Informe restauración cartel cohete misional

Page 1

CARTEL “COHETE MISIONAL”

INFORME DE RESTAURACIÓN Cód. Identificación: 2004/01/000001



MUSEO ETNOLÓXICO. RIBADAVIA Asunción Terroso Hernández Agosto 2014

DATOS TÉCNICOS -

Nº inventario: 2004/01/000001

-

Documento: cartel.

-

Título: Petitorio para as misións.

-

Material: “papel de periódico” impreso.

-

Datación: anos 50-60 do s. XX.

-

Medidas: 32 x 44 cm.

ACHADO O cartel aparece como forro das tapas do libro Soluciones analíticas (1935), de José Dalmau Carles, pertencente ó fondo de Elvira Álvarez Vega. Durante o proceso de limpeza do libro, descóbrese este cartel dobrado funcionando como forro.


Imaxes do cartel achado como forro do libro.

SOBRE O CARTEL O cartel debe entenderse dentro do contexto das colectas que realizaban os escolares para as Misións durante o franquismo, considerando a presenza absoluta da Igrexa Católica na política educativa. As denominadas “Cuestaciones para el Domund” entre os anos 50 e 60, baseábanse en campañas de colecta de cartos que realizaban os nenos, xeralmente en parellas, portando petos con forma de cabezas de “negritos”, “chinitos” ou “indios”. Estas campañas para a “Santa Infancia” convertíanse nun proceso competitivo no que os nenos que máis colectaban recibían diferentes tipos de premios. A esta competición responde a ilustración do cartel, na cal podemos observar un circuíto con casillas numeradas ata a meta. A frase “chinitos contra negritos” enténdese que fai referencia ós petos que portaban os alumnos, formando así dous equipos: os que levaban os petos con forma de cabeza de “chinito” e os que levaban os de forma de cabeza de “negritos”.


A temática lúdica da competición é a chegada á lúa en “Sputnik”, amosando o trasfondo da carreira espacial nos anos en que a U.R.S.S. lanzaba este tipo de satélites (1957-1961).

Nenos cos petos de “pedir” para o Domund.

Petos característicos das colectas.


Imaxe xeral do cartel.


ALTERACIÓN A continuación descríbense as principias alteracións que presentaba o cartel. •

Pregado: debido ó uso como forro das tapas do libro, o cartel estaba dobrado para adaptarse ó formato deste.

Roturas e faltas de soporte: as zonas de pregado sufriron graves roturas que en moitos casos deron lugar a perda de fragmentos de papel.

Desprendemento de fragmento: consérvase un fragmento de dimensión considerable que se desprendeu a causa das roturas.

Deformación: o cartel estaba deformado a causa do pregado.

Suciedade superficial: Suciedade superficial xeneralizada e acumulacións nas zonas de pregado.

Acidez: esta é unha alteración intrínseca do “papel de periódico”, debido á alta porcentaxe de lignina na súa composición. A consecuencia da acidez elevada é a fraxilidade do papel.

Oxidación: o amarelamento do papel é froito da súa oxidación ante á luz. Novamente, esta

é unha alteración propia da mala calidade da

polpa de celulosa empregada na fabricación do “papel de periódico”.

Aspecto do cartel tras retiralo da cuberta do libro.


Detalle do cartel onde se aprecia o pregado, deformacións, roturas e faltas de soporte.

INTERVENCIÓN Os tratamentos de restauración levados a cabo foron os seguintes: 1. Limpeza superficial en seco mediante pinceis suaves. 2. Despregado e pranchado puntual. Elimináronse as deformacións puntuais e pregados mediante espátula de calor para posibilitar a unión de roturas e a adhesión de fragmentos.

Anverso e reverso do cartel tras o despregado e pranchado puntual.


Imaxes comparativas dun mesmo detalle antes e despois do despregado e pranchado puntual.

3. Adhesión. Adheríronse polo reverso bandas e tiras de papel xaponés de moi baixa gramaxe para a unión de roturas e como reforzo das zonas con faltas de papel. Previamente, para a aproximación dos bordes rotos, dispuxéronse tiras provisionais no anverso, que foron retiradas posteriormente. O adhesivo empregado foi Carboximetilcelulosa. O proceso de adhesión finalizouse aplicando calor e presión controladas, mediante espátula térmica.

Proceso de adhesión de bandas de papel xaponés.


4. Aplanado. Para o aplanado humedeceuse progresivamente o cartel con auga entre dous papeis Remay, para de seguido colocalo na prensa con papel secante. Os secantes foron substituíndose periodicamente ata acadar o completo secado do cartel.

Á esquerda, humectación para o aplanado. Á dereita, resultado do aplanado.


Imaxes comparativas: estado do cartel antes e despois da restauraciรณn.


CONSIDERACIÓNS SOBRE CONSERVACIÓN PREVENTIVA •

O cartel introduciuse nun sobre de Mylar selado para unha mellor manipulación do cartel. Ó sobre realizóuselle unha abertura para posibilitar a ventilación.

Recoméndase almacenar a peza resgardada da luz, posto que a incidencia da radiación UV acelera a oxidación do papel.

En caso de exposición, deberanse controlar os niveis de iluminación, sendo recomendable non superar os 80 lux. Será aconsellable o emprego de filtros para a radiación UV. Por outra banda, se o cartel expuxérase en vertical, deberase suxeitar nunha ventá (passepartout) mediante papel xaponés.

BIBLIOGRAFÍA E WEBS CONSULTADAS: •

Sobre “Cuestaciones para el Domund”: -

50 años en las aulas: Domund. http://50enlasaulas.blogspot.com.es/2010/10/domund.html

-

V.V.A.A.: Estudios sobre la política educativa durante el franquismo. Universidad de Valencia. http://books.google.es/books? id=yRVAVD_S1uAC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&c ad=0#v=onepage&q&f=false

http://gl.wikipedia.org/wiki/Programa_Sputnik#Carreira_espacial

Sobre conservación e restauración de documento gráfico: -

CRESPO e VIÑAS: La preservación y restauración de documentos y libros en papel: un estudio del RAMP con directrices. Programa General de Información y UNISIST. UNESCO. París, 1984.

-

Colección Joseph Bosch. http://www.josepbosch.net/sp_conserv.htm


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.