Esparaván 2006

Page 1

Nº 6 20 06

ESP ESPAR

AVÁN

ENTREVISTA a Xil Ríos. ENQUISA SOBRE HÁBITOS ALIMENTICIOS, ALCOHOL E TABACO NOVAS PÁXINAS

PR co EM in n fo to IO rm d S a ac a ió n

CHARLA DE RAMÓN CARIDE

as

EX T

R

A

n xi

44


editorial

2

ESP

editorial Despois dun curso exitoso para o alumnado en numerosos concursos, certames e probas dos que xa demos conta no nº anterior vemos novamente a luz para informarvos de todo o que aconteceu neste curso. Con moitas novidades, novas seccións e colaboracións afrontamos unha nova edición da nosa revista coa certeza de poder encher as súas páxinas de actividades, de concursos, de visitas... e de todas as noticias que se xeran nun centro de estudos coma o noso.

COORDINA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Mª Xesús Sarmiento Macías, Miriam González Iglesias, Rosario Expósito Linares.

COLABORADORES

Mª Victoira Couto Vaamonde, Yolanda Martínez Glez, Javier Meruéndano Lira, Diego Rodicio Álvarez, Mª Belén Santos Ascarza-Tabarés, Amelia, María Romero, Lilian, Mila, Toni Lucía Álvarez Méndez, Andrés Boimorto López, Xabier Borrajo Gutiérrez, Luís Carballo Simón, Almudena Dguez Caramés, Yerai Fariñas Calvo, Natalia Fentes, David Fdez Bueno, Nancy Feijoo Pato, Alba Fdez, Cristina Garrido Bouzo, Edgar Garrido Rey, Gemma Gómez Alvarez, Iván Glez, Paula Mtnez Casas, Delfín Martínez Conde, Lorena Mojón Gómez, Natalia Paradela, Mª José Seara.

DESEÑO E MAQUETACIÓN Rosario Expósito Linares

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN Domicilio: Rúa do Castelo, nº3 32700 MACEDA Teléfono: 988463286/46321/ Fax: 988463217 SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA

Correo electrónico ies.san.mamede@edu.xunta.es EDITA: E.N.L. IES SAN MAMEDE -MACEDA-

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA

Queres enviar algunha suxestión, un traballo para publicar, recibir información, cosultarnos algo? Agora podes a través da rede. Aquí tes o noso enderezo electrónico.

normaliesmaceda@terra.es


sumario

3

ESP sumario ESPARAVÁN

Maceda, 2006.

4. O departamento de orientación informa. Información do instituto. Este ano celebramos ... 6.Actividades extraescolares. 8. Personaxes da nosa bisbarra. 10. Conferencia de Xurxo Souto. 14. Conferencia sobre triatlón. 15. Charla da autora teatral Begoña Muñoz.

ESP

NS

SECCIÓ

5

2004/0

2 3 4 5 6 10 17 18 21 22 24 25 28 29 31 32 36 34 36 40 42

EDITORIAL SUMARIO INFORMACIÓN INSTITUTO PREFERENTE CONFERENCIAS ENTREVISTAS CREACIÓN LETRAS GALEGAS LIBROS MÚSICA SERIES ACTA DIURNA COLABORACIÓNS ECONOMÍA ENQUISAS ECLIPSE ANULAR FOTOGRAFÍA PASATEMPO PREMIOS CONCURSOS

16. Entrevistas. 20. Relato. 23. Manuel Lugrís Freire ESPARAVÁN, Rúa do Castelo, nº3 32002 -MACEDA-Ourense. normaliesmaceda@terra.es

25. Libros, música, televisión. 28. A páxina da cultura clásica. 29. Colaboracións. 31. Economía. 32. Enquisas. 36. Eclipse anular 37. 10 recantos máxicos da comarca. 39. Quen é quen?. 43. Premios. 44. Halloween.Tarxetas de nadal.


instituto

4

N

Ó CI

A NT

ESP

VIVE A TOPE A UNIVERSIDADE

E

RI

Algúns de vós estades a piques de comezar a etapa universitaria, esta é unha das épocas mellores da vida se se sabe aproveitar. Tamén é verdade que para a maioría é un cambio grande respecto aos estudos e a vida no I.E.S. O Se segues unha serie de recomendacións sen dúbida adaptaraste e aproveitarás mellor tódalas posibilidades T que atoparás na universidade: EN Asiste ás clases. Comeza a preparación para ocupar un lugar no sociedade. Obrígate a cumprir un horario M A Aprende a traballar en equipo, a preparación de traballos é a formula máis axeitada para iso. T AR Atrévete a opinar e expoñer as túas ideas P A época universitaria é o período de formación en laboriosidade. Máis vale tódolos días algo que nun moito. DE Aprende a combinar o traballo, o estudo e o deporte. Fai amigos/as. Consegue axuda cando a necesites. Non ten nada de malo buscar unha persoa que te axude cando tes que enfrontarte a un problema. Aproveita os recursos existentes, pódenche abrir áreas de saber non implicadas no propio estudio.

DE

O

INFORMACIÓN E TERMINOLOXÍA UNIVERSITARIA DE INTERESE: PLANS DE ESTUDIO Os plans de estudios son o conxunto de ensinanzas organizadas por unha universidade, que unha vez superados dan dereito á obtención dun título. Os plans están compostos por materias; cada materia consta dun número mínimo de créditos: 4´5 créditos se a materia é cuadrimestral e 9 se é anual. Hai catro tipos de materias: Materias troncais Son as materias de obrigatoria inclusión nos plans de estudios dunha mesma titulación en tódalas universidades do Estado español. Materias obrigatorias Son as materias libremente establecidas por cada universidade, que están incluídas dentro do correspondente plan de estudios como obrigatorias para o alumno. Materias optativas Son materias que elixe o alumno entre aquelas que se ofertan nos plans de estudios da titulación. Nestes tamén se especifica o número de créditos de materias optativas que se deben cursar. Materias de libre elección Son materias que o estudiante elixe libremente para a configuración do seu currículo; pódense elixir materias doutras titulacións. CRÉDITOS Os créditos son as unidades de valoración das ensinanzas universitarias. Un crédito son dez horas de ensinanza teórica, práctica .

OFERTA DE ESTUDIOS UNIVERSITARIOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO ( CAMPUS DE: VIGO. OURENSE . PONTEVEDRA) Diplomatura e ciencias empresariais - Ourense - Vigo Diplomatura en Educación Social (Ourense) Diplomatura en Enfermería - Meixoeiro (Vigo) - Ourense - Pontevedra - Povisa (Vigo) Diplomatura en Fisioterapia Diplomatura en Relacións Laborais Diplomatura en Traballo Social (Ourense) Diplomatura en Turismo (Ourense) Diplomatura en Xestión e Administración Pública Enxeñería de Minas Enxeñería de Telecomunicación Enxeñería Industrial Enxeñería en Automática e Electrónica Enxeñería en Informática (Ourense) Enxeñería en Organización Industrial Enxeñería Técnica Agrícola (Ourense) Enxeñería Técnica en Informática de Xestión (Ourense) Enxeñería Técnica de Telecomunicación Especialidade de Sistemas de Telecomunicación Enxeñería Técnica de Telecomunicación

Especialidade de Son e Imaxe Enxeñería Técnica Forestal Enxeñería Técnica Industria Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Electricidade Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Electrónica Industria Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Mecánica Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Química Industria Graduado Superior en Ciencia e Tecnoloxía do Medio Ambiente Graduado Universitario en Ciencias Policiais e Detective Privad) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Mod) Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas -Ourense -Vigo Licenciatura en Belas Artes Licenciatura en Bioloxía Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (Ourense) Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Licenciatura en Ciencias do Mar

Licenciatura en Comunicación Audiovisual Licenciatura en Dereito (Ourense) Licenciatura en Dereito (rama EconómicoEmpresarial) Licenciatura en Economía Licenciatura en Filoloxía Galega Licenciatura en Filoloxía Hispánica Licenciatura en Filoloxía Inglesa Licenciatura en Física (Ourense) Licenciatura en Historia (Ourense) Licenciatura en Psicopedagoxía (Ourense) Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas Licenciatura en Química Licenciatura en Tradución e Interpretación Mestre, espec. Educación Especia (Ourense) Mestre, espec. Educación Física Mestre, espec. Educación Infantil (Ourense) -Ourense -Pontevedra -Vigo Mestre, espec. Educación Musical Mestre, espec. Educación Primaria - Ourense - Pontevedra - Vigo Mestre, espec. Lingua Estranxeira (Ourense)


ESP

información

QUE DATAS...

CELEBRAMOS ESTE CURSO

8 de marzo

7 de abril

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

DÍA DA SAÚDE

O alumnado do IES SAN MAMEDE recibirá a comezos do próximo curso, 06-07, unha axenda escolar elaborada por un grupo de traballo do profesorado. Tres son os obxectivos básicos que persegue este modelo. En primeiro lugar, ser útil ao alumnado para anotar o horario, as tarefas, traballos, exames e notas. En segundo lugar, ofrecer, ademais de informacións relevantes sobre a oferta educativa e as normas de funcionamento interno do centro, suxestións para planificar o horario persoal de estudo e para render o máximo nos exames. E, finalmente, servir de canle de comunicación entre o profesorado e a familia do alumnado.

páxina web Neste curso inaugurouse a páxina web do centro, accesible no enderezo http://www.iessanmamede.com. Toda a comunidade escolar pode empregar os seus servizos, entre os que destacan, a publicación das últimas novas do instituto, unha axenda coas principais actividades, foros de debate e a visualización de fotos dos diversos eventos organizados.

enderezo electrónico Este ano, habilitáronse contas de correo electrónico para o alumnado.

instituto

5


preferente

6

ESP

ETC. E XCURS IÓ NS

14

O, BI AM

EA ,T

GUA, IN ELIN TE RC RR CO

, RALLIE TRO MA TE

DÍA A DÍA , CO NFERENC ICO IA S ÁT , M

17

OUTUBRO MACEDA

Asistencia á Campaña

NOVEMBRO OURENSE

Visita á xornada de portas abertas “O ano da física”.

21

OURENSE

Asistencia á repre-

do Ministerio de Industria para coñecer as novas tecnoloxías.

7

OUTUBRO

sentación teatral de O heroe no Teatro Principal.

setembro

11

e exposición de cogomelos.

7

DECEMBRO OURENSE

Asistencia ao visionado da película Asistencia á exposición “A fronteira entre a Arte e as matemáticas”.

OURENSE

teatral Vida de Esopo.

Recollida, clasificación

SANTIAGO

NOVEMBRO

Asistencia á representación

MACEDA

NOVEMBRO

MACEDA

Celebración do Magosto.

22 NOVEMBRO

NOVEMBRO

Harry Potter y el cáliz de fuego Visita ao campamento romano de Portoquintela, San Miguel de Celanova e Santa Comba de Bande.


7

ESP

preferente

actividades 20

DECEMBRO MACEDA

Taller de instrumentos con materiais reciclables.

4

22

DECEMBRO MACEDA

Celebración do Festival de Nadal.

16

FEBREIRO

FEBREIRO

ANDORRA

MACEDA

Programa de educación para a

Viaxe didáctica destinada

saúde, impartido pola Cruz Vermella.

ao coñecemento do deporte do esquí.

24

ABRIL SANTA TECLA/ PANXÓN

Viaxe a Santa Tecla e á vila MARZO FRANCIA

Intercambio sociocultural con Francia.

xuño 17

MAIO

LETRAS GALEGAS

de Panxón.

24

MAIO

Intercambio entre alumnado do IES San Mamede e o CPI de Caldas de Reis.


preferente

8

ESP

PERSONAXES DA NOSA BISBARRA

1

Cristina Pascual Rubín

Actriz nacida no ano 1973 en Maceda. Comezou a súa andaina a mediados da década dos 90, e desde entón ten traballado ininterrompidamente en diversas curtametraxes e numerosas teleseries tanto a nivel autonómico como a nivel estatal. Ten participado, ademais, en publicidade e en telefilmes. Actriz autodidacta, realizou cursos de interpretación en Galicia , logo trasladouse a Madrid onde seguiu a súa formación no taller de interpretación creativa de Eduardo Millewich. Mellor actriz de curtametraxe, premio AGAPI 2000 pola produción Sandra de Héctor Diéguez. Os traballos realizados: Promedio vermello, Ollos que non ven, Un paso adelante, Fíos, Terra de Miranda, Sandra, Hospital Central, Amor Serrano, Rías Baixas, Nada es para siempre... LORENA MOJÓN GÓMEZ. 4º ESO A.

O alumnado de 4º ESO fixo unha selección dalgúns personaxes relevantes da comarca ou relacionados con ela de todos os tempos. Ramón Caride Ogando

p e r s o n a x e s

2

Manuel Vidal Rodríguez

Escritor natural de Maceda (18711941). Catedrático de literatura, realizou a carreira eclesiástica e a de Filosofía e Letras. Publicou como literato: Don Porrazo, novela de costumes, un cadro vivo do val de Maceda. Tamén publicou Deixa que xa, ámbalas dúas reeditadas por Alvarellos en 1985. É autor dunha ampla produción literaria bilingüe; textos para alumnos de literatura; teatro popular (como El abuelo, drama caciquil de asunto galego); obras de carácter arqueolóxico e doutrinal, entre as que destacan: Conferencia sobre la pasión del juego ou La tumba del Apóstol Santiago. Escribe nun galego popular que rexeita os enxebrismos e cultismos pero non os dialectalismos. Empeñado no uso do galego tal e como se fala. Relacionouse coas Irmandades da Fala, louvou os nacionalistas do Partido Galeguista. Na súa estadía en Madrid colaborou na Revista Galicia con Basilio Álvarez entre 1906 e 1909. Cando regresou a Galicia foi para exercer de catedrático de literatura en Santiago, onde desenvolveu unha grande actividade literaria e científica. XABIER BORRAJO GUTIÉRREZ. 4º ESO A.


ESP

preferente

9

XOÁN DE NÓVOA: CONDE E SEÑOR DO CASTELO DE MACEDA

4 3 Faleceu este cabaleiro da liñaxe dos Nóvoas no ano 1504 na casa-forte de Maceda. Está soterrado ao pé dela, nun coidado sartego con estatua xacente de estilo prateresco, na banda esquerda da Igrexa Parroquial de San Pedro, xunto coa súa dona Xoana Díaz de Cadórniga, vencelada a unha das potentadas familias nobiliarias de Ourense que se enfrontou con severidade aos poderes fácticos (prelados e xudeos) da súa época. Naquela fortaleza medieval viviron Xoán de Nóvoa e os seus dende comezos do s. XIII. Polo 1207 posuía a tenencia de Maceda, Gonzalo Fanes de Nóvoa, un dos primeiros colonos do apelido que se asentou alí, cando os señores de Ambía anceiaban aquelas herdanzas. I Prelado Iañez de Nóvoa gobernou despoticamente dende a súa atalaia episcopal dende 1286 ata 1308 aínda que no 1276 xa fora nomeado bispo electo por presión dos seus. Un familiar seu foi o nobre de Maceda que finou en 1504 e do que se cumpriron cincocentos anos do seu pasamento. Xoán de Nóvoa descansa na Igrexa de San Pedro, que se erixiu nos albores do século XVI cando a freguesía non ía moito máis aló dos corenta veciós. Nas dúas inscricións superiores do fermoso sartego podemos ler, cinceladas en letras maiúsculas: Esta sepultura mandouna facer Xoán Iáñez de Nóvoa, señor da casa de Maceda, fillo de Xoán de Nóvoa e de Mencía López Mosquera que se mando aquí sepultar. Na dereita rezaM “Así mesmo está aquí sepultada Xoana Díaz de Cadórniga, muller de Xoán de Iáñez de Nóvoa, filla de A. Díaz de Cadórgoniga”. Debaixo do sarcófago está escrito todo sobre o herdeiro da Casa de Maceda. Hai tamén sitios onde descansan membros desta familia coma a Igrexa de Asadur e a dos Franciscanos.

