Revista Esparaván 2004

Page 1

INTERCAMBIO CON FRANCIA Unha actividade que se consolida.

ESPECIAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Comentarios de primeira man.

LETRAS GALEGAS Xaquín Lorenzo “ Xocas”

ESPARAVÁN A

REVISTA ESCOLAR D O

IES SA N M AMEDE.

ANO X . Nº

4.

MAIO 2004

INFORMACIÓN CULTURA OPINIÓN

UN LUGAR ONDE EXPRESARTE


2

ZONA EDITORIAL

ESPARAVÁN

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

UN

EDITORIAL utro curso escolar e aquí estamos para cumprir coa nosa cita anual e informarvos das novidades dos últimos meses. Coma sempre queremos agradecer a vosa participación en todas as actividades programadas e a vosa colaboración na revista. Comezamos mirando cara a atrás, facendo un repaso e lembrando como un ano máis chegaron nerviosos os alumnos de 1º ESO, adaptáronse rapidamente ao novo centro e comentáronnos as súas impresións do 1º día. Paseniñamente chegou o Nadal, celebrámolo con numerosas actividades, festexamos o entroido, o San Valentín e por suposto o Día das Letras Galegas. Visitáronnos algúns coñecidos escritores galegos, asistimos a charlas, fixemos saídas culturais e pouco a pouco chegamos á fin do curso. Despediremos aos compañeiros de 2º de BAC. e 2º curso do ciclo de informática, desexámoslles sorte.

O CURSO

EN

COORDINA: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IMAXES

Mª Xesús Sarmiento Macías, Miriam González Iglesias, Rosario Expósito Linares.

COLABORADORES: Milagros Álvarez Otero, Lilian Bouza, Mª Victoria Couto, Pilar Dávila Padrón, Rosa Díaz Lama, Trinidad Glez Dopazo, Rafael Glez Glez, Manuel Vergara Perea, Mª Belén Santos AscarzaTabarés, Raquel Bretaña, Cristina Bouzas, Adrián del Campo, Beatriz Casado, Xoel Cid, Alba Cid, Patricia Conde, Inés de Dios, Iván García, Francisco Garrido, Mayte Glez, Delfín Mtnez, Marcos Mielgo, Patricia Pérez, Rocío Prado, Beatriz Prieto, Eva Pumar, Edgar Ruíz, Mª José Seara, Isabel Silva, Liliana Silva, Cecilia Valiño, Rocío Venancio, Alicia Vilarchao, Rosanna Villar.

DESEÑO E MAQUETACIÓN: Rosario Expósito Linares

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN: Domicilio: Rúa do Castelo, nº 3 32700 MACEDA Teléfono: 988463286/463217/ Fax:988463217 Correo eléctronico ies.san.mamede@edu.xunta.es

EDITA: E.N.L. IES SAN MAMEDE -MACEDASUBVENCIÓN OUTORGADA POLA:

normaliesmaceda@terra.es

ESPARAVÁN

¿ Q u e r e s enviar algunha suxestión, un traballo para publicar, recibir información, consultarnos algo? Agora podes a través da rede. Aquí tes o noso enderezo electrónico?


3

SUMARIO

ESPARAVÁN

Neste número:

SUMARIO

nº 4 Fotografías de portada: Rafael González Glez e María Freire Prado.

12

13

Intercambio con Francia.

Viaxe á Andorra.

EN PORTADA

2 3 4 5 6

ZONA EDITORIAL

7

ZONA VISITAS

8 14 17 18 20 21 22 24 26

ZONA SUMARIO ZONA INFORMACIÓN ZONA INSTITUTO ZONA OPINIÓN ZONA PREFERENTE ZONA CREACIÓN ZONA LETRAS GALEGAS ZONA LIBROS ZONA MÚSICA ZONA CINE ZONA ACTA DIURNA ZONA CERO ZONA CONCURSOS

ESPARAVÁN Maceda, 2004.

17 Letras Galegas

4. Instituto: Oferta educativa do centro. 30 de xaneiro: Día da Paz. O meu 1º día de instituto. O Departamento de Orientación informa. 6. Opinión: 8 de marzo: Día Internacional da Muller Traballadora. Un antes e un despois da guerra de Iraq. 7. Visitas: Fina Casalderrey. Chus Pato. 8. Actividades Extraescolares: Panxoliña de Nadal. Entroido 2004. Exposición de cogomelos. Buscando a Nemo. Intercambio con Francia. Visita ao Aquarium e á Domus. Viaxe a Andorra. Roteiro d’A Esmorga.

14. Creación Literaria: Poesías e relatos. 17. Letras Galegas: Xaquín Lorenzo “Xocas”. 18. Libros. Discos. Cine. 22. A páxina da cultura clásica.13. Números: Problemas para resolver. Concursos: Tarxetas de Nadal, Halloween e Concurso San Valentín.

ZONA CERO ropoñémosche unha páxina con catro problemas, para que poñas a proba a túa habilidade cos números, intenta resolvelos e consúltanos a solución.

P


ZONAINFORMACIÓN

4

ESPARAVÁN

INSTITUTO OFERTA EDUCATIVA IES SAN MAMEDE POR MANUEL VERGARA PEREA ( DIRECTOR DO CENTRO)

primeiro, é obrigado. Hai que agradecer ás profesoras do Equipo de Normalización a posta en marcha, de novo, de Esparaván. Creo que un centro de ensino como o noso necesita estas iniciativas e todos debemos apoialas. Unha desas profesoras pediume que escribira sobre a oferta educativa do noso centro. Gustaríame, antes, facer unhas reflexións. Leo, unha mañá gris claro de domingo, na prensa unha entrevista a Shirín Evadí, iraniana, primeira musulmana da historia que consegue un Premio Nobel, concretamente o Premio Nobel da Paz. Shirín Evadí loita pola igualdade da muller en Irán. Un labor case heroico, pois, xuíza de profesión, retiráronlle a toga as autoridades do seu país (en Irán, as mulleres non poden ser xuíces), estivo no cárcere e recibe constantemente ameazas de morte. Cando lle preguntan como acabar co machismo, a súa resposta é clara: educación. E se lle preguntan que onde aprendeu o concepto de igualdade, tamén responde educación, pois di que esa foi a formación que recibiu de seus pais. De nada serve facer leis se non hai unha sociedade que as apoie. O machismo e todas as súas desagradables consecuencias non se acaban con leis nada máis. Fai falta mentalización, formación, cultura: educación. Claro, ¿e que ten que ver iso comigo? Estamos en Maceda, Ourense, Galicia, España, Europa, e non en Irán. Pois precisamente. Vivimos nunha provincia desfavorecida economicamente nun mundo en constantes cambios ante os cales nos sentimos, ás veces, desconcertados. Pois para min, ante problemas tan diferentes, aparentemente, como a falta de igualdade de sexos ou de desenvolvemento económico, a resposta é a mesma: educación. Hoxe a man de obra barata impórtase e ata se levan as fábricas a países máis pobres onde é máis fácil conseguir esa man de obra. Polo tanto, nese terreo non podemos competir. Non obstante, a cultura, a formación, o coñecemento e o progreso están en mans dos países ricos,

O

e gracias á democracia, hoxe é más fácil para todos acceder á educación. Antes un mozo, ou unha moza, de Maceda, de Molgas ou de Tioira, tiña que ir a Ourense para estudiar Bacharelato nun centro público, polo que xa, moitos, non podían. Desgraciadamente, perderon esa oportunidade. Hoxe temos unha oportunidade única: non a desaproveitemos. Na actualidade, pódese cursar no IES San Mamede a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que dura catro anos. Na ESO fanse grandes esforzos por conseguir que a grande maioría do alumnado consiga o Título de Secundaria: hai clases de apoio e adaptación para alumnado con problemas específicos; hai desdobres, é dicir, grupos máis pequenos en 1º e 2º en disciplinas fundamentais como Lingua e Matemáticas para poder satisfacer as necesidades de todo o alumnado;

“Hoxe a man de obra barata impórtase e ata se levan as fábricas a países más pobres onde é máis fácil conseguir esa man de obra. Polo tanto, nese terreo non podemos competir. Sen embargo, a cultura, a formación, o coñecemento e o progreso están en mans dos países ricos, e gracias á democracia, hoxe é más fácil para todos acceder á educación” tamén hai grupos moi reducidos, este ano en 4º, para atender mellor a alumnos que “lles custa máis”. E incluso, para aqueles alumnos que non conseguen o Título de Secundaria e deciden incorporarse ao mundo laboral, o mellor é que leven unha mínima preparación tanto en Formación e Orientación Laboral, isto é, como e onde se busca traballo, como dirixirse a unha empresa, cales son os seus dereitos e deberes, como en iniciación ao oficio no que desexan traballar. Isto é o que chamamos Programas de Garantía Social, nos que os alumnos teñen dous días de formación básica no centro e tres días de prácticas

en empresas da rama profesional que eles queren. Tan importantes son estes cursos, que a Unión Europea finánciaos, a través dos Fondos Sociais Europeos, polo que o centro dota ao alumnado de todo o equipo necesario para realizar as prácticas, entre outras cousas.

“Na ESO fanse grandes esforzos por conseguir que a grande maioría do alumnado consiga o Título de Secundaria “ Continuemos. Un alumno que obtén o Título de Secundaria ten dous camiños. Un, seguir estudiando Bacharelato. No Instituto temos as dúas modalidades de Bacharelato máis importantes: o Científico e o de Humanidades e CC. Sociais. A través destas dúas modalidades tense acceso á grande maioría das carreiras universitarias e ciclos superiores de Formación Profesional. O outro camiño é estudiar un ciclo medio de Formación Profesional, que neste momento non temos, pero que queremos conseguir no futuro para Maceda. E por último, un alumno ou alumna do Instituto acaba o Bacharelato e tamén ten dous camiños. Un, acceder á Universidade, o cal hoxe tamén é máis fácil porque en Ourense xa hai unha oferta de estudios universitarios. Outro camiño é facer un ciclo superior de Formación Profesional. En Maceda conseguimos implantar un ciclo superior de Informática, polo que debemos felicitarnos todos pois é un verdadeiro luxo para a comarca ter a posibilidade duns estudios superiores ao Bacharelato e nunha disciplina con tantas posibilidades como a Informática. Estes alumnos reciben unha formación teórica e práctica en aulas con ordenadores (cunha relación de un ordenador por alumno) e teñen un período de prácticas en empresas. A moitos xa lles ofrecen o seu primeiro traballo nesas empresas. E xa termino. Espero que conseguira dar unha información xeral dos estudios que ofrecemos no IES San Mamede. Sen embargo, eu volvo á miña primeira idea. Todos, profesores, pais e alumnos, debemos unir os nosos esforzos para ofrecer e pedir máis e mellor educación, porque é o antídoto máis eficaz para os problemas que temos e os que nos esperan...


