SOLIDARIOS CO MAR Prestige: traxedia no mar
ESPECIAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
LETRAS GALEGAS
Participación activa do alumnado
Antón Avilés de Taramancos
E SPARAVÁN Nº 3 IES SAN MAMEDE
ANO IX
MACEDA
2
ZONAEDITORIAL
ESPARAVÁN
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
UN
EDITORIAL níciase unha nova andaina da revista escolar Esparaván. Fundada hai dez anos, hoxe queremos retomar o labor iniciado polos compañeiros/as precedentes e de novo convertela nunha canle de difusión das nosas actividades e no vehículo de expresión de toda a comunidade educativa deste centro. Nela poderedes atopar información sobre o instituto, as actividades realizadas durante o curso escolar acompañadas dos vosos comentarios , traballos de creación, concursos... Esperamos seguir contando coa vosa valiosa colaboración, de todos nós depende que este proxecto saia adiante.
I CURSO
EN
COORDINA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Mª Xesús Sarmiento Macías, Miriam González Iglesias, Rosario Expósito Linares.
COLABORADORES
IMAXES
Mº Victoria Couto, Pilar Dávila Padrón, José Mª Lecuona, Trinidad Glez Dopazo, Rafael Glez Glez, Belén Santos-Ascarza, Elena Álvarez, Eva Álvarez , José A. Casado Nieto, Beatriz Conde Soto, Cristopher Da Silva, Rosa Formoso, Toñi Gómez Baltar, Delfín Martínez Conde, Noelia Rodríguez, Vanesa Sarmiento, Cristina Sarmiento, Esther Sequeiros Delgado, Melina Vázquez. Especial agradecemento a Ignacio Salgado Álvarez.
DESEÑO E MAQUETACIÓN: Rosario Expósito Linares
REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN: Domicilio: Rúa do Castelo, nº3 32700 MACEDA Teléfono: 988463286/463217/ Fax:988463217 Correo electrónico ies.san.mamede@xunta.es
EDITA: E.N.L . IES SAN MAMEDE
-MACEDA-
normaliesmaceda@terra.es
SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA
¿Queres enviar algunha suxestión, un traballo para publicar, recibir información, consul tarnos algo? Agora podes a través da rede. Aqu í tes o noso enderezo eléctrónico.
3
SUMARIO
ESPARAVÁN
Neste número:
SUMARIO
nº 3 Fotografías de portada: Rafael Glez Glez e María Freire.
4
9 O felo
EN PORTADA
2 3 4 5 6 13 14 17 18
ESPARAVÁN
ZONA EDITORIAL ZONA SUMARIO ZONA INFORMACIÓN ZONA VISITAS
Maceda, 2003.
17 Letras Galegas
Excursión ás illas Cíes.
4. Instituto:Marisa.O IES San Mamede na RCGAC. O Departamento de Orientación informa. 5. Visitas: Begoña Muñoz Saá. Alfredo Conde. Departamento de Cultura do Concello de Maceda. 6. ActividadesExtraescolares: Roteiro artístico-literario: San Cibrán de Lás, Oseira, Trasalba. Cadea Humana. As illas Cíes. Olimpíada matemática. A construcción de maquetas. Intercambio con Francia. Coplas do entroido 2003. Paro pola paz.
ZONA PREFERENTE
13. Números: Problemas para resolver. 14. Creación Literaria: Poesías e relatos. 17. Letras Galegas: Antón Avilés de Taramancos. 18. Concursos:
ZONA CERO
Tarxetas de Nadal, Máscaras e Concurso San Valentín.
ZONA CREACIÓN ZONA LETRAS GALEGAS ZONA CONCURSOS
ZONA CERO ropoñémosche unha páxina con catro problemas, para que poñas a proba a túa habilidade cos números, intenta resolvelos e consúltanos a solución.
P
4
ZONAINFORMACIÓN
ESPARAVÁN
INSTITUTO MARISA
O IES SAN MAMEDE NA RCGAC numerosas mostras; e, como non, o seu labor de correctora de actas e demais formularios. Para ela, esta adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro: A A NOSA NOSA AMIGA AMIGA
POR Mª XESÚS SARMIENTO MACÍAS.