YERAI FARIÑAS CALVO. 4º ESO B.

R. Parada Justel

Naceu en Esgos no ano 1871 e morreu no 1902. En 1888 rematou os seus estudos secundarios. Dada a facilidade para o debuxo desprazouse a Madrid para cursar estudos na escola de Belas Artes de San Fernando, obtendo o nº1 no exame de ingreso. Ante o éxito obtido, a Deputación Provincial de Ourense concedeulle unha pensión para estudar en Roma. Alí pensou en deixar a pintura impresionado polo nivel dos mestres renacentistas e barrocos. Regresou a Esgos, onde viviu algún tempo, pintando paisaxes e realizando diversos retratos. Transladouse a Madrid, onde acadou o nivel máis alto da súa produción. A súa obra foi moi curta. Copiou obras de mestres españois, realizou obras de carácter histórico. Realizou en Ourense, entre outras obras, os fondos dun retábulo para a Catedral e a hornacina da Virxe na Igrexa de Santa Eufemia. Unha parte importante da súa produción atópase hoxe no Museo Provincial de Ourense. DAVID FDEZ BUENO. 4º ESO B.

5

Xoán Babarro González

Natural de Calvelo de Maceda, 1947. Exerceu durante varios anos como profesor de E.X.B, sendo actualmente catedrático de lingua galega e literatura nun instituto da Coruña. Conta con numerosos títulos de obras destinadas ao aprendizaxe da lingua galega así como diferentes traducións á nosa lingua. En 1974 recibe o primeiro premio no Concurso de Contos Infantís “O Facho” coa obra Zoca zoqueira. En 1987 recibirá o premio de teatro da mesma asociación, coa obra Grande invento para saír do aburrimento, que redacta en colaboración con Ana Mª Fdez. Con esta mesma autora consegue os primeiros premios do concurso “O Barco de Vapor” de 1985 e 1989, coas obras Primeiro libro con Malola e Barrigaverde e o dragón Achís, respectivamente. ALMUDENA DOMÍNGUEZ CARAMÉS. 4º ESO A


conferencia

10

ESP

XURXO SOUTO falou PARA NÓS

Aquí tedes as súas palabras:

...e

n Pedrafita non saben nada do que pasa en Fisterra, sempre esa incomunicación, temos dereito a coñe-

cernos un pouquiño máis e a ter máis relación entre nós, os galegos e as galegas. Como vos dicía pretendo animarvos, aínda que xa sei que este un instituto cargado de talento a que fagades música, Nós, alí na Coruña, hai xa 15 anos, eu teño 38 anos, decidimos montar un conxunto que lle chamamos Os diplomáticos de Monte Alto, partiamos dun principio, que logo foi unha especie de retrouso do tema bravú, dicía vivimos aquí en Galicia, vivimos no cu do mundo pero temos bravura para tronzar o universo todo, vivimos no cu do mundo porque calquera de vós estades cargados de forza vital, estades dispostos, tedes forza para armar calquera tipo de aventura, sen embargo, estamos sempre marxinados de todo, todas as cousas boas pasan fóra, as películas fanas en Holliwod, a música fana en Inglaterra, as máquinas fanas en Xapón, a política fana en Bruxelas e nos a velas vir, se temos cartos estamos no mundo se non estamos condenados a ter xente marxinada, frente a iso a revolución e a creatividade, chistou o talento que tedes na cabeciña poñelo nun papel, coller unha guitarra eléctrica, empezade a bourar e en fin repartir alegría, repartir emoción. Como vos dicía, aquel conxunto era da Coruña, pero claro frente ao tópico que hai da Coruña que non se fala nada de galego, iso é mentira, no barrio onde vivía eu, onde vivo eu, en Montealto, todo o mundo, toda a xente da mocedade polo menos fala galego é mais A Coruña é unha especie de resumo de toda Galicia porque a maior parte da xente que vive alí, os pais viñeron da aldea. Nós queriamos montar un conxunto aínda que eramos uns rapaciños, andabamos aí sobre os 16-17 anos e daquela faciamos o que se chamaba pop de provincias que era unha imitación do que se facía en Madrid, que era unha imitación do que se facía en Londres e decidimos mesturar as músicas que tiñamos ao redor da casa por exemplo o guitarrista noso, o guitarrista era heavy, tiña un conxunto heavy que lle chamaban Atila seguidor de acdc e de Metallica pero ensaiaba nunha corte de porcos, por certo no medio da cidade, había alí un cortello esperaban a que chegara o San Martiño, mantaban o porco e entraban os heavys. Son eses contrastes que nunca ninguén nos conta pero que están aí, que vós tamén coñecedes perfectamente. Enchían todo de carteis de ACDC e de Metálica pero aquelo seguía cheirando a porco que penetraba, enfin os heavys dábanlle con moita forza pero claro el era heavy pero o seu pai viña da parte de Aranga e entón tamén lle gustaban as pezas enxebres. El heavy redondo, o pai seguidor da música enxebre-poderosa. Despois estaba aqueloutro co acordeón, Rómulo, que daquela era seguidor da música dos Chichos e dos Chunguitos, naquel tempo non existía aínda Camela, esa música, sabedes non? calorra, tipo calé, rumbeando, estaba todo o día na rúa coa guitarra cantando eso de: Ao mesmo tempo o seu pai que viña da parte de Viveiro, fixádevos no mapa de Galicia, do norte de todo de Viveiro e a el o que lle gustaba realmente, era a música verdadeiramente grande, era a ranchera mexicana, a música do campo da festa: E logo estaba eu, que andaba metido naqueles tempos na cousa da música folk, andabamos todos fascinados con Milladoiro, eu intenba tocar o clarinete, moi mal por certo ata que me dei de conta, que resulta que o meu avó, eu non o sabía, era de Perillo da outra banda da Pontepasaxe e fora fundador da mellor orquestra que había na Coruña naqueles tempos e hoxe en día segue bourando ben, eran Os satélites da Coruña, os inventores da música galaicotropical entón poñía os discos na miña casa que levaba o meu avó. En fín mesturamos todas esas músicas, empezamos a bourar e claro dicían no, no, eso é imposible, ese conxunto non pode funcionar ben, eso é un desastre, na Coruña imposible que funcione ben un conxunto que cante en galego, nós así modestamente traspasamos o noso barrio de Montealto, do pé da torre, chegamos ao centro, tocamos , foi ben, fomos ao Pontepasaxe en fin tivemos o noso éxito relativo, sobre todo tivemos oportunidade de coñecer Galicia toda tocando, iso foi marabilloso. Naquel momento, para vós, supoño que esto soará un pouco estraño, naquel momento había un tópico, había críticos que dicían que o galego non valía para o rokanrol, que era imposible facer rock en galego, porque os do ... cantaban en inglés, en castelán con dificultade porque non se adaptaba moi ben non sei e en galego era imposible, o galego está moi ben para a música folk, para a música tradicional pero para o rokanrol non. Ben, aparaceron Os resentidos, aí uns anos antes, cantando eso de “Fai un sol de carallo” e xa se rompeu todo ese

conferencia

a que fagades literatura a que deades ese paso e tiredes cara adiante.


11

conferencia

ESP

tópico escuro e logo vimos todos como xurdiu a xeración do Xabarín Club, por exemplo na televisión e acabouse con toda esa dinámica pero naquel momento Galicia toda estaba estoupando en grupos que facían rock en galego era impresionante por que?, hai, houbo un cambio sociolóxico nos anos 70 chegou á aldea a televisión, nos anos 80 chegaron os electrodomésticos, nos 90 chegaron as guitarras eléctricas e entón Galicia estaba estoupando en conxuntos, era algo absolutamente impresionante, imaxinádevos, insisto, este é o mapa, por exemplo aquí en Vilanova de Lourenzá sonaban Os Escornabois, un conxunto absolutamente impresionante, aquí en Vimianzo na Costa da Morte ou en Soneira mellor dito estaban Os Impresentables de Vimianso, aquí en Ponteareas estaba O Caimán do río Tea, aquí en Chantada estaban Os Rastreros de Chantada, todos, todos coñeciamos, por exemplo, a Mano Negra que era un conxunto que había en París impresionante, pero había un problema importante que Os Escornabois de Lourenzá non sabían para nada dos Impresentables de Vimianzo e Os Impresentables de Vimianzo non sabían para nada do Caimán do río Tea, o que falabamos antes, a incomunicación, aquí non sabedes o que pasa na Coruña, alí non sabemos o que pasa en Maceda e así nos vai. Entón, para solucionar ese problema fixemos un congreso, xuntamos os rapaces dos grupos e fixemos un congreso, foi impresionante. O congreso foi nun foro axeitado, foi nunha adega, tomando un bo piscolabis, chamábase..., foi en Chantada, o nome oficial do lugar era El caballero de Viana, pero o nome popular era O sistema, o sistema porque o dono dicía: no verán o sistema é tomar churrasco, no inverno o sistema é tomar cocido, como era inverno tomamos cocido e aos postres decidimos poñernos a nosa propia etiqueta musical, pois xa sabedes cando un conxunto comeza sempre dis, no é que a miña música é incalificable, non se pode definir, nós buscamos un nome con consciencia, había varias propostas e ao final utilizamos o palabra bravú, sabedes o bravú, o bravío, o cheiro da carne de monte, da carne sen castrar, que sabe que cheira a porco, claro, era o bravú unha palabra absolutamente máxica porque era o símbolo do que queriamos facer, música do noso tempo, con moita distorsión, con moita guitarra eléctrica pero ao mesmo tempo que cheirase profundamente de onde somos, ao lugar de onde somos. E foi espectacular, porque nese momento, xa che digo, xuntáronse, xuntámonos catro rapaciños alí nunha adega en Chantada e comezou a haber grupos bravús, grupos arquibravús, grupos que eran bravús que logo deixaron de selo, grupos que non eran e que logo viñeron ao rego, en fin foi absolutamente marabilloso, quero dicir que se xunten catro rapaces, que tomen un cocido, que decidan inventar algo e que isto teña unha certa repercusión na sociedade, eso quere dicir que a cultura non ten que vir sempre dende arriba senón que tamén se pode inventar dende abaixo. En fin o que nos definía, o que nos unía a conxuntos tan distintos, insisto Rastreros, Escornabois, Impresentables, é o que lle chamo encontro brutal, o que vivimos todos, vivimos nun país cunha cultura tradicional que está desaparecendo e ao mesmo tempo estamos vendo unha modernidade absolutamente salvaxe, de ferragancho, de cemento e nese entorno tan duro, pois nace moita vida, nace moita emoción, nace moita cultura. Vouvos poñer algún exemplo desas experiencias musicais, insisto para animarvos a que montedes un conxunto, porque non hai cousa máis bonita que subir ao palco e tocar aínda que un toque mal, que era o noso caso, sempre é máis divertido que escoitar o mesmo conxunto do planeta terra. Unha vez, nós Os Diplomáticos, dende a Coruña, fomos contratados para tocar no Barco de Valdeorras, claro O Barco para vós é relativamente cercano, para nós era como outro continente, mi madriña!, era unha viaxe impresionante, non había autovía ningunha, era aquelo..., en fin collemos ruta, despois de dúas, tres horas chegamos ao Barco, o escenario era marabilloso, mesmo na beira do río Sil, un escenario precioso, fixemos as probas, ensaiamos ben e como tiñamos tempo fomos tomar un vaso, ao mellor tomamos dous e cando por fin chegou o momento de actuar o batería dixo as palabras máxicas, esas palabras que acenden o corazón, colleu as baquetas e dixo iso de un, dous, tres, catro, dálle e nese momento cando iamos empezar a bourar as guitarras, apareceron unhas señoras cunhas cazolas, cunhas potas bourando nelas, dicindo:” auga si - música non, auga si - música non, auga si -música non..., polo visto había un problema co concello, coas cañerías, cos fontaneiros, que non tiñan auga e as mulleres viñan protestar: auga si - música non, claro nós estabamos, imaxinádevos, absolutamente desfeitos, virmos desde a Coruña, chegar ao Barco, non poder tocar por aquelas mulleres salvaxes porque á parte o técnico de son intentou repoñerse e ao pouco máis o deixan ben aviado.Á parte era moi bonito ver ás señoras todas enriba do palco, digo moi bonito agora que o lembro non? Cos pés de bico totalmente enlouquecidas auga si - música non e nós estabamos absolutamente desfeitos, acabadiños e cando xa o desacougo era máis profundo, daquela abriuse un rego no medio das señoras e apareceu Graciano, o punky do Barco, cresta punky, chupa de coiro, catro cravos chantados cara a arriba, en cada lado, levaba unha guitarra eléctrica como o indio canónico nas películas dobladas por vellos que vai avanzando para que


