FOTOCROMOS NO MUSEO ENTOLÓXICO No ano 2010 chega ao Museo Etnolóxico o primeiro grupo de documentos que vai formar parte dun dos arquivos máis extensos da institución, doado por Emilio García Fernández. O que nun principio foi unha miscelánea de cartaces de películas e manuais sobre a historia do cine, hoxe é un extenso fondo, recompilado de forma panorámica, que percorre a industria cinematográfica en todas as súas categorías: historia e teoría do cine, realización, dirección, intérpretes, películas, festivais, marketing, textos teóricos, tesis, revistas, artes afíns, publicidade, audiovisual, imaxe e calquera outra disciplina relacionada co mundo cinematográfico.
Dentro desta colección recuperamos centos deses documentos tan familiares para os asiduos ás salas de cine: os Fotocromos ou Lobycards, que é o termo orixinal en inglés. Os fotocromos son as páxinas con escenas de películas e datos técnicos que se colocaban nos vestíbulos dos cines e servían como adianto do que se podía ver. Formaban series de 8, 10 ou 12 fotografías e tiveron variacións conforme foi evolucionando a historia do cine. Na súa orixe eran en blanco e negro e coloreados a man, dun tamaño reducido que foi medrando e cambiando o soporte a cartón ríxido para soportar os continuos traslados entre as salas de exhibición. Os últimos fotocromos eran de tamaño A4 e papel couché e terminaron desaparecendo coa chegada das multisalas. https://archivocine.com/index.php/material/fotocromos-lobycards http://bibliotecadelcinefantastico.blogspot.com/2016/04/fotocromos-de-miguel-angel-martin-para.html
Os fotocromos que chegaron ao Museo Etnolóxico estaban almacenados en caixas de cartón e arquivadores AZ convencionais e seu estado de conservación era deficiente, salientando as seguintes patoloxías: • Sucidade orgánica e restos de po • Adhesión entre eles con fita adhesiva (moitos deles viñan recollidos directamente das paredes) • Ataque biolóxico por fungos (o papel mostraba cercos de humidade con puntos negros e pardos) • Afeccións mecánicas: roturas, rachaduras, dobraduras. Unha gran parte da colección de Fotocromos foi tratada con sinxelos procedementos orientados á sua preservación e para que o tempo de resposta para a súa conservación fora o mais alto posible
En primeiro lugar, fíxose unha limpeza con aspiradores de succión regulable con filtro para po e boquilla con cepillo. Se o material estaba estable úsaronse perillas de ar e brochas suaves.
Tamén se retiraron os elementos agresivos, como a fita de cola.
Os materiais contaminados por microorganismos foron apartados da colección, aireados e guardados en ambientes máis secos ata o seu tratamento. Os que semellaban ter micoorganismos activos nebulizáronse cun funxicida de amplio espectro.
Unha vez tratados, os fotocromos reciben unha protección individualizada de poliéster e gárdanse en caixas de conservación debidamente identificados.