MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA
1
2
3
@rosalamas
Este Abril abrileiro asĂ che nos chegou: ben comunitario moi colaborativo e mĂĄis participativo
O día 23 de abril celebramos o Día do Libro e, como tódolos anos, o Museo Etnolóxico únese á celebración con eventos tanto propios como conxuntamente con outros centros do Estado. Polo xeral, como case que todos os arquivos, bibliotecas e museos, procuramos deseñar actividades novidosas e, ao noso parecer, susceptibles de ser do interese da cidadanía. Este ano, como non podía ser menos e por razóns por todos coñecidas, tamén se propón unha acción novidosa. En efecto, entre as ideas que se van a desenvolver dende a biblioteca do Museo Etnolóxico este ano 2020 hai unha proposta colaborativa, aberta á participación, e cento por cento en liña: achegar refráns, cantigas, regueifas, ditos, contos, cancións… tradicionais ou creadas neste tempo diferente arredor do mes de Abril. A primavera está aquí, ao noso lado, nos campos, nos xardíns, nas hortas e mesmo nos testos das nas nosas fiestras e balcóns. Pode que non nos teñamos fixado, sobre todo quen vivimos en espazos urbanos, pero a Natureza segue o seu curso, traéndonos de volta á vida como fai sempre despois do inverno. Se sempre convén recordar a experiencia transmitida nos refráns, ditos, etc. sobre esta estación chea de flores que anuncian os froitos que virán a continuación, con máis razón este ano. Porque somos parte da Natureza, aínda que arrogantes ás veces, é tan importante coñecela e lembrar que o mellor que podemos facer é respectala. E que mellor maneira de facelo nestes días nos que podemos pensar sen présas que recordar o saber recollido xeración tras xeración e transmitido boca a boca durante tantos anos. Que non se rompa a cadea, a vida continúa e volveremos ás apertas, aos bicos e a estar ao Sol. Seguro! César Llana Director do Museo Etnolóxico
Este libro virtual comunitario que estás a ler foi creado entre todas as persoas que participaron nun concurso a través de internet polas redes sociais facebook, twitter, por correo electrónico e por WhatsApp, por eses medios chegáronnos ás oficinas virtuais do Museo Etnolóxico os refráns, cantigas, poesías, relatos, historias, debuxos, fotografías, vídeos, notas de voz que conforman este libro. Moita da xente maior que atesoura na súa memoria a tradición oral non se comunica por estes medios. Porén, e aínda estando en situación de confinamento pola pandemia do COVID-19, conseguimos saltar todos os chanzos grazas ás relacións sociais e através das diversas canles de comunicación ao noso dispor para achegar a tradición oral ata este libro virtual. Actualmente nas bibliotecas e centros de documentación unha parte importante dos documentos xa nacen dixitais, e outros transformámolos do analóxico ao dixital para conservalos e para facilitar a súa difusión. Este noso libro Abril na tradición nace desde e para o dixital, porén cunha esencia de comunidade colaborativa e participante da nosa tradición oral. Cando leades os refráns, ditos e cantigas populares, incluso os creados para esta “nova” tradición, temos que ter en conta que non sempre se axeitan á lingua estándar. Poden aparecer variantes dialectais e castelanismos que mantemos para que siga viva a esencia do falante, que o expresa así. Ao tratarse dun rexistro falado non é necesario que estea normativizado. O seu paso á lingua normativa implicaría, por exemplo, a perda da rima. Agradecer a toda a xente que participou, non só a que deixou nas redes sociais a súa achega e aparece o seu nome neste libro senon, e especialmente porque non se ven, a todas aquelas persoas que fixeron de circuito e de correa de transmisión de ida e volta: mais, pais, avoas, avós, primos, animadoras, profesoras, tías, primas, tíos, amigas, compañeiros, amigos, cuñados, fillas, irmáns, irmás, sogras, profesores, cuñadas, noras, xenros, sobriñas... Rosa Lamas Bibliotecaria do Museo Etnolóxico
@rosalamas
O mes máis cruel Xosé María Álvarez Cáccamo
Este é o noso abril. O noso peor abril. O abril máis violento das nosas vidas, das nosas mortes. Abril de 2020 ficará rexistrado na memoria colectiva como o acontecemento decisivo do comezo do segundo milenio, a marca, a fronteira que delimitará os territorios do vello tempo –aquel século XX que concluía na exaltación do imperio da tecnoloxía dixital, dominio alongado aínda nas primeiras décadas do século XXI- e os espazos dunha época que, hoxe, desde dentro de Abril, aínda non podemos concebir. Confinados na casa do asombro e do medo, agredidos pola hipérbole das cifras radicalmente mortais, pendentes do rumbo da curva que se aplana e semella caer cara ás ribeiras dun verán pacífico e saudábel para, dous días despois, sentir como ergue outra vez o gume criminal, resúltanos imposíbel albiscar o perfil dese novo horizonte. Entre o medo ao afortalamento da maquinaria de control dirixida polos xestores da fábrica neoliberal e a difusa esperanza nunha revolta cidadá que faga xirar decisivamente o rumbo da vida colectiva universal, hoxe, presos na vertixe do baleiro das cidades e das autoestradas, somos incapaces de pronunciar o nome do novo século. E hoxe, cando a morte pronuncia, ela si, nomes próximos sen que poidamos achegarnos a eles cunha aperta de despedida, cando a pobreza, a soidade, o medo, a perda do traballo e o alimento arden no centro mesmo da traxedia, sentimos, máis unha vez, a presenza miserábel dos depredadores no alto das azoteas, ansiosos, insaciábeis, ameazantes, a entorpecer o proceso colectivo de defensa da saúde e de construción do futuro.
