Actividades museo etnoloxico abril 2015

Page 1

29 de abril: 20:30 h. Presentación do poemario Errores del destino, de Mari Carmen Rodríguez Barros, editado por círculo Rojo. Unha historia de vida contada a través dun relato e poemas, que reflicten situacións vividas por unha muller, guiada pola súa imaxinación e atraída pola fascinante idea de coñecer outros países e outras culturas.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Secretaría Xeral de Cultura

Entre imaxes, libros, e música Mes do libro

ABRIL 2015


31 de marzo: 20:15 h. Conferencia-clausura, impartida pola historiadora e heraldista María Luisa González Álvarez, da exposición do fondo de fotografías do Irmán Marista Manuel Rodríguez, depósito do Centro de Estudios Medievais de Ribadavia e montada en colaboración con esta Entidade. A conferencia tratará das labras heráldicas que forman parte desta pequena colección fotográfica.

23 de abril: todo o día. Liberación de libros “bookcrossing” Para conmemorar o Día Internacional do Libro, bibliotecas de museos de todo o Estado liberan milleiros de libros, nunha acción conxunta organizada polo Museo ARTIUM de Vitoria e na que por terceiro ano consecutivo participa a Biblioteca do Museo Etnolóxico.

17 abril: 20:30 h. Presentación do libro 50 Cafés históricos de España y Portugal, de Fernando Franjo Franjo, editado por Alvarellos Editora Presentación na que participa o autor desta obra singular, Fernando Franjo Franjo. A obra, editada por Alvarellos Editora realiza un percorrido histórico e literario por 50 locais emblemáticos da Península ibérica, sen esquecer as paisaxes humanas que sobrevoan uns espazos tan ligados ás vivencias de persoas, vilas e cidades. 330 fotografías e documentos de época ilustran e contextualizan esta viaxe. Ofreceráse un café aos presentes

23 de abril: 20:30 h. Presentación do libro-disco Muller de papel, de Rochi Nóvoa, editado por Abooks, e recital de música e posesía. Poesía, música e artes gráficas acobilladas nunha caixa que contén un segredo: unha serie de 32 láminas que mostran no seu anverso a interpretación que fan un feixe de artistas gráficos dos poemas que podemos ler no reverso.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.