HISTORIA SOCIAL e CRONICA MUSICAL NOVEMBRO 2015
Actividades do Museo Etnolóxico Ribadavia
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Secretaría Xeral de Cultura
13 de NOVEMBRO : 20:30 h. CONFERENCIA A estirpe dos Chao, familia ribadaviense: Política, cultura, sociedade e identidade no século XIX galego
20 de NOVEMBRO: 20:30 h. PRESENTACIÓN DO LIBRO
A cargo de Xurxo Martínez González Doutor pola Universidade de Vigo en Filoloxía Galega. Especialista no século XIX de Galicia, particularmente no Rexurdimento coa cidade de Vigo (residencia da familia Chao) como marco, e autor dunha obra relevante relativa a este tema. Ten traballado igualmente sobre a historia do nacionalismo galego. Xurxo Martínez González ten salientado a intensa e plural actividade dos membros desta familia no eido profesional, social, cultural e político e, feito a destacar, os seus estreitos vínculos con Rosalía de Castro. Presentado por Gonzalo Navaza Profesor titular da Universidade de Vigo (UVI), cunha longa traxectoria como investigador e escritor, destacando a súa faciana narrativa e poética. Está considerado como un dos máis destacados especialistas en toponimia, colaborando con organismos que operan neste ámbito. A súa actividade máis recente no campo da investigación oriéntase ás figuras do primeiro liberalismo galego.
“La Lira: la Banda de Música de Ribadavia, 1840-2015” Edición: Armonía Universal autor: José Ramón Estévez Pérez Presénta: Carlos Núñez Deza. Profesor do Consevatorio de Música de Ourense e editor. O autor percorreu diferentes arquivos para presentar neste traballo de investigación unha historia completa de “La Lira”, a prestixiosa banda de música da capital do Ribeiro, que cumpre o seu 175 aniversario. Unha historia desta mítica formación musical, que comeza polo seu primeiro director Luis Veneroni e remata co último, Francisco Pérez Rodríguez. Manexando o fondo documental da propia banda e o do Museo Etnolóxico, e a través de fotografías, documentos escritos, noticias e artigos xornalísticos e partituras, José Ramón Estévez costrúe a crónica necesaria desta relevante formación instrumental.