5

ZONAINSTITUTO

ESPARAVÁN

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ A paz ese desexo tan buscado ese ben tan desexado por toda a humanidade.

Para celebrar o Día da Paz, escolleuse a data do 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, líder pacifista indio, asasinado o 30 de xaneiro de 1948. Aproximándonos a esta data propuxemos aos alumnos/as de 1º de ESO que reflexionasen a cerca do significado da Paz. Estas foron algunhas das súas respostas:

¿Por toda a humanidade? ¿Por que me fago esta pregunta? ¡Será porque en realidade non hai paz total nunca!

“Coas guerras non gañamos, senón todo o contrario perdemos a vida de moitas persoas con dereito a continuala...” Beatriz Prieto Cortés. “A paz lograríase destruíndo todas as armas e acabando coas guerras, nas que morre moita xente inocente, sen culpa , tamén se lograría empezando por nós mesmos”. Natalia Fentes Diéguez. “A paz ten que ser cousa de todos”. Paula Nóvoa. “A paz significa: amor, harmonía, solidadariedade”. Nancy Rodríguez Iglesias.

Pequenas e grandes guerras aséxannos sen cesar provocando miserias, penas e unha tristura sen par. Botámoslle a culpa aos gobernos e certamente a terán pero... ¿parámonos a pensar na nosa responsabilidade? A paz é tarefa de todos e entre todos temos que loitar para evitar eses malos modos que provocan odios, envexas... ¡Maldade! ¡TI TAMÉN PODES AXUDAR A CONSTRUÍR UN MUNDO DE PAZ!

“A paz é o benestar do mundo enteiro”. Mª del Carmen Santos Fdez. “A paz é un mundo sen armas, sen desprezos, sen inimizades; onde a xente comparte e todas as familias teñen o mesmo: un traballo, un fogar onde poder estar coa familia, o necesario para mercar alimentos, roupa...” Xoel Cid Fdez. “Vivir en paz significa que todo o mundo respecta as leis existentes neste momento, se todo o mundo cumprise as leis non existirían guerras, liortas, nin ninguén estaría preso no cárcere, no mundo cabemos todos se non somos egoístas nin envexosos” . Enrique Sequeiros.

Mª José Seara Ferreiro. 1º ESO A

O MEU 1º DÍA DE INSTITUTO

C

ALUMN@S DE 1º ESO A/B.

omezou o curso con novidades, cambios, alumnos e profesores que marcharon e outros que chegaron novos. O alumnos de 1º ESO con máis nervios e inquedanza có resto achegábanse a un novo lugar que ía ser a partir de agora o seu compañeiro de viaxe nos próximos anos. Quixeron contarnos a súa experiencia: Foi un día de novas caras, entre as cales estaban os actuais compañeiros de clase cos que ía compartir experiencias novas. Coñecín tamén a novos profesores dos que xa me tiñan falado compañeiros de anos superiores. Ese día déronnos o horario e faláronnos de como ían impartir as clases e os criterios de avaliación; sempre sen esquecernos das normas. Nos recreos, xa nos dividimos un chisco, cada un cos compañeiros que coñecía, falamos das nosas primeiras impresións acerca do novo curso. En fin, a pesar de estar esgotadas as vacacións de verán, era o inicio dunha nova etapa nun lugar diferente e cuns compañeiros e profesores distintos. POR BEATRIZ PRIETO CORTÉS. 1º ESO B.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O ESTUDIO NA CASA

1. 2. 3.

Lugar

Postura

Momento

Debe ser sempre o mesmo; tranquilo e sen ruídos; ben iluminado ( a luz que entre polo lado contrario á man coa que escribes); ordenado, sen obxectos que inviten a xogar e con mesa, cadeira, andeis e taboleiro para poñer anotacións. Debes estudiar sentado (nunha cadeira cómoda);en posición recta (non ríxida); o corpo lixeiramente cara a adiante; os antebrazos sobre a mesa; cos pés apoiados no chan. Debes estar relaxado e a gusto. Procura que sexa sempre á mesma hora, non menos de 90 minutos, pero facendo curtas pausas e de luns a venres.

HORARIO DE ATENCIÓN

Atención aos alumnos

Atención aos titores

Martes, mércores e xoves de 12:25 a 12:50 h..

Reunións de Departamento co titor/a de cada un dos niveis os luns de 13:45 a

Atención a familias Martes de 8:45 a 10:25 h

14:30 h. *En calquera momento segun do a disponibili dade horaria das familias, profesores ou necesidades dos alumnos.

POR BELÉN SANTOS ASCARZA-TABARÉS.


6

ZONAOPINIÓN

ESPARAVÁN

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA recoñecemento oficial deste día por parte de Nacións Unidas produciuse en 1977, non obstante a súa historia remóntase á metade do século XIX, cando nas fábricas traballaban moitas mulleres malpagadas e explotadas. Semella que en 1857, por primeira vez, algunhas operarias de Nova York protestaron pola mellora das súas condicións de traballo: unha paga mísera para moitas horas de traballo nunhas condicións pésimas. O resultado desta primeira manifestación foi un ataque por parte da policía. Dous anos despois, estas traballadoras reuníronse formando un sindicato para intentar mellorar as súas condicións de traballo. Outro dos acontecementos mundialmente coñecidos e realmente lamentable foi o sucedido en Nova York no ano 1908 na fábrica Cotton Textile Factory de Washington cando un grupo de traballadoras declararon unha folga en protesta polas insoportables condicións de traballo ocupando a fábrica. Só pedían ter o mesmo salario cós homes, descanso dominical, reducción da xornada a 10 horas e dereito á lactancia. O dono non aceptou a folga, pechou as portas da fábrica e esta ardeu (...) morrendo 129 mulleres. Tamén o Nova York de 1909 foi testemuña de novas protestas, cando en setembro

O

os empregados e empregadas (15.000) do sector téxtil fixeron unha folga de trece semanas en demanda de melloras laborais. Baixo o lema “Pan e Rosas”, en que o pan simboliza a seguridade económica e as rosas a calidade de vida, as mulleres estenderon as súas protestas cara ao dereito ao voto e cara á fin da escravitude infantil. Segundo a historiadora norteamericana Mari Jo Buhle, foi Cara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, quen en 1910 propuxo celebrar o Día Internacional da Muller inspirándose no Women’s Day que as socialistas estadounidenses levaban celebrando dende 1908 para reivindicar o dereito ao voto para as mulleres, que non obtiveron ata 1920. A primeira celebración do Día Internacional da Muller produciuse o 19 de marzo de 1911 en Austria, Alemaña, Dinamarca e Suecia, para demandar o dereito ao voto, a ocupar cargos públicos, a traballar, ao ensino vocacional e á fin da discriminación no traballo. Pero é en 1914, a proposta das alemanas, cando se conmemorou por primeira vez o 8 de marzo en Alemaña, Suecia e Rusia. E semella que a Revolución Rusa tivo unha gran influencia na elección dese día, pois, aínda que se levaba celebrando desde 1914, no ano 1917 as mulleres rusas, traballadoras e estudiantes,

realizaron unha folga por Pan e Paz ante a morte de 2 millóns de rusos na I Guerra Mundial, dando inicio ao proceso revolucionario que acabaría no mes de outubro do mesmo ano, e influíndo para que o Día Internacional da Muller fose definitivamente o 8 de marzo. Na actualidade, tras a cuarta Conferencia Mundial da Muller en 1995 á que acudiron representantes de 189 países, este é un día reivindicativo e de chamada de atención á comunidade internacional para seguir traballando pola igualdade das mulleres porque, a pesar das conquistas realizadas no último século, segue sendo impresionante a extrema violencia mundial que vulnera sistematicamente os dereitos humanos e en especial os dereitos das mulleres.

¡ SOMOS DIFERENTES, PERO NON DESIGUAIS ! POR ALUMN@S 4º ESO C.

UN ANTES E UN DESPOIS DA GUERRA DE IRAQ

M

arzo, 2003: a guerra contra Iraq comeza. España, Gran Bretaña e Estados Unidos atentan contra as liberdades e dereitos da poboación iraquí. Os seus argumentos: a presencia en Iraq de armas de destrucción masiva que serían unha constante ameaza para toda a poboación mundial. O xefe dos inspectores da ONU, a propia ONU, reclamaron máis tempo. A xente por milleiros botouse á rúa cun berro unánime: ¡NON Á GUERRA! . Non obstante, Bush inicia o ataque co apoio incondicional do goberno español. As armas de destrucción masiva non aparecen. Pero si morren milleiros de civís nunha guerra que cada día se confirma como máis inxustificada e inxusta. Como gran parte da poboación dixera faise evidente para todos que as razóns que deron eran mentira, e a única verdadeira razón que había eran os intereses económicos. Tal vez debamos recordar o que dixo Aznar en febreiro do 2003 en A3 televisión: “Estoulles dicindo a verdade. O réxime iraquí ten armas de destrucción masiva”.Tan só un ano despois das rotundas palabras de Aznar, e cando a cifra de mortos civís en Iraq supera os 10.000, o ministro portavoz Zaplana di: “Aznar non dixo que lle constase a el expresamente que en Iraq había esas armas”. Aínda agora intentan encubrir o seu fallo dicindo que o presidente só tiña infor-

POR MAYTE GONZÁLEZ E PATRICIA CONDE. 2º BAC.

mación de Nacións Unidas e que o que teriamos que facer é falar do futuro porque o debate sobre as armas xa corresponde ao ano pasado. E seguen defendendo que: “o goberno foi e é absolutamente coherente”. O día 4 de febreiro do 2004 Aznar ante o Congreso dos EE.UU, unha vez máis converteuse “nun eco dos EE.UU”, nun discurso no que ante todo eloxia o sistema estadounidense e a suposta “liberdade” que xera, a inexistencia das armas que foran o pretexto para a guerra que tantas víctimas inocentes causou non mereceu nin sequera un comentario. Vendo o actual panorama e as consecuencia que trouxo no país invadido, no que a violencia e a cifra de mortos segue aumentando, podemos dicir claramente “ESTA GUERRA NON TIVO NINGÚN SENTIDO, foi inxustificada e unha aberración a eses dereitos que din que temos.” O único que

Manifestación antiterrorista

produciu foi uns beneficios para unha minoría.

económicos

Hoxe, 12 de marzo do 2004, un día despois dos atentados en Madrid, o que nos deberiamos preguntar é se existiría hoxe esta masacre en Madrid se o Estado español non tivese apoiado a guerra en Iraq. A dúbida está aí e é preciso reflexionar sobre ela.