9
Abril é o mes máis cruel. Deixouno dito para sempre o poeta T.S.Eliot nos primeiros versos de A terra erma, en 1922, hai 98 anos: Abril é o mes máis cruel: xera lilas da terra morta, mestura lembranzas e afáns, esperta raíces inertes con chuvias de primavera. O noso abril de 2020 é o máis cruel. Infinitamente máis cruel que o que habitou Eliot en 1922. Mesmo así, o noso abril tamén mestura lembranzas e afáns, a memoria da vida nas rúas, da conversa nos bares, das apertas, dos bicos, raíces con chuvia de primavera, que, naturalmente, como lilas a abrollar na terra morta, recuperaremos. Paciencia. Preparemos un futuro de alto nivel de saúde pública e democrática.
10
Refráns
Entre marzo e Abril o cuco ha de vir. Markos Mendiguren
En Abril augas mil. Isa Tuñas
Marzo ventoso y Abril lluvioso hacen a Mayo florido y hermoso. Abril, deja las viñas dormir. Mitos Conde (Ourense)
Abril frío e mollado, enche o celebro e farta o ganado! Noe Aldo
En Abril, augas mil. Marzo ventoso Abril lluvioso traen a mayo florido y hermoso. Isolina Rionegro (Ribadavia, Ourense)
11
Asociaciรณn Ridimoas
12
Cando a rola arrola no seu roladeiro hai que sementar o millo anque sea no bulleiro. O Abril enche a quelle e o carril e mata a porca no cubil. Marzo ventoso Abril lluvioso hacen a Mayo florido y hermoso. Entre Marzo e Abril o cuco ha de vir. Josefa Casado Fierro (Miamán, Baños de Molgas, Ourense)
No primeiro de Abril, van os burros onde non deben ir! En Abril, tembla o cabalo no cubil! Abril, augas mil, se non ó comezo, ó medio ou ó fin! Rosiña Rojo (Ribadavia, Ourense)
Entre Marzo e Abril o cuco a de vir. Garda pan pra Maio e leña pra Abril que ben che ha de cumprir. No Abril déixame durmir que no Maio co sono me caio. Si quieres saber cuando es Abril la golondrina te lo va a decir. Ana Prol (Miamán, Baños de Molgas, Ourense)
Polo Abril encéndese máis tarde o candil. Pilar Limia Velasco (Vigo, Pontevedra)
Que chova en Abril e Maio, aínda que non chova en todo o ano. No mes de Abril, van os burros onde non deben ir. Cristina González Piñeiro (Vilaboa, Pontevedra)
13
Neste Abril queda na casa e ponte o mandil. Nando Lamas (Vigo, Pontevedra)
Entre Marzo e Abril, canta o cuco ou vén o fin. Josefa Noemí Fernández Pedrosa (Vilaboa, Pontevedra)
A chuvia de Abril carga o carro e o carril. Balbina Piñeiro Jalda (Vilaboa, Pontevedra)
En Abril tembla o porco no cubil. Purificación Rodríguez
Abriles e cabaleiros, son ás veces traidores. Eva Santiago
Marzo, Abril e Maio os peores deste ano. A chave da deste ano empezó en Abril e termina en Maio. Merxe Moreira (Ourense)
San Juan sementeiriña o chan. En Abril déixame durmir que en Maio do ceo me caio. Dúas augas de Abril e unha de Maio valen os bois e o carro. Veñan dúas mil e non veñan as de Abril. Toñita Sousa Sousa (San Esteban de Castrelo de Miño, Ourense)
14
Josefa Casado Fierro
15
Pedro Pablo Fernรกndez (@pedro_tui)
16
La fame de Marzo y el frío d’Abril, probe del alma que los tien que sufrir. Abril buenu era si el gallegu non viniera. O segundo refírese á procedencia do Oeste,polo tanto de Galicia, de borrascas e frentes frecuentes nas condicións atmosféricas habituais do mes de abril. César Llana (Ames, A Coruña)
