Actividades museo etnoloxico setembro 2015

Page 1

ENTRE HISTORIAS E MEMORIAS

SETEMBRO 2015

Actividades do Museo Etnolóxico Ribadavia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. Secretaría Xeral de Cultura

Castillo de la Mota [s.a.]. Maio de 1939


18 de Setembro : 20:30 h.

25 de Setembro : 20:30 h.

Presentación polo autor da novela Lola Touza.

Conferencia Mulleres para España. A «Sección Femenina» de Falanxe impartida pola historiadora Ana Cebreiros

La Schindler gallega, editada por ToxoSoutos e da autoría de Vicente Piñeiro

Presentación: Xulio Prada. Profesor Titular de Historia contemporánea. Universidade de Vigo

Participan: Clodio González Pérez (Patrono do MPG) e Xosé Ramón Estévez (Centro de Estudios Medievales) Kiosko. Estación de Ribadavia. Fototipia Thomas. 191-?.

Vicente Piñeiro González, autor da novela, ten publicados libros de teatro, poesía e novela tanto en galego como en castelán; entre outros premios gañou o Pedrón de Ouro en 2005 e o VII Premio El Espectáculo Teatral de Ediciones Irreverentes en 2013. Nesta novela, como di o editor “pon a súa escritura e as pasións de papel” para relatar a historia de Lola Touza, que rexentaba un quiosco na estación de Ribadavia e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeos dunha morte segura a mans dos nazis. Lola e as súas irmás, Amparo e Julia, colaboraron cunha das redes clandestinas de fuxida de xudeos máis importante de Europa, que empezaba nos Pirineos por Girona, facía escala en Medina del Campo e chegaba ata Ribadavia, onde as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarlles o paso a Portugal coa axuda doutros veciños da comarca: o taxista José Rocha, o barqueiro Ramón Estévez e o intérprete Ricardo Pérez, coñecido como “El Evangelista”.

Integrantes de "Auxilio Social" e os seus mandos. Ribadavia [s.a.] 1936-1939.

Ana Cebreiros Iglesias é Licenciada en Historia pola Universidade de Vigo, a súa investigación céntrase no papel desempeñado pola «Sección Femenina» en Galicia e as súas repercusións no ámbito da muller. En 1939 Franco cédelle á «Sección Femenina» a formación política e social das españolas e convértese en parte do aparato político-administrativo do réxime. A organización xoga un papel importante nas políticas desenvolvidas desde eses intres en relación coa muller, sendo variados os seus ámbitos de actuación. O «Servicio Social», o ámbito educativo, as divulgadoras sociais, as cátedras ambulantes, o deporte e o baile, etc foron algunhas das parcelas ás que se dedicaron. Todas estas actuacións estiveron asociadas á defensa dun modelo feminino que tiña como base os seus deberes de nai e esposa, así como o coidado do fogar, e que estaba intimamente ligado ao papel outorgado polo franquismo á muller na sociedade española da época.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.