15 de Marzo, un día despois das eleccións xerais. Prodúcese un cambio de goberno. Temos a esperanza de que esta situación cambie. Por certo, está ben que se garden minutos de silencio pola xente que morreu no noso país. Pero, ¿que pasa coa poboación iraquí e a do resto do mundo? ¿non son persoas? ¿ou é que a súa vida importa menos cá nosa?

OUTRO MUNDO É POSIBLE.


7

ZONAVISITAS

ESPARAVÁN

CONFERENCIAS OS ESCRITORES ANÍNMANOS A LER

ESTE CURSO VISITOUNOS FINA CASALDERREY

O día 10 de marzo visitou o noso centro a escritora Fina Casalderrey. Mantivo unha interesante charla cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Estes aproveitaron para gozar escoitándoa, formularlle preguntas e para que lles asinase os seus libros.

Fina Casalderrey asinando exemplares dos seus libros.

ina Casalderrey, a autora do libro que lemos en galego: O misterio dos fillos de Lúa visitounos no noso centro. Contounos que para chegar a ser escritora non fai falta ser unha persoa fóra do normal. A ela gustaríalle poder dicirnos que naceu nunha biblioteca, que con dous xa sabía ler e escribir ou “A ti por me abrique con cinco xa tiña publicado o seu primeiro res e subir comigo libro, pero desgraciadamente nada diso ocorreu. Era unha rapaza coma outra calquera que debía o ao tellado da Lúa” seu gusto á lectura a unha señora que non sabía ler nin escribir. De nena escribía cartas para un fillo que esta tiña emigrado en América e líalle as que el mandaba. Tratou de espertar en nós o gusto pola lectura, tivemos o privilexio de escoitar un relato aínda non publicado, titulado “Eu son eu” e finalizou dedicándonos os nosos exemplares.

F

ALUMN@S 1º ESO.

Exemplar asinado para a biblioteca do centro.

CHUS PATO A PAZ 16 de decembro asistimos, na Biblioteca Municipal, á conferencia da poetisa ourensá Chus Pato sobre o proceso de creación poética. Para ilustrar a súa exposición comentou os valores dunha composición grega que celebra a paz e, finalmente, invitounos a crear, utilizando o mesmo motivo. Velaquí un exemplo:

O

A PAZ Escasa existencia a súa, finalidade eterna, efémera victoria; paréntese na condena.

Noites de inverno sen lúa cheas de negro e silencio, dicide por que esta vez non ficades connosco máis tempo.

Negrura embranquecida. Suspensión da arma. Inicio da palabra. ¿Falsas esperanzas?

¿Para que a guerra? ¿Para que os enfrontamentos? Se só precisamos palabras palabras e sentimentos.


ZONAPREFERENTE

8

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

7 NOVEMBRO

ESPARAVÁN

AXENDA

2003/04

13 NOVEMBRO

16 NOVEMBRO

SANTIAGO

MACEDA

Recollida

Asistencia a un

e determinación de cogomelos.

concerto.

MAGOSTO

1º aniversario do afundimento do Prestige.

27

17/19 NOVEMBRO IES SAN MAMEDE

A CORUÑA

Exposición de cogomelos.

27

NOVEMBRO

NOVEMBRO

VISITA ao Aquarium Finisterrae. VISITA á Casa do HOME.

1 DECEMBRO

5

DECEMBRO

OURENSE

OURENSE IES SAN

Visita ao Parque

MAMEDE

Tecnolóxico dos alumnos do ciclo de ASI.

Asistencia á proxección da película de Walt Disney: Buscando a Nemo.

21 DECEMBRO IES SAN MAMEDE

Día da SIDA Visita de membros da Cruz Vermella que repartiron aos alumnos adhesivos, símbolos e información sobre a Sida.

15 DECEMBRO MACEDA

Asistencia á charla da poetisa Chus Pato.

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

FESTIVAL DE NADAL.

24/31 XANEIRO ANDORRA

Excursión á neve.


9

ZONAPREFERENTE

ESPARAVÁN

2003/04 MAIO 2004

1

FEBREIRO

SANTIAGO

Visita á catedral de Santiago e ao Instituto

3

CITAS IMPORTANTES

FEBREIRO

OURENSE

6 MAIO

Roteiro literario A Esmorga.

CORRELINGUA

de Medicina Legal.

19

FEBREIRO

OURENSE

Asistencia a unha

20 FEBREIRO MACEDA

ENTROIDO

1

MARZO

OURENSE

Asistencia á representación teatral de O misterio Bufo.

exposición de mosaicos no Museo Arqueolóxico.

17 MAIO DÍA LETRAS GALEGAS

8

MARZO

IES SAN MAMEDE

21 MAIO VISITA

DO CONTACONTOS DÍA DA MULLER TRABALLADORA

10

20/1 ABRIL

30 MARZO

IES SAN MAMEDE

FRANCIA

IES SAN MAMEDE

Charla da escritora Fina

I ntercambio cultural con

Casalderrey.

Francia.

MARZO

Participación no Rallie de matemáticas.

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

28 MAIO VISITA

Xa estamos case rematando, moitas foron as actividades nas que participamos, agora toca poñerse as pilas e darlle un último empurronciño ao curso.

AO MUSEO DE LUGO


10

ZONAPREFERENTE

ESPARAVÁN

NADAL 2003 Panxoliña bífida e vacilona

Ande, ande, ande que fomos de cea e estamos durmidos ata Nochebuena.

Ande, ande, ande que fomos de cea e estamos durmidos ata Nochebuena.

En el “insti” de Maceda ya llegan las vacaciones y después de las notas los primeros sofocones.

Se os alumnos de Latín fallan nas declinacións a mediados de xaneiro comeranos os leóns.

Ande, ande, ande,...

Ande, ande, ande,...

No Plano da Calidade hai que meter estas coplas porque dan moito traballo e lévannos moitas horas.

Os alumnos de primeiro non saben nada de Historia. Volveremos en xaneiro a exercitar a memoria.

Ande, ande, ande,...

Ande, ande, ande,...

Do tema do aparcamento o mellor é non falar: poñen os coches no medio e non se pode aparcar. Ande, ande, ande,... Cando queiras un café pídeo con antelación, que se Encarna se acelera vaille dar un sofocón.

As nosas profes de “Mates”, para evitar os suspensos repartiron os alumnos, fixeron agrupamentos. Ande, ande, ande,... Aquí rematan as coplas que con moita habilidade fixeron algunhas profes para estas Navidades. Ande, ande, ande,

Os profesores tamén se disfrazaron

ENTROIDO 2004 Polos con gripe Os alumnos do instituto suspenden unha, suspenden dúas , suspenden tres.

Os alumnos do instituto suspenden catro, suspenden cinco, suspenden seis.

Os alumnos do instituto suspenden sete, suspenden oito, suspenden nove.

Déixaos “malpocados” Déixaos “malpocados” xa suspenderán ás dez.

Os profesores cantaron a panxoliña


11

ZONAPREFERENTE

ESPARAVÁN

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Nome científico: Lycoperdum molle. Nome vulgar: Peido de lobo Comestibilidade: Só de moi novo

OUTONO, TEMPO DE COGOMELOS.

Por Rosa Díaz Lama. Nome científico: Agaricus silvícola. Nome vulgar: Bóla de neve dos bos ques. Comestibilidade: Regular (só cru).

Nome científico: Lepiota racodes. Nome vulgar: Cogordo Comestibilidade: Excelente

Nome científico: Sparassis crispa. Nome vulgar: Coliflor do monte. Comestibilidade: Mediocre.

Nome científico: Agaricus xantoderma. Nome vulgar: Champiñón amarelento. Comestibilidade: Tóxica.

Nome científico: Amanita muscaria. Nome vulgar: Reventabois. Comestibilidade: Tóxica.

F

ai xa varios anos que se vén realizando unha actividade fixa no instituto: unha exposición de cogomelos.

A actividade é organizada polo departamento de ciencias naturais e na súa realización colaboran tanto alumnos coma profesores. Realízase no mes de novembro por ser a época na que máis especies hai. Con tempo os alumnos traballan o tema nas clases e avísaselles de que o día anterior á exposición recollan cada un na súa zona algún exemplar para a mesma. O día da exposición realízase unha saída con algúns grupos polos arredores do centro para recoller exemplares das variedades que se atopen. Ao chegar ao instituto sepáranse e selecciónanse os mellores exemplares de cada unha. Estes son presentados en cestiñas decoradas polos alumnos con materiais recollidos no mesmo sitio onde atoparon o cogomelo, con tanto coidado que algúns semella que naceron alí. Despois procédese á clasificación coa axuda das guías. Cada ano aprendemos algunha variedade nova. A exposición permanece aberta durante tres días e normalmente é visitada, ademais de polos membros do centro, polos rapaces de colexios veciños. Esta é unha zona de grande riqueza micolóxica pola diversidade da vexetación existente, pois podemos atopar desde prados e zonas de cultivo, onde abundan os champiñóns e cogordos, a touzas ou soutos onde atopar boletus ous grandes piñeirais, sitios propicios para os níscaros ou a seta dos cabaleiros. Hai familias que durante o outono se dedican á recolección e venta de cogomelos (sobre todo “boletus edulis” e “níscaros”), supoñendo isto un complemento importante na súa economía.


ZONAPREFERENTE

12

ESPARAVÁN

COMENTARIOS DOS ALUMNOS

INTERCAMBIO CON FRANCIA.