O curso pasado despediuse desta comunidade educativa a profesora Marisa Fernández Fariñas. Agora podemos quedar con ela en Ourense, pero xa non é o mesmo que nos últimos anos porque, ao día seguinte, bótase en falta a súa presencia na sala, nos corredores, na biblioteca, na secretaría, na cafetería e, por suposto, nas aulas do centro. Recórdanse os seus despistes, mais tamén os seus acertos, iniciativas e traballo, non só no ámbito docente, senón tamén nos demais labores comunitarios como a repartición de bocadillos nos recreos e a atención do comedor nos primeiros anos da ESO; a edición, xunto con outros compañeiros e compañeiras, da revista escolar Esparaván; a colaboración no desenvolvemento das actividades extraescolares, por exemplo, a excursión a Lloret del Mar ou a Cadea Humana na Costa da Morte, por citar só dúas das
Non penses que a poesía é poesía porque a teñan rubido nun altar, senón porque comparte a nosa vida cantando o seu cantar. Cando todos nos imos ela tamén se vai. A poesía vive na temporalidade, é unha cousa de hoxe, é un obxecto humano, auga, sono, roseira, rúa, fenestra, man, vento na noite fonda, conversa familiar. Escoita a súa música cando pola mañá o panadeiro chama para traguernos o pan. Cando vés do mercado, Marisa cotiá, a poesía toda vén contigo detrás. Non penses que a poesía é cousa sacra porque a teñan rubido nun altar aqueles que a pretenden para eles sos, lonxana, altiva, intelectual. A poesía é un claro asunto de todos: meu e teu, e dos demais. Cando os demais se van e nós nos imos ela tamén se vai.
POR MIRIAM GONZÁLEZ IGLESIAS (COORDINADORA DE CALIDADE).
Dende o curso 2002/2003 o IES San Mamede pertence, xunto con nove centros máis de toda Galicia, ao terceiro grupo da Rede de Centros Educativos para a Calidade (RCGAC). Esta rede foi creada por iniciativa da Consellería de Educación no curso 2000/2001, coa pretensión de dar a información teórico-práctica necesaria para que os centros integrados na mesma dispuxeran das ferramentas necesarias para mellorar o seu funcionamento. Ao longo de cada curso fóronse incorporando distintos centros e é en setembro de 2002, cando o noso instituto pasou a formar parte da terceira, a G3. Dende ese momento, todos os integrantes da G3 reunímonos mensualmente en Santiago para documentarnos a cerca das cuestións necesarias para desenvolver estes planos de calidade. Os titores encargados da nosa formación son os responsables de calidade do IES Coroso de Ribeira, un dos primeiros centros da RCGAC que xa conseguiu a acreditación en calidade de AENOR. A filosofía da calidade no ensino radica en dúas ideas básicas: o traballo en equipo e a busca da mellora continua. En realidade, GRUPO DE TRABALLO preténdese que por medio dun plano de xestión da mellora do funcionamento do centro sexa patente que tanto o alumnado como os pais e nais, as empresas... reciban unha mellor atención a todos os niveis. Ademais, a satisfacción destes colectivos e un maior aproveitamento dos recursos dispoñibles facilitará e fará máis grata a convivencia diaria no centro.
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN INFORMA. POR POR BELÉN BELÉN SANTOS-ASCARZA SANTOS-ASCARZA
O Departamento de Orientación deste centro creouse no ano 1998. O seu ámbito de traballo é servir de apoio ó alumnado, ás súas familias e ó profesorado mediante a actuación nas tres liñas que lle son propias: -Plan de Acción Titorial PAT. -Plan de Orientación AcadémicoProfesional POAP. -Plan de Atención Proceso de Ensinanza-Aprendizaxe PAPEA Preténdese facilitarlle á comunidade educativa o apoio e o asesoramento necesarios para enfrontar os momentos
HORARIO DE ATENCIÓN escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como é o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa, elección de optativas ou de itinerarios formativos, a resolución de conflictos de relación interpersoal, a posta en marcha de medidas para mellorar o proceso de ensinoaprendizaxe, atención á diversidade, transición á vida profesional... O meu nome é Belén e son a orientadora do centro. A aula onde me podes atopar se tes algunha dúbida e queres saber en qué podo axudarte atópase emprazada no primeiro piso, xunto á Biblioteca.
