O Pequeno Esparaván nº2

Page 1

(

ESPARAVÁN normaliesmaceda@terra.es

(

O Pequeno

¡Máis alá! O tempo d’O Pequeno Esparaván xa É o tempo para rememorar, a través dos seus textos e fotografías, aquelas actividades e iniciativas en que participamos e de descubrir aquelas desenvolvidas por outros e outras compañeiras. É o tempo para gozar coa plástica e coa lectura dos traballos presentados polos seus colaboradores. É o tempo para sentirnos parte da nosa comunidade.

o_pequeno_esparaván @hotmail.com

end l s a s

n

ma me d e

ma ce d a

Fotografía de María González Iglesias (4º ESO A). Gañadora do 3º premio no concurso fotográfico Voz Natura.

LETRAS GALEGAS 2008

e

ie asImamsm i a ied N i eeds sedsemd mi a sm A i e n ae s s n

MACEDA 2007/08

www.iessanmamede.com

I

ES SAN MAMEDE

X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

chegou!

i

EQUIPO NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Xosé María Álvarez Blázquez naceu en Tui no ano 1915. Destaca por pertencer a unha familia na que o seu avó, o seu tío e o seu irmán foron escritores; sen deixar de lembrar tamén a seu pai, o médico Darío Álvarez, fusilado o 30 de outubro de 1936. Contra 1930, Xosé María publica os seus primeiros poemas e en 1931 empeza estudos de Maxisterio; no ano seguinte publica Abril, primeiro libro de poemas, en castelán, e funda, con Xoán Vidal Martínez, a revista Cristal. En 1935 obtén o seu primeiro destino como mestre na Guarda. A finais de 1956 casa con María Luísa Cáccamo Frieben, coa que POUCOS ANOS DESPOIS INGRESA NO ANO 1915 ... NO PARTIDO GALEGUISTA. tería seis fillos: María Luísa, POR GALICIA! chamada Colorín, que Grrrrrrue morrería mociña; Xosé María, o gran poeta; Alfonso, poeta tamén, e sobre todo narrador; Helena, actriz de teatro independente na súa primeira mocidade; Celso, EN 1949 E 1950 ESCRIBIU ... INGRESA NA REAL ACADEMIA filólogo e poeta e Berta, a GALEGA NO 1962. magnífica pintora. Na súa Quería antes de nada dar as grazas ROSEIRA literatura atopamos novela, POEMAS DE por ser... TI DO TEU poesía e obras teatrais. E DE MENCER MIN Destacou tamén como arqueólogo, con 1949 1950 descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época romana en Vigo, os E NO 1985 ... TAMÉN ESCRIBIU restos paleolíticos do Baixo Miño e as Gándaras de Hora da morte ESCOLMA DE Budiño, parte dunha 13:30 CANLE POESÍA SEGREDO GALEGA instalación romana de obtención de aceite de oliva en Teis (Pontevedra) e unha 1976 1959 cisterna con enxoval funerario da época do bronce en Atios (Pontevedra)... JONATHAN LAMEIRAS LAMELAS. 1º ESO A. Na súa tarefa coma editor e galeguista, militou na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista. A súa figura como escritor viuse recompensada cos diversos premios. Algunhas das dúas obras narrativas foron: En el pueblo hay caras nuevas, Os ruíns, El crimen de la isla verde, Una cabaña en el cielo, Las estatuas no hablan, Crecen las aguas, A pega rabilonga e outras historias de tesouros… Como obras poéticas: Abril, Roseira do teu mencer, Cancioneiro de Monfero, Poemas de ti e min, Romance do pescador peleiriño, Canle segredo, Escolma de epigramas… As súas obras de ensaio máis importantes: Arquitectura rural gallega, Vigo, El libro del por qué?, Industria paleolitica de la comarca de Tui, Romerías gallegas, O vencello espiritual do Fisterres Altlánticos… Só escribiu dúas obras de teatro: El zapato de cristal (1947) e Los pazos altivos (1947). Faleceu o 2 de marzo de 1985 en Vigo, por culpa da afección cardíaca que padecía desde había anos. XOSÉ M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

XOSÉ M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

NANCY FEIJOÓ PATO. 3º ESO B.