Busca pan para Maio e leña para Abril, e bótate a dormir. En Marzo marcea, en Abril ventea. Ano ruín, cando chove moti en Xaneiro e neva en Abril. Mª Ángela Viéitez (Portela-Padróns, Ponteareas, Pontevedra)
En abril a ovella e a abella deixan a peleas. Martín Blanco González (Ourense)
25 de avril revolución de los claveles en Portugal. Artur D New
De Abril a Abril volven as augas por onde adoitaban vir Telmo Cabaleiro
Entre Marzo e Abril o cuco ou a fin Mateo M. B.
Abril e Maio son as chaves do ano. Xepe Rodríguez @alvorota
17
En Abril augas mil, que todas caben dentro dun barril. En Abril suele o inverno volver a vir. Marzo ventoso e Abril chuvioso sacan a maio florido e hermoso. Garda pan pro Maio e leña pra Abril, o refrán dos vellos non che ha de mentir. En Abril déixame durmir que no Maio de meu me caio. No Abril ronca a porca no cubil. Concha Urbano (A Retorta, O Rodicio, Ourense)
Se neva por Santa Engracia, viña en desgracia. A viña do ruín, pódase en Abril. Abril sin granizo, Dios non o fixo. Victoria Amoedo (Ponteareas, Pontevedra)
En Abril péchase a porta para abrir o provir. As mañanciñas de Abril deixádemas pra dormir. Carmen Villar @CarmedeMilmanda
San Marco ventoso, cando non chuvaso. A liñaza por San Marco nin nada, nin no saco. Gárdame Santa Casilda do madrío ando saída. Abril toldado e pouco mollado. Abril fuera bueno si el gallego no anduviera. Pilar Vilaboi @PilarVilaboi (Vigo, Pontevedra)
18
Juan Antonio Gรณmez Vรกzquez. Fondo Fotogrรกfico Museo Etnolรณxico
19
Muriel
Itxaso
20
Itxaso
Itxaso
En Abril, non lles toques ós allos nin con mandil. Pilar Freire Permuy (Ferrol, A Coruña)
Está feito un Abril. Miro Villar @MiroVillar
O 1 de Abril van os burros donde non deben ir. Elvira Carregado @ECarregado
Abril que non chove fai ao labrego pobre. Abril, Abril, de cen en cen anos debías vir. Celia P. Porto @clia_g
Ovos de marzo, pitos de Abril. Ivan García Calaza @Ivan_Calaza
En Abril, augas mil. Con, ou sen Covid. Abril, augas mil, se non ó comezo, ó medio ou ó fin. A choiva no Abril da millo e da pan. A choiva de Abril enche o carro e o carril. Itxaso
En Abril augas mil. Muriel
21
Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gando. No primero de abril, van os burros onde non deben ir. No abril déixame durmir que no maio con sono me caio. Nin abril sen flores, nin xuventude sen amores En abril péchase a porta para abrir o porvir. Ovos de marzo, pitos de abril. Á solla de abril ábrelle a man e déixaa ir. Abril esfola, pero maio amola. Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes. Abril chuvioso, maio pardo e San Xoán ventoso trae o ano compogoso. Aldara D. 6º EP do CEIP Vistahermosa, profe Sali Álvarez
En Abril aghuas mil. Abril e Maio son as chaves de todo o ano. As madrugadas de Abril son boas para dormir. Abril esfola pero Maio amola. Residencia Maiores Quercus (Leiro, Ourense)
22
https://youtu.be/AKuCtKfhLtg Residentes e participantes do vídeo: Victorina López Soto, Josefa Baranda González, Concordia Tato Docampo, Marina Vázquez Blanco, Gloria Fernández Fernández e Elisa Álvarez Vázquez. Animadora da Residencia Quercus de Leiro (Ourense) Andrea Fernández Pérez.