BUSCANDO A NEMO POR ROSANNA VILLAR PÉREZ. 1º ESO A

luns día 1 de decembro recibimos a información de que, o venres día 5, iamos ir ver ao cine: Buscando a Nemo . Fomos os alumnos de 1º e 2º de ESO. Esta saída estaba organizada polo noso profesor de Educación Plástica: Xosé María. Dende o luns ata o venres pensamos con quen iriamos, se comprariamos algo... o normal, o que acostumamos a facer antes de ir de excursión. Por fin, o venres, xa chegou o día. Tivemos que acudir a clase ás dúas primeiras horas. Nestas clases estabamos xa algo despistados, pois tiñamos gañas de marchar. Saímos ao recreo e dividíronnos en dous grupos, os de 1º ESO nun autobús e os de 2º ESO noutro. Paseino ben mentres fixemos a viaxe, falando e rindo cos compañeiros. Ao chegar deixáronnos na porta do Centro Comercial de Ourense e xa directamente fomos para a sala. Non houbo que esperar pois ao ser pola mañá o cine só estaba aberto para nós. Antes de empezar a película vimos anuncios e logo unha curtametraxe. Non o pasei moi ben porque non me puiden sentar onde eu quixen. Non obstante, a película gustoume moito. Era unha película que acababa de estrearse. Nemo, un peixe pallaso que desobedece a seu pai no primeiro día de escola é capturado por un submarinista. O seu pai coa axuda doutro peixe (Dori), moi simpático pero sen memoria, intenta atopar a Nemo. Mentres, este vai parar a un acuario. Coa axuda de moitos dos peixes do océano chegan a encontrarse. Cando a película rematou saímos fóra da sala e puidemos mercar lambetadas. Ese día foi fantástico.

O

“A película é bonita, tanto formalmente como polo contido, que exalta valores como a solidariedade, a loita contra a adversidade, a amizade, o respecto á liberdade e o amor paterno-filial... ” Marina Mayoral

nosa viaxe comezou o día 20 de marzo ás 8:00 h. Dirixímonos a Xinzo de Limia e recollemos os nosos compañeiros desta vila. Acompañábannos tres profesoras: Trini de Maceda e Mercedes e Susana de Xinzo. Fixemos varias paradas ao longo do día, aínda así, chegamos cansos. Xa no hotel fomos para as nosas habitacións, ceamos e durmimos porque ao día seguinte tiñamos que erguernos cedo para visitar Angoulême. Pola mañá vimos a cidade e a catedral e durante a tarde continuamos a viaxe para atoparnos cos nosos “correspondentes”. LUNS 22/03/04: Visitamos o instituto das nosas compañeiras e almorzamos alí. Ás dez, máis ou menos, marchamos a Angers, alí pasamos todo o día. Visitamos unha igrexa e un castelo. Durante a comida deixáronnos andar sos pero sen nos afastar moito. MARTES 23/03/04 : Visitamos unha pequena vila nunha montaña. A profesora Mercedes explicounos que é unha das sete marabillas do mundo. Moi fermosa, chea de tendas de regalos e postais. Ten unha fortaleza moi alta desde a cal se poden ver todas as rúas da vila. A montaña está preto do mar e hai areas movedizas. MÉRCORES 24/03/04 : Estivemos en Nantes con Madame Rondeau, profesora de francés do ano pasado. Visitamos unha igrexa e recorremos a cidade. Antes de comer visitamos o restaurante LA CIGALE. Despois fomos comer, recorremos as rúas, cantamos, rimos... En fin divertímonos moito.

A

XOVES 25/03/04:

Visitamos o castelo de

Brissar. Recorremos o inmenso xardín. Despois de comer dirixímonos a Saumur. VENRES 26/03/04: Vimos un parque de menhires, chamado Carnac, preto había dolmens. Comemos nunha pequena vila chamada Auray. Para posteriormente achegarnos a Vannes (unha cidade medieval). SÁBADO 27/03/04: O sábado estivemos coas familias. Comín coa miña correspondente Aurore e despois de degustar un rico prato francés, a súa nai, irmás e mais eu fomos de paseo. Leváronme a unha cidade chamada Clison e ensináronme o seu castelo. Despois visitamos outra vila e contemplamos o Loire. DOMINGO 28/03/04: Marchamos cara a París. Estivemos toda a mañá de viaxe, paramos para ver a catedral de Chartres. Visitamos o museo Pompidou. Máis tarde a Tour Eiffel. Ceamos nos Campos Elíseos. LUNS 29/03/04 : V isitamos boa parte de París a pé: a Praza da Concordia, o Faugourg, St Honoré, a Praza Vendôme, a Opera, Le Louvre, a Sainte Chapelle, o Palais Royal, L’Hotel de ville, Nôtre Dame.Tamén subimos ao Bateau Mouche e percorremos parte do Sena. MARTES 30/03/04 : O martes fomos ver a tumba de Napoleón e o Sagrado Corazón, pola noite estivemos visitando Eurodisney. Despois de cear no Barrio Latino o conductor do autobús ensinounos París de noite. MÉRCORES 31/03/04: Saímos cedo e detivémonos a visitar o castelo de Chenonceau. Paramos a comer en Loches e pola tarde seguimos o camiño cara a Bordeos. XOVES 1/03/04: Emprendemos viaxe de regreso. ALICIA VILARCHAO ÁLVAREZ . 4º ESO A.


13

ZONAPREFERENTE

EXCURSIÓN DOMUS ACUARIO POR

ESPARAVÁN

VIAXE A ANDORRA

POR ADRIÁN DEL CAMPO VILLAR.

INÉS DE DIOS RIVAS. 3º ESO B.

excursión a Andorra é unha viaxe á neve que se realiza todos os anos para o curso de 1º BAC., aínda que tamén participan estudiantes do ciclo de informática. A ela fomos xunto co instituto da Farixa de Ourense e co IES Abrente de Ribadavia. Saímos o 24 de Xaneiro ás 22:00 da gasolineira de Maceda. Fomos os últimos en montar. No autobús viñan os dous profesores de ximnasia, Roberto e Xabier M. Despois de introducir a equipaxe no autobús e despedirnos comezamos a viaxe. Maceda quedaba atrás e só pensabamos en chegar a Andorra. Ao principio todo eran risas e emoción pero pouco a pouco a xente comezaba a durmirse, ou a intentalo. Cada un acomodábase como podía, no chan, con coxíns ... Parabamos cada 3 ou 4 horas para estirar as pernas, e tomar algo. Despois de 14 horas interminables chegamos preto da 1:00 h á fronteira con Andorra. Fomos cara ao hotel a deixar a roupa e mirar as habitacións. Despois de deixar as cousas fomos polo material. Tras recollelo e deixalo no autobús volvemos cara ao hotel, tivemos un pouco de tempo libre para coñecer a cidade antes de cear. Ás 11 regresamos ao hotel para descansar porque había que erguerse ás 7:30. Aprender a esquiar ao principio resultou bastante difícil pero gracias ás clases do monitor

A xoves 27 de novembro, os dous grupos de 3º ESO fomos a unha excursión á Coruña. Acompañáronnos tres profesoras: Helena, Charo e Chus, as cales gozaron tanto coma nós coa excursión. Visitamos a Domus (Casa do Home) e o Acuario e pasámolo xenial. Na Domus toquei, mirei, cheirei e probeino todo, que diso se trata ¿non?. Chamoume moito a atención: os tamaños dos dintintos corazóns de animais (cabalo, rato, vaca...) e mesmo o do home; o mareo que supón entrar na cociña inclinada; a muller embarazada (na que un pode sentir os couces que dá o feto); o cadro da Mona Lisa feito con diminutas fotografías; o corazón xigante, no que un pode introducirse no seu interior... e moitas cousas máis.

O

“Na

Domus toquei, mirei, cheirei e probeino todo, que diso se trata ¿non? ” No Acuario aínda o pasei mellor. Vímolo todo, tamén tocamos, estivemos arriba, abaixo, no medio... Máis tarde fomos á parte de fóra, alí fixemos fotos cos cabaliños de mar de ferro (esculturas); fomos visitar as focas, polbos e... máis peixes. Despois vimos como as ondas batían contra o valado que rodea o recinto salpicando á xente que se atopaba preto. Ás 5:30 regresamos. Gustaríame repetir, non ao mesmo lugar pero si pasalo tan ben nas vindeiras saídas. Ademais esta viaxe contribuíu a que me guste máis A Coruña.

O ROTEIRO D’A ESMORGA

POR Adrián del Campo Villar, José Manuel Blanco. 1º BAC.

“O

roteiro d’A Esmorga é un pequeno percorrido que se fai polo casco antigo da cidade de Ourense”

e aos consellos de Roberto e Xabier o 2º xa case non caïamos ao chan. Logo de xantar iamos outra vez esquiar cada un por onde máis lle apetecía, xa que ás 5:00 h pechaban as pistas. A nosa volta foi o venres despois de baixar das pistas e de devolver o material. Foi moito máis rápida porque co cansazo dunha semana en Andorra, que é moito, nada máis montar todo o mundo ía durmindo e xa case nin se ergueron para estirar as pernas nas paradas. A Maceda chegamos o sábado pola mañá cerca das 10:00 h.

roteiro d’A Esmorga é un pequeno percorrido que se fai polo casco antigo da cidade de Ourense, seguindo unhas pequenas placas que están numeradas do un ata o oito. O roteiro fai referencia ao texto de E. Blanco Amor titulado A Esmorga, unha novela curta na que os protagonistas son uns esmorgantes, persoas xeralmente bébedas e con ganas de troula, que percorren o casco antigo de Ourense. Blanco Amor relata o que lles acontece no Ourense de primeiros do século XX. O percorrido realizámolo o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Marchamos cara a Ourense o martes 3 de febreiro a cuarta hora. Cando chegamos fomos ás Burgas, onde nos estaba esperando a profesora de matemáticas Pili, quen conxuntamente coa nosa profesora de galego Miriam e mais Chus, a outra profesora de galego, se ofreceron voluntarias para acompañarnos. O percorrido fixémolo cun guía, íanos levando de placa en placa. En cada unha contábanos o que alí supostamente sucedeu. Este traxecto entre cada unha das placas foi bastante desordenado e con moi pouca explicación. Todo isto levounos uns 45 minutos. Cando o rematamos tivemos un pouco de tempo libre no que cada un fixo o que máis lle apeteceu.

