Museo Etnolóxico.
Foto Nacho Romero
Foto López Quijada
Ribadavia
Centros educativos participantes: CEIP de Leiro - CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia CEIP de Castrelo de Miño Centro de Día Cruz Vermella de Ribadavia
Coordina
Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia
Promove CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Museo Etnolóxico de Ribadavia
18 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Foto Bene
DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2015 O Museo Etnolóxico ten entre os seus fondos interesantes coleccións de imaxes fotográficas que podemos agrupar en 3 tipos: ● Doazóns de cidadáns que forman durante a súa vida un álbum familiar. ● Arquivos procedentes do Estudo ou Obradoiro dun fotógrafo profesional, adquiridos pola Administración da que depende o Museo. ● Imaxes fotográficas dispersas e de temática variada, que ingresan no Museo logo da doazón ou do depósito de particulares. Nos talleres organizados ao redor do Día Internacional dos Museos (18 de Maio) procúrase: 1. Difundir entre a comunidade escolar os fondos fotográficos do Museo Etnolóxico. 2. Mostrar a utilidade da imaxe fotográfica para as distintas áreas e niveis educativos a A investigación da fotografía. Lecturas e miradas das imaxes. b A fotografía, testemuña dos comportamentos sociais. c A fotografía, espello de sucesos relevantes. d A fotografía mostrando oficios e actividades. e A fotografía, fenómeno técnico e feito artístico.
A exposición “A mirada dos espazos. Camiño dunha antropoloxía visual” mostra aos visitantes a obra dos fotógrafos con fondos no Museo Etnolóxico. A través das súas fotografías o público observa todo o que unha imaxe pode ensinar. A foto posibilita múltiples e distintas miradas, segundo a perspectiva que se adopte: • A perspectiva TÉCNICA (a incidencia da luz, as reaccións químicas de elementos concretos etc.) • A perpectiva HISTÓRICA, SOCIOLÓXICA ou ETNOGRÁFICA (o que unha foto conta ou suxire) • A perspectiva ARTÍSTICA (a súa beleza ou a súa perfección) Para un aproveitamento escolar ou educativo, as fotografías poden ser ferramentas didácticas nas Ciencias da Natureza, nas Ciencias Sociais, nas Materias Artísticas ou nas Matemáticas. Co material didáctico “Escribimos coa luz” tratamos de achegar ao profesorado e, a través del, ao alumnado unhas coleccións e repertorios fotográficos que poden ter un uso nas aulas das diversas especialidades e materias. Os fondos fotográficos e audiovisuais que garda este Museo constitúen un valioso recurso educativo.
Foto Pacheco
Foto Santi Amil
Foto Hipólito
Foto Hipólito