INVENTARIO
3664
EXP. CONSERVACIÓN COND. ESPECIAIS
41/2016/2
INFORMES
Informe previo á saída para exposición temporal Boneca de trapo formada por un corpo central feito a partir dun rulo de tecido de liño enchido de algodón e fruncido no pescozo para formar a cabeza. O corpo se compón co resto do tecido envolto en esparadrapo branco formando unha torunda que serve para agarrala. Os brazos son un roliño cosido pola parte da espalda. Non ten pernas. A boneca está xenerosamente vestida cun refaixo inferior corto feito de encaixe de algodón, outro refaixo superposto de tecido de gasa fina e de cor crema e por último, unha saia de voo estampada, na que hai que salientar un vistoso volante que incrementa o voo. Sobre esta saia vai un mandil branco de gipur. A boneca leva unha chaqueta de algodón branco con adornos bordados polo perímetro. Está feita a man.
PARÁMETROS EXPOSITIVOS: valores máximos preceptivos de exposición á luz e radiación ao U.V. considerando unha exposición diaria de 9 horas Lux (lm/m2) : < 50. U.V. (?W/lm): < 40 Valores máximos e mínimos recomendados de HR e TªHR: <70% >50%; Tª: >15ºC < 18ºC EMBALAXE E TRANSPORTE - Inmobilización do obxecto en horizontal no interior da embalaxe para evitar que se desprace con movemento brusco. - O obxecto debe ser protexido con materiais quimicamente estábeis, en caquera caso, compatibles cos materiais constitutivos oirixinais para minimizar calquera acción abrasiva. EXPOSICIÓN 3664. Vista da espalda - Obxecto que precisa de soporte expositivo propio baseado nunha peaña ou sobreplinto con suxeición. - Debe concibirse con materiais compatibles co obxecto, posibilitando a montaxe e desmontaxe según procesos simples. - Exposición en vitrina
ESTADO DE CONSERVACIÓN O estado de conservación é bo. Presenta sucidade polo uso, con algunhas manchas de restos orgánicos e de ferruxe. A roupa está moi enrugada. O encaixe do mandil ten lagoas provocadas por enganches e a chaqueta debía ter os botóns colocados noutro lugar como indican dúas lagoas no tecido. Fáltalle un botón. PROPOSTA DE TRATAMENTO Limpeza Consolidación Realización de soporte expositivo 25/01/2016 Ruiz Vázquez, María José
TRATAMENTOS
3664.Vista da parte inferior do tronco, por onde se agarra a boneca
3664. Desmontaxe da chaqueta. Apréciase un bodoque recheo de algodón para simular o peito
3664. Lavado de corpo de boneca, camisa e mandil con espuma de xabón
Exposición temporal Técnica de Limpeza Realizouse unha limpeza xeral por microaspiración. Posteriomente, se desmontou a chaqueta, o mandil e a saia exterior. Procedeuse ao lavado con espuma de xabón neutro da chaqueta, o corpo da boneca e o mandil. Unha vez aclaradas as pezas, puxéronse a secar de pé e con alfinetes, buscando a alineación correcta. Decidiuse non lavar a saia, posto que tiña un apresto que lle da rixidez e que probablemente eliminaríase co lavado. Neste caso, aspirouse polo dereito e o revés, enfatizando nas manchas con gomas de caucho, e meteuse nunha cámara de humidificación en frío, para axudar co planchado posterior. Este proceso se realizou coa saia de pe, colocada sobre unha peza de espuma neutra.
Produtos: Teepol / Auga / Goma ArtGum / Plastazote 22/01/2016 - 01/02/2016Ruiz Vázquez, María José Técnica de Consolidación Consolidación do mandil cun sandwich de tul monofilamento, cosido mediante líñas de fixación e punto invisible no perímetro. A chaqueta tiña dúas lagoas con rasgado de ligamento ao lado dos botóns. Tiráronse liñas de fíos de seda para evitar as perdas de fíos. Produtos:Tul de nailon monofilamento / Fío de seda 26/01/2016 - 01/02/2016Ruiz Vázquez, María José Acondicionamento definitivo Control de Embalaxe A boneca colouse sobre un molde cónico de espuma de conservación. Logo, fíxoselle unha caixa de cartón True-Core Produtos:Cartón de conservación Tru-Core / Plastazote 02/02/2016 - 04/02/2016Ruiz Vázquez, María José
3664. Alineado da chaqueta con alfinetes
3664. Limpeza en seco da saia. Reverso
3664. Alineado do mandil en plano, con alfinetes sobre plancha de espuma
3664. Consolidación con tul
3664. Alineación de saia en molde de espuma
3664. Vestindo a boneca
3664. Secado en vertical do corpo da boneca sobre molde de espuma
3664. Colocando a camisa