O


14

ZONA CREACIÓN

ESPARAVÁN

UNHA GALAXIA DE LETRAS A NOITE CAE

P

A noite cae e ti non estás, non sei quen es nin sei para onde vas.

OEMAS

Teño a alma ateigada ateigada de te buscar por un sendeiro perdido e sen te poder atopar. Recordo aquela tarde na carballeira do lugar cando aquel vento ferido me feriu sen dubidar. E levoute do meu lado levoute para non voltar e deixoume soa na noite e farta de te chamar. Agora camiño e búscote sen parar e tratando de atoparte perdín o meu camiñar. A noite cae e ti non estás... ROCÍO VENANCIO MARTÍNEZ. 4º ESO A.

GALICIA E O GALEGO Un pobo habita nela, unha lingua, unha cultura todos dependen dela será a nosa única cura. Non só é un anaco de terra Galicia é moito máis nunca en guerra pero en castelán xamais. Galego, única ilusión, realidade traballa o home labrego Galicia con moita idade falando sempre en galego. Para atopar a solución mira ó teu arredor mira dentro do corazón o galego non é o perdedor. Peixe querido da costa, verza amada da leira Galicia, ben posta Galica, na beira. Monte alto, rexo, forte regato pequeno, limpo o galego di non á morte o galego no Olimpo. MARCOS MIELGO PEÑA. 4º ESO A. SELECCIONADO PARA O CONCURSO ENTRE NÓS, EN GALEGO.


15

ZONACREACIÓN

ESPARAVÁN

CARA A UNHA VIDA NOVA

R

ELATO

Era case de noite, a lúa chea comezaba a alumear timidamente entre as grandes e espesas nubes que de vez en cando a ocultaban, para despois xa deixala visible; o vento outonal xogaba coas follas caídas das árbores mentres o seu son se mesturaba co traca traca dunha maleta con rodas. Non había xente na rúa, soamente dúas sombras proxectadas pola luz dos farois se reflectían no chan dunha ancha e céntrica rúa dunha gran cidade. As sombras, que levaban consigo unha maleta, pertencían a unha muller nova e a un neno pequeno que non chegaría aos cinco anos. Ían collidos da man, rápido, con

naquel mesmo intre, sentiu a sensación de medo e pánico de cando esperaba escondida, ás escuras, entre os mobles da cociña, a que o seu marido, Xan, chegase á casa cheo de alcohol e quen sabe que. Lembrou as repetidas ocasións en que a comida que preparara durante parte da mañá con todo o agarimo e paciencia do mundo non estaba ao gusto del; os seus enfados, como chegaba a tirar o prato ao chan e lle berraba verbas que atravesaban ata o corazón máis duro do mundo; cando o seu neno lle preguntaba por qué o seu papá lle pegaba e ela non sabía que responderlle e comeza-

ese rapaz tan xeitoso sería para ela; durante un tempo, el fora aquel misterioso rapaz novo da aldea do que estaba namorada dende a festa, despois soubo que se chamaba Xan e, finalmente, foi para ela e foino, claro que o foi. No noivado todo ía estupendamente, case parecía un soño,

As mulleres somos princesas,e coma as dos contos algunhas están enfeitizadas

decisión, sen mirar cara a atrás, sobre todo a muller; parecía como se o que ocorría ao seu redor fose alleo a eles. Ata se oíra na rúa un gran estrondo, o forte vento que axitaba aquela noite tirara unha maceta dunha fiestra, pero non importaba nada, as dúas figuras continuaban camiñando ás présas, nin o frío da noite lles parecía importar. A muller era Esperanza; non era moi alta, miúda de corpo e a pesar de ter o rostro con engurras e consumido podíase adiviñar que nalgún tempo fora unha muller bela, despois de todo non chegaba aos corenta anos. A súa vida non fora doada e os seus pensamentos mentres ía camiño da estación dicíano todo. Miles deles amoreábanse na súa mente, sentía pánico, non os quería deixar saír. De vez en cando víase como abaneaba a cabeza como tentando eliminar os malos recordos; cando era nena, e recordaba algo triste e malo que lle pasara durante o día, facíao e funcionáballe. Finalmente non puido evitalo, e recordou, claro que recordou, coma se o vivise

ba a chorar tentando que non se dese de conta; medo, tamén o sentía cando as mulleres do barrio falaban por baixo, cando ela viña do mercado e pasaba diante da perruquería: - Míraa, aí vai, pobriña, esta noite oína berrar, mais algo lle faría ao home para que a trate así. Esperanza sentía noxo cara ás veciñas, gustaríalle dicirlles que se metesen nos seus asuntos, ou mellor dito que a axudasen en vez de criticala, ela víase soa, necesitaba falar con alguén, mais prefería non pedir axuda de momento, ao mellor o barco, que era a súa vida, non remataba por se afundir, aínda que, ás veces, gustaríalle que afundise, que todo terminase dunha vez, pero non podía acabar coa súa vida, o seu filliño necesitábaa e ela necesitábao a el. Á parte das veciñas, tamén sentía noxo cando nesas horribles noites de borracheira do seu home era un manequín sen vontade. Ela aínda o quería namorárase del cando era unha rapaza, vírao por primeira vez na verbena da súa aldea e soubo que

ao casar todo foi cambiando, aquel amor doce, tenro e agarimoso converteuse nun amor cheo de espiñas, de medo e de dor. Esperanza aturaba e aturaba ¿se foi boa persoa nun tempo, por que non vai volver selo? Este era o seu maior desexo, igual que o fora ser nai; ao nacer o neno pensou que Xan a trataría mellor, quizais por fin podían ser unha familia feliz , ata lle puxo ao neno Xoel, o nome do pai de Xan, e si, por uns intres Xan parecía o mesmo de antes, pero isto só foi producto da imaxinación de Esperanza. El soamente estaba contento porque o rapaz saíu home e non muller: - As mulleres só dan problemas e aínda, por riba, estorban. Era a ladaíña diaria de Xan e Esperanza non podía facer nada, se o contradicía...¡Meu Deus!, ¡Quen sabe o que pasaría! Esperanza tiña visto moitas veces na televisión mulleres que foran maltratadas e que agora vivían “felices”, sentía unha envexa sa ao verse tan lonxe da


16

ZONACREACIÓN

nova situación desas mulleres. Tamén vía na televisión os casos doutras mulleres que non chegaron a saber o significado da palabra felicidade, porque a morte viñera tras delas; pero non, o caso de Esperanza era distinto, pensaba ela, Xan queríaa, estaba segura, é que estaba pasando unha mala racha, non obstante, esa mala racha duraba demasiado, anos, ata que Xoel cumpriu catro. Xa vira moitas veces como o seu pai lle batía á súa nai, vía que a mamá sempre estaba triste, un día decidiu facerlle un agasallo, e que mellor ca un debuxo; cando o rematou deullo a súa nai, ela, comezou a chorar. - ¿Que che pasa mamá? ¿Non che gustou o debuxo? - Si, meu neno, claro que me gusta. Esperanza non podía gardar as bágoas da emoción. O debuxo de Xoel era propio da súa idade pero gardaba un significado especial. No debuxo aparecía el e mais ela collidos da man, dous corpos grandes que semellaba que ían camiñando cun amplo sorriso na faciana, mentres que o boneco pequeno e negro parecía estar quedo e serio, era Xan. Á parte das súas figuras tamén aparecían soles, pombas, cabalos, flores, e demais símbolos propios do debuxo dun neno. A Esperanza chamoulle a atención unha cousa no debuxo: - Xoel, ¿por que só empregaches as cores negra e verde. - Mamá, a cor negra é triste e con esa cor debuxei a papá porque non se porta ben e por dentro está cheo de cousas tristes, mentres que a verde, como unha vez me dixo a tía Gloria, é a cor do teu nome, e non sei moi ben o que quere dicir pero sei que é algo bonito e bo. Así foi como Esperanza espertou, abrazou forte a Xoel, e cavilou no que significaba o seu nome e a cor verde, o seu fillo tiña razón. De súpeto como se unha luz se acendese na súa mente decidiu facer a equipaxe e marchar lonxe, onde puidera facer unha nova vida co seu filliño, non sen antes denunciar o que durante anos fora o causante daquel pesadelo que era a súa vida. Agora víase con esa necesidade, ela era unha muller e tiña os seus dereitos, parecía coma se o medo desaparecese, nunca tivera tantas forzas coma naquel momento. Cavilando nesas cousas foi como se lle pasou o camiño á estación de tren a Esperanza, xa fixera todo o que tiña que facer, agora ela e mais Xoel collerían un tren cara a Ourense onde a esperaba a súa irmá Gloria. Iría a un centro de mulleres maltratadas onde coa súa experiencia tentaría axudar a outras mulleres que se

ESPARAVÁN atoparan na súa mesma situación, á vez que ela se recuperaría psicoloxicamente de tantos anos de desgracias. Absorta nos seus pensamentos, chegou o tren, ela e mais Xoel subiron e cando xa levaban un tempo de viaxe Xoel preguntoulle: - Mamá, se o papá che levaba pegando dende sempre, ¿por que nos imos agora da casa? - Porque as mulleres somos princesas, e coma as dos contos algunhas están enfeitizadas, coma min, que vivía nunha torre máxica afastada do mundo ata que un anxo me liberou do meu feitizo, e ese anxo es ti. ROSA ALBA CID FORMOSO. 2º BAC.

