Boletin de novidades xullo decembro 2015

Page 1

MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

BOLETÍN DE NOVIDADES

xullo-decembro 2015 Biblioteca. Museo Etnolóxico. Ribadavia http://bibliotecamuseoetnoloxico.blogspot.com.es/

Todos os libros están accesibles a través do catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia

http://rbgalicia.xunta.es/


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Arqueoloxía do viño : os lagares rupestres da comarca de Monterrei / Víctor Rodríguez Muniz, Alberte Reboreda Carreira, Eduardo-Breogán Nieto Muñiz.-- Verín : Puertas de Galicia, cop. 2015. 663.2/ROD/arq Guía documentada que recolle os lagares rupestres catalogados da comarca de Monterrei: Cualedro, Monterrei, Oímbra e Verín, ademais da localización esta guía vén acompañada dun estudo documentado da historia do viño na comarca de Monterrei, así como as características que presentan os distinto lagares rupestres catalogados con anotacións do seu contexto arqueolóxico.

Lagares cavados na rocha : concelho de Valpaços / Adérito Medeiros Freitas.-- 2ª ed.-- Valpaços : Câmara Municipal de Valpaços, 2012. 663.2/FRE/lag Guía de lagares cavados na rocha do concello portugués de Valpaços. Para cada un dos lagares rupestres o autor presenta unha ficha con fotografía e debuxo de planta e perfil, así como a súa localización, o acceso, a natureza xeolóxica e as características xerais onde podemos ver as distintas tipoloxías deste tipo de restos arqueolóxicos.

A tradición oral na comarca da Ulloa: unha aproximación descritiva e analítica dende a experiencia docente / Rodrigo Vázquez García.-- [Lugo] : Deputación Provincial de Lugo, Vicepresidencia Primeira, D.L. 2010. 398.8/VAZ/tra O traballo presenta a investigación e análise da recollida do material etnomusical centrado na comarca da Ulloa, presentando un cantigueiro xunto co estudo sistemático das estruturas musicais e textuais das pezas, adaptado para a súa implementación nos centros educativos.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Guía lúdica da olaría tradicional de Galicia / Luis Antonio Pazos Franco ; [tradución ao galego, José Antonio Granja González ; fotografías, Luis Antonio Pazos Franco, Ana María Gómez Moreira].-- Lugo : Servizo de Publicacions, Deputación de Lugo, 2011. 666.3/.7/PAZ/gui Trátase dunha guía práctica para dar a coñecer os actuais obradoiros de olaría de Galicia desde Buño, pasando por Bonxe, Gundivós, Mondoñedo, Niñodaguia e Meder, xunto a presentación do traballo destes artesáns faise un percorrido do patrimonio histórico-artístico da zona.

A arte da palabra : colección de aparatos de radio de Manuel Sicart : [exposición Museo Provincial de Lugo].-- Lugo : Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo,D.L. 2002. 621.3/ART Catálogo da exposición temporal no Museo de Lugo no que se mostra a colección de radios antigas propiedade do periodista lucense Manuel Sicart.

Recuperación da documentación e memoria do movemento feminista organizado en Galicia / Carmén Pérez Pais, Mariam Mariño Costales.-- Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2013. 396/PER/rec Informe onde se expón o deseño, desenvolvemento e propostas de consolidación do proxecto de recuperación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia, iniciativa deseñada para a reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da documentación e materiais xerados por diferentes grupos e colectivos identificados co feminismo, que desenvolveron e desenvolven a súa actividade en Galicia desde mediados do S. XX. Texto completo: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id =1909


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Fotografía a cegas / Xoán Ramiro Cuba, Xosé-Brais García (coords.).-- Lugo : Deputación de Lugo, Cultura e Turismo, 2013. 77(064)/FOT/A Proxecto da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través dos museos que compoñen a Rede Museística de Lugo, que deu como resultado final un documental dunha hora de duración, unha exposición e un catálogo así como a realización dun obradoiro de fotografía para cegos.