12

conferencia

ESP

caia, vai avanzando, as mulleres fóronse apartando todas, ponse no medio do escenario e di: tranquilos nenos mañán vou a misa de 12 e berro, auga si – misa non, auga si – misa non, en fin tocar non tocamos pero quedamos moi relaxadiños, foi así unha especie de solás que nos deu, de cariño que nos deu Graciano, fomos tomar un vaso, tomamos dous, tomamos tres co cal Graciano deitouse moi tarde, non se deu erguido a tempo e polo tanto non puido cumprir a súa promesa de berrar no adro da igrexa iso de auga si - misa non. Ao ano seguinte vólvennos chamar para tocar no Barco de Valdeorras, preguntamos “bueno está todo ben non, non hai problema, está todo ben”. Chegamos tocamos, a cousa foi ben quedamos moi contentiños e daquela ao final de todo aparece Graciano, pero xa non estaba tan afouto, estaba o home así... baixo, acabadiño, a cresta punky tíñaa caída de medio lado, dixen “pero que tes Graciano pero que che pasou” e dixo “nada home, nada Xurxo, nada, que aquí a xente non quere a cultura, eu esfórzome pero a xente non valora a cultura”, “e eso?”, “Nada home quixen facer unha obra de teatro, participativa, sobre o sentimento do medo, do terror, entón claro a obra tiña tres actos, no primeiro acto non houbo queixa, planteille lume a un coche e a xente estaba ben, estaba así, interesada, pero claro no segundo acto, claro quería que a xente participase máis, entón era coller alguén, atalo con unha corda e guindalo pola ponte abaixo, para que sentise un pouco o sentimento de terror e a xente non participaba, a xente non quería participar. En fin ao seguinte ano volvín alí ao Barco de Valdeorras, fomos tocar e Graciano xa quitara a chupa de coiro, cortara a cresta punky e era un taxista querido, en fin unha persoa absolutamente normal como seu pai, canto talento se perdeu por uns veciños que non valoraban a palabra cultura pero enfin non quedemos en tantas tristuras vouvos contar historias máis positivas. Outra historia dese encontro brutal que vivimos aqueles anos, vós coñecedes a Manu Chao?, sóavos Manu Chao? E coñecedes a Pinto de Herbón? ben, como vexo que hai un silencio absoluto vouvos dar uns datos sobre Pinto de Herbón. Pinto de Herbón, situémonos, Herbón situado a 4 a quilómetros de Padrón, dedícase a cultivar pementos, os famosos pementos de Padrón que son de Herbón entonces el dicía que estaba sachando no pemento e cando sachaba cantaba e alguén lle dixo que iso era rap e aí comezou a súa carreira como cantante de hip hop, a primeira peza era poesía lírica, poesía xa que estamos no instituto, poesía dedicada á terra, unha poesía telúrica e en concreto aos nitratos da terra, ao nitramón 15-15-15, sabedes que é unha marca moi... o que pasa que eles din nitramón quinse, quinse, quinse. - A ver eu digo: Nitramón - E vos dicides: 15-15-15 - Unha, dúas, tres. - Nitramón (Xurxo) - 15 15 15 (alumnado) - Estamos en Maceda, con peito! (Xurxo) Despois de facer esa grande peza dedicada aos nitratos da terra que foi un auténtico clásico, pasou á poesía social, xa sabedes o labor tamén, a dimensión na literatura como protesta, como denuncia, claro porque el tiña que denunciar. El collía, escribiulle un lote de cartas á consellería para que lle tapasen as fochas, os baches que tiña alí na estrada diante da casa, como dicía el non eran baches eran trincheras, escribiu unha carta, escribiu dúas, escribiu tres, escribiu catro non lle contestou, e entón armoulle unha peza que dicía así, dedicada ao conselleiro naquel tempo que lle chamaban Xosé Cuíña: Pavimentame Xosé Cuíña, pavimentame hazme tuyo una vez más tengo el carné del partido popular Pavimentame Xosé Cuíña, pavimentame Ben despois desa canción de amor á terra, do nitramón 15-15-15, despois desa canción de denuncia contra o conselleiro que non lle tapaba as fochas xa se lanzou á poesía lírica, pero unha lírica de modernidade, poesía futurista, isto é de exaltación das máquinas, de exaltación da técnica, calquera de vós por favor decídeme cal para vós o invento máis grande da humanidade, cal é? decide algún: - Os coches (alumnado) - Vai por aí, Pinto vai por aí, algunha outra posibilidade? Vai por esa dimensión técnica. Para Pinto de Herbón o invento máis grande da humanidade era unha máquina que leva motor e leva gasolina tamén que lle chaman pura e simplemente a motoserra, cando volo indique por favor decide pura e simplemente a motoserra, con xenreira como imitando o motor: era a miña única ansia a motoserra de color laranxa ah, ah,ah a motoserra eu con ela era un esperto ía ao monte deixábao deserto ah ah ah


13

ESP

conferencia a motoserra preguntoume a garda civil es unha plusbarna o es una estil ah, ah, ah a motoserra chegou o día da desilusión cando a motoserra non pasou a revisión ah ah ah a motoserra Lai, la, la, lai, lai A motoserra O coro de Maceda, ese aplauso forte (Aplausos)

Agora que xa vos presentei a Pinto de Herbón e como xa sei que sabedes quen é Manu Chao, vouvos relatar o encontro brutal entre Pinto de Herbón e Manu Chao. Pero esta é outra historia, se queredes coñecela, esperámosvos no vindeiro número!!!


conferencia

14

ESP

JAVIER GÓMEZ NOYA

atleta DE TRIATLÓN

O mércores 19 de abril o deportista galego de triatlón JAVIER GÓMEZ NOYA, campión de España, campión de Europa júnior en 2002, campión mundial sub 23 en Nova Celandia, campión do Iron Tour 2005, visitou o noso centro xunto con dúas xoves promesas deste deporte Aída Valiño e Saleta Castro que falaron para o alumnado de 1º ESO e 1º BAC.

Os tres deportistas no salón de actos do centro

Aquí tedes algunhas das cuestións comentadas na charla: A que idade comezaches a practicar deporte? JAVIER G.: Cando era pequeno xogaba ao fútbol. Despois con 11 anos entrei nun club de natación e con 1415 fun á 1ª proba a Asturias case sen adestrar, xa que só practicaba a natación e engancheime a este deporte. Cal foi o motivo polo que comezaches a practicar triatlón? JAVIER G.: Comecei, como dixen, practicando natación e propuxéronme competir nun triatlón, custoume moito rematar a carreira pero gustoume e decidín seguir adestrando o atlestismo e a bicicleta, pois a natación xa a practicaba. Ademais cando comecei, primeiro co fútbol, logo coa natación vin que ese mundo se me quedaba pequeno. Agora paréceme máis interesante practicar tres deportes ca un só. Cal é o deporte que máis che gusta? JAVIER G.: O atletismo e a natación, aínda que o ciclismo sempre me gustou, xa de pequeno non me perdía ningunha carreira na televisión. En que ano empezaches a gañar os primeiros premios? JAVIER G.: Sobre o ano 98 con 14 ou 15 anos. Cantas horas diarias adestras? JAVIER, AÍDA, SALETA: Dependendo do día e alternando cos estudos, normalmente á mañá adicámola a nadar (10:15 – 12:15 aproximadamente), despois estudamos ou descansamos e ás 14:30 comemos e polas tardes corremos ou montamos en bici. O tempo de adestramento ao longo do día depende, unhas veces tres horas e outras seis ou sete. Cal é o teu obxectivo para o 2008? JAVIER G.: Competir nas Olimpíadas de Pekín. Resulta complicado compaxinar os estudos coa actividade deportiva que realizas? JAVIER, AÍDA, SALETA: Non é complicado grazas á adaptabilidade do horario de adestramento e a que levamos os estudos dun xeito máis lento. Se non foses triatleta a que che gustaría dedicarte? JAVIER G.: Todos os deportistas acabamos moi pronto a nosa carreira, como moito alongámola ata os 35 anos, por iso hai que ter uns estudos para seguir traballando despois. Eu estudo na Universidade. Que é o mellor de participar nun campionato? JAVIER G.: Vas a diferentes países, coñeces a moita xente e fas moitos amigos por todo o mundo. Participar nun campionato é emocionante, sobre todo os primeiros que é cando tes as primeiras experiencias deportivas. Supúxoche unha gran perda no ámbito deportivo a túa enfermidade? JAVIER G.: Sen dúbida, non podo cuantificar nin valorar canto pero fixo que perdera a posibilidade de participar en moitas competicións. Cal cres que é o problema deste deporte? JAVIER G.: Fundamentalmente a falta de apoio dos medios de comunicación.


15

entrevistas

ESP

BEGOÑA MUÑOZ SAÁ autora TEATRAL Begoña Muñoz Saá é unha autora teatral da literatura galega contemporánea que ten as súas raíces na comarca de Maceda, concretamente en Calveliño. Ademais do labor docente que desenvolve no IES Otero Pedrayo de Ourense, a súa actividade contribúe a consolidar na sociedade o interese por tres temas fundamentais para ela: a muller, a lingua galega e o teatro.

entrevistas

Como comeza a túa relación co teatro? A miña relación co teatro, ademais da práctica docente no instituto como profesora da materia de Teatro, está vinculada á compañía de teatro Sarabela para a que comecei traballando como tradutora e logo realizando versións ou adaptacións, normalmente de novelas, como A esmorga de Eduardo Blanco Amor ou O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Posteriormente, dentro da compañía teatral xurdiu o Equipo Dramatúrxico Sarabela co que iniciamos a escrita de textos como Afección, O soño de Caín e Tics, publicada en Baía Edicións. Por que elixes a escrita teatral, a menos coñecida, e non outros xéneros literarios máis? Creo que o texto teatral se caracteriza por presentar historias en directo que, cando son representadas, chegan a moitas persoas ao mesmo tempo. Creo que o que máis me gusta do xénero teatral é a esencialidade, é dicir, presenta momentos clave e discursos esenciais das historias. Tics presenta a transformación sufrida por unha persoa coa síndrome Begoña Muñoz impartindo unha charla. de Tourette. Cales son as características desta síndrome? En Tics o Equipo quería presentar unha reflexión sobre o que a sociedade entende por normalidade fronte á anormalidade. E, tras a lectura do libro El hombre que confundió a su mujer con un sombrero de Oliver Shack, pareceunos que esta enfermidade podía servir para reflexionar sobre esta cuestión. Os afectados por esta síndrome son persoas que acompañan as súas intervencións públicas con numerosos xestos repetitivos, tacos, insultos, etc. E esta conduta desconcerta as persoas que os rodean, cando non as incomoda e mesmo lles pode producir aversión. Así, a pesar da intelixencia e dos dotes para determinadas artes ou disciplinas que os enfermos poidan presentar, son considerados como anormais polo resto da sociedade e discriminados. Cal é a situación do teatro galego contemporáneo? Se analizamos a situación dende o punto de vista do texto teatral, pódese dicir que a situación é moi mala. En primeiro lugar, publícase pouco teatro porque se pensa que os lectores non o demandan e, consecuentemente, non se escribe máis teatro porque non se publica. Pero, talvez, non se demanda máis texto teatral porque non se publica. En segundo lugar, poucas veces o texto escrito chega a representarse e habería que cuestionarse por que as compañías non elixen textos galegos. E, tendo en conta que os dramaturgos/as escriben texto teatral para ser representado, se isto non ocorre, o texto queda truncado, amputado. Cabería engadir que o ensino tampouco axuda suficientemente a mellorar a situación do xénero xa que se explica pouco, case non se utiliza como lectura obrigatoria, fronte ao que ocorre coa narrativa, por exemplo, da que o alumnado coñece as características, exercita a lectura e, mesmo, practica a escrita creativa nas clases de lingua. De todos os xeitos, hai que engadir que isto non quere dicir que os culpables sexan os profesores e profesoras de lingua, xa que a formación que este colectivo recibiu na universidade tampouco se centrou no texto teatral. E, se a pregunta se referise á representación teatral, melloraría a valoración? Na actualidade existen ao redor dunhas corenta compañías de teatro profesional en Galicia, pero algunhas delas só teñen dous bolos anuais dunha representación e a inmensa maioría destas non saen cos seus espectáculos de Galicia. Polo tanto, a situación non pode ser enxergada de xeito optimista. Cales poden ser as causas desta eiva? Se temos en conta a programación teatral realizada nas cidades e vilas galegas, observaremos que en moitas delas é inexistente porque as concellerías de cultura non programan teatro para festexar as datas sinaladas ao longo do ano, e se non se programa teatro, non se pode crear un público de teatro. Pero, aínda máis, mesmo nos casos en que se programan representacións teatrais, só se programa para un día e non se estende duns espectadores a outros, como pode ocorrer coa proxección dunha película. Non funciona o “boca a boca”. Cal é a situación da muller no teatro galego? Veño, hai pouco tempo, de asistir a un encontro de dramaturgos celebrado en Santiago e a proporción de asistentes pode resultar ilustrativa: unha dramaturga fronte a uns trinta dramaturgos. Pero se nos fixamos nas directoras, neste momento a súa presenza é minoritaria: Anxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro, Ana Valles, de Matarile Teatro, e Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, despois da dimisión de Ánxeles Cuña. E o mesmo poderiamos dicir se falamos da presenza de técnicas de iluminación e son ou das escenógrafas. Como autora individual, sabemos que colaboraches co Centro Dramático Galego coa adaptación de Leoncio e Helena, e que ademais son numerosas as escenas creadas para traballar co teu alumnado de teatro. Para cando a creación individual de Begoña Muñoz para o gran público? O certo é que eu creo que o que necesita unha autora non é tanto inspiración como tempo para traballar e neste momento non dispoño del. Pero si é certo que durante moito tempo tiven en mente crear a miña Medea porque non cría a versión tradicional do mito, é dicir, que a muller é un cúmulo de maldades entre as que cabe a de matar os fillos para vingarse do home. Non obstante, a realidade, con varias noticias de sucesos semellante aos de Medea, neste momento tenme paralizada.


entrevistas

16

ESP

Por Delfín Martínez Conde

CONVERSA CON XIL RÍOS O LUME AÍNDA ESTÁ VIVO (QUE NON DECAIA).

e

l é un mariñeiro moañés. El foi un rapaz que con quince anos aventurouse no mar. El é un cantautor porque fai música e as súas pro pias letras. El é o que fala das inxustizas que consente Galicia mais tamén dun pobo que ten meigallo e morriña. El é o son dos galegos, non dos meros habitantes de Galicia. El é o que desafiou aos que o chamaban aldeán por falar a súa fala. El é unha voz sen corpo determinado pois o seu esqueleto fórmano a queimada, o lume de San Xoán, a roda do afiador ou o carballo da Portela que ten a folla revirada. El é o cantor do mar. El é un galego. Caracterízao a humildade, póboao a naturalidade e tende a súa cordial man de amizade a todos.

Conversa con... XIL RÍOS: “O NON TER O SENTIR DA TÚA TERRA, DO TEU IDIOMA, É ALGO PÉSIMO” “A nosa terra é nosa/e non de ninguén máis” Anaco de O lume aínda está vivo. (Que non decaia)

Xil Ríos fala para Esparaván.

Realmente a Nosa Terra é nosa? Pois o pobo moito emigrou nos seus temas… O que está claro é que a Nosa Terra é nosa, por enriba de todo. O pobo emigrou porque foron épocas moi difíciles as do tempo da posguerra e a xente tivo que buscar a vida xa que esta era moi dura. Pasárono moi mal buscando a forma de poder vivir pero o que está claro é que a Terra tira moitísimo e a xente tena sempre moi presente. Non hai ningunha persoa emigrante que non bote en falta a Súa Terra. Eu creo que os galegos somos os que máis arraigo temos cara á Nosa Terra. “Hai ialma que se creba/ao deixar o fogar/¡cantas vidas desfeitas!/o pobo queda atrás” Canta Xil Ríos en Todo home ten dereito. (Meu País) E agardamos ver pouco a pouco a desaparición desa dependencia económica… Iso é o que esperamos todos polo voso ben: polo ben das novas xeracións. Eu penso que si, que efectivamente o pobo galego cada vez será máis forte. Véxolle un futuro a Galicia tremendo en varios factores da vida social: na agricultura, no mar… A Galicia temos que potenciala. Temos que potenciar a Nosa Terra! “Teño muller/ e tamén nenos pequenos/ e teño medo, Deus meu!/ de non voltar/ pra velos” Di a canción Coa miña barca. (Xirarei). E cando un non emigra queda na Terra, mais sufrindo, ollando o que deixa atrás… Seu pai foi mariñeiro. Que é máis duro: o saír da Terra ou o quedar nela no Mar?

