Resumo curriculum III xornada bibliotecas especializadas 2016

Page 1

#IIIXorBiblioEspe RESUMOS DAS CONFERENCIAS: A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC. Unha biblioteca especializada ao servizo da investigación en humanidades e ciencias sociais. María del Pilar Martínez Olmo - Directora da Biblioteca Tomás Navarro Tomás (CCHS-CSIC). A Biblioteca Tomás Navarro Tomás é unha biblioteca especializada ao servizo da investigación na área de ciencias humanas e sociais, que forma parte da Rede de Bibliotecas e Arquivos do CSIC. Dende o momento da súa creación en 2008, ten por obxectivos a xestión dunha colección híbrida de máis dun millón de exemplares, os servizos a usuarios presenciais e non presenciais e a difusión tanto da colección coma dos servizos. Especial atención dedícase tamén ao arquivo, integrado na BTNT dende 2011. O obxectivo do relatorio é dar a coñecer a biblioteca como servizo de apoio á comunidade científica e como servizo de difusión cultural á sociedade a través da utilización das ferramentas da web 2.0. Describirase a colección bibliográfica e documental e os servizos con especial atención aos servizos que se ofrecen a usuarios non presenciais que dispoñan dunha conexión a Internet. Incluirase un apartado final ao recoñecemento de Ben de Interese Cultural que recibiu a biblioteca en decembro de 2014 e ofreceranse exemplos dos proxectos máis destacados dos últimos anos como Manuscripta, Catálogo Monumental de España, Archiivo Aranguren, Postales de Palestina, ou o máis recente, de abril de 2016, o portal Cervantes e o CSIC.

Documentos efémeros ferroviarios. Papeis e bits na Biblioteca. Ana Cabanes Martín - Xefa de Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid. Aínda que a categorización documental de ephemera está bastante asentada na bibliografía, é posible que esta tipoloxía documental se clasifique tamén como documentos menores, e mesmo como folletos, literatura gris ou documentos de apoio informativo. As definicións encontradas varían, pero sí sosteñen como común denominador que se trata de material imprimido, aínda que isto xa non é unha característica definitoria, na actualidade, e de cara ao futuro hai que incluír ademais o formato electrónico. Trátase de documentos nos que impera a información gráfica, a imaxe, e que foron creados cun obxectivo informativo moi puntual. Bibliotecas, arquivos e museos, en todos eles podemos encontrar ephemera e en todos, os profesionais teñen a mesma problemática para a súa localización, adquisición, conservación, clasificación e catalogación. Como en case todas as actividades económicas, o ferrocarril xerou e segue xerando unha inxente cantidade destes documentos que testemuñan actos extraordinarios ou cotiáns, pero puntuais. A través da experiencia que dende o Arquivo Histórico Ferroviario e da Biblioteca Ferroviaria tivemos coas

1


ephemera, faremos unha revisión sobre o estado da cuestión e as súas fontes de investigación. Mostraremos a experiencia que dende as nosas dúas áreas documentais tivemos con este tipo de documentos, as características da nosa colección e as pautas e labores realizados para a súa organización e catalogación e os resultados obtidos con este traballo, demostrando que aínda considerándolos, documentos menores, son unha fonte de información rendible para a nosa institución, para algúns dos produtores dos documentos e para os investigadores do ferrocarril.

20 anos de arquivos persoais na BNE: balance e perspectivas. Mª José Rucio Zamorano – Xefa de Servizo de Manuscritos e Incunables da Biblioteca Nacional de España. En 1996 a BNE adquire a parte do arquivo persoal de Jorge Guillén denominado polo autor Los Papeles. Dende ese momento a Biblioteca Nacional toma conciencia de que se incorporou á súa colección patrimonial un fondo singular e heteroxéneo, que esixe unha reconsideración da catalogación bibliográfica aplicable a estes conxuntos documentais, definidos como "materiais mixtos" nun intento de enmarcalos nunha tipoloxía propia. Pasaron 20 anos e é momento de facer balance do traballo realizado e de mirar tamén ao futuro. Un futuro que é xa presente, porque a aparición do correo electrónico, o almacenamento de información persoal en discos duros, a elaboración e publicación das obras en formatos electrónicos forman parte da cotianidade dos nosos autores e, polo tanto, están a modificar o modelo tradicional de arquivo persoal, que obriga á adopción de medidas, que orienten ao autor como produtor deses documentos e ás bibliotecas como conservadoras do patrimonio bibliográfico.