O Cebreiro : apuntamentos históricos e documentais / Luis López Pombo.-- Lugo : Servizo de Publicación, Deputación de Lugo, 2013. 946.011/LOP/ceb Un completo tratado documental sobre O Cebreiro no que se recolle todo tipo de documentación: referencias históricas, apuntamentos de tipo xurídico, tributario, criminal, procesual, canóncio e de dereito civil. Trata temas sociolóxicos: poboación, organización territorial, clases sociais, sen esquecer os temas relixiosos.

O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo : eiras, cabozos, muiños e fornos / José María Leal Bóveda ; con poemario e historias de Paco Rivas.- Lugo : Servizo de Publicacións, Deputación de lugo, 2012. 664.6/.7/LEA/cic A través do estudo histórico e artístico das distintas construcións: eiras, cabozos, muíños, fornos que se utilizan no chamado ciclo do pan: desde a separación do gran da palla, o almacenamento do cereal, a súa transformación en fariña e a conversión desta no pan, faise unha reflexión sobre a importancia do pan como alimento básico da alimentación tanto en épocas pasadas coma na actualidade.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa / Xulio Sousa, Marta Negro Romero, Rosario Álvarez, editores.-Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2014. 811.13/LIN Recompilación de dez traballos escritos por especialistas en xeografía, historia, antropoloxía e linguística sobre as causas e as consecuencias da fronteira política entre o galego e o portugués. Como esta fronteira vai influír no desenvolvemento das dúas linguas. Texto completo: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=2642

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) / Ramón Máiz, compilador.-Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, D.L. 2012. 008/SEN Este libro recolle a maioría dos textos presentados e discutidos nas sesións realizadas durante catro anos nos seminarios celebrados no Consello da Cultura Galega arredor do papel da cultura nas sociedades democráticas occidentais. Os debates e o especialistas foron moi diversos como os temas: medios de comunicación, arte, filosofía, ciencia, política. Texto completo: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=152

Linguas, sociedade e política : un debate multidisciplinar / Henrique Monteagudo, editor ; [Peter A. Kraus ... et al.].-Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, D.L. 2012. 81/LIN/A Recóllense os relatorios presentados ao seminario sobre lingua sociedade e política celebrados durante 2009 e 2010, nos que distintos especialistas de ámbitos variados reflexionan sobre a situación da sociolingüísticas de Galicia, a súa evolución e as fórmulas desexables para o futuro tendo en conta o marco español e o ámbito luso-brasileiro. Texto completo: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=183 9


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Luis Seoane, entre Galicia y la Argentina / Fernando Devoto,Ramón Villares, editores.-- Buenos Aires : Biblos ; Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2012. 314.7/LUI Os traballos recollidos neste volume son unha parte dos presentados no congreso que se lle adicara a Luis Seoane, en Santiago de Compostela, no ano 2010. Especialistas de distintas procedencias analizan a traxectoria e o contrexto da vida e a variada obra de Luis Seoane, a súa faceta artística e de militante galeguista nun periodo crucial da historia arxentina e española.

200 años de devoción al Cristo de la Victoria / [coordinación, Cofradía del Santísimo Cristo de la Victoria ; fotos, Magar ...(et al.)].-- Pontevedra : Deputación de Pontevedra, 2011. 394.5 DOS O libro presenta a través de fotografías e recortes de prensa a historia da devoción do Cristo da Vitoria na cidade de Vigo mostrando o arraigo e a tradición desta devoción e da procesión que cada ano atrae a cidade olívica a milleiros de persoas.

Luces de alén mar : as escolas de americanos en Galicia / comisariado, Vicente Peña Saavedra ; documentación, Carolina García Borrazás, Mª Teresa García Domínguez].-- 2ª ed. rev. E amp.-- Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2013. 37/LUC Este libro permítenos coñecer un dos fenómenos máis significativos que trouxo a emigración á Galicia: como foron os emigrantes que introduciron por primeira vez a instrución na Galicia rural de finais do S. XIX e principios do S. XX, e o mesmo tempo coñecer a situación da ensino nesta época. Texto completo: http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=184 1


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Lugo reacciona : debate con propuestas de futuro contra el despoblamiento demográfico.-- [Lugo] : Área de Presidencia Deputación de Lugo, D. L. 2011. 314/LUG Preséntanse os datos sobre o despoboamento que nestes momentos está sufrindo a provincia de Lugo, acompañado dos debates e propostas de especialistas na materia para buscar solucións eficaces, globais e a longo prazo, ante o problema da sangría demográfica.