Meu pai foi mariñeiro e a persoa que me criou tamén. E a unha persoa, aínda que non sexa emigrante, resúltalle moi duro traballar no mar…. Ti imaxina a alguén nunha noite de mal tempo tremenda… Hoxe as condicións son moito mellores polos adiantos pero remontándome á miña infancia aínda lembro aos mariñeiros ir descalzos ao mar. E eu acórdome de moitísimas desgrazas, por desgraza!: de morrer 20 ou 30 homes nun barquiño. Polo tanto sempre hai ese medo psicolóxico de deixar a terra e a persoa que queda nela queda tamén media traumatizada esperando a poder ver chegar os barcos. É moi duro. É realmente duro, sobre todo cando analizamos temas como Por ti miña nai. (Nel un rapaz de 15 anos convence á nai de que ten que ir ao mar para gañar a vida). Tivo que ver a súa adolescencia co tema? Ten que ver comigo e ten que ver con toda aquela persoa que sabe que é o mar. Ti sabes que un pai e unha nai están angustiados en noites terribles de inverno mirando que pode pasar e sabendo o que pode ocorrer pero chega un momento tamén no que ti o asumes: un rapaz cando asume a súa reponsabilidade, posto que nós eramos rapaciños cando empezamos a ir ao mar, e asume o risco que corre, sabe ao que se expón: que asume ese risco pero que é totalmente asumible. E iso tenta darllo a coñecer aos pais con expresións como Eu nacín xa mariñeiro/antes de parirme ti que chegan ao corazón da xente. “…eu quixera visitar/ unha illa deserta/ pra poder fondear/e nela vivir/coa miñá soidá/ sin ter máis cumpañeiro/ a inmensidá do mar” Fragmento da canción Mar adiante. (Xirarei).


17

entrevistas

O mar é duro pero é o mar. Terá un imán para atraer aos que viven ao seu carón. Que lle ocorreu cando marchou vostede de viaxe a Madrid? Si, si, por suposto que o ten. Iso foi tremendo. Eu levaba uns cantos días en Madrid e non sabía que pensar nin que me pasaba e foi cando descubrín que me faltaba o mar. E eu estaba ben porque non tiña problema ningún daquela ata que eu mesmo descubrín o motivo: que non miraba o mar e que por iso me estaba pondo nervioso “A inspiración miña está en mirar a xentiña como traballa”. (Doutra conversa con Xil Ríos) Pero, en xeral hai alguén concreto detrás dun Vello Compañeiro ou dunha Rapaciña bonita? Detrás de moitas das cancións si pero, casualmente, Vello compañeiro quixen adicarlla a un señor maior, moi amigo meu, que pasou moitos anos comigo. Eu coñecía toda a vida del. Agora por desgraza xa finou e foi unha persoa moi querida para min. Outros como Rapaciña Bonita constitúen simplemente a ilusión de cantarlle algo ás nosas rapaciñas. En xeral,, todas as nosas historias son froito dunha ilusión pero si, moitas delas son casos reais. E ese será o alicerce de porqué todos nos sentimos identificados coas súas cancións… Si, en definitiva a maioría das composicións son casos reais como a vida mesma. “Baila miña Maruxiña/ baila a muiñeira meu ben/ que si che gusta a gaita/ a min o pandeiro góstame tamén” Dicíalle un pillastre a Miña Maruxina.(Nosa Galicia –recompilatorio-) Outro eixe dos seus temas é a picaresca. É parte da nosa cultura: a nosa retranca…

ESP se observa o cariño que lle tés a unha persoa. “Coa súa roda toda unha vida/vai este home de vila en vila./Collendo sol, collendo choiva,/sangran seus pés na corredoira” Dicía un sacrificado amigo: O Afiador (Meu país) Chegaremos a perder até o recordo das nosas profesións. Haberá algún xeito de remedialo? Eu unha das cousas que teño presentes á hora de compoñer eses temas tan populares, tan enxebres é que os rapaces non saben nin por asomo o que é iso. Ti cóntaslle a un rapaz de hoxe as penurias que pasaba un afiador, un augardenteiro, as penurias das que che falei antes do mar e iso un rapaz de hoxe non o cre. Cando vías aqueles afiadores por toda esa zona vosa de Ourense coa súa roda, Deus meu!, para amañar ese coitelo, esa tixola… Eu todo iso vivino. E aos rapaces non lle cabe na cabeza. Unha das cousas que me animan a facer iso é para que quede aí para que as novas xeracións saiban un pouquiño cal foi a nosa cultura por iso, dentro do que cabe, estou contentísimo e orgullosísimo de mirar a cantidade de xente que hai no mundo da música galega. Cousa que antes era impensable: antes había un gaiteiro na aldea, un violín cando chegaba un cego… Dá gusto ver esta recuperación! No 71 foi cando trepou o trampolín para darse a coñecer. Como recorda a preparación do certame e o día en si? Que cantou? Eu nunca pensei que podería chegar a isto. Eu daquela era o solista da coral moañesa. En Vigo celebrábase un festival e unha compañeira da coral ía interpretar un tema pero viuse que este non era moi axeitado para unha muller. Daquela ela faloulles de min. Lembro que viñeran un día a Moaña. Alí me convenceron e foi cando me animei a participar. Alí gañei o segundo premio e xa xurdiu o primeiro disco que foi Un anaco de pan. Logo na nosa cidade arrasou no Festival do Miño. Como se desenvolveu todo dende aquela?

Si, dende logo. Quen non sabe da retranca galega é que non coñece ben a Terra. Ademáis eu son un namorado da retranca porque teño amigos en Lugo e en Ourense, no interior, e para min é onde máis retranca hai. E eu móndome de risa cando estou por aí coa miña panda. Ademáis en Lugo estiven dous anos, cando foi a época de Tan tarán tan . Hai unha xente cunha graza natural tremenda; non a típica graza impositiva. Iso, en definitiva, é algo moi noso.

Si, logo de grabar o segundo disco que foi Nosa Galicia, a primeira letra que eu compuxen, participei no festival do Miño no73 con Miña Maruxiña e gañei o primeiro premio e dende aí foi formándose a miña carreira ata onte.

Xil Ríos é o que intenta namorar “E ben sei que coa miña toleeira namorareite/ xirarei e xirarei”; “Sofrindo en silenzo/a pena eu vou/ soio coa espranza no meu corazón”-ou o que perde o amor. Existe o amor pleno?

Baixo o título xenérico de Que non decaia exclama Xil:¡Falemos galego!

Si, si, por suposto que existe. Eu vivín o amor como calquera mozo que se namora realmente dunha muller e con esa muller aínda vivo, que é a miña dona. E é a cousa máis fermosa que hai. É incribe que poidas estar tan absorvido e tan concentrado nunha persoa. Claro que existe! Eu tiven a sorte de coñecelo aínda que hai xente que non. Pero botando un ollo a Vello compañeiro ou a Durme meniño obsérvase a dor pola falta da parella. Só nos damos de conta diso ao non tela? Por suposto, por desgraza, a maioría das veces non nos damos de conta do que temos ata que un día o temos que perder. E iso pasa cando perdes un pai, cando perdes unha nai. Alguén a quen ti queres moito. E iso ocorre en todo o contorno. Moitas veces valoramos máis algo que non está achegado a nós que o que temos na casa. Non sei por que: por exceso de confianza… Eu cando empecei a perder á xente que a min me criou que foron meus tíos, morreu unha parte da miña vida. Nesas circunstancias é cando realmente

“Quen non fala a súa fala/ é que desprecia á súa nai/ na escola falen os pequenos/ na rúa falemos nós”

Xa tiña claro que o que quería era cantar en galego, como bo galego. Había moita discriminación ao idioma? Non é que houbera discriminación, é que realmente, naquela época falar en galego era o aldeán. Estaba moi mal visto. Eu recordo que cando eramos rapaces e iamos á cidade, mirábannos por enriba do ombreiro cando falabamos na nosa fala e, de feito, miras que hoxe moita xente de alto rango que te ollaba así é a que nos tenta decir cal é a nosa Terra, cal é a nosa cultura, cal é o noso idioma… É algo pésimo pero, se todo vai dirixido a facer país, benvido sexa. E a ignorancia e o maltrato á lingua aínda están presentes. Por primeira vez na historia os xoves falan máis castelán que galego. Que lle suxire este dato? É moi triste que a xente non se dea de conta que somos un país pequeniño pero que somos un país cunha cultura, cunha identidade propia…Eu non estou a favor de separatismos de ningún tipo pero entendo que algo tan maravilloso como o que nos deixaron os nosos ancestros, os nosos avós, que se tome así: tanto á lixeira de non ter ese sentido da túa terra, da túa xente, do teu idioma. Pero


18 teño esperanza de que a xente xove recapacite e se dea de conta de onde vimos. Os nosos avos non falaban castelán, falaban galego. Non ten sentido ser dunha terra e que che dea vergoña falar o teu propio idioma. O non ter o sentir da túa terra, do teu idioma é algo pésimo, é algo tristísimo. “Inefable para todos sen lugar a dúbidas, Xil Ríos regresa coa mesma potencia de sempre” (Crítica do último disco de Xil Ríos, Vai e ven) Como está funcionando o seu último disco Vai e ven? Ben, eu agora mesmo creo que este disco está funcionado moi ben. Tivo unha aceptación moi boa a nivel crítica profesional e popular. Iso non significa que se converta nun conxunto de galas. Incluso estaba un pouco preocupado porque foi un disco bastante distinto do que viña facendo ata o momento. Pero tamén tiña claro que se o facía tiña que ser algo distinto porque senón non sentía demasiada ilusión tamén. En relación a cifras de vendas, non estou ao tanto. Iso aínda está nas mans da discográfica, entre outras cousas porque, a Deus grazas, hoxe non vivo da música, polo tanto non teño esa necesidade urxente. Susana Seivane, Uxía ou o seu Manolo, o gran X.M. Budiño colaboraron co traballo. Foi agradable esa mestura? Si, por suposto, son moi amigos. E tan pronto eu lle propuxen o que estaba facendo eles sentáronse para colaborar no que fixera falta. Susana é un encanto de rapaza, Uxía, o mesmo, estivo unha barbaridade de tempo comigo para grabar a voz e Budiño tamén tiven a súa colaboración en todo momento. Tamén no estudo de grabación todo se desenvolveu moi ben. Foi un traballo moi agradable. “E vai e vai e vai e ven/i ela festa quer tamén/e vai e vai e vai e vén/i ela quere algo tamén” (Fragmento que dá a benvida ao diso Vai e ven na canción que leva o mesmo nome)

En relación á temática pódese dicir que é unha síntese de toda a súa carreira: o mar, en Alalá o meu mare; a tradición galega en A peneira; a cultura en Camiñante; o Xil Ríos festeiro: O trai la la la ou Reméxeme xa; pero destacando máis co mencionado a picaresca, é así? Si. Pola miña forma de ser eu o que procuro nun disco é non aburrir. Fago un tema con forza como Vai e ven, fago outro tradicional como A peneira, que me encanta, un fado, o que canta Uxía comigo, relaxante; ou un tipo coas súa retranca como o de Reméxeme xa. Eu procuro sempre mesturar un pouco todo ese coñecemento que teño eu da miña terrra, da miña xente e darlle a miña forma de ser, a miña forma de pensar… É o meu xeito de traballar. Todos coñecemos o resultado. Pero que hai antes do igual: foi dura a elaboración do traballo e a súa saída á rúa? Si. Porque sempre xorden as preguntas: que fas? Por onde arrincas? Que ritmos? Que pensas? Para min este traballo foi bastante complicado sobre todo porque eu sabía que quería dar un cambio e non foi moi doado atopar xente que me axudase nese sentido. Ata que grazas a tres rapaces: Juan de Dios, Ezequiel Orol e Buggi atopei unha oportunidade. Son mozos que, cada un aportou a súa idea pero custou moito porque eles non tiñan na cabeza que eu, cos meus anos, tivese esa idea mais na terceira mostra que me trouxerosn que foi, precisamente, A peneira foi por onde eu dei o meu visto bo. Aí foi xa onde lle empezamos a coller o fío á historia. Pero, en xeral foi moi difícil, porque eles baseábanse no tema Rapaciña Bonita ou Xirarei e eu sabía o cambio que quería dar pero era moi

entrevistas

ESP

difícil que eles o captaran.s E pensa vostede que está valorado como merece o traballo que ten detrás unha obra como Vai e ven? Eu penso que a xente volora o traballo aínda que, motas veces, penses que non está valorado na súa xusta medida. Iso nunca o saberemos. De feito, morreron grandes escritores, grandes artistas, sen ser recoñecidos e logo si o foron despois de mortos, e iso é terrible. En xeral eu creo que está recoñecido. Eu non podo dicir que a xente non aprecie o traballo meu. En xeral, como ve a situación da música en Galicia e as opotunidades que se lle dan? Eu véxoa nun momento brutal. Pero terrorífico en canto ao tema vendas porque ao final todo repercute aí. Para grabar ou ben pós ti o diñeiro ou ben unha casa discográfica. Se o pon unha casa, nese caso arrisca un diñeiro contigo e, segundo o que vendas, vai haber un segundo disco ou non vai haber ningún. E agora co problema da piratería máis aínda. Tamén pode ser que parte da culpa a tiveran as casas discográficas en si por subir tan brutalmente os prezos. Se iso non ocorrera ao mellor a piratería non existiría ou existiría en menor medida. Mais na nosa terra existe un potencial brutal: Carlos Núñez, Cristina, Susana… pero o gran problema está aí. “Xil Ríos ten enerxía para rato e iso queda patente no fluír volcánico e telúrico deste seu novo disco” (Crítica de Vai e ven) Para rematar. Supoño que ecoitei mal cando nunha entrevista feita na Televisión de Galicia afirmou que estaba “case no remate da miña carreira”. Eu penso que a todos nos chega o momento de deixalo. Eu sempre seguirei aí, sempre que teña esa ilusión de facer cousas que poidan ser medianamente agradables para que a xente as escoite, para que a xente as valore, pero chegado a un momento determinado xa non hai esa tranquilidade para compoñer… polo tanto supoño que nalgún momento terei que deixalo. A pesar de todo supoño que non defraudará á crítica… O tema é moi complicado. Hai moitos factores que inflúen en que poidas estar aí, ou teñas que deixalo, pero bueno, eu tratarei de, mentras me flúan as ideas e vexa que podo facer cousas que a min me enchan e que eu sepa que poden gustar, polo menos, sacar algún outro disco. Tampouco a estas alturas me preocupa sacar un disco cada ano, nin moito menos pero, si, de vez en cando, se eu vou facendo cousas que me parezan interesantes, seguireinas facendo e se non xa están os demais aí que veñen con forza e non haberá problema. De tódolos xeitos a miña historia rematará como rematou a doutra xente que viviu coma min antes. Pero o que non rematará será o seu recordo xa, para toda a historia da música porque a súa pegada foi impresionante, dende o inicio… Ben. Eu tentei aportar o meu granciño de area con toda a miña humilde profesionalidade. Despois a min quen me xulgará mañá

será a propia xente: como artista, polos meus feitos… En definitiva, o meu traballo está aí para a postereidade e o día de mañá xulgaranme. Grazas por atendernos e por facernos cada día un chisco máis galegos.


