Alumnado de 4ยบ ESO
MANIFESTOS
2
Manifesto en defensa da lingua galega!!! Debemos de defender a nosa lingua: o galego, porque é a lingua de Galicia. O galego é o noso pasado e terá que ser o noso futuro e o dos demais galegos. O galego é a lingua que se foi pasando de xeración en xeración entre todos os galegos. É a primeira lingua que oímos ao nacer, e se a falades tamén os vosos fillos a falarán. ADRIÁN
Os galegos debemos protexer a nosa lingua para que nun futuro non desapareza e as novas xeracións sigan falándoa. Para iso todos os galegos debemos pór algo da nosa parte, temos que falar o galego e transmitilo de xeración en xeración. Se non o facemos chegará un punto en que o galego desaparecerá e non teremos unha lingua propia. Fala o galego! O galego é a nosa lingua! DANIEL
Nós, os galegos, debemos defender a nosa lingua. Nós, os galegos, non debemos deixar que a lingua castelá mate o galego. O galego é máis que unha lingua, tamén é a nosa identidade. Se deixamos morrer o galego, tamén deixamos morrer o noso pasado, a nosa cultura e sobre todo a nosa identidade como galegos. Na nosa man está o seu futuro, se deixamos morrer o galego, o traballo que levaron os nosos antepasados foi en van. Se deixamos morrer o galego estamos traizoando a nosa lingua. Na nosa man está o futuro de Galicia e a nosa identidade. JOSÉ MANUEL
Non debemos aceptar o decreto do PP porque é totalmente contrario á normalización da nosa lingua e diminúe os dereitos dos galegofalantes. O noso goberno debería de protexer a nosa lingua e non permitir que a aldraxen. O galego non está en relación de igualdade co resto das linguas do territorio. O galego é unha lingua máis, nin mellor nin peor que as outras e debe formar parte do noso patrimonio.
3
A nosa lingua é a nosa achega ao resto do mundo. A nosa lingua é polo que temos que loitar, unha importante herdanza dos nosos antepasados e debemos transmitila ás novas xeracións. Non deixemos que nos enganen impoñéndonos outras linguas e tradicións como o famoso ¨Halloween¨ que pretende substituír ao noso incrible e magnifico Samaín! Deixemos de agocharnos e loitemos polo que é noso! SANDRA
Nós, os galegos, somos os que temos que falar e defender a nosa lingua materna, xa que é unha riqueza para o pobo galego. Non en todos os lugares de España poden presumir de ter dúas linguas oficiais e unha delas propia e independente. Como galegos que somos: DEFENDAMOS O GALEGO! JAVIER
Porque é a nosa lingua. Porque non se pode matar. Porque nós medramos nela. É vergoñento que os galegos falemos noutra lingua que non sexa a nosa. Porque é a primeira lingua que escoitamos ao nacer. Porque ten que seguir de xeración en xeración. Forma parte da nosa cultura e da cultura de Galicia. Porque non custa nada falala. ROCÍO
Manifesto contra a violencia de xénero!!!
Nós, somos os que principalmente temos que unir as nosas forzas para loitar contra a violencia de xénero en unión coas leis do goberno. Todos xuntos conseguiremos que todo remate. Porque todos somos persoas, e os homes non son superiores ás mulleres en ningún aspecto, non teñen dereito a sentirse mellores.
4
Non podemos permitir que siga a violencia no fogar, ninguén se merece ese calvario sen motivo, non debemos deixar que ningunha muller máis morra a mans dun home sen cabeza que non pensa no que fai sufrir ós demais. Porque nunca podemos saber se algún día lle pasará a alguén próximo… para rematar todas estas inxustizas que sofren as mulleres, contra a violencia de xénero. ¡Todos a unha! BEGOÑA
Nós debemos combater contra a violencia de xénero. Debémolo facer! Para iso primeiro temos que buscar a igualdade. É moi sinxelo! Os infractores deberán ser castigados De cabeza ao cárcere! O primeiro paso para buscar esa igualdade depende de nós Como a igualación de salarios nos traballos As mulleres son persoas como os homes. A muller foi creada por Deus para se-la súa compañeira Non para que sexa a súa compañeira de pelexas Ante a violencia de xénero debemos dicir basta ¡Nunca máis! IVÁN
Nós, as mulleres de Galicia, de España, de Europa e do Mundo enteiro, queremos, non volver estar nun segundo plano. Non queremos ser as que sempre
5
están pechadas nunha gaiola nin as que cando volven os homes teñen que soportar inxurias e golpes, que se nos cravan na alma e deixan pegada. Queremos escapar, berrar, ser libres, loitar, amar!!! En definitiva, non queremos que nos destrúan e que nos pisen!!! Porque tivemos unha voz miúda e calámolo todo! Agora debemos ser quen de elixir e de non sernos as escravas de ninguén! KELLY
A violencia de xénero está a aumentar nos últimos anos. Nós, só pedimos a igualdade entre os homes e as mulleres. Non basta con lamentarse polas mortes de mulleres a mans de homes. O silencio e a resignación non son a resposta! A violencia de xénero non respecta nin fronteiras, nin culturas, nin idades, nin niveis económicos. Nós, todas as mulleres dicimos: Non á violencia machista! Todos os actos de violencia de xénero rematan cun minuto de silencio, e cada acto de violencia machista remata coa morte dunha muller. ANDREA P.