CLIN: A PINGA DE CHUVIA Nunha mañá de frío inverno, cando a xeada cubría co seu manto branco todo o que a vista era capaz de divisar, naceu CLIN. Clin era unha gota de carazo que a xeada da mañá deixou silandeiramente enriba dunha folla de carballo e que o vento se encargou de derrubar. Clin era diminuta, transparente e sobre todo moi, moi fría. Espertou á vida aquela mañá invernal co canto do galo máis madrugador dunha granxa achegada. O primeiro que fixo foi saudar as súas compañeiras, as demais gotas de carazo, que compracentes lle deron a súa benvida á fraga. Chegou o sol cos seus raios poderosos, Clin pediu ao astro rei que a quentara pois tiña moito frío e ¡que ocorreu!... como por arte de maxia, Clin elevouse velozmente ata chegar a unha nube branca, esponxosa e moi grande. No seu seo viaxaba adormecida polos constantes arrolos do vento polar. Dende o seu trono de raíña contemplaba marabillada a inmensidade branca, as árbores nevadas, os ríos xeados e os pequenos nenos do mundo branco construíndo un robusto boneco de neve. Pouco a pouco as folerpas ían caendo docemente na terra, Clin era unha delas. Caeu serpeando enriba dun gran río, cuxas augas no verán transparentes e mornas, estaban ríxidas e compactas. Alí permaneceu Clin unha morea de tempo ata que un día o rei sol espertou do seu letargo e puido co frío, todo comezou a derreter: o glaciar, as lagoas, os ríos... Amoreada coas súas irmás viaxou Clin, guiada polas correntes daquel gran río, un río que lle deu a posibilidade de coñecer outras paisaxes, outras xentes, outras formas de vida...

Ese río, despois de moitos quilómetros abrazábase a outro, e este a outro... ata que Clin chegou paseniñamente, bambeada polos constantes remuíños á beira dunha fermosa fraga, todo era verdor, luminosidade, frescura pero... Unha loita constante entre pingas de chuvia facía que a paisaxe, a cachos, deixara a súa aparente calma e se volvese fera, as augas rebordaban as canles e a xente que alí vivía amosábase apesarada e decepcionada coa nai natureza: as súas casas derruídas e anegadas, as súas colleitas tiradas polo chan, inservibles, o gando afogado na lama... todo era desolación e impotencia. Clin implorou de novo ao sol, e este, oíndo a súa chamada irrumpiu con forza no horizonte, a loita cesou e coma unha bruma espesa as diminutas gotas de chuvia ascenderon moi alto ata facerse imperceptibles. Pouco a pouco todo volveu á normalidade. Clin no seu ascenso acougou nunha nube xove e xoguetona, viaxou durante moitos días coas súas noites enriba dela, coñeceu á Aurora boreal, falou coa estrela polar e tamén coa súa curmá a sarabia. Un día dende o alto divisou un extenso país, con casas feitas de lama e pólas, pero... algo chamou a súa atención: non había árbores, nin flores, nin animais, os ríos estaban secos e as fontes polos seus longos canos non vertían nin unha pinga de auga. A xente andaba desorientada, os seus rostros semellaban moi tristes e os corpos cases espidos, fracos e desnutridos. Clin entristeceu con tanta seca e pobreza, acordou convocar unha asemblea de gotas de auga na nube nai, alí reuníronse todas as gotas do mundo. O seu compromiso foi unánime: non deixarían que aquel país morrese por falta de auga. Viaxaron longos días coas súas noites ata chegar. Suavemente caeron naquela árida terra, coma se de folerpas de neve se tratase. Choveu durante días ata que ríos, lagoas e fontes encheron o seu leito. As xentes felices sementaron e colleitaron os froitos das súas terras, xa non pasarían fame. O país volveu ser o que un día fora, un lugar cheo de árbores, flores, animais e sobre todo, xente feliz. ¿E Clin? ¿Que foi daquela gota de carazo que un día naceu nunha mañá fría de inverno? Gustoulle aquilo e quedou nun río grande que bordeaba moitos lugares daquel fermoso país do corazón de África e todos os días se abanea ao compás do suave e cálido vento do sur. CRISTINA BOUZAS LÓPEZ. 4º ESO A RELATOS SELECCIONADOS PARA O CONCURSO ENTRE NÓS , EN GALEGO.


17

ZONALETRAS GALEGAS

ESPARAVÁN

XAQUÍN LOURENZO “XOCAS” atural de Ourense, Xaquín Lourenzo Fernández -máis coñecido como Xocasnaceu o 23 de xuño de 1907. Na súa localidade natal estudia Educación Primaria e o Bacharelato, e ten como mestre a Ramón Otero Pedrayo. Cursa estudios superiores de Filosofía e Letras (sección Historia) en Santiago de Compostela, primeiro, e en Zaragoza, despois. Fillo do escritor e caricaturista José Lorenzo Álvarez, Xocas exerce a docencia en Ourense onde falece en 1989.

N

Xaquín Lourenzo Fernández incorporouse ao Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós que dirixía Vicente Risco. Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que desapareceu coa dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ao que accede cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do Pobo Galego.

OBRA En 1930 publicou -xunto con Florentino Cuevillas- o libro Vila de Calvos de Randín, e entre os seus traballos figuran tamén Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular; La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense; Nosa Señora do Viso; La casa gallega; Cerámicas castrexas pintadas; Las habitaciones de los castros; O pastoreo na serra de Leboeiro; La capilla visigótica de Amiadoso; Deidades marianas en el Ourense romano; Vellas artes de pesca no río Miño; A casa; Distribucións dos xugos na Galiza; Metamorfosis dunha casa castrexa; La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós; Cantigueiro popular da Limia Baixa; Sobre algunos saludos en gallego…

Xaquín Lourenzo interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galegos. Percorreu toda Galicia recopilando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.


18

ZONALIBROS

ESPARAVÁN

¿Que nos gusta ler ? Aquí tedes algúns dos títulos lidos este ano polos compañeiros dos distintos cursos, acompañados dos seus comentarios. LITERATURA INFANTIL E XUVENIL AGUSTÍN FDEZ PAZ Vilalba, 1947. Autor de novelas e libros de relatos.

O misterio dos fillos de Lúa, (Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa, Ed. S.M.) e O misterio de cemiterio vello. ( Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa. Ed. S.M.)

O misterio dos fillos de Lúa ten como protagonistas a David e Branca, dous rapaces que queren descubrir un misterio: a desaparición das crías da súa gata Lúa. Preñada por terceira vez, non están dispostos a deixar que lle volvan roubar os gatiños. Deciden que van exercer de detectives e pescudar quen é o ladrón. Argallan unha serie de probas que os levará á descuberta do misterio. É un relato fermoso, tenro, divertido, interesante e con moita intriga.

Trece anos de Branca ten como protagonista a unha rapaza chamada Branca, enferma de hepatite, o que a obriga a permanecer dous meses na cama. Neste tempo é o seu aniversario, os amigos dela acoden á súa casa a celebralo. Fanlle moitos regalos pero o que máis lle sorprende é un álbum de fotos. Non sabe que facer con el. A súa nai recoméndalle ordenar as fotos que ten nunha caixa e colocalas no álbum. O pai propónlle facer unha biografía coas fotografías. Segundo as vai mirando lembra sucesos da súa vida. XOEL CID FERNÁNDEZ. 1º ESO B.

Contos do museo é un conxunto de catro relatos de escritores lucenses, ilustrados por artistas da provincia e inspirados no museo provincial. Agustín Fdez Paz é o autor dun dos relatos: A serpe de pedra, unha historia de misterio con sucesos inesperados.

ALUMN@S DE 1º ESO.

Unha rapaza duns 16 anos sofre polas consecuencias que trae consigo a enfermidade que padece. Ten que ir ao colexio coa cabeza rapada e as burlas que sofre aínda a fan sentir peor. Pouco a pouco vai tendo amigos e comeza a darse conta que o importante non é o físico para facer amizades, séntese valorada non só polos compañeiros senón tamén polos profesores, será elixida para facer unha obra de teatro polas súas capacidades e non por mágoa. A banda sen futuro é unha historia que nos amosa os problemas dunha enfermidade e como estes poden afectar ás relacións persoais. É un libro actual que incita á reflexión. EVA PUMAR BLANCO. 3º ESO A.

MARILAR ALEIXANDRE

FINA CASALDERREY Xeve (Pontevedra), 1952. É unha das escritoras máis premiadas no ámbito da literatura xuvenil.

A banda sen futuro. (Col. Fóra de Xogo , Ed. Xerais).

Trece anos de Branca, (Col. Periscopio, 1. Edebé-Rodeira) e Contos do museo. (Deputación Provincial de Lugo. Museo Provincial de Lugo).

Madrid, 1947. Narradora, poetisa e traductora.


19

ZONALIBROS

ESPARAVÁN NARRATIVA E TEATRO

ALFONSO DANIEL RGUEZ CASTELAO. Rianxo, 1886. O prestixio inicial de Castelao comezou como debuxante e pintor.

A Esmorga, ( Ed. Galaxia).

Cibrán, o Bocas e o Milhomes son os protagonistas desta novela ambientada en Ourense. A historia, narrada polo primeiro é a transcrición da súa declaración a un xuíz, na que conta os feitos acaecidos durante tres días de esmorga e a súa incorporación a esta, dous días despois de iniciada polos seus compañeiros. É unha novela realista, engaiolante e moi entretida, na que a intriga é permanente e cun final inesperado. Dános unha lección da vida, que debe ser aproveitada para ben e gozada sen danar a ninguén. IVÁN GARCÍA GARCÍA. 4º ESO A

EDUARDO BLANCO AMOR Ourense, 1897. De formación autodidacta dedícouse ao xornalismo e á literatura.

¿QUE LIBRO RECOMENDARÍAS

A UN AMIGO? Os alumnos de 4º ESO quixeron botar unha ollada ao seu pasado como lectores e lembrar aqueles libros que máis lles gustaron. Seleccionamos algúns deles: Unha estrela no vento. Ledicia Costas. A infidelidade, morte, racismos, minusvalía... son temas que se abordan neste libro. Miguel Foz, o protagonista, recibe unha boa

Os vellos non deben de namorarse. (Ed. Galaxia).