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2008. Número 2


s

e actividad

P

E

DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O SAMAÍN Orixe da festa: A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno. Nesta noite as ánimas dos finados regresan para visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que lles teñen preparados os parentes. Cando chegaban as celebracións do Samaín tense por certo que os celtas introducían candeas no interior das caveiras dos inimigos mortos para despois colocalas nos cruces de camiños ou nos arredores dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos. Actualmente é costume, polo Samaín baleirar nabos de gran tamaño ou cabazas para pórlles dentro candeas.

O SAMAÍN O alumnado de 1º ESO redactou un relato de MEDO e o soporte para a súa exposición.

DÍA INTERNACIONAL DA NON

VIOLENCIA CONTRA A MULLER Alumnado, profesorado e persoal non docente do centro realizou unha ROSA de papiroflexia. As rosas colocáronse en tres siluetas femininas a carón do nome das vítimas de violencia no ano 2007. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DIPLOMA

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

TALÍA IGLESIAS LIMIA resultou gañadora no Concurso de Tarxetas de Nadal.. Maceda, 21 de decembro de 2007

DIPLOMA MARCOS VILLAR PÉREZ resultou gañador no Concurso de Tarxetas de Nadal.

premiados

Maceda, 21 de decembro de 2007

NADAL

O

HORARIO ESCOLAR

NOME:

HORAS

MÉRCORES

LUNS

8,45 - 9,35

ENDL

9,35 - 10,25

10,45 - 11,35

agasallou

MARTES

XOVES

VENRES

“Ese vento de seda é o tempo que pasa. Soñades a doce primavera de antano nesa frol que refrexa o seu van no negro pozo dos vosos olllos? Le temps s’en va!”

ÁLVARO CUNQUEIRO

11,35 - 12,25

horario escolar INICIO DE CURSO

12,50 - 13,40

O alumnado de 1º/2º ESO realizou TARXETAS DE NADAL co programa Microsof Publicher. Contiñan unha panxoliña e unha imaxe.

13,40 - 14,30 16,00 - 16,50

EQUiPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

16,50 - 17,40

IES SAN MAMEDE -MACEDA

calendario NADAL

marcador de páxinas DÍA DE ROSALÍA

Pensar, Imaxinar, Gozar...

O club da calceta

EXPOSICIÓN TARXETAS

Manuel Rivas O lapis do carpinteiro

Mil primaveras máis para a lingua ENDL IES SAN MAMEDE

María Reimóndez

bolígrafo LETRAS GALEGAS

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2008. Número 2


, RALLIE TRO MA TE

GUA, IN ELIN TE RC RR CO

, CO NFERENC ICO IA S ÁT , M

P

E

O, BI AM

EA ,T

DÍA A DÍA ETC. E XCURS IÓ NS

DÍA DE ROSALÍA Proxectouse unha presentación en Power Point sobre a vida e obra de Rosalía de Castro e obsequiouse un marcapáxinas.

INTERCAMBIO O 31 de marzo realizouse un intercambio cultural co IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia.

14 DE FEBREIRO Convocouse un concurso de dedicatorias de AMOR e elaborouse un corazón e un bico utilizando a técnica da papiroflexia.

DÍA DO LIBRO

días

alego en g todo e b ca

co

CORRELINGUA

O 16 de maio o alumnado de 1º ESO participou en Ourense no Correlingua 2008.

li ngua rre

, teu mp3 como no teu i-pod, como no as do ano, dí os 365 s!!! ite sen lím g

correlingua 2 008

365

O 23 de abril celebrouse no centro a I FEIRA DO LIBRO USADO.

gua.or

orrelin www.c

merlín

Roseira do teu mencer Xosé María Álvarez Blázquez

Pola fiestra anda o luar a laiar a aruñar, a runxer, coma un gatiño orfo que non se quer deitar.

Ilustracións de Manolo Uhía

Anda, gatiño, fuxe, que a nena xa durme...

REPRESENTACIÓN TEATRAL A compañía teatral Migallas representa o 16 de xuño no centro a obra teatral O cantante e as mulleres na que en clave de humor trata distintos temas de actualidade.

LETRAS GALEGAS Xosé María Álvarez Blázquez

Conmemoramos a festividade coas seguintes actividades: - Exposición de cómics sobre o homenaxeado. - Recitado poético do alumnado de 3º ESO. - Acto de inauguración do Salón Rosalía de Castro. - Entrega de premios do concurso literario e de cómics.

