de estos señores a nuestro pueblo, fue el estudio para la rehabilitación como puertos, Cabanas y Esteiro. También trajeron el plano de la población. Las construcciones que se hagan en la calle del Mar, distarán del petril del malecón 12 metros (enero-1903) Ordenaciones: En las últimas témporas han recibido las sagradas ordenes nuestros convecinos y muy queridos amigos, los Sres. D. Manuel Martínez Iglesias y D. Bernardo Louro y Louro para el Subdiaconado, y D. Vicente González Siaba, para el Presbiterado. A este último apadrina en su primera misa S.M. la Reina. Las simpatías de que en la Armada goza el Práctico mayor D. Vicente González Lamela, han llegado a altas esferas, como lo demuestra la honra con que le distingue S.M. al querer apadrinar al hijo. Reciban nuestras queridos amigos el testimonio de nuestro más sincero gozo y nuestra felicitación más cordial. (enero 1903).

35


¿A quén non se lle dan as matemáticas? p/ María Xosé Alfonso Torres A maioría das persoas identifican as matemáticas cunha disciplina moi aburrida e difícil. Rápidamente pensan en problemas de difícil resolución nos que hai que aplicar fórmulas e algoritmos complexos. Cantas veces escoitamos “A min as matemáticas non se me dan”!!! Isto é porque todas estas persoas non son conscientes de que están empregando as matemáticas constantemente. E non só cando van a unha tenda a mercar, non, xa sen saír da súa casa. Non é raro que despois dunha comida en familia ou con amigos, durante o café e a sobremesa, alguén plantexe un “xogo”, de palillos, acertixo,...... Por exemplo: Poñendo unha raia recta nalgunha parte desta expresión, antes do igual, isto que agora é falso convírtese en verdadeiro

5 + 5 + 5 = 550 Ou, “Movendo só dous palillos hai que conseguir que esta vaca que está mirando ao sol mire á lúa” Por suposto, non pode quedar unha vaca “mutante”, isto é , non pode quedar con dous rabos ou unha orella ou patas arriba. Pero ademáis, empregamos as matemáticas cando facemos a comida, pois se temos unha receta para catro persoas pero temos que facer de comer para un número distinto de catro xa temos que aplicar as proporcións. Ou porque non temos suficiente cantidade dalgún dos ingredientes. Se temos que facer unha tarta para a que, según a receta, precisamos oito ovos pero só temos seis entón teremos que adaptar as cantidades do resto dos ingredientes a esta cantidade de ovos, ou non? Pois xa estamos aplicando as proporcións (si, si, iso que se estuda nas clases de matemáticas). E seguro que moitas das persoas que aplican as proporcións correctamente e elaboran deliciosas recetas teñen dito en máis dunha ocasión que non se lle dan ben as matemáticas. Cando nos chega a factura da luz todo o que alí hai son matemáticas, atopamos ademáis de sumas, restas e productos, porcentaxes (nos descontos e no IVE), un diagrama de barras (cos consumos dos meses do último

ano), unha media (coste medio diario da enerxía do período, xusto debaixo do diagrama de barras), unha táboa de datos (coa información da facturación ATR) e gráficos de sectores (coa orixe da electricidade). Todo iso son matemáticas e o vemos e interpretamos cada vez que miramos a factura E se imos mercar ou temos sorte e nos regalan unha xoia de ouro? Que é iso dos quilates? Por que algunhas persoas teñen alerxia ao ouro que non é de 24 quilates? O ouro de 18 quilates (por exemplo) en realidade é unha aliaxe (mistura) de ouro puro con outros metais (sobre todo prata), nunha proporción de 18/24, é dicir, de 24 partes só 18 son de ouro puro e o resto doutros metais. E as persoas que só poden poñer xoias de ouro puro (de 24 quilates) é porque en realidade son alérxicas a algún deses outros metais que forman a aliaxe.

36


A voz dos nosos poetas Fotografía: Nieves Formoso Vidal.

Rúa da Luz, de Sibila…

MONTE LOURO

Rolda por Rúa da Luz unha sombra silandeira no tobogán da soleira: baixa, sobe, cara ou cruz.

No brasón dos meus versos, un medallón de ouro cun nome coruscante: ¡MONTE LOURO! Un outeiral druídico dos séculos primeiros ecoa os esconxuros dos celtas vedoreiros.

Debruza a sede, avestruz, de constante cabaleiro, na Fonte do Castiñeiro, reverente, a contraluz.

O velame do vento acanea nos mastros dos veleiros que veñen abalroando os castros. Resoa o vello chifre espertando ó xentío nas casoupas batidas polo forte vaguío.

Fortalece monodía reprodicir pola vía unha rutina refén de cabal monotonía.

E soben polas costas do alto medioevo as verbas mesturadas do román e do suevo.

No peto a chave da vila, a dos secretos tamén, exerce de palafrén, Rúa da Luz, encandila…

Hai unha lingua nova rolando polos cons da ribeira. Unha música chea de doces sons. E vai o bardo celta polas lubres antigas conxurando ós canouros con versos e cantigas.

cunha vela na mochila por Miraflores, ¡amén!

E o seu lombo de pedra cun medallón de ouro soergue no mallante: ¡MONTE LOURO!

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

(Luciano Piñeiro González)

37


E podería seguir, porque estamos “rodeados de matemáticas”, así que iso de que non se nos dan as matemáticas non debe ser certo de todo, non vos parece?