O proceso de electrificación do noroeste ourensán : un modelo paradigmático do proceso de difusión de electricidade en Galicia / Xosé Luis Sobrado Pérez, Francisco Xosé Fumega Piñeiro.-Ourense : Deputación Provincial, D.L. 2014. 621.3/SOB/pro Xosé Luis Sobrado e Francisco Xosé Fumega, historiadores e membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño, documentan e analizan como o noroeste da provincia de Ourense foi pioneiro en Galicia en contar coa electricidade como sistema de enerxía. Este desenvolvemento vai unido o alumeado público das vilas e aldeas, sendo a vila do Carballiño unha das primeiras aló por 1892.

Barriga verde : de feira en feira [exposición] / produción Asociación Cultural Morreu o Demo ; coordinadores Comba Campoy, Germám Ermida; textos Adolfo Ayuso ... [et al.].-- [Santiago de Compostela : Asociación Cultural Morreu o Demo, D. L. 2015. 398.5/BAR O catálogo recolle as investigacións de distintos especialistas sobre Barriga Verde, o derradeiro títere popular galego e as persoas que lle deron vida, así como as festas e feiras polas que pasan os seus espectáculos. Contextualizando a súa existencia na tradición europea. Tamén se recollen os paneis da exposición itinerante do mesmo nome.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Flora de la provincia de Ourense : Sierra del Burgo / Vicente Rodríguez Gracia, Juan Antonio De Jesús González, Rosa Aricia Rodríguez Romero.-- Ourense : Deputación Provincial de Ourense, D.L. 2014. 58/ROD/flo Preséntase o catálogo florístico da Serra do Burgo, situada na parte Norcentral da provincia de Ourense, é un ramal interfluvial desprendido do complexo Macizo Central Ourensán (Serra de Queixa-Manzaneda-Invernadoiro. Inclúe tamén un catálogo fotográfico.

A festa dos maios de Marín / Clodio González Pérez y José Rodríguez Cruz.-- [Pontevedra] : Deputación Pontevedra, Editorial, 2014. 398.33/GON/fes Os autores comezan o seu estudo falando da singularidade do ciclo dos Maios en Galicia, para pasar a un estudo en detalle deste ciclo na vila de Marín, onde se mantén viva esta tradición entre coplas, maios e embarcacións, estas últimas son construcións propias desta zona. Para rematar cun repaso desta tradición dos Maios no resto das parroquias do Concello.

A ourivería tradicional en Galicia / Fernando Martínez Vilanova.-[Pontevedra] : Diputación de Pontevedra Editorial, D.L. 2011. 739.1/VIL/our O autor inicia este catálogo de ourivería tradicional cunha historia e tipoloxía, así como das técnicas empregadas polos ourives para elaborar estes obxectos suntuarios. Para despois pasar á catalogación de diferentes obxectos de ourivería tradicional galega sobre todo brincos e peitorais, desde os modelos precursores, os referentes eruditos e as formas xenuínas, que forman parte das coleccións de distintos Museos e Institucións de toda España.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

A causa contra Manuel Blanco "o home lobo" : expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña ; coa edición facsímile da "Reseña de la causa... " / artigos Miguel Ángel Cadenas Sobreira, M. Carmen Prieto Ramos.-- [Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, 2014. 343/CAU Edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no ARG da “Reseña de la Causa formada en el juzgado de Allariz distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos...” publicada en 1859, xunto coa copia dixital do expediente xudicial orixinal que figura no Arquivo do Reino de Galicia. A obra consta dun volume coa reprodución da Reseña e os estudos, e un CD coa copia da causa criminal.

Casa do Concello de Ourense / Avelino Rodríguez González.-Ourense : Grupo Marcelo Macías, 2015. Boletín Auriense. Anexos ; 34 725/ROD/cas Este traballo achéganos a historia da Casa do Concello de Ourense ó longo dun período amplo de tempo, dende os prolegómenos á súa creación, en época medieval, ata as inmediacións do tempo presente. O estudo estrutúrase en tres capítulos que se corresponden coas tres fases construtivas do edificio, onde se tratan as razóns da súa construción, os diferente problemas para facer fronte as obras e a reconstrución do aspecto material.