19

entrevistas

ESP

“Vestíase moitas veces co sombreiro, tirábao ao aire e co caiado facíaos rir” Rosa Suárez Conde é unha muller que reside actualmente en Tioira (Maceda), na provincia de Ourense. Como moitas galegas e galegos, cando tiña 21 anos tivo que marchar para Suíza na busca dun traballo. Alí coñeceu a Geraldine, filla do famoso director e actor británico Charles Chaplin. Ao poco tempo, empezou a traballar na casa que a familia tiña en Vevey. Xa estaba máis cerca do seu ídolo Charlot.

Rosa con Geraldine na feira de Vevey, o día que se coñeceron

-Rosa, cóntenos…quen é o seu ídolo cinematográfico? -O meu ídolo chámase Charlie Spencer Chaplin. Spencer era o apelido do pai e renunciou a el porque era alcohólico, non os trataba ben e abandonounos. Entón colleu Chaplin, o apelido da nai, que estivo case toda a vida enferma. -Como coñeceu a familia de Charlot? -Estiven traballando para a filla maior, Geraldine. Un día andabamos comprando e paseando nunha feira en Vevey. Vina pasar co seu gardacostas, saudeina e pedinlle un autógrafo e unha foto. Foi moi amable. Ela falaba perfectamente o francés, o inglés e o español porque estivera casada con Carlos Saura, co que tivera un fillo, e ademais vivía en Madrid. Ese día Geraldine contoume que estaba moi triste porque, nesas mesmas datas de Nadal, o pai morrera en 1977. Tamén coñecín a súa filla pequena, que se chama Oona Chaplin coma a avoa, a última muller de Charles Chaplin. -Recorda algunha anécdota que contasen de Charlot os seus fillos? -Si, que xogaba moito con eles, que era simpático. Vestíase moitas veces co sombreiro, tirábao ao aire e co caiado facíaos rir. Para ser bastante maior como era, xogaba moito cos fillos. -Durante canto tempo estivo traballando na súa casa? -Durante un mes, máis ou menos. Eu ía limpar cando Geraldine, que vivía normalmente en Madrid, ía de vacacións á casa familiar en Vevey. Para min foi como un regalo entrar naquela casa e ver as cousas todas, os asentos, os sofás, as cadeiras, onde comía… -Que obxectos persoais de Charlot recorda que houbese na casa? -Cadeiras, mesas de ferro, lámpadas grandísimas de cristal. Había tamén cadros e moitísimas fotos: dos nenos cando eran pequenos, el cando era novo, na piscina; fotos no circo Kinie, que o ían ver sempre e era o circo máis coñecido da Suíza. Había tamén un cochazo negro no garaxe, un Rols Royce. Era todo de coiro por dentro, un coiro beige precioso, e automático, cunhas rodas moi anchas. A casa tiña unha finca grandísima e con moitas árbores. Era unha casa de tres pisos e abríase unha vez ao ano ao público para que todo o mundo puidese vela por dentro. Acórdome que ao cabo duns anos de morrer el, os fillos repartiran entre eles todos os mobles. Cerca da casa había tamén un parque, que se chamaba Parque de Charles Chaplin, que o comprara el para que os nenos puideran xogar. Tiña tobogáns, frutais: cereixeiras, mazairas… e unha parte cuberta onde alí se facía unha festa española. Iamos alí moitos españois facer unhas paellas grandísimas e celebrabamos alí no mes de xuño a festa española. Ademais tamén había un pequeno xardín con flores e no medio unha estatua, co bastón, o sombreiro e unha placa escrita. Cerca de alí tamén estaba o cemiterio que é onde está el enterrado. Eu fun unhas cantas veces alí e leveille flores. Ten dúas lápidas grandísimas todo de cemento macizo, está el dun lado e a muller do outro. Porque el, ao cabo de pouco de morrer, fórono roubar. Marcharan co cadáver para pedirlle un rescate á familia e fórano enterrar a máis de cen quilómetros. Despois a policía foi investigando e descubriran que foran uns iugoslavos os que roubaran ao Charlie Chaplin. Cando recuperaron o cadáver levárono outra vez e metéronlle un metro de cemento no nicho para que estivera seguro alí. Ao lado do lago hai tamén unha estatua grandísima que é del. Está feita en bronce e é a tamaño natural. Ten un bastón que por dúas veces uns gamberros llo cortaron. Despois tivéronlle que facer outro novo e saíra no periódico e todo. -Perdeu totalmente o contacto coa familia? -Si, perdín o contacto dende que viñen para España anque antes sabía o enderezo e o teléfono de Geraldine en Madrid. Moitas veces a súa asistenta persoal collía o correo e as citas importantes, entrevistas na televisión ou nos periódicos, mandáballas a Madrid para que dixese se as quería ou non. Por 3º ESO C


20

deira como un colexio nas vacacións de verán. Busquei, rebusquei e atopei. Atopei unha nota que dicía o seguinte: SABÉMOLO TODO. NON IMOS CEIBAR AO TEU XEFE SEN O SEU MERECIDO. PERMANECE ATENTO E SEGUE AS NOSAS INSTRUCIÓNS. Unha vez que descubrín esta nota soamente pensei nunha cousa: tiña que sacar desa gaiola ao meu xefe ou senón eu tamén correría perigo.

ESP

o sec

stro ue

F

oi unha das noites máis longas da miña vida, apenas durmín unha hora. O sol ameazante introducíase na miña reducida habitación. Non puiden pensar noutra cousa máis que no secuestro, tanto pola miña seguridade como pola do meu xefe. Transcorridos os primeiros cinco minutos dende o amencer púxenme a reflexionar sobre os cambios que experimentara a miña vida dende o día anterior ata ese momento.

creación

Todo comezara cando o meu xefe me mandara levar certa cantidade de produtos químicos a un dos nosos clientes Non sei se contei que nos últimos días habituais. Deixei a nosa casoupa para o meu xefe amosaba un carácter estraño dirixirme á vila próxima, onde se locali- e pouco habitual. Pensei que tería algún zaba o comprador. A maior sorpresa ato- problema, por iso, decidín deixar unha peina cando regresei. A porta estaba gravadora agochada no cuarto e así derrubada e, como era de esperar, os estar informado dalgunha posible anorESES AMIGOS obxectos que adornaban a nosa estan- malidade na vida do meu superior. Crin ERAN AS ÚNICAS cia xa non ocupaban o seu sitio orixinal. que ela sería a miña salvación. O aparePERSOAS Cando me adentrei no meu cuar- llo que eu xa esquecera por completo QUE O to puiden observar como todo estaba en por mor do rebumbio podíame salvar. PODÍAN orde e non había ningún tipo de indicio Dirixinme ao pequeno caixón no que a AXUDAR agochara pero cal non foi a miña que fixese sospeitar que alguén estivo alí. O peor pesadelo invadiume cando imaxinei que lle puidese pasar algo ao meu xefe. Fun correndo ao seu cuarto e as miñas sorpresa sospeitas confircando descubrín que….a gravadora non estaba alí! Seguro que os secuestradores eran tipos listos e máronse: a se deran de conta das intencións coas que o obxecto se puxera habitación alí, podería gravar todo o que eles dicían, de tal modo que a levaron ou estaba destruíron. Notei que non deixaban nada ao azar. t a n A miña única pista, tirada polo sumidoiro. Decidín entón buscar polo cuarto algún baltipo de pista que me puidese servir de axuda. Axiña me decatei de dous motivos que farían imposible que atopase algo: O PEOR PESADELO Os secuestradores eran persoas frías, calculadoras, non deixaron nada ao azar. A segunda razón estaba relacionada coa miña capacidade intelectual: Sherlock Colmes soamente está na imaxinación de Sir Arthur. Non había maneira, volvía á tortura de agardar que pasase algo. Ese algo tardou moito en ocorrer. Sentíame como un condenado a morte que non sabe cando lle vai chegar a súa hora. O tempo pasaba e o único que se escoitaba era o melodioso canto dos paxaros que se hospedaban no tellado do ameazante lugar. Ás 15:45 este monótono son rompeuse co insólito son do teléfono, un teléfono que nunca escoitara soar agás aquela vez na que o meu xefe me chamara porque estaba rodeado dunha ducia de policías. Cada son que o teléfono deixaba escapar convertíase nunha puñada no peito para min. Eu xa sabía quen me estaba a telefonar así que, logo de armarme de valor, descolguei o aparello: - Si? - Xa sabe quen somos. Deixe no monte que hai ao redor da súa casoupa un total de 100 millóns de euros. Deposíteos no lugar indicado e en billetes usados. O máis importante: non faga preguntas. Nese tráxico momento cortouse a comunicación. Non puiden saber máis nada: nin o estado do meu xefe, nin o lugar no que se localizaba… Este feito deixoume aínda máis desconcertado. Por un momento pensei en esquecer o meu xefe, mais dous obstáculos impedíanmo.

INVADIUME CANDO IMAXINEI QUE LLE PUIDESE PASAR ALGO AO MEU XEFE


ESP

creación

O primeiro era que os secuestradores eran capaces de matarme e o segundo: era posible que o meu xefe se quixese vingar de min se, por sorte, se libraba da tortura. Ademais, por outra banda, era case como da familia. Non había outra solución: tiña que argallar un plan para conseguir esa cantidade insólita de cartos. En toda a súa traxectoria profesional, o meu xefe sempre fora facendo amigos. Eses amigos eran, verdadeiramente, as únicas persoas que o podían axudar. A única posilbilidade que tiña era consultar a axenda do secuestrado. A axenda era un caderno antigo, de cor marrón, no cal o xefe anotaba tódolos beneficios que obtiña dos negocios que realizaba. Nunca llo deixaba ver a ninguén. A pesar diso, eu sabía que a gardaba no faiado, no interior dunha caixa de cartón. Non o pensei dúas veces, fun buscala. Dentro da nosa vella casoupa era imposible dar un paso sen que estremecesen tódalas táboas do chan. Ao fondo da casoupa, na esquina que daba ao leste, emprazábanse unhas escaleiras de madeira antigas, gastadas polos anos e poboadas de bechos. Con moito tento para non caer subín ata o que para nós era o primeiro andar pero que, en realidade, era un faiado. Un lugar que frecuentabamos pouco, por ese motivo, as arañas e as cascudas apoderáranse del. Esquivando todo canto insecto se interpoñía no meu camiño cheguei ata o baúl. Era o baúl privado do xefe. Nunca soubera o que se gardaba nel. Collín unha machada que se atopaba na minúscula mesiña de ferramentas e, con ela, esnaquicei a pechadura do cofre. Como sospeitaba, nel estaba a axenda e, ademais, unha boa dose de cocaína. Eu, a verdade, nunca puidera sospeitar que o meu xefe tomase drogas con tanta frecuencia ata que ultimamente o vira naquel estado de ánimo. Antón “MORRISOL” era o primeiro nome que aparecía na lista da axenda. O xefe sempre me dicía que o tal Morrisol sempre tiña falta de cocaína e que pagaba o que fose por conseguila, aínda que non era precisamente a droga o que eu pensaba ofrecerlle. Non dubidei en chamalo: - Que, Morrisol! Teño para ti, por ser bo compañeiro do meu xefe, unha boa cantidade de mercancía.

Interésache? - Claro que me interesa, Piqueiras!

- Chaoíno, como andas? Son eu, Picouto.

- Pódoche deixar todo, practicamente, de balde.

- Iso depende do que me vaias ofrecer porque senón mal.

- Déixate de lerias. Canto me vai custar?

- Soamente preciso que te fagas co diñeiro que ten aforrado un paspán.

- Por ser para ti déixocha ao mesmo prezo que a última vez. Paréceche?

- Iso está feito. É o meu traballo de tódolos días. - Estupendo. O golpe ímolo dar esta noite ás 23:50. Quedamos en fronte da miña casa ás 23:50 para resolver a operación.

NESE TRÁXICO MOMENTO CORTOUSE A COMUNICACIÓN NON PUIDEN SABER MÁIS NADA

- Está ben pero, onde farémo-lo cambio? - Na túa casa hoxe ás 23:50 - De acordo. Morrisol tiña ademais a peculiaridade de que mercaba todo aquilo que lle permitise realizar os experimentos científicos ao prezo que ti lle dixeses e, ademais, nunca se despedía ao falar. Pero para poder levar a cabo o meu plan non me chegaba só con Morrisol. Facíame falta alguén que colaborase comigo por un módico prezo. Obviamente, a persoa axeitada era Chaoíno. Sempre andaba falto de cartos ou, polo menos, iso me dicía o meu xefe. Antes de chamalo tiña que atar ben tódolos cabos. Despois de comprobar que non tiña ningunha relación con Morrisol, chameino:

- Sen problema. Vémonos? - Chao, Chaoíno. Todo estaba controlado. Non había ningún erro no meu plan. Ao longo de toda a tarde volvín para o meu pequeno recuncho. A luz do sol que entraba pola xanela iluminábame coma se preso pola policía me estivesen a facer fotos. Eu tiña toda a esperanza de que isto non ocorrese. Vendo que todo resultara ser máis doado do que pensara, coido que quedei un intre durmido. Espertoume o soar brusco e imprevisto do aterrador teléfono. Acordei medio atordado e dirixinme cara á sala do xefe a collelo. Aínda tiña máis medo cá primeira vez. Tan pronto o frío auricular se pousou na miña orella unha rouca e repetitiva voz pronunciou as palabras que máis me aterraron dende que contactaran comigo: - Os millóns de euros querémolos no lugar que lle indicamos, terán que estar depositados pasadas doce horas, o tempo comeza a contabilazarse a partir de agora. Tras un intre vacilante mirei o reloxo. Eran as cinco e media da tarde. Coas miñas precarias matemáticas souben que ás cinco da madrugada tiña que ter os cartos. En principio, non había ningún problema. Esa tarde pasou tan a modiño como a noite anterior. Durmín e axiña acordei. Pensei, pensei e pensei. Isto último foi o que máis me baixou a moral. Coidei que a policía nos podía coller, considerei a posible traizón de Chaoíno. Imaxineino todo. Sen darme de conta, chegou a noite,

creación

21


- Ben, Chaoíno, o plan é o seguinte: Mentres eu lle vendo a Morrisol unha determinada cantidade de reacción química prohibida para que el realice os seus experimentos, ti entras retirando unha táboa (a maior delas, está solta) pola parte de atrás da súa casoupa, coa axuda desta machada, abres a caixa de metal que ten no caixón da solitaria mesa do cuarto principal. A continuación colles tódolos cartos. Se non cumpres as ordes e non me entrega-los cartos has de sufri-las consecuencias. - Xa sabes que eu semprobedecín tanto ao teu xefe coma a ti. Podes estar tranquilo.

premio de i

n ación s ti g ve Xe s ús

A

oM ns lo

o onter

XA SABES QUE EU SEMPRE OBEDECÍN TANTO AO TEU XEFE COMA A

A unha velocidade insólita cheguei á miña casoupa. Fun para a pequena habitación e contei tódolos cartos que conseguira, ao sumarlle algo que tiña aforrado, chegaría para pagar o rescate do xefe. Sabía que non estaba seguro alí mais tamén sabía que, se Morrisol se achegase por casa podía sospeitar. Decidín quedar. Pasei toda a noite en vela mirando o reloxo. Non apareceu ninguén. Chegou a hora sinalada: as cinco. Con moito coidado de que non me seguise ninguén, dirixinme cunha lanterna cara ó monte que rodeaba a vila. Outro sinal luminoso indicaríame o lugar onde tería que depositar os cartos. Así o fixen. Entón, sen correr para non levantar sospeitas, dirixinme á miña casoupa. Non tardei moito tempo en chegar e metinme de novo no meu curruncho a agardar que pasase algo. Logo pasou. De alí a un par de horas, apareceu pola porta o meu xefe -case con bágoas nos ollos- correndo cara a min. Xa se aproximaba o final da miña aventura e todo rematara ben. Todo ou case todo. Dende ese intre a convivenza co meu xefe normalizouse, agás no momento en que descubriu que lle andara furgando no cofre. A partir dese día decidimos abandonar o negocio dos experimentos clandestinos.