O “caixón de xastre” da biblioteca: a colección ephemera. Mª Isabel Almuiña González – Biblioteca da Deputación de Ourense. A Biblioteca da Deputación de Ourense está constituida na súa maior parte por fondos bibliográficos fruto de doazóns de autores ourensáns, formando as coñecidas Bibliotecas de Autor, e doutra, por un fondo máis actual o que nos referimos como Fondo Propio. Esta situación de convivencia entre varios arquivos persoais, e doutro, o fondo propio da biblioteca, xera que se aglutine unha ampla e variada colección bibliográfica e documental. Entre esta riqueza documental están os documentos menores, os ephemera, un tipo de documentación que son unha importante fonte de información, de deseño e de publicidade, que suscita dúbidas ou dificultades á hora de cómo organizalos, dado que é unha documentación heteroxénea na temática, nos soportes, nos formatos, etcétera polo que, con facilidade non se lle dea o tratamento adecuado e o

2


valor merecido, e tamén, ás veces, a escasa dedicación que lle prestamos, co cal pasa a formar parte do “caixón de xastre” da biblioteca. Na miña intervención vou expoñer os diferentes documentos ephemera que atopamos nos arquivos persoais e no fondo propio da biblioteca da Deputación e as dificultades que xera a hora da xestión dos mesmos.

Os tesouros da Biblioteca Penzol: xoias bibliográficas únicas. María Pilar Vilaboi Freire – Técnica auxiliar de bibliotecas do Concello de Vigo. Fundación Penzol Vigo (Pontevedra). Nesta comunicación pretendo dar a coñecer a figura de Fermín Penzol, e como xurdiu a idea da súa Fundación. Como bibliófilo destacado que era centrareime nalgún dos documentos da súa biblioteca. Comezarei falando da “caixa forte” onde gardamos manuscritos de Martín Sarmiento e Cuveiro Piñol, o incunable de Paulo Orosio ou preciosas executorias de fidalguía. Despois comentarei aspectos salientables de mapas, cartas náuticas e planos, xa que a sección de cartografía da nosa biblioteca é das máis interesantes de toda Galicia. E rematarei falando dos debuxos do arquitecto Gómez Román e a súa vinculación coa Fundación Penzol.

A xestión dos documentos ephemera nas bibliotecas especializadas. Ana Barbazán Iglesias – Bibliotecaria do Museo de Pontevedra. A tradicional consideración de "menores", non lle quitou o valor como fonte primaria de información, en ocasións única, a un material denominado "Ephemera", tan valioso para o investigador especializado. A súa xestión, xa problemática dende que intenta adquirirse, orixinado en primeiro lugar pola súa propia natureza, pois non "pretenden sobrevivir á mensaxe do acontecemento", agrávase á hora do seu almacenamento debido á súa ampla e variada tipoloxía documental, a que require unha conservación específica e unha organización en función do seu contido. Finalmente a súa catalogación e dixitalización. Un caso específico é o do Museo de Pontevedra: os tipos de adquisicións. As Follas soltas. A súa organización e diferenciación entre ephemera e publicacións menores. A difusión a través de publicacións, exposicións, traballos de investigación..etc.

3


Documentos singulares na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña. O caso das publicacións menores como fonte de información local. Carmen Romero Rivera - Auxiliar técnica da Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña) e Milagros García Pérez - Técnica da Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña). As publicacións menores constitúen unha importante fonte de información local que, en moitos casos, se perde por considerar este un documento secundario, difícil de clasificar, conservar e almacenar. Non obstante, a súa importancia é enorme para o coñecemento, evolución e desenvolvemento local, tanto a nivel cultural como económico e social. Entre estas publicacións hai verdadeiros documentos singuales que ilustran a historia dun lugar. A BMEL da Coruña (Biblioteca Municipal de Estudos Locais) aposta pola conservación, difusión, organización e dixitalización destes documenos para asegurar a súa pervivencia.

CURRÍCULO DAS CONFERENCIANTES:

María del Pilar Martínez Olmo: Doutora de filoloxía hispánica e bibliotecaria do corpo de Titulados Superiores Especializados en Biblioteconomía e Documentación Científica do CSIC. Foi lectora na University of St. Andrews, en Gran Bretaña e bibliotecaria en diferentes centros de Sevilla e Madrid. É autora de dúas monografías, de numerosos artigos técnicos en revistas como Enredadera, Mi biblioteca ou CLIP e dun número menor de artigos de investigación publicados en revistas científicas (Revista de Literatura, Especulo, FQS) ou como parte de monografías (El archivo del duelo, Palabras para el pueblo, Tes philéis tade dora). Moitos deles xa dispoñibles no repositorio institucional Digital.CSIC Participou en proxectos de investigación baixo a dirección de científicos de diferentes disciplinas e en congresos e seminarios sobre biblioteconomía e documentación dende 1990. Dende 2006 é directora da Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC.

Ana Cabanes Martín: Xefa de Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid. Desenvolveu a súa carreira profesional como documentalista, en diversos departamentos de Renfe e na Fundación de Ferrocarriles Españoles. Colabora con diversas asociacións, na creación e xestión de bibliotecas escolares.