O boticario, Don Ramón e o señor Fuco son tres vellos que se namoran de tres mozas. Queren ser queridos e cámbianlle ás mozas amor e bicos por cartos e propiedades. As mozas aprovéitanse deles e do seu diñeiro para rematar marchando cun mozo máis novo. Unha obra de teatro en tres lances, entretida e interesante, cun toque humorístico e engaiolante. EDGAR RUÍZ e ISABEL SILVA. 4º ESO A.

malleira, por iso el e os seus amigos deciden vingarse. Miguel está farto do seu pai, da súa profesora de literatura, da xente que o rodea. Sente que é diferente de todos, de todos menos do seu curmán Abel, alguén moi especial, e de Reina, unha moza xitana coa que aprenderá o que é o amor. O médico a paos. Moliére. (adaptación de Teruca Vila ). Trátase dunha comedia divertida na que as burlas, enganos e paos están presentes en todas as escenas. Nicasio é un home de campo que ten que pasar á forza por médico e tentar curar á filla dun

Si o vello Sinbad volvese ás illas. (Ed. Galaxia)

Novela que relata a última aventura de Sinbad o mariño, o mítico personaxe de As mil e unha noites. A historia sitúase no país de Bolanda onde vive o mariño retirado, coidando da súa horta e referindo, na fonda de Mansur as peripecias que lle aconteceron nas pasadas navegacións. Un día Sinbad amósalle a Sari unha estampa na que se ven dúas naos que o señor do Farfistán está a construír en Basora para as que está buscando pilotos, e coméntalle que volverá embarcar. Antes de contestar á demanda, pon un cartel no porto para que se apunte a futura tripulación: o paxe Sari e o cego Abdalá. Pasado o monzón, Sinbad comeza a preocuparse porque non o chaman para facerse cargo da súa nao, Venadita, e decide ir a Basora en compañía de Sari e Abdalá. BEATRIZ CASADO, PATRICIA CONDE, MAYTE GONZÁLEZ, CECILIA VALIÑO. 2º BAC.

ÁLVARO CUNQUEIRO Mondoñedo, 1911. Comezou o seu labor literario de estudiante en Compostela.

ricacho que quedou sen fala por cousa de amores. A muller de Nicasio quere vingarse del e nada mellor que argallar un engano para que o seu home teña un bo escarmento. As cousas claras. Xosé A. Neira Cruz. Narra unha historia trepidante onde se combina o amor con outros temas como a violencia, a morte, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocrisía. Marga e Afonso (os protagonistas) serán os encargados de investigar o que lle pasou ao seu profesor de historia Moncho, este apareceu morto no seu apartamento.


20

ZONAMÚSICA

ESPARAVÁN

DISCOS

A NOSA MÚSICA 1904 foi o ano no que o galego soou por primeira vez nun disco. Cumpríronse cen anos dende que se rexistrou a primeira gravación en disco dun grupo galego e en galego: Aires da terra. Pedro Ferrer (fotógrafo pontevedrés) foi o impulsor e coordinador da primeira gravación sonora da historia de Galicia non só en lingua galega senón tamén de instrumentos como a gaita ou a zanfona. Acompañouno nesta aventura, Perfecto Feijoo, director do grupo pontevedrés Aires da Terra. O coro Aires da Terra foi a primeira formación en dignificar a música tradicional ao levala ao ámbito urbano. Realizaron varias xiras que os levaron a lugares como o Teatro da Zarzuela de Madrid e Bos Aires.

RECOMENDAMOS

4º ESO

O QUE MÁIS NOS GUSTA

fito&fitipaladis. Lo más lejos, a tu lado. 3ª entrega en solitario do grupo. Mago de Oz. Gaia. Recibiu un disco de platino por máis de 100 copias vendidas. Carlos Núñez. Maio longo. 3º disco deste gaiteiro con colaboracións de importantes músicos. El canto del loco. Estados de ánimo. En novembro foron galardoados co premio ao Mellor grupo español nos MTV MusicAwards 2003. Herdeiros da Crus. Erecsiones munisipais. Crítica da sociedade de hoxe en día. Ricardo Arjona. Santo Pecado. Cantautor guatemalteco.Vendeu máis de 750.000 copias do disco. SKA-P. Planeta escape. Esta banda combina humor e ironía xunto á protesta máis directa.


21

ZONACINE

cine

O cine en Galicia. Películas como Trece badaladas (2002) ou O lapis do carpinteiro (2003) están baseadas en adaptacións das obras literarias homónimas de Suso de Toro e Manuel Rivas.

p

e

O CINE QUE VEMOS Por Cristina Bouzas e Raquel Bretaña.

l í c u l a s

Dúas compañeiras de 4º ESO A comentan dúas das películas que máis lles gustaron. A lingua das bolboretas está baseada en varios relatos do libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas. Película ambientada en Galicia (Allariz, Xunqueira de Ambía...) na que podemos apreciar a súa paisaxe, costumes ou vida cotiá desde a perspectiva dun neno que vai á escola por primeira vez. Enmarcada nunha época previa á guerra civil onde o medo, a tensión e as ideas políticas marcan moito os personaxes. Moncho coas súas primeiras experiencias escolares descobre o milagre das bolboretas, o mestre asume sen vergoña a súa identidade política (nunha época de represión) pero o lugar e Moncho danlle as costas (por medo). Impresiona a escena final cando Moncho corre detrás do coche que leva ao mestre preso e lle berra e tira pedras. Trece badaladas baseada na obra homónima de Suso de Toro, é a historia dunha escritora que quere pórse en contacto co director dunha productora de cine. Aínda que nun principio ten dificultades conseguirao posteriormente descubrindo que este ten algún problema grave. Finalmente, ela convértese na súa confesora e xuntos intentan descubrir un enigma inquietante que relaciona a historia entregada pola moza na axencia de cine coa vida mesma do rapaz. É unha historia de intriga e amor construída sobre unha cidade que é un labirinto onde se esconden enigmas.

Luís Tosar

Antón Reixa

Xabier Villaverde

Actores e directores galegos.


22

ZONAACTA DIURNA

ESPARAVÁN

RESPONDE ET COLORA ELIXE AS RESPOSTAS CORRECTAS E COLOREA OS NÚMEROS CORRESPONDENTES PARA DESCUBRIR QUE HAI BAIXO A MARAÑA DE NÚMEROS E LIÑAS. 01. ¿Onde está un dos máis famosos acueductos romanos? A. Canarias: 17, 16, 11. B. Segovia: 56, 53, 25. C. Lugo: 51, 50, 33.

03. ¿Onde naceu o escritor Séneca? A. Nápoles: 31, 32. B. Roma: 7, 8. C. Córdoba: 6, 10.

02. ¿Que confirmou Pitágoras? A. Que a Terra é unha esfera que se move no espacio: 19, 20. B. Que o Sol é o centro do Universo: 13, 11. C. O movemento de rotación da Terra: 43, 45.

04. ¿Cal destas linguas non é unha lingua romance? A. Catalán: 28, 42. B. Galego: 4, 13. C. Inglés: 5, 14.

49

07. ¿En que ano tivo lugar a caída de Grecia en poder de Roma? A. 1900 a. C.: 57, 36. B. 433 a. C.: 54, 55. C. 146 a. C.: 27, 26.

05. ¿Cal era o deus romano equivalente ao deus grego Zeus? A. Mercurio: 43, 41. B. Júpiter: 52, 46. C. Neptuno: 31, 16.

43

48

06. ¿Cal destes deuses non é fillo de Cronos e Rea? A. Apolo: 40, 41. B. Zeus: 30, 28. C. Hera: 23, 21.

28

29

17

16

3

1

44 42

50

51

45 47

27

15

26

46

14 30

41

52

4

2

5

25 6

19 31 59 57 54

13

37

53

32

24 7

36 58

40

38

56 55

33

35

12

23

8

22 20

39

34

10 11

9

21

POR PATRICIA PÉREZ PRIETO. 3º ESO B.

¡QUE CURIOSO! A MERENDA Na Roma clásica había unha serie de campesiños que traballaban de sol a sol. Estes tomaban un pequeno refrixerio no seu descanso. Nos días máis longos do verán tomábano a media tarde.

De aí vén o noso concepto de merenda, aínda que o traballo non é tan duro. AS POXAS En moitas festas ou romarías actuais realízanse poxas: véndese un producto a aquela persoa que

ofreza máis cartos por el. En castelán, algo tan divertido coma isto provén do latín “sub hasta”, que significa “ó pé da lanza” porque a venta pública de escravos anunciábase cunha lanza cravada no chan.


23

ZONAACTA DIURNA

¿ESTAMOS CÓMODOS NA AULA? Nós por suposto que si, pero ¿e os alumnos do mundo clásico? Na Antigüidade os alumnos tiñan que traer eles mesmos da casa un tallo para sentar e escribían sobre unha táboa que apoiaban nos xeonllos. Iso si, o mestre sentaba nunha cadeira con respaldo chamada “cathedra”. ¿COMO MORREU ALEXANDRE MAGNO? Crese que foi unha simple infección a que matou a Alexandre, de súpeto e cando só tiña 33 anos. Recentemente uns epidemiólogos, John

ESPARAVÁN Marr e Charles Calisher, propuxeron que puido ser víctima da febre do Nilo, causada por un virus común en África e Oriente Próximo, transportado por paxaros e transmitido ó home polos mosquitos. Os numerosos corvos que describe Plutarco ás portas de Babilonia no momento da entrada do Alexandre Magno puideron infectalo. UNHA SOBREMESA ROMANA (CORTESÍA DE GAYO APICIO): Tortilla de leite Ingredientes: catro ovos, ¼ l. de leite, un pouco de aceite, mel e pementa.

A MENSAXE SECRETA Atina as palabras correspondentes a cada definición e traslada as letras que teñan número ós cadros da cuadrícula se queres descubrir a mensaxe que esconde. En Grecia, praza do mercado: __ __ __ __ __ 4 44 16 9 Calzado máis habitual en Grecia e Roma: __ __ __ __ __ __ __ __ 17 15 22 13 31 49 40 Carro tirado por catro cabalos: __ __ __ __ __ __ __ __ 32 2 20 25 Alimento lácteo moi consumido na época clásica: __ __ __ __ __ __ 1 45 3 21 Calzado con alzas empregado polos actores: __ __ __ __ __ __ __ 10 26 50 19 7 33 Gobernante de Atenas na democracia do século V a C: __ __ __ __ __ __ __ __ 23 54 41 18 Deus grego do mundo dos mortos: __ __ __ __ __ 11 6 53 Posible autor da Ilíada e da Odisea : __ __ __ __ __ __ 42 48 47 46 35 Deus do lume, esposo de Afrodita: __ __ __ __ __ __ __ 38 8 14 5 51 Nome romano de Hefesto: __ __ __ __ __ __ __ 28 37 34 52

Preparación: Bate os ovos e incorpóralles o leite e un pouco de aceite (25 ml.). Traballa a mestura ata que quede amalgamada. Pon nunha tixola pequena unha pinga de aceite e cando estea quente bota a mestura. Cando estea cocida e dourada lixeiramente por un lado, dálle a volta. Serve a tortilla untada con mel (se che van os sabores fortes, podes engadirlle a pementa). A MERENDA, A SUBASTA e ESTAMOS CÓMODOS NA AULA. Delfín Martínez Conde - Francisco Garrido. COMO MORREU ALEXANDRE MAGNO e UN POSTRE ROMANO. Cristopher da Silva. 3º ESO B.