El comercio marítimo de Galicia, 1525-1640 / Juan Juega Puig.-[Pontevedra] : Deputación de Pontevedra, Editorial, D.L. 2014. 339/JUE/com Na obra faise un amplo estudo da realidade do comercio marítimo galego na primeira modernidade, recollendo o gran cambio de tendencia rexistrado pola economía galega a finais do S. XVI e delimitando de maneira precisa as fases de auxe, estancamento e quebra do tráfico mercantil, facilitando ademáis unha visión do proceso en termos globais, atendendo no só as razóns de carácter económico senon a influencia dos factores políticos.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Pazos gallegos : materiales para su estudio / Miguel DuránLoriga y Salgado, [recopilación y textos ; Juan Durán-Loriga Rodrigáñez, José Carlos Valle Pérez].-- [Pontevedra] : Deputación Pontevedra, Editorial, D.L. 2013. 728.8/DUR/paz Este traballo aporta unha exhaustiva investigación documental, algunha aínda inédita, con fichas e apuntes do traballo de campo do autor que foi recopilando ao longo dos anos, sobre os pazos das catro provincias galegas tanto rurales como urbanos, que albergan unha parte importante da memoria de Galicia.

Cruceiros, cruces e petos de ánimas en Terras de Fragoso / Manuel-Gonzalo Prado González.-- [Pontevedra] : Deputación Pontevedra, Editorial, D.L. 2013. 726.9/PRA/cru Con este catálogo di o autor, no prólogo do libro, que pretende contribuír ao estudo, preservación, protección e divulgación das cruces e cruceiros en xeral, e aos das parroquias que forman as Terras do Fragoso (actual municipio de Vigo) en particular, para así chegar a conciencia da veciñanza e facela partícipe da importancia de protexer e conservar o patrimonio histórico máis próximo.

As campás galegas : fundicións / Celso García Alonso.-Pontevedra : Deputación de Pontevedra, D.L. 2012. 67/ GAR/cam No libro estúdanse as fundicións que houbo e que hai en Galicia, as funcións fundamentais das súas campás, os seus obradoiros, o complicado proceso de fundición, a identidade dos mestres fundidores, dos seus obradoiros, das súas vivendas e da súa ascendencia e descendencia. Nesta investigación o autor apunta que hai fundicións con máis dun século de antigüidades en perfecto estado, e nalgún caso ata máis de 200 anos. Destaca que comprobou que as campás das fundicións galegas teñen características comúns: figura, elementos decorativos, inscricións e unha boa sonoridade e durabilidade.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Los centros de la emigración pontevedresa en Buenos Aires / Martín Fernández Vizoso.-- [Pontevedra] : Deputación de Pontevedra, Editorial, D.L. 2013. 314.7 FER cen O autor fai un percorrido polas causas e as etapas da emigración galega en Bos Aires e como se foi articulando esta colectividade na sociedade e na vida cultural e política desta cidade, formando asociacións, grupos, comunidades en case todos os ámbitos: cultura, política, medios de comunicación, editoriais... Centrando o seu traballo nas asociacións e nas comunidades emigrantes da provincia de Pontevedra.

Bayona de Galicia : pasado y presente de la real villa histórica, turística y marinera / por Héctor Barreiro Troncoso.-- Pontevedra : Deputación Provincial, 2012. 914/BAR/bay Exposición da vida da Vila de Baiona nos diversos aspectos: xeográfico, social, histórico, cultural... así como unha relación dos feitos históricos máis importantes que influíron na súa historia, destacando as grandezas dos séculos XVI e primeira metade do XVII, época que se pode considerar a idade de ouro de Baiona.

