MUSEO ETNOLร XICO RIBADAVIA
DOMINGO
02 DECEMBRO 13.00 h
Concerto presentaciรณn do libro-cd
Unha produción dirixida e realizada por KEPA JUNKERA A apaixonante viaxe que vou compartir contigo comezou cando só tiña once anos. A soas, na intimidade, ensaiaba cos primeiros instrumentos buscando o son da miña vida. Entón non alcanzaba a imaxinar que ese universo de notas sería o agasallo de personaxes como Isaías Fadón, o tío París, os irmáns Guillermo ou Amador García, entre outros moitos. Frautas, tamborís e outros instrumentos —regalo da natureza que os rodeaba— foron pasando de man en man por lendarios intérpretes que mantiveron viva a savia de nosas máis profundas raíces. Para algúns dos poboadores de Sayago, Aliste ou A Raia, aquela sería a única música en directo que escoitarían nos seus días. Hoxe, esa marabillosa melodía colectiva pasa polas miñas mans, antes de chegar ás seguintes.
Luis Antonio Pedraza Nace en Blanes, Xirona (España) en 1983, pero reside en Zamora desde moi novo onde comeza os seus estudos musicais con 7 anos no Conservatorio de Música de Zamora. Aos 12 anos comeza a estudar frauta pastoril de tres buracos e tamboril e percusión tradicional nas escolas de folclore de Zamora e Salamanca. Compaxina as súas actuacións musicais como multi- instrumentista (instrumentos de vento, corda e percusión tradicional) co labor de director musical da Asociación de Tamborileros Zamoranos (A. T. Z.). Actualmente, pertence ao afamado grupo de folk "A Musgaña" e colabora desde o 2003 con numerosos grupos e formacións.
DL: OU 372-2018 | DESEÑO: NOMA ESTUDIO
Libro-Cd De mano en mano de Luis Antonio Pedraza