Informe restauración impresora de contactos

Page 1

INVENTARIO

3490

EXP. CONSERVACIÓN

41/2017/17

INFORMES

21/10/2017 Peza cun ataque masivo de insectos xilófagos. Ao collela desprende numerosas serraduras. Procede desinsectación por anoxia 27/08/2018 Estado de conservación precario: -Depósitos de po e sucidade. -Ataque masivo de xilófagos, non activo (foi desinsectada mediante anoxia), con perda importante de consistencia do material. - Restos na superficie dun betún ou cera envellecida aplicada con brocha. Proposta de tratamento: Desinsectación preventiva. Limpeza. Consolidación.

ANÁLISE

Medición da concentración de Osíxeno durante o tratamento con anoxia. data HR% Tª ºC O 2% 16/06/2017 63 24,9 20,9 23/06/2017 56,4 32,4 0,000 26/06/2017 62,3 25,2 0,000 29/06/2017 61,7 22,6 0,000 07/07/2017 60,6 25,2 0,000 24/08/2017 60,2 27,6 0,000 (apertura da bolsa)

TRATAMENTOS

Desinsectación O uso da anoxia para o tratamento de pezas históricas atacadas por insectos é un método seguro, tanto para a peza como para os manipuladores. Diferentes estudos (Valentín e col, 1998), teñen demostrado que non se producen alteracións físico químicas nos soportes e ademáis pódese conseguir o 100% de mortalidade en todos os estadíos de desenvolvemento dos insectos, ovo, larva, pupa e adulto. Un tratamento con anoxia consiste na eliminación casi por completo do O 2. Desta forma créase unha atmósfera anóxica incompatible coa vida dos insectos, na que o nivel ideal de O2 atópase por baixo do 0,1%. Procedimento: 1.Confección dunha bolsa de plástico de polietileno de alta barrera ao osíxeno termoselada en cuxo interior están as pezas con ataque de xilófagos. Colócase tamén un datalogger para seguimento de Tº e HR 2.Cálculo do número de absorbentes: Va en ml= 120 largo x 75anchox 40alto= 360.000ml VO2 a eliminar= 360.000/5= 72000 ml Colocáronse 75 bolsas de ATCO-1000 3.Control periódico dos niveis de osíxeno. Introdúcense os sacos de absorbentes e obsérvase cando o nivel de osíxeno é menor de 0,1% . A medición realízase cun oxímetro da Marca Dansensor, a través dunha agulla que extrae ar do interior da bolsa. 4.Duración do proceso: mínimo 20 días


Técnica de Limpeza Mecánica: limpeza de pó e depósitos superficiais mediante cepillos de distinta dureza e aspiración, empregando o bisturí no caso de depósitos incrustados. Química: eliminación de restos dun betún aplicado con brocha mediante hisopos humedecidos en auga - alcohol.

Cata de limpeza

Limpeza química

Despois da limpeza

Técnica de Consolidación - Consolidacións puntuais con Paraloid B72 ao 5% en dowanol. - Adhesións puntuais con PVA. - Reintegracións puntuais con Araldit madeira, sempre de tipo estrutural cando se considera necesario para a estabilidade da peza.

Diferentes procesos de consolidación

Imaxes finais


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.