Atención ós alumnos
Atención ós titores
Martes, mércores e xoves de 12:25 a 12:50 h..
Reunións de Departamento co titor/a de cada un dos niveis os luns de 13:45 a
Atención a familias Martes de 8:45 a 10:25 h
14:30 h . *En calquera momento segun do a disponibili dade horaria das familias, profesores ou necesidades dos alumnos.
5
ZONAVISITAS
ESPARAVÁN
CONFERENCIAS
TICS BEGOÑA MUÑOZ SAÁ No ano 2000 ó cumprirse un ano do falecemento de Xosé Carlos Couceiro Carro, un dos autores, é publicada a peza teatral Tics. Fora escrita no ano 1997 e posta en escena no ano 1998 pola Compañía teatral Sarabela, da que son membros os autores. No limiar dise que “escribir unha obra de creación a catro mans e conseguir un éxito coherente non é tarefa doada”. O éxito foi rotundo. Recibiu numerosos premios e tivo unha excelente acollida polo público. Neste curso contamos coa presencia dunha das autoras, Begoña Muñoz Saá, que desvelou ós alumnos algúns dos pormenores en torno ás fontes documentais, así como outros aspectos da obra. Os alumnos de 4º ESO acudiron a presenciar esta charla e proba diso é o comentario que elaborou un deles. POR JOSÉ A. CASADO NIETO
Luís Brandán, protagonista desta comedia teatral , sofre o síndrome de Tourette, unha enfermidade que provoca unha serie de movementos corporais involuntarios. Reláxase cantando ópera ou facendo ximnasia. Isto só é unha parte da trama desta peza teatral que aborda outros temas como as relacións familiares: a súa irmá non se leva ben cos pais, os celos da
nai, a relación extramatrimonial do pai. Nada que ver coa imaxe dunha familia exemplar. A obra arrinca a partir da visita do protagonista á neuróloga buscando remedio á enfermidade. No decorrer da obra sucederanse distintos episodios: o encontro cun policía retirado, o monólogo dunha rapaza que toma café nun bar, a posterior conversa co seu veciño, o descubrimento do amor por primeira vez por parte do
O F EL O No mes de febreiro os alumnos do 1º ciclo da ESO asistiron a unha charla informativa sobre o felo, figura emblemática do entroido de Maceda. Unha representante do Departamento de Cultura do Concello de Maceda encargouse de impartir esta conferencia, na que os alumnos recibiron información sobre a orixe do felo.
protagonista (causa principal de que queira poñer fin á súa enfermidade) ou a cura da doenza conforman o groso da obra. Xa en fase de recuperación, Luís Brandán dáse conta que experimentou un cambio. Quizais estea recuperado, non volverá a ter tics, ninguén o mirará con estrañeza, pero xa non será o mesmo, non se sentirá feliz con esta nova situación, coa súa nova vida.
Nesta charla explicóuselles que as máscaras máis antigas son bailarinas que datan do 1300 e 700 a de C. Foron descubertas en Tlatilco, altiplano de México. Emparéntanse co felo porque a súa vestimenta e tocados aseméllanse ós deste. Ademais a danza, como rito sagrado une a ambos. Sinalouse que a arte popular e a natureza están integradas nas máscaras, como o demostra a existencia da máscara da divindade coroada, moi similar á do felo. Outros aspectos abordados foron o vestiario, as partes do felo e os seus costumes.
