MEMORIA FINAL RESTAURACIÓN MANTÓN DE MANILA E ASISTENCIA NA MONTAXE EXPOSICIÓN TEMPORAL "SEGUINDO O FÍO" Museo Etnolóxico de Ribadavia
M. Luz Pedrido Pérez Conservadora Restauradora NIF 36133795J As Teixugueiras Nº27 P3 10M, 36212 VIGO. T646577001. luzpedrido@hotmail.com
MANTÓN DE MANILA 1. DATOS IDENTIFICATIVOS MANTÓN DE MANILA ORIXE E DONO
Cristina Andrade, Doazón Museo Etnolóxico de Ribadavia
INVENTARIO
Sen inventariar
CLASIFICACIÓN XENÉRICA
Indumentaria tradicional; Indumentaria feminina; Complementos de ombreiros
OBXETO
Mantón
TIPOLOXÍA
Mantón de Manila
MATERIA/SOPORTE
FLOCOS: ALGODÓN BORDADOS: SEDA TECIDO BASE: SEDA
TÉCNICA
Bordado a agulla Crespón Macramé
DIMENSIÓNS
TOTAIS 2,43cm INTERIOR 1,44cm x 1,43cm FLOCO: TOTAL 50 cm, MACRAMÉ 15cm FÍOS: 33cm
DESCRIPCIÓN
É un lenzo cadrado de seda decorado en cores vivos con flores e rematado en todo o seu perímetro por flocos. O bordado é sinxelo e
armónico cunha flora depurada, centrada en peonias ou rosas e caraveis como motivos principais, moi do gusto español. ICONOGRAFÍA
Representacións vexetais
DATACIÓN
Finais SXIX ou SXX
LUGAR DE EXECUCIÓN
Sevilla?
CONTEXTO CULTURAL/ESTILO
O mantón de Manila está vinculado ó exquisito non so pola minuciosidade do seu traballo artesanal e virtuosismo si non por estar ligado de forma directa a utilización dun dos materiais textis máis valiosos da historia do téxtil, a seda. Polo caros que eran os materiais para a súa confección podemos dicir que era unha peza reservada a clases adiñeiradas.
FOTOGRAFÍAS
TECIDO BASE. Cor Material Ligamento
Densidade Medidas FLOCO Medidas
Unión coa tea base Torsión Material Cor Debuxo do macramé
BORDADO Superficie bordada Fío
Morfoloxía
Puntadas recoñecidas
Trama: Crúa Urdime: Crúa Trama: Seda Urdime: Seda Crespón de seda con ligamento de tafetá, importado de China, fabricado co urdido de fíos de seda crúa sen torsión e a trama con fío moi torcido, alternando o sentido da torsión. 38 fíos cm trama x 64 fíos cm urdido 1,44cm x 1,43cm
TOTAL 50 cm, MACRAMÉ 15cm FÍOS: 33cm Dobladillo cosido a man En S Perlé de algodón Crúa
Totalmente bordado Non reversible Seda Cores: vermellos, rosas, amarelos, verdes, azuis, blancos violetas, fucsias e laranxas. Floral, con peonias e rosas como motivos principais, rodeadas de grecas de craveis e distintas flores e follas. Bordado erudito ó matiz.
IDENTIFICACIÓN DAS FIBRAS TEXTIS O estudio das mostras fíxose mediante microscopía.
Mostra analizada Tecido de base
Resultados
Bordado
Seda
Floco
Algodón
Seda
Imaxes
2. ESTADO DE CONSERVACIÓN O proceso dexenerativo vese reflexado en distintos signos ou indicadores: o Amarelamento e escurecemento da obra téxtil o Perda de elasticidade o Manchas de diferentes tipos O envellecemento do mantón de Manila é evidente e presenta todos os indicadores arriba mencionados. (verémolos mellor reflexados na táboa adxunta) CAUSAS APARENTES DE DETERIORO Factores internos Son factores intrínsecos as pezas sendo en moitos casos irreversibles, variando según a natureza e a técnica de execución de cada obra. Deterioros producidos por unha mala execución da peza, en canto a calidade do bordado o do refrecado, que producirán un deterioro pola ineficacia da técnica empregada, é dicir o peso dos materiais empregados poden facer que se produzan desgarros como é o caso neste mantón.tanto na zona dos flocos como no arredor dos bordados de maior tamaño. Condicións atmosféricas externas O osixeno, o ozono e os ácidos provocan procesos de hidrólise na proteína da seda, proceso que se acelera cunha temperatura alta, unha humidade elevada e unha sobre exposición a luz. A temperatura: A velocidade dos procesos químicos que provoca o envellecemento, acelerase polo incremento da temperatura. O calor acelera a degradación da celulosa e as proteínas, propiciando a aparición dos axentes biolóxicos do deterioro. A luz: Toda exposición dun mantón a calquer tipo de radiación lumínica provócalle unha fotodegradación, que se manifesta cunha degradación do color, da fibra e o tinte, así como cunha perda das propiedades mecánicas. A ventilación: A ventilación será outro factor a ter en conta, xa que que en espazos onde non existe, proliferan os microorganismos e condensacións non desexadas. Estas condensacións poden causar decoloración ou migracións de tintes inestables dos bordados. Factores biolóxicos É o axente que máis dano e destrución causa nos tecidos e especialmente nos mantóns, provocando danos que afectan mecánica e cromaticamente os materiais. Inadecuada manipulación Son pezas producidas para ser usadas polo que a variedade de deterioros inducidos polas malas manipulacións e intervencións é enorme. A oxidación e a perforación da tela base pola colocación de alfinetes grosos para suxeitar o mantón. O rasgado da tea base, por enganchóns e desgarros. A perda de floco, debido a enganches ocasionados por unha inadecuada manipulación da prenda en conxunto e por unha mala colocación. O tipo de sucidade é un apartado moi importante dentro dos deterioros producidos por un mal uso ou por un mal almacenamento da peza. Mal almacenamento Almacenamento pregado ou en forma “de bola”, propiciando a formación de pregues que debilitan a seda base e acaban rasgándoa. E mais si a isto se engade a humidade relativa oscilante, a falta de ventilación e a calor. Malas intervencións limpezas demasiado agresivas, zurcidos ou colocacións de parches para paliar as roturas ou desgarros.
ESTADO DE CONSERVACIÓN Tecido base
Bordado
Floco
Perda de soporte
-
-
Ataque biolóxicos
Depósitos de po e sucidade Estado das fibras
En toda a superficie
Moi quebradizo con desgarros e perda de soporte
Perforacións de alfinetes Roturas e desgarros
Seco con falta de elasticidade
Moi seco
-
-
-
Presentes en distintos puntos
-
Algúns rotos
Imaxes
Decoloracións Descosidos
Puntualmente
Puntualmente
-
-
Nalgún bordado fíos soltos
-
Aprécianse a simple vista dous sitios zurcidos
-
Flocos anudados por rotura en varios puntos do perímetro
Nalgúns puntos presenza de manchas de distinto tipo
-
Manchas puntuais
Antigas intervencións
Manchas
PROCESO DE INTERVENCIÓN o
Microaspirado de toda a superficie.
o
Mostras de tintes para tinguido de soporte para perdas puntuais de soporte.
o
Alineado de fíos e tecido con vapor frío.
o
Consolidación de lagoas, desgarros e xeral de case toda a superficie.
9
o
Colocación de soporte de maneira puntual.
o
Recolocación de fíos soltos nos bordados.
o
Alineado da peza.
10
o
Colocaciรณn na vitrina.
En Vigo, 12 de agosto de 2019
11