La ciudad de Arousa : Vilagarcía + Carril + Vilaxoán + Cortegada + Vilanova : mil años buscando un lugar en el mapa / Manuel Villaronga.-- Pontevedra : Deputación Pontevedra, [2013]. 946.011 VIL ciu Un estudo detallado da evolución territorial de Vilagarcia de Arousa, desde que estas terras eran descritas en pergameos medievais ata o fallido intento de anexionar Vilanova, para xuntas crear a sempre soñada e nunca lograda Cidade de Arousa.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Nigrán : casas, pazos, heráldica y linajes / Rafael Rodríguez Fernández-Broullón.-- [Pontevedra] : Diputación de Pontevedra, Editorial, imp. 2013. 929.6/ROD/nig O libro segundo o autor pretende ser un catálogo ou inventario que sexa testumuña non só do legado histórico do patrimonio heráldico do municipio de Nigrán senón tamén das súas casas de avoengo e das estirpes titulares destas labras representantes da fidalguía.

Juego popular y tradiciones infantiles, Zamora / Victoriano Yagüe Sanz.-- [Madrid] : V. Yagüe, D.L. 2015. 398.5/YAG/jue Preséntase en primeiro lugar unha evolución do xogo, así como a problemática do xogo popular tradicional na actualidade. A utilización dos xogos populares e do folclore na aula, para pasar á descrición dos xogos tradicionais na provincia de Zamora.

La ingeniería técnica industrial en Galicia / Joel Fernández Soto.-- Pontevedra : Diputación de Pontevedra, D.L. 2011. 378/FER/ing Este estudo pretende recompilar o pasado, o presente e o futuro da inxeñería técnica industrial en Galicia, con motivo dos máis de cen anos de profesión en Galicia (en 1945 constituíase a Asociación Gallega de Peritos Industriais) e o cincuenta aniversario da fundación do Ilustre Colexio Oficial de Peritos e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO).


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

O ensino primario en Ourense no primeiro terzo do século XX / Rosa María Cid Galante.-- Ourense : Deputación Provincial de Ourense, D.L. 2014. 37/CID/ens Neste estudo a autora pretende analizar o estado do ensino primario en Ourense no primeiro terzo do S. XX, así como os aspectos socioambientais que rodean á educación na provincia, internándose nas cuestións estruturais da educación primaria ourensá, na evolución do número de escolas primarias, tanto públicas como privadas nas escolas de adultos, na calidade e estado dos establecementos escolares, nos orzamentos que recibía a provincia, métodos que se empregaban...

O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense : aproximación histórica ao período 1840-1930 / Alberte Casal Blanco.-- [Ourense] : Deputación Provincial de Ourense, D.L. 2014. 625.1/BLA/con A investigación ten como obxectivo ofrecer unha apoximación histórica ao ferrocarril do sur da Galiza e amosar cal foi o contexto no que se elaboraron os diferentes estudos e proxectos da liña de Zamora a Ourense e a súa conexión con Vigo, os intereses económicos e financieiros implicados a nivel nacional e internacional, ademais das características dos movementos sociais existentes a prol dos camiños de ferro.

Emigración, negocios e política na Galicia rural : Coles (18871940) / Raúl Soutelo Vázquez.-- Ourense : Deputación Provincial de Ourense, D.L. 2014. 314.7/SOU/emi Dende a microanálise da emigración nun concello rural, pero vencellado coa cidade de Ourense, analiza o autor as causas, características e consecuencias da mobilidade laboral da poaboación galega cara o hemisferio occidental durante a primeira metade do S. XX. Profundando na tese de como a emigración de retorno forneceu tamén de recursos ideolóxicos e organizativos para o tecido asociativo desenvolvido na Galicia rural e vilega no primeiro terzo do S. XX.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco (18841936) / Jesús de Juana López.-- Ourense : Diputación Provincial, 2013. 32/JUA/apr Esta obra de Jesús de Juan intenta desvelar como dentro da evolución e das distintas etapas vitais da obra e do pensamento de Vicente Risco tivo unhas constantes irrenunciables na súa mentalidade e o no seu sentimento, un sustento ideolóxico que se mantén permanente, unhas ideas básicas que percorren a súa vida e que permiten emitir un razoado xuízo dos fundamentos mentais risquianos.