4


Na actualidade, desenvolve a súa tese doutoral sobre a construción dun Thesaurus ferroviario. Neste sentido colabora coa Universidade Estadual de Sao Paulo. UNESP nun proxecto de Patrimonio Industrial Ferroviario. Publicou diversos artigos e comunicacións, sobre documentación e patrimonio histórico ferroviario.

Mª José Rucio Zamorano: Licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1989. Responsable da colección de arquivos persoais do Departamento de Manuscritos, Incunables e Raros da Biblioteca Nacional de España dende outubro de 2003 e dende 2013 Xefa de Servizo de Manuscritos e Incunables da mesma biblioteca. En febreiro de 2012 Premio Nacional Ignacio Larramendi de "Boas Prácticas Bibliotecarias”, convocado pola Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España (ABIE) polo traballo de asesoramento no proxecto de organización e catalogación do patrimonio bibliográfico da Orde da Mercede para a elaboración dun catálogo colectivo. Os traballos de investigación céntranse no ámbito do fondo antigo e dos arquivos persoais. Por un lado, participou na serie "Coleccións singulares da Biblioteca Nacional" coa publicación dos inventarios de autores da cultura española como Juan Antonio de Zunzunegui, Corpus Barga e Juan Luis Estelrich, así como en artigos relacionados coa organización e descrición dos arquivos persoais en bibliotecas; e, por outro lado, relacionado cos impresos antigos, colaborou no estudo realizado por Julián Martín Abad del Libro de horas incunable en latín y francés, iluminado para el Condotiero Ferrante d'Este, editado por Millennium Liber en 2008 e publicou a obra La merced en sus libros: catálogo de impresos antigios de la Biblioteca de la Curia Provincial de la Merced de Castilla, traballo que na actualidade segue desenvolvendo coa próxima publicación do catálogo de manuscritos da Curia Provincial de Castela e o de impresos antigos conservados no Mosteiro de El Puig de Valencia, ambos os dous da Orde da Mercede.

Mª Isabel Almuiña González: Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo. Traballou en varios proxectos de reconversión de catálogos manuais e catalogación de fondos bibliográficos na Biblioteca Nodal de Ourense, Biblioteca Central de Vigo, Biblioteca Nodal de Lugo e no Centros Superior Bibliográfico de Galicia con fondos especializados: folletos de fondo local e fondo portugués, impresos galegos do S. XIX e fondo antigo. Participou na elaboración da Guía-Inventario do Arquivo Diocesano de Ourense. Dende 2003 é a Responsable da Biblioteca da Deputación de Ourense.

5


María Pilar Vilaboi Freire: licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como bibliotecaria no Instituto da Lingua Galega dende o ano 1989 ata 1999. Estivo contratada pola Deputación de Pontevedra desde marzo do 2005 ata xuño do 2006 para traballar no Arquivo de Ramón Otero Pedrayo da Fundación Penzol. Dende 2007 é Técnica Auxiliar do Concello de Vigo na Biblioteca Penzol.

Ana Barbazán Iglesias: Licenciada en Xeografía e Historia, nas especialidades de Historia Antiga e en Arquivística e Biblioteconomía. Inicia a súa actividade profesional no mundo do ensino. Entre 1979 e 1984 goza dunha bolsa Sánchez Cantón del Museo de Pontevedra para a realización de tarefas bibliotecarias. E dende 1985 é bibliotecaria do Museo de Pontevedra, onde tamén realiza tarefas de documentación de exposicións temporais e artigos para a páxina web. Participou como profesora en cursos sobre biblioteconomía, organizados polo Museo de Pontevedra, pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e pola Universidade de Vigo. Elaborou traballos que foron publicados nos catálogos do Museo de Pontevedra, e en obras doutras institucións, coma o Dicionario Biográfico Español, publicado pola Real Academia Española, ou as Bibliotecas de Arte de España e Portugal.

Milagros García Pérez: Licenciada en Filoloxía Hispánica, Sección Literatura pola Universidade de Oviedo, comeza a traballar na BMEL da Coruña (Biblioteca Municipal de Estudos Locais) en 1998. A súa vinculación ao mundo bibliotecario reflíctese na participación continua en cursos de formación bibliotecaria, na publicación de artigos en revistas especializadas e na asistencia e participación en Congresos, Seminarios, Foros... de tema especificamente bibliotecario ou de carácter transversal.

Carmen Romero Rivera: Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de biblioteconomía e documentación, pola Universidade de Santiago de Compostela, comeza a traballar na BMEL da Coruña en 2001. Realizou cursos de formación bibliotecaria e participou en varias publicacións de tema bibliotecario. Conxuntamente, presentaron a comunicación titulada Publicacións menores e historia local que foi incluída no libro de actas que se publicou con motivo do VI Congreso de Bibliotecas Públicas celebrado en Burgos.

6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.