23
24 Traballo da aula de lingua galega de Aitor F. 6ยบ EP do CEIP Vistahermosa, coa profe Sali ร lvarez
25
Aitor Gutierrez Fernรกndez
Familia RodrĂguez Alonso
Telmo Cabaleiro
28
Mateo M.B.
29
Asociaciรณn Ridimoas
Cantigas e poesías
Cuco de Maio, cuco de Abril, cóntame os anos que hei de vivir Cuco-rei, cuco-rei. Cantos anos vivirei nesta casa que arrendei? Mitos Conde (Ourense)
UDABERRÍA Viva o desexo! Viva o desexo a florir no futuro inmediato, en quen se dá sen pedir. Viva o recendo de Abril! Vivan os seres que fican pra seguir abrindo portas e xanelas
31
pra que entren os aires novos e leven o mal daquí. Viva o laranxo solhado da esencia intensa e serena que beben coma tolinhas as abelhas. Viva o pensamento simple do amor limpo, da amizade entre irmáns que nunca foran de sangue pero son de realidá. Viva o desexo! Viva quen nos beixa ao lonxe e nos mostra os sentimentos dende a delicia do olhar. Viva quen nos mantén fortes, quen se entrega, quen anima, quen leva, sen darse conta, a primavera nas mans. Dores Lobato
Xaneiro xeladeiro, Febreiriño corto, cós seus vinte e oito. Marzo ventoso e Abril chuvioso fan a Maio florido e fermoso. Carmen Vázquez (A Teixeira, Ourense) Residencia Nosa Señora dos Milagres (Barbadás, Ourense)
32
As tellas do teu tellado non queren baixarme a abrir baixa ti, rosa de maio, criada no mes de abril. Aldara D. 6Âş EP do CEIP Vistahermosa, profe Sali Ă lvarez
33
@rosalamas
No primeiro de abril os burros van onde non deben ir María Loira Enríquez
Polo menos na zona do Morrazo, en Pontevedra, era una expresión que se usaba –non sei se xa se perdeu– para celebrar o día 1 de abril, data que viña sendo o que o 28 de decembro noutros lugares, o día dos Inocentes. A miña avoa paterna, de quen herdei sen dúbida a miña paixón por estes días, gozaba gastando bromas aos seus amigos e coñecidos. Curiosamente, o mundo anglosaxón celebra ese día o Fools´ day coa mesma intención. Os franceses o día do Peixe de abril, o Poisson d´avril, e tamén os italianos o Pesce d´aprile, namentres en Alemania, Austria e a zona de fala xermana de Suiza denomínase Aprilscherz ou Broma de abril. Seguramente foi en Galicia onde mais se perdeu esta tradición. Recuperémola.
35
Juan Antonio Gรณmez Vรกzquez. Fondo Fotogrรกfico Museo Etnolรณxico
36
Romería de San Pedro mártir Juan Antonio Bande Alonso
El 29 de Abril, festividad de San Pedro de Verona, conocido también como San Pedro Martir,era la fecha que yo recuerde (Década de los años 30 y 40 del siglo XX), que después de la fiesta del Portal era el día que más gente venia a Ribadavia. El motivo no era otro que asistir a la Romeria de San Pedro Martir, cuya imagen se venera en la Iglesia de Santo Domingo. Aún tengo en la mente el ver aparcados autobuses en las inmediaciones del conjunto de Santo Domingo, la mayoría procedente de la Provincia de Pontevedra. Los Romeros participaban en una Misa solemne y procesionaban luego con el Santo y en un momento determinado la procesion se detenia y el Sacerdote que presedia el acto procedia a la Bendición de las personas y también de unos ramilletes de diferentes hierbas que algunos aportaban, los ramilletes la gente luego los colocaba en la parte interior de la puerta de los establos con la finalidad de proteger a los animales del mal. La procesión se efectuaba con la gente alrededor del Santo, como pretendiendo estar más cerca de él, a veces parecia que la imagen se iba a caer. La imagen del Santo ya el día anterior era retirado de su camarin y colocado en una mesa con unos pies de cierta altura cuya finalidad era, que la gente que lo deseáse pasase por debajo del Santo; parece que habia un rito en cuanto a las repetidas veces de pases. Recuerdo un dia 28, que no puedo precisar el año, un grupo de amigos adolescentes situados en la parte alta de las escaleras que conducen al Templo, entre dos personas, traian a una agarrandola por los brazos con
37