Cousas de nenos : unha aproximación á representación da infancia en Cousas da vida de Castelao / Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García ; prólogo de Valeriano Bozal.-- [Pontevedra] : Deputación de Pontevedra, Editorial, D.L. 2014. 741.5/VIL/cou Diana Vilas e Óscar Rodríguez fan un percorrido a través da historia, da arte e, en especial, das estampas de Castelao pertencentes ás súas Cousas da vida para poñer de manifesto a evolución na concepción e na representación da figura do neno.

Literatura de tradición oral y cultura popular de La Moraña (Ávila) / Luis Miguel Gómez Garrido.-- [Ávila] : Diputación Provincial de Ávila : Institución Gran Duque de Alba, 2014. 398.2/GOM/lit Esta obra é un resumo da tese de doutoramento do autor para así poder difundir entre o público unha gran mostra da literatura de tradición oral e da cultura popular da comarca de La Moraña na provincia de Ávila. Unha minuciosa recompilanción e catalogación de romances tradicionais, cancioneiros, coplas, supersticións, contos, refráns, lendas, medicina e veterianaria popular agrupándoos por distintas temáticas.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Del Conservatorio del Príncipe D. Alfonso al CMUS Manuel Quiroga: apuntes para una crónica de 150 años de enseñanza musical en la ciudad de Pontevedra / Fernando Otero Urtaza.- Pontevedra : Diputación de Pontevedra, 2014. 78/OTE/del Este repaso por 150 anos de ensinanza musical na cidade de Pontevedra fai un repaso polas distintas institucións, asociacións, escolas e sociedades que impartiron clases de música desde o Conservatorio Literario e Artístioc do Príncipe d. Alfonso , pasando pola Orquesta de Cámara de Pontevedra, os Cantores do Instituto...

Sonidos rituales : entre el poder de los dioses y el de los hombres : Museo de América, Madrid, 24 de marzo-31 de mayo de 2015 / [comisaria y textos], Mónica L. Gudemos.-[Madrid] : Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Secretaría General Técnica, 2015. 904/SON Neste catálogo ademais da análise iconográfica de representación de músicos e instrumentos faise un estudo pola afinacións e as características organolóxicas dos instrumentos, a funcionalidade dos obxectos sonoros e a relación destes sons e músicas coas danzas e co mundo cerimonial e ritual presente na vida cotiá do todos os pobos do pasado.

La prensa diaria en Castilla y León : (1856-2006) : [exposición itinerante].-- Valladolid : Junta de Castilla y León, Consejería de Cultura y Turismo, D. L. 2006. 070/PRE/A Catálogo da exposición do mesmo título que presenta unha visión histórica evolutiva de 150 anos de prensa diaria en Castela e León. Móstrase a complexa elaboración dun xornal, a evolución da técnicas de impresión, a arte de imprimir, unha historia dos medios de comuniciación escritos desde 1856 a 2006 os seus cambios e comportamentos segundo o momento histórico, rematando cun estudo da prensa diaria por provincias nos S. XIX e XX.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

Sociedad Filarmónica de Vigo : cien años de música, 19152015 /Tamar Adán García, Martín Fernández Fernández, María Consuelo Iglesias Fernández ; coordinación, Sociedad Filarmónica de Vigo.-- [Pontevedra] : Deputación de Pontevedra Editorial, D.L. 2015. 785/ADA/soc Publicación sobre o centenario da Sociedade Filarmónica de Vigo entidade difusora da música clásica entre a cidadanía viguesa. A través do estudo de distintos especialistas do libro recolle a prolífica traxectoria, nen sequera interrompida durante a Guerra Civil, desde as súas orixes unida a La Tertulia Recreativa, pasando polos difíciles anos 30, a fusión coa Orquestra Filarmónica de Vigo, pasando polo 75 aniversario e chegando os 100 de programación en 2015.


MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Rúa Santiago 10, 32400 Ribadavia T. 988 471843 F. 988470961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es

BIBLIOTECA. MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Horario De luns a venres de 9 h. a 15 h. Os luns as salas de exposición do Museo están pechadas, para acceder á Biblioteca chamar ao timbre. Catálogo Estamos dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia, polo tanto compartimos catálogo colectivo Para consultar o catálogo: http://rbgalicia.xunta.es/index.php?ap=37&subApartado=89 Máis información no blog: http://bibliotecamuseoetnoloxico.blogspot.com.es/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.