Dedicámonos a estudar ciencias e logo comezamos a traballar nun laboratorio. Eu nunca quixen dicirlle ao meu xefe como resolvera o secuestro. El, por uns motivos ou por outros, tampouco quixo sabelo. EU NUNCA QUIXEN DICIRLLE AO MEU XEFE COMO RESOLVERA O SECUESTRO

C. A B

a

Chaoíno tiña un aspecto desastroso, ou ben pola falta de recursos económicos ou ben porque xa era o seu estilo habitual.

Mediante distintas artimañas, entretíveno para que o meu compañeiro puidese realizar ben o seu traballo. Non pasarían máis de vinte minutos dende que chegamos ata que me despedín de Morrisol. Xa, a unha distancia considerable da casoupa de Morrisol reunímonos Chaoíno e máis eu. Como esperaba, este foi fiel e entregoume os cartos. Deille a parte que lle correspondía. Despediuse de min alí. Eu, por suposto, lisquei a fume de carozo.

z Conde. e n 1º rtí

- Pasa, Chaoíno. Estou aquí dentro.

Sendo xa escasamente as doce menos dez, aproximeime á casa do comprador. Xa estaba a agardar por min fóra como estaba previsto.

SENDO AS DOCE MENOS DEZ APROXIMEIME Á CASA DO COMPRADOR AO MEU XEFE

M

- Picouto, Picouto!

Xa logo se achegaban a hora. Chaoíno e máis eu dirixímonos cara á chabola de Morrisol por camiños distintos.

Delfín

non comera nada dende o día anterior e estaba moi nervioso por ser a primeira acción que levaba a cabo sen o meu xefe. Chegaron as once da noite e, inmediatamente despois de sonar as badaladas do reloxo, apareceu Chaoíno.

TI

ESP

creación

22


ESP

letras galegas

.

Manuel Lugrís Freire

POR GEMMA GÓMEZ ÁLVAREZ. 3º ESO A

aceu en Sada (A Coruña) o 12 de febreiro de 1863 e morreu o 15 de febreiro de

N

1940. Aos vinte anos emigrou a Cuba e alí permaneceu ata 1896. No ano 1885 funda o xornal A Gaita Galega, o primeiro dos publicados na emigración que estaba integramente redactado en galego. Ao volver de América instalouse na Coruña e traballou como administrativo no Servizo de augas. Foi un dos membros fundadores da Academia Galega, que presidirá durante 1934-1935. En 1923 ingresa como membro no Seminario de Estudos Galegos. Participou no Partido Galeguista e foi membro da comisión que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autononía de 1932.

Iniciouse na poesía. Na Habana publicou o seu primeiro libro de poemas: Soidades (1894). O segundo libro de versos: Noitebras (1901) está dedicado á súa defunta muller.

OBRA

En 1919 publica Versos de Loita, pero o seu mellor libro de poesía foi Ardencias (1927) que está dedicado á xuventude galega. O último libro poético: As mariñas de Sada foi publicado en 1928 e é unha homenaxe á sociedade de Sada e ao seu entorno.

U N H A VIDA EN CóMIC Nancy Feijoo Pato. 1º ESO B 1863. Sada (A Coruña)

20 anos despois emigra a Cuba...

Xa en Cuba fundou o seu 1º xornal

Alí publicou o seu primeiro...

Deu o 1º mitin en galego

Asinou con seudónimos como “Asiumedre”

Ingresou no Seminario de Estudos Galegos

Colaborou na redacción do Estatuto de Autonomía

17 de maio

A súa actividade teatral foi moi importante, destacan obras como A ponte (1903), Mareiras (1904), e Esclavitú (1906) e as comedias O pazo (1917) e Estadeiña (1919) . Tamén escribiu Contos de Aseumedre que apareceron en varias publicacións periódicas como A Nosa Terra. A súa preocupación polo galego levouno a escribir Gramática do idioma galego publicada en 1922 cunha segunda edición en 1931.

Morreu na Coruña con 77 anos

letras galegas

23


ESP

libros

24

Le ct

s to

mellores s o a mo r a p me s a n r u Castelao. Ed. Galaxia

XII

Álvaro Cunqueiro Ed. Galaxia

Carlos Mosteiro Ed. Xerais

I

XI X

E. Blanco Amor Ed. Galaxia

Carlos Mosteiro Ed. Xerais

II

III

IX

Marilar Aleixandre Ed. Xerais

Miguel A. Fdez. Ed. Galaxia

IV

VIII VII

Manuel Rivas Ed. Galaxia

V

Marilar Aleixandre Ed. Xerais

VI Miguel A. Fdez. Ed. Galaxia

Ramón Caride Ed. Xerais

Miguel A. Fdez. Ed. Galaxia

Aquí tedes algúns dos títulos lidos este ano polos compañeiros/as dos distintos cursos.


25

ESP

libros

¿QUE ME QUERES, AMOR?

O HEROE MANUEL RIVAS

MANUEL RIVAS Conxunto de relatos de temática variada, cunha orixinal técnica narrativa, no que conviven espazos rurais e urbanos, así como relatos ambientados en épocas pasadas con outros actuais. Algúns dos relatos (“A lingua das bolboretas”, “Carmiña” e “Un saxo na néboa”) levados ao cine por Xosé Luís Cuerda na película A lingua das bolboretas. ALUMNOS/AS 1º BAC.B

A ESMORGA BLANCO AMOR A capacidade que ten o autor de mesturar distintas formas de narrar unidas ao suspense que tensa maxistralmente fan d’A Esmorga unha obra entretida e de doada lectura. O emprego dunha linguaxe coloquial, mesmo vulgar, cos dialectalismos da zona natal do autor xunto coa descrición de ambientes fan que os lectores do século XXI se acheguen ao Ourense dos anos 50.

RAMÓN CARIDE Dous orfos da nosa idade vanse enfrontar a unha poderosa persoa que intentará facerse dono do mundo ameazando con facer estoupar unha bomba atómica na Antártida. Un libro cun vocabulario moi doado de comprender e con temas moi actuais, como pode ser a contaminación no mundo, un mundo que se nos presenta libre de contaminación e con grandes avances na ciencia. Mestúrase realidade e ciencia fición e amósasenos como pode chegar a ser o noso mundo dentro duns anos. Tamén aparece o afecto, a amizade, o amor, a intriga... ALUMNOS/AS 2º ESO.

DELFÍN MARTÍNEZ CONDE. 1º BAC.

MANUAL DE INSTRUCCIÓNS... COUSAS

CARLOS MOSTEIRO

CASTELAO Temas como a emigración, a pobreza, a soidade, a relixión, a guerra, o amor á terra, o mar, as crenzas, a morte, o amor... e personaxes emigrantes, pobres, vellos, nenos, mulleres, mariñeiros, labregos... conforman unha serie de textos breves que van acompañados dunha ilustración. ALUMNOS/AS 4º ESO B.

Obra divertida, con protagonistas da nosa idade que viven situacións e sentimentos reais cos cales podemos sentirnos identificados como son: a amizade, o compañeirismo, o primeiro amor-desamor, problemas familiares... Todo isto está unido polo tema central “o poder” que ten a protagonista e a dun personaxe “estraño” e “misterioso” que será o que lle dea un punto de suspense ao libro. ALUMNOS/AS 2º ESO.

RÚA CARBÓN MARILAR ALEIXANDRE Á protagonista desta novela, cando estaba a piques de cumprir dezasete anos, súa nai cóntalle que seu pai biolóxico foi un etarra que morreu, antes de que ela nacese, cando estaba poñendo unha bomba. Ese verán, Paula viaxa a Euskadi para visitar as súas avoas, ampliar amizades e descubrir aspectos inéditos do pai. Lede a novela e xa veredes como se desenvolve esta historia que a nós nos gustou moito porque ten intriga e suspense. NATALIA FENTES, IVÁN GONZÁLEZ, NATALIA PARADELA E Mª JOSÉ SEARA. 3º ESO A.

libros

AMEAZA NA ANTÁRTIDA


música

26

ESP

Mozart 250

w

OLFGAGN AMADEUS MOZART naceu en Salzburgo en 1756. Nesta cidade famosa pero provinciana viviu ata os vintecinco anos. As súas viaxes por Europa brindaríanlle a ocasión de coñecer as cidades e a realeza das máis importantes cortes europeas. Estas viaxes tiveron sempre un único obxectivo: aprender novas formas musicais. Tivo un gran amor frustrado e formalizou matrimonio sen demasiada gloria, salpicado de pequenas infidelidades conxugais, froito do cal nacerían seis fillos, tampouco moi afortunados, xa que só dous deles acadaron a adolescencia. Tal vez, a súa época máis feliz fora en Viena, onde a súa actividade social e os seus éxitos multiplicáronse. Logo os seus éxitos foron alternándose cos fracasos ante un público para o que Mozart resultou ser demasiado xenial e comezaron a agobialo con dificultades económicas que a partir de entón e ata o momento da súa morte non farían máis que agudizarse. Certo é tamén que Leopold Mozart puido ver no seu fillo o instrumento mediante o cal conseguiu a gloria que el nunca conseguiría polos seus propios méritos . Morreu en 1791 ós 35 anos, prematuramente e desgraciadamente, impedíndolle rematar algunhas obras.

últimos discos de música galega.

Dios ke te crew. Xénese Guadi Galego / Guillermo Fernández. Espido

Luar Na Lubre. Soidade

The homens. #2

Lamatumbá. Lume

Fanny&Alexander. Lusco e Fusco

música

aniversario do seu nacemento

por Edgar Garrido Rey


27

tv

televisión

ESP

tv en galego

libro de familia

pratos combinados

O alumnado de 4º ESO elaborou unha relación das series máis exitosas en audiencia da TVG, coa finalidade de ver cal é a temática abordada nas mesmas. Aquí tedes algunhas delas:

rías baixas Serie que reúne varios xéneros: amor, suspense e intriga. Ambientada na comarca do Salnés en torno a unha familia que viven dos seus viñedos.

libro de familia

rías baixas

Desenvólvese en tempos da posguerra na vila de Santalla. O seu alcalde é un home malvado e interesado que quere que todos fagan o que el desexa. Casado con Laura, a mestra da vila, boa e traballadora, é enganada por este. Freire é o inimigo número un de Román, fora expulsado da vila anos atrás polo agora alcalde, ao regresar teñen conflitos continuamente.

as leis de Celavella

as leis de Celavella

A primeira serie de intriga emitida pola TVG. Ambientada na Galicia de principios do século XX. A historia conta as andainas dun avogado que volta á súa casa despois de oito anos de estudos en Santiago e que grazas a unha peculiar pantasma descobre a súa vea detectivesca ademais de remexer no pasado da súa familia e na dos seus veciños.

series

Serie de humor ambientada no Bar Suízo. O protagonista principal, dono do bar é un home nugallán e analfabeto. Tódolos capítulos seguen a mesma estrutura: Miro e mais o seu cuñado fan algunha trasnada, co fin de conseguir cartos, que ao final sempre se acaba descubrindo.

ESCRIBE: Luis Carnallo Simón/ Lucía Álvarez Méndez/ Cristina Garrido Bouzo/ Almudena Domínguez Caramés. 4º ESO.

pratos combinados


acta diurna

28

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O ANTIGO EXIPTO

ESP

POR YERAI FARIÑAS CALVO . 4º ESO B

Saímos de Maceda ás 8:45 e chegamos a Ourense ás 9:30. Ás 10 reunímonos na entrada do museo e alí dividíronnos en dous grupos: Uns foron ver un audiovisual sobre a raíña Cleopatra e a outros explicáronlles os costumes dos exipcios. A segunda etapa foi a Catedral: vímola tanto por dentro coma por fóra. Dentro parámonos sobre todo na capela do famoso Santo Cristo. Fóra rodeamos o edificio para seguir in situ as explicacións das distintas portadas. Atopamos a Sor María, que nos deu saúdos para todos os seus antigos alumnos. Ás 12:30 collemos o autobús para ir ver o castro de San Tomé da Loña. Alí facía moito frío, ademais de ter que facer sendeirismo para descubrir as casas castrexas e romanas, estas bastante complexas para a época, e os empedrados das rúas que están á vista. A min gustoume todo moito e animaríavos a ir a todos.

VISITA A MONUMENTOS EN CELANOVA E BANDE

ALBA FDEZ / PAULA MARTÍNEZ. 4º ESO B

Saímos de Maceda ás nove da mañá e dirixímonos ao campamento romano de Portoquintela, a antiga Aquis Querquennis (a 10 km. de Bande). Antes de ve-lo campamento puxéronnos un audiovisual sobre a presenza dos romanos na Gallaecia e a Via Nova, que atravesaba a actual provincia de Ourense. Logo de percorrer unha pequena exposición fomos ao campamento no que se albergaban os soldados que estaban alí para construír a Via Nova. Non se pode ver enteiro porque aínda está en proceso de excavación, pero si se distinguen varios barracóns para a tropa, a enfermeiría, os almacéns das provisións e parte da muralla, con dúas das catro portas. A continuación fomos á igrexa de San Torcuato (en Sta. Comba de Bande), moi antiga, de estilo visigótico, onde unha señora moi amable nos agardaba para abrila e a nosa profesora explicounos as súas características. Chegamos a Celanova á hora de comer. Despois fomos á oficina de turismo e esperamos pola guía que nos ensinou a capela mozárabe de San Miguel, que era tan pequena que para entrar pola porta tiñámonos que agachar: fixose así porque era un sinall de respecto e humildade cara a Deus. Ten arcos de ferradura e pola ventá da cabeceira da igrexa o día do solsticio de verán entra unha raiola de luz que ilumina un punto exacto do interior da igrexa. Despois vimos o resto do mosteiro de San Rosendo; este si que era grande: o altar tiña moitas figuras suntuarias que parecían de ouro con columnas salomónicas, propias do estilo barroco. Volvemos a Maceda antes da noite, cansos pero satisfeitos por coñecer en vivo esas testemuñas da nosa historia.

