O pequeno
ESPARAVÁN
O ies san mamede informa
editorial
ESCRIBE: M. VERGARA PEREA
TIÓNS S E X U DE S A X I A C CIÓNS A M A L E REC
Nº0 Benvida ao “Pequeno Esparaván” Temos nas mans o primeiro número deste “Pequeno Esparaván”, o irmán pequeno da revista do Instituto. Como vedes, efectivamente, é moito máis lixeiro de páxinas e pretendemos que atenda a necesidades concretas, como por exemplo este número dedicado ao Día da Paz, que celebramos o pasado 31 de xaneiro. Hai tempo que víamos a necesidade de crear un medio de comunicación que servira á comunidade escolar do noso centro, pois somos case trescentas persoas as que acudimos todos os días ao IES San Mamede e ás veces ignoramos o que se fai no propio Instituto. Trátase, polo tanto, de dar a coñecer se non todo o que facemos, polo menos unha parte. Xunto a esta necesidade, queremos tamén achegar o centro de ensino aos pais e nais dos nosos alumnos, pois eles forman unha parte importante da comunidade escolar e ás veces, debido á zona tan ampla que abarca este Instituto, no teñen ocasión de coñecelo. Esperamos que a través deste “Pequeno Esparaván” nos coñezan un pouco máis, e coñecer é unha forma de participar tamén. Este “Pequeno Esparaván” non vai ter unha periodicidade fixa en principio, anque esperamos que saia, polo menos, un número cada trimestre. A nosa intención é informar sobre cuestións concretas do labor que desenvolvemos no noso Instituto. Ademais, queremos invitar a toda a comunidade escolar (profesores, alumnos, pais e nais, persoal non docente) a que participe no noso “Pequeno Esparaván”. Esperamos que este sexa o primeiro paso dun longo camiño. Demos, polo tanto, a benvida ao “Pequeno Esparaván”.
O pequeno ESPARAVÁN_Febreiro 2005. Número 0
Acaba de instalarse na entrada ao centro a caixa de suxestións e reclamacións. Por medio da mesma atenderase todo tipo de cuestións relacionadas co funcionamento do centro e as súas instalacións. -A responsable de calidade encargarase de dar resposta a cada unha das suxestións ou reclamacións nun prazo mínimo de 15 días. -A resposta ás suxestións ou reclamacións anónimas exporase no taboleiro da entrada ao centro (á dereita, en fronte a conserxería).
1
31 XANEIRO ¡DÍA DA PAZ! O DÍA DA PAZ CONMEMOROUSE NO CENTRO CON NUMEROSAS ACTIVIDADES NAS QUE COLABORARON ALUMNADO E PROFESORADO. PLANTACIÓN DUNHA OLIVEIRA
O alumnado de Ciencias Naturais procedeu á plantación da árbore.
COROA POLA PAZ
Pax, Paz, Eiphnh, Pax, Paz, Eiphnh, Pax, Paz, Eiphnh. nado O alum a ur lt de cu , a clásic latín o g gre e oa xunto c sofe súa pro ar o b ra ela a h n ron u comcoroa a a d pañada te seguin : e s a fr SI VIS ... PACEM E COL IAM IVSTIT
s meira a s p r i le ta s e t n a t r a Du os íadas a conseOlimp r p tían a base c o m p e a s f e ita s a o r . o a c ir li v e g u ir s d e o ig a a m a r de ant oca da dáns Na ép a id c s , os G r e c ia o r ta n t e s e a p e t im le n s m á is á is v a m ll a s s a o con fo pers s o d a o or eran c e ir a . v li o de
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Practícase o 30 de xaneiro ou nos días próximos, no aniversario da morte de Ghandi. O Día Escolar da Non violencia e a Paz fundado en 1964 e coñecido tamén por Día Mundial ou Internacional da Non violencia e a Paz, é unha iniciativa pioneira practicada xa en centros educativos de todo o mundo. Propugna unha educación permanente en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. A mensaxe básica di: “Amor universal, Non violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra.” O pequeno ESPARAVÁN_Febreiro 2005. Número 0
GHANDI (1869-1948)
Todos/as no centro mobilizáronse para realizar interesantes murais sobre o tema. Naceu en Porbandar (India). Estudou Leis en Londres e pasou 21 anos da súa vida en Sudáfrica. Ao seu regreso á India converteuse en líder do movemento nacionalista do seu país e emprendeu unha defensa dos dereitos civís mediante a súa filosofía da Non violencia. Encarcerado en numerosas ocasións, avogou pola tolerancia relixiosa e o diálogo. Tras lograr en 1947 a independencia de Gran Bretaña, a antiga India quedou dividida a rezar. Albert Einstein dixo del: “As xeracións do porvir crerán que un home coma este camiñou sobre a terra en carne e óso”. 2
NENOS SOLDADOS
POMBA DA PAZ
A pomba é un dos símbolos da paz.
Paul, de 11 anos alistouse voluntariamente nun grupo político armado co que pasou cinco meses antes de ser desmobilizado. Ao 4º día de combate matou un inimigo. Estaba contento de asasinalo porque morreran moitos dos seus amigos. Agora está contento porque no centro onde se atopa aprendeu Dereitos Humanos. Quere estudar para ser veterinario e pensa nos seus pais, que viven a certa distancia e aos que viu hai pouco.
O Equipo de Normalización Lingüística elaborou en colaboración co alumnado unha pomba da paz coas fotos de todos os membros do centro.
PERO TODOS SOMOS IGUAIS
Poetas do exilio (Consecuencia dunha guerra). Paz.
STOP Á VIOLENCIA SI Á PAZ /NON Á GUERRA
SI Á PAZ PORQUE:
ASÍ NON HABERÍA MORTES QUE NON SERVEN PARA NADA. NON SE GASTARÍA DIÑEIRO EN ARMAS. NON QUEREMOS QUE HAXA PAÍSES EN RUÍNAS. AS NOVAS XERACIÓNS MERECEN UNHA VIDA MELLOR. PARA: EVITAR CONFLITOS BÉLICOS. QUE A VIDA DE TODOS SEXA MÁIS XUSTA. NON DESTRUÍR O MUNDO.
N Á GUERR A NO PORQUE: CAUSA E MOITAS MORTES INÚTILES. MOITOS PAÍSES QUEDAN NA RUÍNA ECONÓMICA E SOCIAL. MOITA XENTE QUEDA SEN FOGAR E SEN FAMILIA. MOITOS NENOS QUEDAN ORFOS. AS PERSOAS TEÑEN QUE VIVIR EN CAMPOS DE REFUXIADOS. É UN ACTO INXUSTIFICÁBEL . OS CARTOS DAS ARMAS PODÍAN DAR DE COMER A MOITAS PERSOAS QUE NON TEÑEN NADA.
O pequeno ESPARAVÁN_Febreiro 2005. Número 0
3
C do
O
A
FEBREIRO 2005
o Nº 3 M astel A CE D
UENO ESP AR A
Rú
Q PE
SAN MAME DE
a
N VÁ
I ES