MUSEO ETNOLÓXICO RIBADAVIA CURSO
Procedementos básicos para a conservación do patrimonio documental, gráfico e fotográfico Do 27 ao 29 de xuño de 2012
Nuns tempos marcados polo exiguo dos orzamentos públicos, o Museo decide mudar as expectativas do seu programa formativo dende a especificidade á xeneralidade, tomando os aspectos metodolóxicos concernentes a coleccións determinadas como fórmula de transición para a súa posta en práctica noutros tipos de coleccións máis globais, conscientes de que os centros oficiais posuidores de patrimonio carecen de recursos humanos especializados para o seu mantemento. O proxecto presentado este ano está orientado a auxiliar os profesionais que dun xeito xeneralizado son responsables da custodia e preservación das súas coleccións, nun intento por viabilizar aspectos prácticos do día a día, e que poida garantir a realización de programas xenéricos de conservación preventiva sobre coleccións documentais, gráficas e fotográficas.
Obxectivo: procurar o coñecemento imprescindible sobre coleccións documentais para poder formular e executar o procedemento necesario para a súa conservación. Profesora: Mª Reyes Pérez Covacho Restauradora-conservadora do Arquivo Histórico Provincial. Lugo. Dirixido a: conservadores ou profesionais do patrimonio cultural, técnicos de museos e restauradores de bens culturais. Datas: 27 ao 29 de xuño de 2012 Horas lectivas: 24 horas Horario: mañá: das 9 ás 14 h tarde: das 16 ás 19 h Lugar: Centro Sociocomunitario de Ribadavia (Rúa Extramuros, 26. 32400 Ribadavia, Ourense).
Inscrición: debido ao carácter práctico do curso, a asistencia estará restrinxida a 20 persoas. Farase unha selección baseada na adecuación do solicitante, a súa formación previa e polo contido e necesidades do seu traballo. Prazo da inscrición: as solicitudes deberán remitirse ao Museo Etnolóxico, xunto co currículum vitae antes do 15 de xuño de 2012. Matrícula gratuíta Programa: 1. Diversidade do conxunto documental. Identificación dos materiais dos documentos. 2. Estado de conservación. Causas da deterioración e patoloxías. 3. Tratamentos básicos de limpeza e estabilización. 4. O sistema de acondicionamento individual. 5. Áreas de almacenamento. Patróns ambientais. 6. Formas de divulgación e exposición previstas.
Organiza: Museo Etnolóxico. Ribadavia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Colabora: Centro Sociocomunitario de Ribadavia Consellería de Traballo e Benestar Coordina: María José Ruiz Vázquez Información: Museo Etnolóxico Rúa de Santiago, 10. 32400 Ribadavia, Ourense. T 988 471 843 / 988 471 352 F 988 470 961 mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es maria.jose.ruiz.vazquez@xunta.es http://www.museoetnoloxicoribadavia.blogspot.com en facebook: http://www.facebook.com/pages/MUSEOETNOLOXICO-RIBADAVIA/179525058772680
FICHA DE INSCRICIÓN
Nome
Enderezo C.P.
Apelidos Localidade Provincia NIF
Teléfono Fax
Institución
Correo electrónico
Imprimir formulario
deseño e impresión: estudioacatro©
A custodia dentro do Museo Etnolóxico dun importante fondo fotográfico e documental na súa colección estable, levou a esta institución a asumir o papel que dende o punto de vista da formación lle compete como organismo público. Dende o ano 2005, téñense articulado na súa sede cursos orientados ao coñecemento e a preservación de materiais documentais, gráficos e fotográficos de singular recoñecemento.