ALFREDO CONDE Este curso os alumnos de 4ª ESO tiveron a oportunidade de acudir a unha conferencia do escritor Alfredo Conde na que disertou sobre a súa obra. Autor de recoñecido prestixio, cunha ampla obra escrita. É hoxe un dos escritores máis importantes, non soamente de Galicia, senón tamén na literatura española. En 1986 concedéronlle o Premio Nacional de Literatura por Xa vai o griffón no vento e esta mesma novela conseguiu ser a máis importante das publicadas en Italia, completando unha etapa de triunfos co premio Nadal por Los otros días, a súa primeira obra publicada en castelán. Tenteou a televisión e meteuse de cheo no cine coa rodaxe do seu guión Romasanta no que dá vida a un dos seus personaxes.
O felo
6
ZONAPREFERENTE
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
28 XANEIRO
AXENDA
ESPARAVÁN
2002/03
8 NOVEMBRO
12 NOVEMBRO
VILARIÑO DE CONSO
A CORUÑA
Visita á Central
VISITA ó Aquarium Finisterrae. VISITA á Casa do HOME.
Hidroeléctrica.
MAGOSTO
15 NOVEMBRO
8 NOVEMBRO
19
SANTIAGO
MACEDA
IES SAN MAMEDE
Visita ó Centro de
Recollida e determi-
Exposición de cogomelos
Supercomputación e ó Centro de Meteoroloxía.
nación de cogomelos.
15 XANEIRO
17 XANEIRO
22 XANEIRO
MANZANEDA
OURENSE
MUXÍA
Asistencia á representación
Participación
teatral: Divinas Palabras.
na CADEA HUMANA.
Excursión á neve.
NOVEMBRO
28 XANEIRO MADRID
7 FEBREIRO
Excursión a San Isidro.
MACEDA
Asistencia á charla do escritor Alfredo Conde na Biblioteca da vila.
30 XANEIRO OURENSE
Asistencia á representación teatral: Cinema.
1/8
FEBREIRO
ANDORRA
Semana Branca: Excursión a Andorra.
8 FEBREIRO ENTROIDO Desfile e concurso de disfraces. Baile organizado nas instalacións exteriores do Centro.
11/27 FEBREIRO Módulos da Cruz Vermella. Charlas sobre: Saúde, sexualidade, hábitos nocivos e a SIDA: contaxio e medidas preventivas.
7
ZONAPREFERENTE
ESPARAVÁN
2002/03 28
FEBREIRO
MACEDA
27 MARZO
30
IES SAN MAMEDE
FRANCIA
Participación no Rallie
Asistencia a unha charla
de matemáticas.
informativa sobre o entroido na zona.
SAN CIBRÁN DE LÁSOSEIRA-TRASALBA
MARZO
Intercambio cultural con Francia.
Roteiro artístico-literario. 1/10
3 ABRIL
24 ABRIL
IES SAN MAMEDE
LUGO
ALTO DO RODICIO
A SIDA : Contaxio e
á representación teatral: Edipo en Colono.
ABRIL
medidas de prevención. Charlas sobre Planificación Familiar.
Asistencia
Visita ó Parque Eólico de Meda-Sil.
SANTUARIO DOS MILAGRES
Visita ó Museo Etnolóxico do Santuario dos Milagres.
26
ABRIL
SANTIAGO
Participación na
5 MAIO
7 MAIO
12 MAIO
OSEIRA
O GROVE
RIBADAVIA
Excursión ó Mosteiro.
Visita ó acuario.
Visita guiada pola zona antiga.
Olimpíada matemática. RIBAS DE SIL
Excursión ó Mosteiro .
17
MAIO
19
MAIO
ALLARIZ
DÍA LETRAS GALEGAS
Actividade de natación na piscina pública.
27 MAIO
29
VIGO
CÍES
MAIO
Visita á Factoría Excursión ás Illas Citroën.
Atlánticas.