LA IGLESIA DE SAN PEDRO p/ Manuel Lago Álvarez Mucho antes de que el actual templo de Santa María do Campo, se convirtiera en la parroquial de Muros, las funciones propias de parroquial se realizaban en la iglesia de San Pedro. De esta primitiva sede solo se conservan la sacristía, que en la actualidad es la llamada capilla de la Gracia, y adosada a ella con una puerta de acceso, el cuerpo principal del presbiterio, que se vino utilizando en los últimos años como lugar de enterramientos. Adosada al edificio de la referida sacristía, en su lado este, se encuentra la conocida como Capilla de las Angustias, que fue construida en el año 1665, y cuya fundación se documentó ante notario en el año 1657.

COON, MERCADER DE LA VILLA, destacando al lado de la citada inscripción, a su izquierda, dos grabados: el uno: una cruz potenzada horquillada,

y el otro: una estrella de David, símbolo judío por excelencia. Y aquí, puede que el estudioso se pierda en un mar de dudas y se pregunte: ¿qué hace un símbolo judío dentro de una iglesia católica?, y las respuestas pueden ser varias. Aunque más de un historiador niegue que hubiera asentamientos judíos en Muros, hechos históricos documentados, junto con la existencia durante siglos de representantes del Santo Oficio, hacen

El estilo de la antigua parroquial de San Pedro es el románico, pudiéndose datar su construcción en el siglo X. Aunque solo se conservan las partes citadas, diferentes fuentes refieren que el edificio se componía de dos cuerpos: la capilla mayor aún existente y la nave central compuesta de varios arcos y pequeñas capillas laterales, de las que se conserva solo una, que ahora forma parte de la necrópolis y que debió servir de sepulcro. Esta capillita tiene una inscripción que dice: ESTA CAPILLA MANDO HACER…AR…RIGES DORIS – ISOLA SU ERMANO IVAN DORIS PRIMERO PATRON. 1664. En el interior de la capilla mayor, al lado del Evangelio, en la pared, hay grabada una inscripción, que parece decir: AQUÍ IAZ DON VIDAL DE FAL-

palpable que sí, que en Muros hubo una colonia judía. Por ello, la presencia de este símbolo en un templo católico pudiera haberse dado por el hecho de que el edificio fuera, en algún momento, propie-

38


dad de una familia judía, o bien se hubiera vendido el derecho a sepultura, y ello pudiera estar justificado por la necesidad que tenía la iglesia de obtener fondos, ya que en la época del enterramiento (siglo XVI), en la Colegiata de Muros todavía se estaban realizando las obras de ampliación que dieron lugar a las actuales capillas laterales. Ésta pudiera ser una de las posibles razones, partiendo del hecho de considerar lo grabado como genuina “estrella de David”, pero, un análisis más detallado de la procedencia y orígenes de este símbolo judío me hace pensar que el difunto Don Vidal de Falcoon, no era judío, más bien un “cristiano viejo”, pues la estrella de David no es solo un símbolo judío, ya que dicha estrella aparece en Egipto, en los Sumerios, etc. Pongamos que es un símbolo universal, al igual que la cruz. El origen exacto no se sabe, pero la estrella de David o también llamada "Sello de Salomón", trasciende lo religioso. En los tiempos modernos, la Estrella de David se convirtió en el símbolo judío por excelencia. Esta estrella de seis puntas (hexagrama), formada por dos triángulos entrelazados, puede ser encontrada en muchos objetos de culto. Las ambulancias en Israel llevan el rótulo de la “Estrella de David Roja”, y la bandera de Israel tiene una estrella de David azul puesta exactamente en el centro. ¿Y cuál es el origen del símbolo de seis puntas? El triángulo representa la sabiduría y la divinidad, pero también representa lo femenino y el deseo de acceder a "algo" elevado. El triángulo invertido de la estrella de David simboliza lo masculino, Dios por encima del hombre. Los dos triángulos unidos que forman la estrella, crean 6 pequeños

triángulos y dicha unión crea una armonía entre hombre-mujer, lo divino en el hombre, el cielo y la tierra en armonía, el polo positivo y el negativo en equilibrio. Es decir la unión con el cosmos o con la naturaleza cósmica. Resumiendo: La estrella de David representa el equilibrio de la naturaleza, nuestra unión con el todo y la armonía en la búsqueda de la sabiduría. Desde antiguo este símbolo fue utilizado por los católicos, de hecho en diferentes catedrales españolas se encuentra grabado en fachadas e interiores. En la catedral de Santiago de Compostela hay una estrella de David muy vistosa sobre un ventanal interior, que se puede ver justamente accediendo por la Puerta Santa. También, entre las muchas mitras que utilizan los Papas, Benedicto XVI usó una, en el año 2009, que tiene bordadas en oro varias estrellas de David. Así pues, nuestro Don Vidal de Falcoon, mercader de la Villa, y cuyos restos mortales yacen en la antigua parroquial de san Pedro de Muros, pudiera haber profesado la religión judía, pero me inclino más bien por pensar que no fue así, y al segundo argumento me remito.

39


Noite de amor

Noite feliz de adoración

sol do nadal,

xa baixou o Rei de Amor

brila o lume no portal

dende o trono

xa chegaron os anxos de Deus

de amor celestial

xa acompaÑan a Nai celestial

ata a cuna dun probe portal

demoslle adoracion

demoslle adoracion

demoslle adoracion.

demoslle adoracion.

40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.