O Pequeno ESPARAVÁN_Xuño 2008. Número 2


P

2007 / 2 008

ENDL

EDA

Xubilac ión Francis de co Peña Saá

ies san mamede

IES SAN MA MEDE.MAC

IES SAN MA MEDE

Tras 42 anos de docencia, o día 5 de decembro, o profesor Francisco Peña ou don Paco, como acostumaban a chamarlle as súas alumnas e alumnos, impartiu a súa última clase. O alumnado de 2º ESO fíxolle unhas preguntas interesándose por tantos anos de profesión.

.MACEDA

E

Con cantos anos comezou a dar clase? Con 23. Por que escolleu esta profesión? Porque daquela en Ourense só había Maxisterio e Escola de comercio e tampouco había a posibilidade de ir a Santiago. Arrepentiuse nalgún momento de ter elixido esta ocupación? Tal vez si, polo pouco que se gañaba ao principio. Comecei gañando 3.000 ptas e só a pensión custaba 2.075 ptas. Resulta gratificante dedicarse á educación? Si, moito. Son moitos máis os momentos agradables cós negativos. En cantos colexios e institutos estivo? Estiven en oito colexios e neste instituto. No CP Bibei de Viana do Bolo estiven 17 anos. Sempre deu clase de Xeografía e Historia? Non. Cando estaba en Andalucía dei clase en 5º de EXB de todas as materias. Comecei en 1974 a dar única e exclusivamente esta materia. Cambiou moito o ensino dende que vostede c o m e z o u ? Moitísimo. Ao principio era un ensino xeral agora é máis específico. Podería contarnos algunha anécdota de todos estes anos de traballo? Traballando en Jaén, pregunteille a un alumno as partes da atmosfera e o alumno contestou "trapos fuera", estaba a referirse á estratosfera. Botará de menos a escola? Moito, porque me gusta relacionarme coa xente e deixar de traballar suporá desvincularme un pouco.

Maceda

ies lagoa de antela Xinzo de Limia

i n t e r c a m b i o

O pasado 31 de marzo levouse a cabo unha actividade na que xa traballaramos o ano pasado. Consistía en facer unha ruta turística pola comarca de Maceda e arredores para ensinárlle-las nosas riquezas culturais aos alumnos e alumnas e profesores/as do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia. A actividade comezou ás once da mañá, cando chegou o alumnado e profesorado de Xinzo a Baños de Molgas, onde nós xa os agardabamos ben nerviosos, por certo. A visita iniciouse cunha pequena presentación das Burgas e do Balneario, cunhas augas termais dotadas de grandes propiedades medicinais. Logo paseamos polo paseo fluvial situado preto destas instalacións. Trala visita a baños de Molgas, regresamos todos a Maceda, a unha estancia do Concello, onde separados por grupos limiaosmacedáns comezamos a coñecernos mediante actividades preparadas con anterioridade na clase e outras propostas alí mesmo polas profesoras. Así perdemos a vergoña e démonos a coñecer algo mellor. Despois das presentacións fomos visitar o castelo, xa algo máis mesturados cos rapaces e rapazas do outro centro. Por ser unha actividade do centro, permitíronnos entrar, e tras unha breve presentación, puidemos percorrer parte das súas instalacións, porque permanece pechado ao público pola historia da “princesiña”. Xa famentos e trala explicación da igrexa de san Pedro, fomos xantar todos xuntos ao instituto. Despois fomos ensinarlles a un grupo deles a vila de Maceda. Tras uns bos momentos de parola e risas tivemos que regresar ao instituto e marchar cara a Xunqueira de Espadanedo. Cando chegamos alí, fíxose a presentación do mosteiro e entramos a visitar o claustro e a igrexa. Ao remate desta visita, o alumnado de Xinzo partiu de volta e nós dirixímonos ao paseo fluvial de Maceda, facendo tempo para chegar ao instituto e poder marchar para a casa a descansar e agardar ata o ano que vén, cando nós visitemos os nosos amigos limiaos. MARÍA J. SEARA FERREIRO.1º BAC.

ies san mamede MACEDA

ENDL

O Pequeno Esparaván, nº 2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.