ZONAPREFERENTE
8
ESPARAVÁN
COMENTARIOS DOS ALUMNOS
ROTEIRO: S. CIBRÁN DE LÁS -OSEIRATRASALBA POR
ELENA ÁLVAREZ-ROSA FORMOSO-VANESA SARMIENTO
CADEA HUMANA
POR
BEATRIZ CONDE SOTO -ESTHER SEQUEIROS DELGADO
8:45 PUNTO DE PARTIDA : IES SAN MAMEDE. rrincamos camiño do castro de San Cibrán de Lás. Durante a viaxe gozamos da paisaxe. Chegamos ó castro e a medida que subiamos polas antigas escaleiras de pedra, non era difícil imaxinar como era a vida naquel entón. Xa no alto contemplamos a disposición dos restos das casas e o intelixente emprazamento do castro, así como a forte e estratéxica muralla que o rodeaba. Despois dalgunhas explicacións regresamos ó autobús tras unha baixada algo accidentada a causa das esvaradías pedras.
A
SEGUNDO DESTINO: MOSTEIRO DE OSEIRA. Como chegamos antes do previsto, aproveitamos para percorrer o pequeno lugar de Oseira. A continuación entramos no mosteiro acompañados dun guía, puidemos admirar o seu interior, onde algunhas zonas estaban sendo restauradas. Despois desta agradable visita comemos a carón do mosteiro.
ÚLTIMA VISITA: PAZO MUSEO DE TRASALBA. Puidemos ver a casa de Otero Pedrayo. Alí a encargada de coidar o museo amosounos como era o seu interior. Nela observamos diversos obxectos como un mapa de
Galicia que enchía toda a parede, cadros moi curiosos, o seu despacho e o balcón, onde nos contaron a historia dunha árbore que caera pouco antes de morrer Otero Pedrayo. Este xa o interpretara coma un presaxio de que se achegaba a súa morte. Coa madeira da árbore fixeron o cadaleito do Otero. Finalizamos a excursión con esta curiosa historia e regresamos a Maceda.
Ata ó momento retiráronse das costas galegas máis de 63.000 toneladas de verquidos. A superficie rocosa afectada foi de 1.400.000 metros cadrados. Durante todo o ano, estímase que se realizaron un millón de xornadas de traballo nas que participaron unhas 3.200 persoas ó día.
Os alumnos de 4º ESO e os alumnos de 2º de Bacharelato do ano pasado, desprazámonos ata Muxía, para realizar, xunto con outros colexios e institutos de toda Galicia unha Cadea Humana coa que protestabamos polo desastre do Prestige. Saímos pola mañá moi cedo. No autocar compuxemos e ensaiamos algunhas cancións para cantar ó chegarmos. Xa en Muxía os axentes de protección civil e os guías indicáronnos cal era o noso emprazamento. Era preciso que cada colexio ocupase o lugar que lle fora asignado. Cando xa todos os colexios estaban nos sitios correspondentes, collémonos todos das mans e comezamos a formar unha enorme cadea que percorrería toda a Costa da Morte. Durante o tempo que estivemos collidos das mans, cantamos as cancións que ensaiaramos no autocar, e outras tantas que levaban preparadas os outros colexios. Ó rematarmos, Rafa entregou ó Concello de Muxía unha pancarta e unhas cartas de ánimo, que lle escribiran algúns alumnos do instituto, a todos os voluntarios. Despois, fomos comer, e ver o desastre provocado polo chapapote en toda a costa. Pasado o mediodía, dirixímonos cara o autocar para emprendermos a viaxe de volta a Maceda Foi unha interesante viaxe, sobre todo, por unha causa xusta.
9
ZONAPREFERENTE
EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES POR MELINA VÁZQUEZ-CRISTINA SARMIENTONOELIA RODRÍGUEZ.