ademanes de desprenderse de esa atadura, asi como profiriendo gritos, a la tal persona la hicieron pasar por debajo del Santo, mientras nosotros detrás de una columna observabamos la escena. Por cierto nuestro grupo de amiguetes, después de haber visto tal suceso y cuando ya no habia nadie, decidimos pasar por debajo del Santo. Había un dicho popular que para quitar o meigallo de corpo habia que pasar por debajo de San Pedro. En la Carretera Principal de la Villa, en la actualidad Avn. Progreso, se instalaban puestos de venta de rosquillas y melindres, asi como reescritos y a merda do demo, estas dos últimas complementaban la finalidad de los Romeros; los reescritos eran unos folios con un texto que no recuerdo pero referido a los males del cuerpo y a merda do demo no era otra cosa que los carboncillos que se recogian a las orillas de las vias del tren. La razón principal por haber eligido la fecha del 29 de Abril para la realización de la Primera Feria del Vino del Ribeiro en el año 1964, fué precisamente aprovechar la afluencia de gente que venía a tal Romería.
38
A quen festexamos no mes de Abril Pilar Vilaboi Freire
Chámase onomástica ao conxunto dos nomes propios dunha lingua. Todos temos un nome e sempre hai múltiples razóns para esa escolla. Vou centrarme naqueles nomes de santos que máis sona teñen no mes de abril, popularmente o mes de San Marcos. Calquera que consulte santorais observa que as datas varían duns a outros. O santo dun mesmo nome pode celebrarse ata en 37 datas distintas, é o caso de Teodoro (entre outras datas, o 20 de abril). Tamén esta a casuística de que un mesmo día celebra invocacións de santos distintos: o 1 de abril é o día de Hugo de Grenoble e Venancio. Comezarei por un nome bendito: Bieito procede do latín Benedictus. Deste nome deriva o apelido Bieitez ou Bieites, grafados frecuentemente como Vieitez ou Vieites. O do 4 de abril é San Bieito de Palermo. San Bieito o mouro, de raza negra, celébrase en Pontevedra nas parroquias de Angoares (Ponteareas) e en Santa Cristina de Covas (Meaño), a onde van os romeiros da redonda na procura de alivio para as dores de cabeza, dos ollos e dos peitos. Tamén congrega moitos romeiros na comarca da Limia, a igrexa de Parada de Outeiro no concello de Vilar de Santos onde se venera a San Bieito “Preto”, pola talla desa cor. Existe a expresión Vai andar o San Benito de Palermo, importada do castelán, que significa ameaza de tunda, castigo físico xa que Palermo evoca a palabra palo.
39
Santiago Garrido (@santiagogrial)
Así e todo, o san Bieito de máis sona en Galicia é o de Lérez, con dúas celebracións no ano: no inverno (21 de marzo) e no verán (11 de xullo). Trátase dun santo moi avogoso para a curación de espullas e outros males da pel. Os devotos mollan os panos no aceite milagreiro e despois pásanos polas espullas. Foi popularizado no folclore galego como o santo máis milagreiro de todos: Se vas ó San Benitiño / non vaias ao de Paredes / que hai outro máis milagreiro / no conventiño de Leres. En canto ao 6 de abril, comparten advocación Prudencia, procedente do latí Prudentius, e tamén se invoca a Dióxenes, procedente do nome grego que significa “que vén de Deus”. Dióxenes de Sinope era un filósofo cínico que vivía como un marxinal radical. Na súa provocación andaba ás veces de día cunha lanterna e, cando lle preguntaban, dicía que andaba buscando un home digno de tal nome. Este xeito do filósofo deu nome ao síndrome de Dióxenes, un trastorno do comportamento caracterizado polo total abandono persoal e social, así coma o illamento voluntario no fogar e a acumulación nel de lixo de todo tipo. O día 23 de abril é o día de Xurxo, procedente do grego Georgios que significa “labrego, agricultor”. Tamén aparece no apelido Sanxurxo e en topónimos como Santiorxo en Sober ou Santiurxo en Castro Caldelas. O santo é patrón dos concellos de Camariñas e Moeche. É defensor dos traballadores da terra, protector