ELIXE A RESPOSTA CORRECTA. LOGO, UNINDO AS LETRAS EN NEGRITA ATOPARÁS A SOLUCIÓN Á SEGUINTE PREGUNTA:“¿Cal é o nome da famosa loba que salvou e amamantou a Rómulo e a Remo?” Columnas con forma de muller: Ganímedes. Cariátides. Atlantes. O monte Olimpo era considerado na Antigüidade como: O lugar de nacemento de Zeus. Onde habitaban os cíclopes. O fogar dos deuses. Cabalo alado, fillo de Poseidón e da gorgona Medusa: Rocinante. Babieca Pegaso. Dictador romano que foi asasinado no Senado:

Xulio César. Augusto. Calígula. O deus Mercurio é fillo de: Apolo e Maia. Xúpiter e Maia. Marte e Maia. Raza de mulleres guerreiras que excluían ós hombres da súa sociedade: Sereas. Amazonas. Erinias. Río do esquecemento, situado no mundo subterráneo: Leteo.

O DEPORTE NA ANTIGA GRECIA A orixe dos exercicios ximnásticos é de época moi antiga. A súa práctica estivo adicada aos deuses e heroes, como parte do seu culto, e desta maneira tamén se preparaban para a guerra. Ademais, ós gregos gustáballes competir para acadar a groria e a inmortalidade a través da victoria. A práctica deportiva estaba centrada na palestra e o ximnasio: na palestra practicábase a loita e o ximnasio era un lugar público para practicar exercicio en xeral. Para a competición era necesario un espazo aberto: o estadio. Os gregos puñan a proba as súas habilidades físicas nos xogos olímpicos celebrados en Olimpia en honor ao deus Zeus. Ao gañador coroábaselle cunha coroa de oliveira (aínda que na súa cidade recibía outros premios máis “sustanciosos”). As probas atléticas dividíanse en varios tipos: - Atléticas: . carreiras (varias distancias) . saltos . lanzamentos: de disco e de xabalina - De combate: . loita (como a loita libre). . puxilato (boxeo): a proba máis dura. . pancracio (loita + boxeo). - Hípicas: . carreiras de carros (de dous e de catro cabalos). . carreiras de monta.

Sena. Lucio. A deusa do amor: Hera. Deméter. Afrodita. Templo adicado a tódolos deuses romanos, que está situado en Roma: Panteón. Coliseo. Acrópolis. O oráculo de Delfos estaba consagrado a: Apolo. Rocío Prado Conde Atenea. Joana F. Medeiros Rguez Ares.

POR RUBÉN MIRANDA GONÇALVES. 1ºBAC. B.

Discóbolo

Corredora

Loitadores


ESP

colaboracións

HOME MORTO QUE CAMIÑA (DEAD MAN WALKING) Desta maneira chaman en USA a aqueles que estan agardando no corredor da morte. Como a expresión indica esas persoas sofren o terror de esperar a súa morte, co cal ao feito de matalos hai que lle engadir o da tortura. A pena de morte non é un concepto abstracto.Significa causar traumas e lesións tan graves a unha persoa como para que a súa vida se extinga. Todos os métodos de execución son arrepiantes e todos poden fallar: cadeiras elétricas que non funcionan, incendiándose a máscara que lle poñen o condeado; inxeccións letais que fallan e hai que comezar de novo o proceso ata facer sangrar os brazos do preso; lapidación; aforcamentos ... Pero ademais disto o condeado sempre sofre a angustia de saber que vai morrer... Por outra banda unha vez que os Estados legalizan a pena de morte moitos acaban por adoitar prácticas que son semellantes a torturas, independentemente do método elixido. Incluso se volve ás execucións públicas, como se os gobernos perderan xa o sentido da vergoña; como se a xente se acostumase á brutalidade e á morte e como se estivésemos volvendo á Idade Media. As celas do pavillón da morte están cheas de persoas procedentes de minorías étnicas: así pois ademais dunha pena cruel e degradante é un acto de inxusticia racial: en Estados Unidos os negros suman o 12% da poboación, e non obstante , constitúen máis dun 40% dos condeados a morte e un de cada tres executados é negro. Por outra banda moi raras veces se atopan millonarios no corredor da morte; mais ben están cheas de persoas procedentes de ambientes de marxinación, dos que teñen menos medios para defenderse nos tribunais. De feito o 95% dos condeados non poden custearse un avogado. A pena de morte aplícase de xeito arbitrario dependendo de factores tan aleatorios como: a capacidade dos avogados; as negociacións de sentencia ou os indultos concedidos para celebrar os aniversarios dos gobernantes. Que alguén viva ou morra pode ser unha lotería. A pena de morte é tan inxusta que se chega incluso a condenar a menores de idade, nos últimos quince anos máis de trinta persoas foron executadas por actos cometidos cando tiñan menos de 18 anos, hai incluso casos de rapaces de 15 e 16 anos. Estados Unidos, un país supostamente civilizado e supostamente defensor dos dereitos humanos, é un dos países onde isto máis se practica. Pero a todo isto hai que engadirlle o problema dos erros xudiciais. Os estadounidenses condenados a morte liberados desde 1973 polo achádego de probas da súa inocencia ascenden xa a 87: podería dicirse que unha das características da aplicación da pena de morte é o elevado número de erros que se descobren, moitas veces cando é demasiado tarde. A pena de morte sempre conleva o risco de acabar con persoas totalmente inocentes, ben polos mencionados erros xudiciais, ben porque algúns a usen como instrumento para facer calar aos opositores dun determinado goberno. Porque unha vez que o asasinato é legal, quen decide a quen se lle ten que aplicar? Nalgún países aos homosexuais, a mulleres divorciadas acusadas de adulterio, aos opositores políticos.... Tal vez todos deberíamos ter presente: - O " ollo por ollo" é un sentimento violento que se basea máis no instinto, na ira e na vinganza que na xustiza. - Non está demostrado que a pena de morte disuada da execución do delito. Se así fora xa non habería delitos ( posto que a pena de morte lévase practicando miles de anos). Incluso o feito de o Estado asasinar a unha persoa pode conlevar a que se valore menos a vida e que ese acto se copie, provocando así a violencia que se quería diminuir. - Sempre hai risco de condenar a un inocente e na pena de morte ese erro é irreversible.

Menores de idade á espera de xuízo en Karachi (Paquistán, xuño de 2003)

Andrés Boimorto López . 4º ESO A Alternativa á relixión.

colaboracións

29


30

colaboracións

ESP

“SOMOS GALEGOS POR OBRA E GRAZA DO IDIOMA” DELFÍN MARTÍNEZ CONDE. 1º BAC. A

Eu falo galego porque si. Porque me peta. Porque me dá a gana. Dende sempre falei no meu idioma e nunca me preguntei por que o facía. O que si me cuestionei era por que ao meu redor había xente que non o falaba. Sobre todo eran persoas importantes para min. Lembro ao pediatra que visitaba semanalmente, ou ao oculista que me impuxo lentes dende os cinco anos. A directora do meu colexio dirixíase a min naquel outro idioma noxento, noxento porque me resultaba lonxano e áspero. Cando as páxinas do meu almanaque vital se ían arrincando, cheguei a facer un cursiño de informática, cousa dos tempos modernos, xa se sabe, se non sabes informática é coma se non sabes ler, a mestra, á cal dende aquí lle envío un saúdo, tamén seguía na liña daquel intrusismo que me levaba ameazando dende o nacemento (e os programas do ordenador tamén). Cheguei a ampliar os meus coñecementos e, claro, alguén que non está ao tanto do que pasa no mundo non é ninguén, o caso é que os mestres dicíannos que tiñamos que ler os xornais. Xa non foi sorpresa para min. Que se La Voz de Galicia ou El faro de Vigo aínda que tamén La Región. En fin, que estaba invadido. Volvía eu preguntarme por que o que eu falaba só era iso o que eu falaba e non o que todos falaban. Non atopaba resposta. Cando un vai medrando xa pode ver algo a televisión. Que se unha película ás catro da tarde, que se un programiña, convencendo aos pais que cho deixen ver pola noite… Pero o caso era que as personaxes da película volvíanme lembrar aquelas verbas ásperas dun falar estraño e descoñecido. Só de cando en vez algunha serie de debuxos presentada por un tal Xabarín falaba a miña fala. Chegou o instituto. Chéirame que este escrito algo tén que ver co instituto…en fin o interesante é que case as tres cuartas partes dos meus mestres volvían falarme en estranxeiro. Manda nabo! Pero eu seguín perseverante; quixen crer que os raros eran os demais. Co paso do tempo chegou Lingua Galega, non aquela lingua galega do colexio na que se falaba, só unha hora nela e só de substantivos ou verbos, non, chegou o galego de Rosalía, de Curros, de Cunqueiro. Chegou o galego de Castelao. Daquela vin as inxustizas. Vin aos Reis Católicos, terroristas do galego, e cheguei co devalar da historia ata aquel españolista, nado en Galicia por certo, en fin, certo ferrolán, un tal caudillo. Daquela non crin que os raros eran os demais, estaba completamente seguro. Daquela descubrín que eu falaba a Miña lingua por unha soa razón: porque era a miña. Daquela estiven seguro de que galegos só existen uns poucos, os demais, por moito que lles pese, son habitantes dun territorio disque chamado Galicia. Hai bastantes máis galegos dos que eu pensaba, abofé que os hai. Pero tamén hai outros que non queren impór o galego nas aulas porque consideran que os alumnos teñen tamén que practicar o castelán e escoitar falar nas dúas lenguas. Visto o visto non teño máis que dicir.. Eu seguirei coa miña utopía de que os habitantes de Galicia se convertan en galegos. O certo é que teño algo de esperanza. Cando dentro de cen anos se consulte nunha hemeroteca esta publicación os lingüistas dirán: “Unha antiga publicación na nosa lingua” ou “Una revista escrita en una lengua arcaica”. Reflexionemos. Somos galegos por obra e graza do idioma. Un recordo para Castelao. Coido que algo así dicía. Ah! Ánimo nenos que estades a estudar! Aínda que vos intenten impór o castelán, loitade! Estudade e coñecede o castelán, si pero, falade a vosa fala. Coller o que non é dun é roubar.


ESP

economía

31

CAMUF LA

B

otándolle unha ollada ás enquisas actuais vemos que os recursos económicos son escasos nas idades comprendidas entre os 15 e os 29 anos. Ao longo desta etapa da vida os coñecementos orixinados no estudo son os substitutos do traballo mais non aseguran o tan cobizado froito, o diñeiro, a curto prazo. E nalgún momento, utilizando un nalgún moi indefinido, o emprego obtido grazas aos coñecementos académicos chegará pero, cando? Ao transcorrer o período que limita por un lado a época estudantil e polo outro a data correspondente ao “algún desexado momento” no que se atope traballo, este último pode constituír unha fonte de ingresos, pero, desgrazadamente, en moitos casos vese substituído por un nome máis impreso na longa listaxe do INEM. A maioría dos xoves, ante estas brillantes espectativas prefiren adicar todo o seu tempo á carreira académica, como excepcións nalgúns casos, intercalando algúns pequenos traballos pouco remunerados. OCUPACIÓN PRINCIPAL: estudo; fontes de ingresos: pequenos choios; fontes de gastos: infinitas, tantas como necesidades ten o ser humano. A unha velocidade de lóstrego isto conduce á estadía até idades avanzadas no fogar familiar como refuxio para saír adiante. Non obstante, situándonos noutra perspectiva analizamos: 98 de cada

100 xoves mercan unha peza de roupa nova cada mes, 50 aumentan un disco compacto á súa discoteca e outros tantos invisten a terceira parte dos seus recursos no que chaman “gastos para o lecer”. E sumando seguimos ata pechar a longa lista de necesidades secundarias, innecesarias, constituíntes en si mesmas da escaseza de recursos e, por consecuente da tardía fuxida da casa. Esta é a situación na que se ven máis da metade dos xoves co cal teñen coma irmáns a crise saciada polos pais e os continuos gastos absurdos. A outra parte gaña o suficiente. A pregunta a formular sería: para que gaña? (Por certo o trosma de curmán que me tocou en sorte cando veu de visita no verán, logo de pasar doce anos en Madrid comentoume: “No sé como puedes vestir esos jeans baratos, ya no están de moda”. Manda nabo!: as modas obrígannos a varrer e aínda temos que dicir que nos estamos a apoiar na vasoira).

Os recursos económicos son escasos nas idades comprendidas entre os 15 e os 29 anos.

economía

A

98 DE CADA 100 XOVES MERCAN UNHA PEZA DE ROUPA NOVA CADA MES. POR DELFÍN MARTÍNNEZ CONDE.

DA

R C

IS E


enquisas

32

ESP

O alumnado de 4º da ESO realizou un traballo sobre HÁBITOS SAUDABLES dos rapaces do IES San Mamede de Maceda. As gráficas que se presentan a continuación demostran ditos hábitos nas mulleres e nos homes a partir dos 12 anos, incluíndo os/as profesores/as. Foron feitas 250 enquisas das cales 147 realizáronse a mulleres e 103 a homes. Destas foron descontadas 12 xa que non contestaron a todas as cuestións, outras foron descartadas pois as respostas eran incoherentes. Non atopamos diferenzas significativas entre os diferentes grupos de idade, polo tanto todas aparecerán agrupadas na mesma gráfica. Os resultados demostran que os homes teñen hábitos máis saudables cás mulleres, aínda que nalgunhas preguntas concretas as mulleres superan os homes cunha porcentaxe bastante elevada. CON QUE FRECUENCIA COMEN AS MULLERES COMIDA LIXO?

CON QUE FRECUENCIA COMEN COMIDA LIXO OS HOMES? 80

120

70

100

60 Nº PERSOAS

Nº PERSOAS

80 60 40 20 0

50 40 30 20 10 0

Todos os días

Na fin de semana

Todos os días

Nunca

COMEN AS MULLERES COMIDA VARIADA?

Nunca

160 140

80

120

Nº PERSOAS

100 Nº PERSOAS

Na fin de semana

COMEN COMIDA VARIADA OS HOMES?

120

60 40

100 80 40 20 0

0

SI

SI

NON

QUE TOMAN AS MULLERES NO RECREO?

NON

QUE TOMAN OS HOMES NO RECREO?

120 80 70

Bocadillo

80

Lambetadas

60

Repostería Nada

40

Café

Froita

20

60 Nº PERSOAS

Nº PERSOAS

100

Repostería

Nada

30

Café

Bocadillo

Repostería

Café

35

3 veces ao día

50

2 veces ao día

40

1 vez ao día

30

Ás veces

20

Nunca

10

Nº PERSOAS

30

60

25

3 veces ao día

20

2 veces ao día

15

1 vez ao día

Ás veces

10

Nunca

5 1 vez Ás Nunca 2 3 veces veces ao día veces ao día ao día

Nestas dúas gráficas hai máis diferenzas xa que as mulleres comen máis lambetadas nos recreos cós homes, non obstante os homes comen máis repostería, pero ningunha froita fronte ás mulleres que si toman.

Froita

CON QUE FRECUENCIA LAVAN OS DENTES OS HOMES?