DELFÍN MARTÍNEZ CONDE - FRANCISCO GARRIDO BOUZO. 3º ESO B. Por culpa de Agamenón retirouse da guerra de Troia, pero logo aceptou volver: __ __ __ __ __ __ __ 27 55 12 Deus mariño máis antigo que Poseidón: __ __ __ __ __ 36 24 43 Rexión da Grecia central: __ __ __ __ __ __ 30 29 1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

35

36

37

38

39

40

41

42

43

44

45

46

47

48

49

50

51

52

53

54

55

14

NERÓN VISTO POR EL MESMO A ousada correspondente en Roma de Acta diurna envíanos a entrevista que lle concedeu o emperador Nerón, na que aproveita para rebater as infamantes noticias que circulan sobre el. Acta diurna: Emperador Nerón, cando vostede foi nomeado contaba só 17 anos. ¿Cre que era demasiado novo para o cargo? Nerón: Non, creo que xa estaba preparado para todo isto. Teña en conta que o meu titor era o sabio Séneca. Acta diurna: ¿Levábase vostede ben coa súa nai? Nerón: Moi ben, a miña nai queríame, e eu a ela. Acta diurna: Entón, ¿por que a mandou asasinar? Nerón: Xa non a soportaba, ata insultou á miña esposa Popea, sabendo que eu a quería. Acta diurna: Cambiemos de tema: ¿Por que lle botou ós cristiáns a culpa do incendio de Roma? Nerón: Estaba visto que eran os culpables. Estaban fartos de que a súa relixión non fose legal. Acta diurna: ¿Quere vostede dicir que o fixeron por vinganza? Nerón: Si, iso mesmo. Acta diurna: ¿Sorprendeuse moito pola conspiración contra vostede, na que participou Séneca? Nerón: A verdade, xa o esperaba; non nos levabamos moi ben.

¿QUE NOS DI A HISTORIA? aceu no 37 d. C. en Antium, fillo de Cneo Domicio Ahenobarbo e de Agripina a Menor, bisneto do emperador Augusto. Foi nomeado emperador con 17 anos, un ano despois da morte de Claudio. Os seus asesores eran Burro e o filósofo Séneca. No ano 59 mandou asasinar á súa nai, porque parece ser que esta criticara á súa amante, Popea Sabina, coa que casara despois de divorciarse e executar a Octavia. En xullo do 64 un gran incendio consumiu dous tercios de Roma. Nerón estaba en Antium, pero aínda así algúns culpárono a el. Para evita-la presión da xente culpou do incendio ós cristiáns, que foron perseguidos e asasinados. No ano 65 houbo unha conspiración contra el, na cal 18 dos 41 cidadáns implicados morreron, entre eles Séneca e o sobriño deste, o poeta Lucano. Nerón suicidouse no 68, despois de que o Senado o declarase inimigo público. Nos anos seguintes a súa memoria foi condenada, destruídas as súas estatuas e borrado o seu nome das inscricións.

N

ROCÍO PRADO CONDE. 3º ESO B.


24

ZONACERO

ESPARAVÁN

INTERÉSACHE SABER... Ilustracións Liliana Cristina Silva Carvalho

A CADRATURA DO CÍRCULO Dende que Anaxágoras (500 anos a. de C.) se cuestionara por primeira vez o problema de conseguir, con só regra e compás, un cadrado que tivera igual área ca un círculo dado, toda a humanidade estivo tratando de resolver o apaixonante problema. Todos os intentos resultaron infructuosos, ata que despois de 2.200 anos demostrouse a irresolubilidade do citado problema.

NÚMEROS NA VIDA DIARIA POR Noelia Rodríguez, Cristina Sarmiento, Melina Vázquez.

¿Quen dixo que as matemáticas non nos gustan? Aínda non sabes que as tes moito máis preto de ti do que imaxinas. Continúa lendo e verás que o que che dicimos é verdade. Cando estás en clase de matemáticas e a profesora che ousa dicir que non tes nin idea do asunto ou que non sabes sumar, ¡ dille que non é verdade! Se cada cinco minutos estás mirando o reloxo, xa ves números. Estás facendo operacións para saber canto queda ata o recreo e nesas NUNCA TE EQUIVOCAS. Outro exemplo cotián: Ao erguerte para ir ao colexio, o espertador soa marcando as 7:30. De novo volvemos ver números. As frases: “Abride o libro pola páxina..., facede os catro exercicios para o próximo día”... seguro que che soan. Rematan as clases e chegas á casa, pero non tes moitas gañas de comer, dis: -¡Mamá! Dáme só a metade do filete e de sobremesa só 3 cuarteiróns dos 12 que ten a laranxa, estás utilizando, de novo as matemáticas. Toda a nosa vida está chea de números e ao mellor ti non te deras conta. Non te asustes, cada segundo da túa vida utilizas números e as matemáticas.

¿QUE É UN FRACTAL? 0 termo “fractal” foi creado en 1975 por Benoit Mandelbrot, matemático e investigador da IBM e autor de traballos pioneiros sobre a xeometría fractal. Os fractais son curvas ou superficies obtidas por sucesivas subdivisións dunha figura. Varía a lonxitude pero consérvase a forma. Así, para descubrir a ascensión pola aba dunha montaña dun excursionista e unha formiga, resulta a mesma superficie fractal -os obstáculos que atopan ambos son similares-, pero varía a lonxitude. A folerpa de neve : Un polígono fractal. Un exemplo interesante de polígono fractal é o que representa unha folerpa de neve no plano.

...

¡As doces matemáticas!

COORDINADO POR PILAR DÁVILA PADRÓN


25

ZONACERO

ESPARAVÁN

ATRÉVETE E PENSA

Pizzzas

¿Que móbil elixir? Unha compañía de móbiles ofrece dúas opcións de telefonía móbil: Tarxeta prepago: no que cada minuto de chamada custa 0,76 .

¿Que cres que che resultará máis rendible, mercar tres pizzas de 25 cm de diámetro a 6 euros cada unha, ou unha de 50 cm de diámetro que custe 18 euros?

¿Onde está o euro que falta? Tres amigos van comer a un restaurante. Despois dunha estupenda comida a base de marisco piden a conta.

Contrato: págase unha cantidade fixa mensual de 6 e o custo da chamada é de 0,5 por minuto. ¿En que condicións resulta máis vantaxosa cada opción?

Reparto Uns irmáns estiveron aforrando as moedas de 1 euro que lles daban. Deciden repartirse os aforros do seguinte xeito: ao primeiro correspóndenlle 6 máis a quinta parte do resto,

Camareiro: -Son trinta euros. Despois de darlle os trinta euros, din -Lembra que somos clientes habituais, ¿non nos fan unha rebaixa? Camareiro: -Eso é cousa do dono, voulle preguntar. O camareiro vaise cos 30 e transmítelle ao dono o que lle dixeron os tres amigos. Dono: -Está ben, descóntalles cinco euros. Ao volver a mesa, o camareiro decátase de que 5 son difíciles de repartir entre tres, polo que decide quedarse con 2 e devólvelles un a cada un. Cada un dos amigos pagou 9 (10 que pagaron menos 1 que lles devolveu o camareiro) e 9x3 fan 27, máis os 2 do camareiro fan 29, ¿Onde está o euro que falta?

ao segundo 12 máis a quinta parte do resto, ao terceiro 18 máis a quinta parte do resto e así sucesivamente. Despois do reparto todos obtiveron a mesma cantidade. ¿Cal era a cantidade e cantos os irmáns?

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS


26

ZONACONCURSOS

ESPARAVÁN

PREMIOS

Concurso Tarxetas de nadal

1º PREMIO Mª Inés Glez Gómez

2º PREMIO Noelia Apolinar Loureiro

3º PREMIO Cristina Janeiro Araújo

Concurso Halloween

MELLOR TÉCNICA Liliana Cristina Da Silva Carvalho. 3º ESO A

ORIXINALIDADE Nuria Venancio -Cecilia Valiño . 2ºBAC.


27

ZONACONCURSOS

ESPARAVÁN

Concurso San Valentín ENDEXAMAIS

REGRESA A MIN MEU CORAZÓN

FLOR ALLEA

Eu adoro á miña dona, á miña senhor e despídome dela con moita dor regresa a min, meu corazón.

¡Oh flor estranxeira ! ¡Oh flor allea ! ¡Oh flor de pétalos ! brancos e talos con espiñas porque non es miña.

Se non a vexo fixo que vou tolear amo o momento de con ela me atopar regresa a min, meu corazón. Se non a abrazo eu prefiro morrer sen ela eu podo chegar a enlouquecer regresa a min, meu corazón. Cando o vento move os teus lindos cabelos a min non me chega só con poder velos regresa a min, meu corazón.

Quen me dera terte no meu xardín quen me dera terte gardada no meu corazón. A túa beleza é a trampa o teu perfume o veleno ambos eles son o teu armamento Son as túas mans son os teus beizos a min o teu corpo tenme preso. (...) Poema de amor sentimento non comprendido faz de muller é a que me ten aturdido.

Se eu te vexo pasear con outro da man para ti quedo a mirar coma un paspán regresa a min, meu corazón.

Feitizo feminino home aturdido corazón conmovido. (...)

Es coma unha fermosa flor vermella que sempre florece na primavera regresa a min, meu corazón. Para ti manifesto o meu amor pero, ás veces, fas que sinta por ti dor regresa a min, meu corazón.

Pel branca beizos de carmín fixéronme enlouquecer. ¡Parcas, tecedoras do destino sede xenerosas co meus sino!

Ti sempre es a miña flor primaveral que floreces pouco a pouco na roseira regresa a min, meu corazón. 2º PREMIO RAQUEL BRETAÑA DURÁN 4º ESO A.

3º PREMIO CRISTOPHER DA SILVA ÁLVAREZ. 3º ESO B.


TODO SOBRE O INSTITUTO

AO TEU ALCANCE

ESPARAVÁN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.