Non estamos de acordo coa desigualdade entre homes e mulleres. Cremos que todos deberiamos ser respectados por igual, xa que, así se respectan os dereitos das persoas. Non estamos de acordo con actos machistas. Non nos podemos deixar vencer. Temos que loitar para poñerlle fin a este problema, porque iso non é máis que un acto de covardía por medo a que os poidamos superar na sociedade actual. Nós, non queremos favoritismos, só queremos igualdade. Os homes son dominantes, cren que poden tratar á muller como se lles antolle, pero nós non estamos dispostas a iso. O machismo é unha enfermidade, que se deixen aconsellar e que deixen o orgullo a un lado. Teñen que aceptar que as mulleres debemos ter os mesmos dereitos ca eles. ANDREA G.
6
Estamos de acordo en que a violencia machista destrúe a autoestima, provocando un desequilibrio emocional na persoa que a sofre. Ademais créalle medo einseguridade para o resto da súa vida pois perde a súa personalidade sen saber como actuar en moitas ocasións. Destrúe as súas ilusións e perspectivas de futuro e iso leva a que nada teña sentido no mundo que viven. Cremos que a persoa agredida ve limitada a súa liberdade, potencia a mentira para que os demais non descubran o que lle está a acontecer, xa que, negan o que lles pasa e moitas veces non queren denunciar a súa situación porque non a recoñecen. Senten que o seu propio fogar é un inferno e isto desencandea unha desestruturación familiar que remata afectando os fillos, no caso de que poida habelos pois a persoa atópase nun constante ambiente de tensión. IRIA
Non mercemos ser tratadas como bonecas, somos persoas. Precisamos unha caricia, non unha labazada. Quen nos quere axúdanos a ser felices. Ninguén é quen para gobernar noutra persoa. Queremos ser capaces de rir e deixar de chorar. Respéctanos e valóranos, ninguén te obriga a facernos dano. Pegándonos só consegues o noso odio e o noso medo. Libéranos das cadeas non nolas poñas. Sentídesvos mellor insultando a alguén que ten menos forza ca vós? Non precisamos a ninguén que decida por nós. LUCÍA L.
Nós estamos en contra da violencia de xénero porque non nos gusta ningún tipo de violencia. Estamos en contra de esa idea ou de ideas parecidas. Pensamos que para ser felices non precisamos que nos peguen. Nós estamos en contra porque temos os mesmos dereitos que os homes. Pensamos que non deben de ter ningunha autoridade sobre nós, xa que somos todos iguais, estamos en contra porque se de verdade nos queren, non necesitan pegarnos. Tamén estamos en contra porque as cousas pódense arranxar falando e tamén porque un home cando pega a unha muller xa deixa de ser un home. Estamos en contra porque unha caricia fai máis que un golpe. O amor non precisa de puñadas. NOA
7
Ninguén se merece a humillación nin o maltrato. Conséguese máis cunha caricia que cunha puñada. As mulleres non somos obxectos. Ningún home é máis que unha muller. O home que pega a unha muller deixa de ser un home. A superioridade non se consegue a golpes. Se queres que te respecten, respecta ti os demais. Con sufrimento non se consegue nada. Ante o maltrato non valen palabras que o xustifiquen. Quen te fai sufrir non te merece.