O día 29 de maio pola mañá collemos o autobús rumbo ó porto de Vigo, onde nos esperaba un barco que nos había levar ás illas Cíes. Unha vez na embarcación saímos á borda , dende onde puidemos observar a fermosa paisaxe que nos ofrecía o mar, como as augas batían contra o casco formando ondas. Antes de desembarcar comunicáronnos as actividades que iamos realizar. Unha vez en terra, as monitoras explicáronnos o percorrido e aconselláronnos que antes da camiñada botasemos crema solar, ademais déronnos unhas bolsas para o lixo. Atopabámonos na parte sur da illa e cruzamos cara ó norte seguindo as indicacións da monitora que, en puntos concretos facíanos deter para escoitar distintas explicacións xeográficas e doutro tipo. Camiñando chegamos a un campamento no que deixamos as mochilas para non levar tanto peso na nosa subida ó faro. Despois de moito andar, finalmente chegamos ó noso destino e dende alí contemplamos unha fermosa paisaxe con enormes cantís nos que se podían ver paxaros voando arredor da illa, mesmo atopamos un mirador dende onde vimos niños de gaivotas. Despois do descenso, chegamos ó campamento onde recollemos as mochilas para ir comer, cadaquén foi polo seu lado. Ó rematar de xantar algúns bañáronse nas cristalinas augas da illa, todo un espectáculo, despois da negrura que asolaba moitas praias galegas. Ás 5:30 da tarde dirixímonos ó embarcadoiro onde collemos o barco de regreso. Foi unha viaxe que recomendamos a todos.
ESPARAVÁN
OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2003 POR DELFÍN MARTÍNEZ CONDE
Coma un día normal, os alumnos de 2º ESO B esperaban, uns con máis gañas ca outros, a que pola porta da aula aparecese a profesora de matemáticas. A profesora chegou, saudou e díxonos que tiña que darnos unha noticia importante. -¿Que será o que nos ten que dicir? –murmuraban algúns alumnos mentres a mestra se acomodaba. A resposta a esa pregunta soubémola de contado. -Este ano, coma todos os anos, celébrase na Facultade de Matemáticas de Santiago a “Olimpíada matemática”, na que poden participar aqueles alumnos que teñan como nota media, notable ou sobresaínte. Cando a profesora rematou a intervención, albiscábase na aula un ambiente de confusión: “¿Irei ou non?”, “¿Ti podes ir?”. A mestra explicou que a proba consistiría na resolución de cinco problemas que non estarían relacionados coas matemáticas que estamos afeitos a estudiar. Ó día seguinte tiñamos que comunicarlle se podiamos ir ou non. Cando chegou a profesora á clase preguntou se xa tiñamos a decisión tomada, cada un deu a súa resposta. Dende entón ata o gran día, nas clases realizamos algunhas actividades relacionadas coa Olimpíada. Estas resultaron ser moi entretidas, dado que, a pesar de ser matemáticas, parecían un xogo. E, xa con gañas, chegou aquel sábado no que os alumnos de 2º que quedaramos en ir nos reunimos no instituto para partir cara a Santiago. Uns, máis nerviosos ca outros, aínda que en xeral contentos, chegamos ó noso destino, si, á Facultade de Matemáticas, onde despois de agardar uns intres, chamáronnos para realizar a actividade. Conducíronnos a unha aula xunto cos alumnos que chegaran doutros centros. Nesta aula, os organizadores déronnos algúns consellos. Ó final dividíronnos en tres grupos por orde alfabética e entregáronENTREGA DE PREMIOS nos as fichas para a Olimpíada. Eran cinco problemas que tiñamos que resolver nun tempo máximo de dúas horas. Uns parecían sinxelos, outros máis complexos, aínda que todos tiñan a súa dificultade. Mentres nós, dentro da aula, faciamos concentrados a proba, as nosas mestras agardaban fóra. Pensando en áreas e perímetros, en fórmulas de medidas e operacións aritméticas, pouco a pouco, os numerosos alumnos que ocupaban a aula ían saíndo para se reuniren cos seus mestres. Antes de abandonar o recinto íannos entregando un diploma acompañado da felicitación dos organizadores. Unha vez reunidos coas nosas profesoras, e razoando se resolveramos ben ou mal as actividades, fómonos dirixindo á cafetería para relaxarnos. Despois de dar unha volta por Santiago volvemos cara a Maceda coa esperanza de que algún de nós resolvera ben as cinco actividades propostas. Persoalmente, penso que “A Olimpíada matemática 2003” foi moi importante para descubrir o verdadeiro valor das matemáticas e para deixar de considerala como esa materia aburrida e pesada. Temos que lembrar que coas matemáticas pódense facer máis cousas das que cremos.