70 Nº PERSOAS

Repostería

0

80

0

3 veces ao día

2 veces 1 vez ao ao día día

Ás veces

Nunca

Aquí observamos que tanto os homes coma as mulleres lavan os dentes tres veces ó día, non obstante hai unha maior porcentaxe de homes que non lavan os dentes. Na gráfica dos homes vemos que se distribúen por todas as opcións cunha porcentaxe maior cá das mulleres polo que se deduce que as mulleres lavan os dentes máis veces que os homes ó día.

CON QUE FRECUENCIA SE DUCHAN OS HOMES?

CON QUE FRECUENCIA SE DUCHAN AS MULLERES?

70

90 80 70 60 50 40 30 20 10 0

60

Todos os días 2 ou 3 veces por semana As fins de semana

Nº PERSOAS

Nº PERSOAS

Lambetadas

40

20

Café

CON QUE FRECUENCIA LAVAN OS DENTES AS MULLERES?

50 40

As fins de 2 ou 3 veces por semana semana

Menos 7 horas 7 horas

30

8 horas

9 horas

20

Máis 9 horas

10 0

Menos 7 7 horas 8 horas 9 horas horas

Máis 9 horas

Nº PERSOAS

60

40

As fins de semana Todos os días

45 40 35 30 25 20 15 10 5 0

Nestas gráficas os resultados non teñen moita variación.

2 ou tres As fins de veces ao semana día

CANTAS HORAS DORMEN OS HOMES?

70

50

2 ou tres veces ao día

20 0

Todos os días

Todos os días

30 10

CANTAS HORAS DORMEN AS MULLERES?

Nº PERSOAS

Bocadillo

50

10 Bocadillo

0

Con respecto a estas gráficas vemos que os resultados son bastante parellos aínda que hai unha pequena porcentaxe de mulleres que non comen variado fronte aos homes.

60

20

0

Podemos observar que os homes comen menos comida lixo cás mulleres sobre todo na fin de semana.

Menos 7 horas 7 horas 8 horas 9 horas Máis 9 horas Menos 7 horas 8 horas 9 horas Máis 9 7 horas horas

Con respecto a estas gráficas vese que os homes dormen unha media de horas superior á das mulleres.


33

ESP

enquisas

FUMADORES NO IES SAN MAMEDE DE MACEDA

HOMES FUMADORES

MULLERES MULLERESFUMADORAS FUMADORAS

HOMES FUMADORES

17%

12-14 ANOS

12-13ANOS 15-17ANOS 18+

15-17 ANOS 18+ ANOS 58%

62%

CANTOS CIGARROS FUMAS AO DÍA? CANTOS CIGARROS FUMAS AO DÍA?

CANTOSCANTOS CIGARROS FUMAS CIGARROS FUMAS Ó DÍA?AO DÍA? 8

8 6

7 6

Nº DE 4 PERSOAS

2 0

12-13ANOS 1a4

5a8

9+

5

12-14 ANOS

Nº DE PERSOAS 4

15-17 ANOS

15-17ANOS

3

18+

2 0 1a4

EMPEZACHES A FUMAR

10 8 Nº DE 6 PERSOAS 4 2 0

ENTRE11-13

ENTRE13-15

EMPEZACHES EMPEZAXES CON 18 OU MÁIS. ENTRE16+

18+

8

12-14 ANOS

6 Nº DE 4 PERSOAS 2

15-17 ANOS 18+ ANOS

0

IDADE

10 5 0

BEN

9+

A QUE ANOS EMPEZACHES A FUMAR?

EMPEZACHES EMPEZAXES ENTRE 15-17

121513ANOS 17ANOS

5a8

IDADE Á QUE COMEZACHES A FUMAR?

EMPEZACHES EMPEZAXES ENTRE 12-13

ENTRE 12- ENTRE 1413 ANOS 15 ANOS

12-14 ANOS 15-17 ANOS 18+ ANOS

15 Nº DE PERSOAS

18+ ANOS

1

CANTIDADE

IDADE Á QUE COMEZACHES A FUMAR?

QUE LLES PARECE A TEUS PAIS QUE FUMES? QUE LLES PARECE?

17%

25%

21%

MAL

POR QUE A FUMAR? POR EMPEZACHES QUE EMPEZACHES A FUMAR?

16+

POR QUE EMPEZACHES A FUMAR? POR QUE?

10 8 N° DE PERSOAS

QUERÍA PARECER MÁIS MAIOR POR PROBAR

6 4 2 0

POR PROBLEMAS

12-13ANOS 15-17ANOS

18+

INFLUENCIA

INFLUENCIA DOS DOS AMIGOS AMIGOS.

INFLUENZA DOS AMIGOS

Nº DE PERSOAS

10 8 6

QUERÍA PARECER QUERIA MAIOR.

PARECER MAS

MAIOR POR PROBAR POR PROBAR

4 2 0

POR PROBLEMAS

12-14 15-17 18+ ANOS ANOS ANOS

IDADE

POR PROBLEMAS

FUMAN NA TÚA CASA? NA TÚA CASA

15 12-14 ANOS

Nº DE 10 PERSOAS 5 0

15-17 ANOS

FUMAS OUTRA COUSA QUE NON SEXA QUE FUMAS? TABACO?

18+ ANOS 6 Nº DE 4 PERSOAS 2 0

LEI LEIANTITABACO ANTI-TABACO

12-14 ANOS

4

8

FUMAN NA TUA CASA

FUMAS OUTRA COUSA QUE NON SEXA FUMASTABACO? OUTRA COUSA?

12-13ANOS 15-17ANOS 18+

3

15-17 ANOS

Nº DE 2 PERSOAS 1

18+ ANOS

0

FUMAS OUTRA COUSA K NON SEXA TABACO

FUMAS OUTRA COUSA QUE NON SEA TABACO

SÁBENO TEUS PAIS? SÁBENO OS TEUS PAIS?

SÁBENO OS TEUS PAIS? SÁBENO OS TEUS PAIS?

15 10

Nº DE 10 PERSOAS 5 0

BEN 121518+ 13ANOS17ANOS IDADE

MAL

Nº DE 5 PERSOAS

0

12-13ANOS

15-17ANOS OS TEUS PAIS SABEN QUE FUMAS

18+

12-14 ANOS 15-17 ANOS 18+ ANOS

8 6 Nº DE 4 PERSOAS 2 0

SABENO OS PAIS SÍ

enquisas

No instituto de Maceda realizouse unha enquisa para averiguar o númeo de persoas fumadoras e non fumadoras. Puidemos comprobar que hai menos fumadores que non fumadores e que a maioría teñen entre 15-17 anos. De 270 persoas que hai no centro fuman o mesmo número de homes que de mulleres. A maioría dos xoves compran tabaco nos estancos porque é máis barato. Trala observación dos gráficos pódese constatar que os alumnos da franxa de idade comprendida entre 15-17 anos teñen resultados máis elevados respecto a franxa de idade comprendida entre os 12-14 anos e respecto aos de máis de 18.


enquisas

34 SAÍDAS NOCTURNAS E ALCOHOL

ESP

Saes pola noite?

O alumnado de 3º ESO C completou este traballo realizando unha enquisa sobre saídas nocturnas, alcohol e tabaco. Aquí tedes vos presentámos os resultados:

60,00% 50,00% 40,00% 30,00% 20,00% 10,00%

Bebes alcohol?

0,00% 90,00% 80,00% 70,00% 60,00% 50,00% 40,00% 30,00% 20,00% 10,00% 0,00%

1º e 2º ESO

3º e 4º ESO

BAC, PGS e Ciclo

Todas as fins de semana

Unha ou dúas veces ao mes

Só en ocasións especiais

Nunca

Pola noite, sempre bebes ata emborracharte? 1º e 2º ESO

3º e 4º ESO

BAC, PGS e Ciclo

100,00% 80,00%

Si Non

60,00% 40,00% 20,00%

Os teus pais saben que bebes?

0,00% 1º e 2º ESO

3º e 4º ESO

60,00%

Si

50,00%

BAC, PGS e Ciclo

Non

40,00%

Cando saes pola noite, cantas copas bebes?

30,00% 20,00%

80,00% 70,00%

10,00%

60,00% 50,00%

0,00% 1º e 2º ESO

3º e 4º ESO

BAC, PGS e Ciclo

Si Non

40,00% 30,00% 20,00% 10,00% 0,00% 1º e 2º ESO Ningunha

Preocúpache que a túa saúde se vexa afactada polo consumo de alcohol e/ou tabaco?

3º e 4º ESO Unha ou dúas

BAC, PGS e Ciclo Tres ou máis

Se non bebeses pola noite, como pensas que o pasarías? 70,00%

80,00% 70,00% 60,00% 50,00% 40,00% 30,00% 20,00% 10,00% 0,00%

60,00% 50,00% 40,00% 30,00% 20,00% 10,00% 0,00%

1º e 2º ESO

3º e 4º ESO Si

Non

BAC, PGS e Ciclo

1º e 2º ESO

3º e 4º ESO Igual

Mellor

BAC, PGS e Ciclo Peor


ESP

eclipse

eclipse anular POR QUE SE PRODUCE? As eclipses, solares ou lunares, só acaecen cando Terra, Lúa e Sol se aliñan no mesmo plano, e o noso satélite se interpón entre nós e o Sol. Como o diámetro deste é 400 máis grande que o da Lúa e esta está 400 veces máis preto da Terra que do Sol, esta coincidencia numérica fai que o disco lunar, en ocasións, oculte o Sol. Se nese momento da eclipse a Lúa se atopa na distancia mínima con respecto á Terra, uns 357.000km, o disco lunar tapa todo o Sol. Pero se está na súa distancia máxima con respecto á Terra, uns 406.000 km, dado que o seu diámetro é menor que o do Sol, ao pasar fronte a el non o cobre por completo, deixando sen tapar unha especie de anel que dá nome á eclipse anular.

QUE EFECTOS CAUSA AOS SEUS OBSERVADORES? Durante as eclipses solares prodúcense alteracións medioambientais, que provocan cambios na presión, a humidade do aire e a temperatura, e fenómenos ópticos que alteran a cor do ceo, modifican a luminosidade, causan sombras de media lúa...

3 DE OUTUBRO DE 2005 Despois de 228 anos , en España, o luns 3 de outubro, pouco antes das 11 da mañá, a Lúa interpúxose entre a Terra e o Sol e provocou unha eclipse solar que foi visible dende a Península Ibérica, Canarias, Baleares, resto de Europa e o norte de África. Nunha franxa duns cen quilómetros de ancho que cruzou en diagonal a Península de noroeste a sureste, seguindo a ruta Vigo-Ávila-Madrid-Denia, viuse, durante uns catro minutos, unha eclipse anular. O Sol estivo cuberto en case o 90 por cento da súa extensión, de aí que a diminución da luminosidade fose notable.

eclipse

35


fotografía

36

10

recantos

Niñodaguia Xunqueira de Espadanedo Silvia Blanco Damota

Río Mato Xunqueira de Espadanedo Rosa María Borrajo Blanco

ESP

máxicos

da nosa comarca

O curso pasado o alumnado de 4º de ESO realizou un interesante traballo, fotografaron aqueles recantos máis fermosos do seu lugar, aldea ou vila. Co gallo das Letras Galegas realizouse unha exposición das fotografías. Aquí tedes algunhas das fotos expostas:

Presqueira Baños de Molgas Patricia Pérez Prieto

Francos Maceda Inés de Dios Rivas


ESP

fotografía

Asadur Maceda Mª Isabel Bermejo Rodríguez

Os xasteles Maceda Cristina Torres Prieto

Baños de Molgas David Ferreiro Quiroga

Amorgade Alemparte Cristina Janeiro Araújo

Pías Río Arnoia Baños de Molgas Gil Lorenzo Delgado

Maceda Nerea Fariñas Montero

fotografía

37


38

pasatempo

ESP

quen é quen? Os teus profesores e persoal do centro regresaron á súa infancia. Entre os primeiros, están representados os departamentos de tecnoloxía, lingua española, inglés, lingua galega, bioloxía, matemáticas, xeografía e historia, orientación, francés, latín e grego, educación plástica e filosofía. ANÍMATE A DESCUBRILOS.


pasatempo

ESP

pasatempo

39


pasatempo

40

?

ESP


41

pasatempo

ESP


premios

42

2 0 0 4 / 0 5

PREMIO MEIGAS E TRASGOS

PREMIO FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

PREMIO DE INVESTIGACIÓN XESÚS ALONSO MONTERO

ESP

PREMIOS ENTRE NÓS, EN GALEGO

s

premio

DOUS OURENSÁNS RECIBIRON OS PREMIOS LITERARIOS DE MEIGAS E TRASGOS

Inés recolle o 3º premio de contacontos no certame Entre Nós, en galego

FALLOUSE EN PADRÓN O I PREMIO ROSALÍA PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS O instituto compostelán Rosalía de Castro gañou o 1º premio polo proxecto “Verbos de Rosalía/Grafías de Rosalía”, que ofrece unha ilustración completa dos poemarios Cantares Gallegos, Follas Novas e En las Orillas del Sar. O xurado destacou del que é “un proxecto moi ambicioso”. O 2º premio foi parar ao IES San Mamede de Maceda, en Ourense. A organización destacou del o seu “carácter innovador” e a utilización de diferentes materias e expresións para relacionar a vida e obra de Rosalía co cine, teatro e banda deseñada. La Voz de Galicia 07/07/05

O primeiro premio foi para Delfín Martínez Conde, polo seu relato O caso do roubo misterioso, e o segundo para Francisco Garrido Bouzo, por Baco, o deus do viño. Nesta edición presentáronse ao certame máis de 50 traballos, o que supuxo unha nova marca de participación nun certame literario para alumnos de ensino secundario que xa acadou a súa madureza e que cada edición conta con máis e mellores trabal l o s . O presidente de Meigas, Iván López, destacou o bo nivel de todos os traballos que se presentaron ao certame, o que dificultou a tarefa do xurado. La Voz de Galicia 21/06/05

premios

1º e 2º premio no certame Meigas e Trasgos

Dous alumnos da localidade ourensá de Baños de Molgas, que cursan os seus estudos no instituto IES San Mamede de Maceda, foron os vencedores do certame literario do Día das Letras Galegas que organiza a asociación sarriá Meigas e Trasgos coa colaboración de La Voz de Galicia.


ESP

concursos

TARXETAS DE NADAL

1

concursos

43

premio

2º ESO

2

Lorena Lamas

premio

1º ESO Ana Mª Quintela

3

premio

3º ESO Laura Carballo

) ( ) ( )( NN E W LO

AGRADECEMENTOS Ana Prol Glez (1º ESO A) Mirela Andreea Pirghie (2º ESO B) Catarina Rguez Iglesias (2º ESO B) Laura Carballo Glez (3º ESO B)

L HA

.

.

MIO

RE 1 1º P

premios

1º PREMIO: SANDRA PÉREZ RAMOS. 2º PREMIO: TANIA DE DIOS CASTELLANO.

SO B.

2 2º PREMIO. 2º E

OB 1º ES


N

ÜÍSTICA

ENL

DE

RMALIZAC NO IÓ

NG LI

EQU IPO

TODA A INFORMACIÓN DO TEU CENTRO

ESPARAVÁN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.