PAULA
Nós estamos en contra porque todas as persoas somos iguais; non ten que haber diferenzas entre homes e mulleres; as mulleres non temos que ser vítimas dos homes; traballamos o mesmo; homes e mulleres temos a responsabilidade de coidar os fillos; as labores domésticas non só son das mulleres senón tamén dos homes; as mulleres non temos porque estar na casa; nós as mulleres, temos o dereito de cobrar o mesmo cós homes á hora de desenvolver o mesmo traballo; tamén temos dereito a ter traballo e a ser independentes coma calquera home. SONIA
Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non é un obxecto ao que se poida maltratar. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller é una persoa con sentimentos á que non se lle debe berrar. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller ten que ser libre e non vivir atada coma un can. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten que pagar polo mal día do seu home.
8
Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten culpa de todo o mal que fai o home. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non se merece vivir con medo. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non ten por que abandonar os seus soños só porque ao home non lle gusten. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non pode ter confianza consigo mesma se o home non lla dá. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque a muller non precisa que un home pense por ela. Nós non estamos de acordo coa violencia machista, porque una muller non pode ser obrigada polo home a facer algo que non quere. TANIA F.
As mulleres somos seres vivos, que non se poden maltratar, non temos que vivir axeonlladas ante ninguén, ninguén nos pode obrigar a facer o que non queremos, porque tomamos as nosas propias decisións e pensamos por nós mesmas. Non podemos vivir con medo ante ninguén.
Ninguén está de acordo coa violencia de xénero e non debemos permitir que a xente a sufra. A muller non é ningún obxecto que se poida manipular ao antollo de todos, tampouco nos temos que deixar manexar. RAQUEL
Todas as mulleres do mundo debemos rexeitar e poñerlle un punto e final ao maltatro, tanto físico como psicolóxico dende o primeiro día, xa que se non freamos isto a tempo as aldraxes e a violencia van a ser continuos, o que provocará en nós sentimentos de medo, rancor, odio..., e os homes sentiranse máis fortes e faranse donos da nosa vontade. Non lle podemos temer ao maltratador se non nunca teremos a coraxe para enfrontarnos a el e ser capaces de abandonalo. As nais deben loitar para que os fillos non teñan que pasar por situacións violentas que lles poidan causar traumas, calquera outra enfermidade ou incluso inclinar a súa conduta cara a unha dirección non recomendable.
9
Debemos darnos conta cando un home comeza a ser maltratador, xa que este comezará a sentir celos desmesurados, controlaranos a roupa, o móbil..., polo que temos que obrigarnos a nós mesmas a separarnos del ou simplemente axudalo. Esta enfermidade pode tratarse pero necesita que a persoa invista o seu tempo no tratamento e sobre todo que teña gañas e vontade para curarse, de ser así poderíamos darlle un voto de confianza polo menos ata que non nos demostre o contrario. LUCÍA C.
Nós estamos en contra da violencia machista porque unha muller non ten porque sacrificar o seu futuro, a súa liberdade polo egoísmo dos homes. Non nos gusta que traten a muller como obxectos... Nós estamos en contra da violencia machista porque pola culpa dos celos o alcohol maltraten e deixen un baleiro na alma das mulleres para toda a vida, e causan danos psicolóxicos irreversibles, e xamais poden recuperar a normalidade dos seus sentimentos. ANDREA C.
Manifesto a favor das tarefas de clase!!! As tarefas de clase son necesarias para que nós saibamos día a día o que vamos estudando.Tamén son importantes pola porcentaxe que supoñen dentro da nota, e pódennos axudar a aprobar. A práctica é necesaria para mellorar o aprendido, por iso son boas para nós. Se non as fixeramos empeoraría a relación coa profesora, o que crearía un estado de malestar na clase. Ó facelas todos os días, a profesora collería confianza con nós, o que faría que non nos preguntase quen as ten feitas e quen non porque llo diriamos nós. Á parte, cremos que as tarefas non teñen nada de negativo, só son positivas para o alumnado. Polo tanto: Debémolas facer! DIEGO
10
Se todos fixésemos as tarefas a clase mollaría e progresaría. Cando un fai as tarefas séntese mellor ca cando non as fai, ademais se todos fixésemos as tarefas lograríamos ter á profesora máis contenta; aumentaría o número de aprobados na avaliación e os exames serían un pouco máis fáciles. Pensándoo ben tampouco custa tanto…!!!! Fai as tarefas!!! LUÍS