ZONAPREFERENTE
10
ESPARAVÁN
COMENTARIOS DOS PROFESORES
INTERCAMBIO CULTURAL CO INSTITUTO St JOSEPH DE ANCENIS. (30 de marzo ó 10 de abril de 2003).
CONSTRUCCIÓN DE MAQUETAS
POR JOSÉ Mª LECUONA
POR TRINIDAD GONZÁLEZ DOPAZO
PROFESOR DE DEBUXO.
PROFESORA DE FRANCÉS
construcción dunha maqueta abrangue unha importante variedade de disciplinas artísticas (deseño, escultura, pintura, debuxo...) e resulta de gran riqueza plástica debido á utilización de materiais moi diversos. Este é o motivo de que sexa un traballo moi aconsellable como proxecto de fin de curso, xa que os alumnos e alumnas poñen en práctica a maioría dos coñecementos aprendidos ao longo deste.
A
En 1º de ESO elaboraron maquetas puramente paisaxísticas, planeadas como un divertimento, sen condicionantes previos, aínda que un dos grupos quixo facer unha homenaxe aos voluntarios que viñeron a Galicia para limpar as praias que foron afectadas pola catástrofe do Prestige. En 4º de ESO si había unhas normas que seguir e, neste caso, a pauta era o deseño razoado e a elaboración dun monumento-homenaxe que había que localizar nun contorno, natural ou urbano, elixido por eles. En dúas das catro maquetas os grupos aplicaron os seus coñecementos de Tecnoloxía para incluír bombas de auga nos seus monumentos.
4º ESO Á marxe dos resultados prácticos, é, sempre, moi satisfactorio desenvolver estes proxectos porque os equipos se implican no traballo, créase a competitividade sa entre eles e estimúlase a creatividade.
O curso pasado realizouse un intercambio de alumnos deste centro con alumnos dun instituto francés, situado nunha pequena vila chamada Ancenis, na metade Norte de Francia. Esta actividade foi organizada polo departamento de francés en colaboración con outros dous centros de Secundaria de Ourense (IES Cidade de Antioquía de Xinzo e IES Portovello de Ourense). Os primeiros en viaxar foron os franceses, que viñeron no mes de febreiro a pasar unha semana connosco. Un mes e medio máis tarde, fomos nós os que emprendemos a viaxe. Saímos o 30 de marzo. Esa primeira noite pasámola en Burdeos. Ó día seguinte visitamos a illa de Ré e La Rochelle. Chegamos a Ancenis ó anoitecer e os nosos alumnos foron para as casas dos rapaces e rapazas que previamente estiveran nas súas. Durante os días que pasamos en Ancenis (1,2,3,4 e 5 de abril) realizamos diversas actividades. Algunhas de carácter oficial, como a recepción no Concello de Ancenis con fotógrafos e xornalistas, ou a acollida do Director no “Lycée St Joseph”, despois da cal realizamos unha visita guiada do mesmo. Outras actividades que fixemos foron excursións diarias a varias cidades próximas como Nantes, Vannes, La Guerande, Angers, Saumur, etc. En todas elas puidemos ver o seu núcleo histórico, con catedrais, murallas medievais, castelos ... Entre estes últimos destaca a visita que fixemos a Azay-le-Rideau. Por outra parte, e retrocedendo máis no tempo, visitamos os monumentos megalíticos de Carnac, onde centos de menhires se aliñan cunha finalidade misteriosa e descoñecida para os historiadores. O domingo día 6 pola mañá despedímonos deles e puxemos rumbo a París, facendo unha parada no camiño para visitar a magnífica catedral de Chartres. Xa en París, visitamos o Centro Pompidou e a Tour Eiffel e ó anoitecer o Arco do Triunfo e os Campos Elíseos, onde ceamos. O día 7 fixemos un percorrido a pé pola cidade, visitando o Palacio Garnier ou Ópera, o Museo do Louvre, a Sainte Chapelle, a catedral de Nôtre-Dame, o Palais Royal, a Place Vendôme e a Place de la Concorde. Para completar a visión da cidade demos un paseo en Bateau-Mouche e xa pola noite ceamos no Barrio Latino. O día 8 pola mañá visitamos os Invalides e a tumba de Napoleón. A continuación dirixímonos a Montmartre onde visitamos o Sacré Coeur e a Place du Tertre, alí os alumnos entraron en contacto co París bohemio frecuentado noutros tempos por autores como Picasso, Van Gogh... e tantos outros. Despois destas visitas dirixímonos ó parque temático de Disneyland París, onde pasamos a tarde. Xa de volta a París, fixemos unha xira nocturna á cidade en autobús, que nos serviu de despedida. O día 9 emprendemos o camiño de volta a España. Este día visitamos dous dos castelos máis significativos da famosa zona do Loira: O de Chambord, que é o máis grande, e o de Chenonceau, o mellor conservado e recuperado. Esa noite durmimos en Burdeos de novo. O día 10 pasamos a mañá en San Sebastián e chegamos ó instituto aproximadamente a medianoite.