dos cabalos, avogado contra a peste, a lepra e a sífilis. Tamén garda da facenda. Os devotos do santuario de Cereixo (A Estrada) levan milleiros de aguilladas a bendicir e pásanas polo santo. A invocación San Xurxo me valla! ten sona de protexer das serpes e bestas e paralizar as arañas; de aí o dito San Xurxo mata a araña! Mátaa ti, que eu non teño gana. Da tradición de refráns destaca un que di: Astra non pasar Xurxo e o Migueliño, non tollas o manteliño, que alude á necesidade de abrigarse do frío ata o 8 de maio cando é San Miguel. O que reza San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro, segundo Ferro Ruibal alude ás larpeiradas pascuais despois da abstinencia da Coresma. Tamén ten sona o da parroquia de San Xurxo de Codeseda (A Estrada) hai un santuario como di o dito: Nuestra señora da Grela / ten un vestido de seda / quen llo dou quen llo daría / San Xorxe de Codeseda. Quédate con Dios, adiós,/ que o domingo nos veremos / xunta a iglesia de san Xorxe / donde se venden os grelos. Digno de mención é Catarina/Cataliña, do grego Ekaterine, que podería derivarse de Ekatos, atributo de Apolo, ou de Ekate, a deusa de ultratumba. O 29 de abril
41
celébrase Santa Catarina de Siena, quen fixo voto de virxindade aos 7 anos. A nai quería casala e ela rapou a cabeza para impedilo. Entrou na Terceira Orde dominicana e no seu convento levou unha vida ascética sen case alimento. Coidaba aos leprosos e cancerosos, chegando mesmo a chucharlles o brume das chagas. É patroa de Italia e das mulleres solteiras. Tanto o Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro en Ares (A Coruña) como a Igrexa de Santa Catarina da parroquia de Santa María de Adina (Portonovo, Sanxenxo) celebran a Santa Catarina de Alexandría no mes de novembro. Na tradición oral, “Catalinas” era o nome que daban os coruñeses ás bañistas que viñan tomar os baños a Riazor pola Santa Rufina, en setembro. Hai moitos ditos vinculados á de novembro, pero outros deben valer para as dúas, coma o de Aló arriba en Solistría / xunto ó lugar de Novarna / hai unha nena bonita / que Cataliña se chama; o de Santa Catarina, gárdanos da morte repentina; ou estoutro de Por Santa Catarina, man á fariña; e, se non a tes, percúraa da veciña. Ese día 29 tamén se conmemora a Pedro Mártir ou Pedro de Verona, nome derivado do latín Petrus. En Galicia é avogoso contra meigallos e protector das boas colleitas. Ten romaxe nas igrexas de dominicos en Belvís (Santiago) e San Domingos de Ribadavia. Na tradición oral Pedro é un dos moitos nomes do paxaro “vichelocrego ou ouriolo”. Na Limia chámanlle Pedro Pequeno e dinlle aos nenos: Pedro pequeno, teu pai mellorou?e responden Millorou, millorou ou Millarou, millarou. Pero sen dúbida un dos máis destacados é Marcos/Marco, o santo por excelencia do mes de abril. O nome procede do latín Marcus e significa “dedicado ao deus Marte”. O santo é patrón dos concellos de Abegondo, Corcubión, Lousame e Trabada, onde o celebran o 25 de abril. É avogoso dos meigallos e ten sona de amansar os bois bravos. Da tradición oral destacan os refráns: San Marco ventoso, cando non chuvoso; San Marcos, aos cinco días vén maio; San Marcos, meu padrón, líbrame dos meigallos a miña casa ao redor; ou San Marcos enxoita o que San Mateo molla.
42
Santiago Garrido (@santiagogrial)
BIBLIOGRAFÍA: FERRO RUIBAL, XESÚS dir.: Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo, 1992. FERRO RUIBAL, XESÚS: Refraneiro galego básico. Vigo: Galaxia, 1987. Gran Enciclopedia Gallega. 32 tomos. Santiago-Gijón: Silverio Cañada Editor, 19711991. Recursos na web: https://www.google.com/search?q=santoral+galego https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-po-000009/festas https://academia.gal/dicionario https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/27397/igrexa-de-san-xurxo https://www.xunta.gal/nomenclator https://www.santopedia.com/santoral/
44
@rosalamas
#aculturasegue
46