1986
2016
Museo de Artes e Costumes Populares
Museo Etnolóxico
Museo Etnolóxico. Ribadavia
15 maio:
12:30 h Patio do Museo Etnolóxico. Concerto do quinteto de vento «Airas Ensemble». O MER invita á cidadanía a celebrar os seus 30 anos aberto ao público con este grupo de cámara formado por novos músicos galegos e integrantes das formacións orquestais NDR Radiophilarmonie de Hannover, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, European Chamber Ensemble e Orquestra Sinfónica Vigo 430.
18 de maio:
11:00 h Salón de Actos do Museo Etnolóxico. Proxección do documental «À Propos de Nice», de Jean Vigo; con interpretación musical en directo de Carlos Quintá. Sesión escolar. En À Propos de Nice Jean Vigo, coa colaboración na cámara de Boris Kauffman, logra, a través do que el chama o «Punto de vista documentado», unha persoal aproximación á paisaxe social da cidade de Niza dos anos vinte do século pasado. Concebida como unha película muda, Marc Perrone crea unha banda sonora a partir da música
composta por Maurice Jaubert para L’Atalante. Á banda orixinal engádenselle pezas breves da vangarda. 20:30 h Salón de Actos do Museo Etnolóxico. Proxección do documental «À Propos de Nice», de Jean Vigo; con interpretación musical en directo de Carlos Quintá. Sesión adulta.
20 de maio:
Noite dos Museos. O MER únese á celebración da Noite Europea dos Museos mantendo abertas as súas portas ata a 01:00 h, a modo de suxestión para reflexionar sobre o papel do Museo e da cidadanía na protección da Paisaxe Cultural. Entre as 20:30 h e as 24:00 van ter lugar visitas teatralizadas nas salas da exposición Seguindo o Fío.