11
ZONAPREFERENTE
ESPARAVÁN
PAZ
PARO CONTRA A GUERRA A COMUNIDADE EDUCATIVA SECUNDA MASIVAMENTE O PARO CONTRA A GUERRA.
Todos os niveis e sectores educativos, dende infantil ata universidade, profesorado e alumnado secundaron masivamente os paros e concentracións convocados contra a guerra. Os paros e concentracións superaron o 80% nos centros de infantil e primaria e chegaron practicamente ó 100% en secundaria, bacharelato e universidades. Ademais dos paros e concentracións, na maioría dos centros educativos, as actividades lectivas do día centráronse na educación en valores e a defensa da paz. O IES SAN MAMEDE sumouse a este paro. Os alumnos e profesores leron varios poemas en contra da guerra no patio do centro.
UN E SETE GIANNI RODARI
Coñecín un neno que era sete nenos. Vivía en Bos Aires e seu pai era pintor de brocha gorda. Pero tamén vivía en París, chamábase Jean e seu pai traballaba nunha fábrica de automóbiles. Pero tamén vivía en Berlín, alí chamábase Kurt e seu pai era profesor de violonchelo. Pero tamén vivía en Moscú, chamábase Yuri, como o astronauta Gagarin, e seu pai era albanel e estudiaba matemáticas. Pero tamén vivía en Nova York, chamábase Jimmy e seu pai tiña unha estación de servicio. ¿Cantos dixen? Cinco Faltan dous: Un chamábase Chu, vivía en Shangai e seu pai era pescador, o último chamábase Paolo vivía en Roma e seu pai era ferroviario. Paolo era morocho, Jean louro, Kurt castaño, pero eran o mesmo neno. Yuri tiña a pel branca e Chu a pel amarela, pero eran o mesmo neno. Paolo ía ó cine en italiano e Jimmy en inglés, pero eran o mesmo neno e rían no mesmo idioma. Agora os sete son maiores e xa non poderán facer a guerra, porque son un só home.
12
ZONAPREFERENTE
ESPARAVÁN
ENTROIDO 2003 COPLAS (Refrán) No instituto,no instituto non se pode traballar con tanta neve, con tanta folga ¡que ben o imos pasar! (Refrán) Os alumnos de Maceda sonche moi particulares: veña folga, veña folga sen ganas de traballare. (Refrán) -”Profesora, ¿ten un boli?” -”porque non trouxen libreta...” “A min roubáronme o libro...” -”...e eu perdín a carpeta”.
(Refrán) O equipo directivo ándache moi preocupado. Con isto da calidade axitouse todo o claustro. (Refrán) Cando chegas ó Instituto o primeiriño que ves é un coche aparcado ¡adiviña de quen é! (Refrán) A nosa Xefa de Estudios ben podía vir de Cruela como está ben adestrada pensamos contar con ela. (Refrán) Os rapaces de primeiro que viñeron este ano son tremendos, ¡moi tremendos! e andan sempre alterados.
Os profesores cantaron as coplas
(Refrán)
(Refrán)
Se non sabes estudiar e non durmes moi tranquilo vaite xunto á orientadora que che manda ler un libro.
Ás veces o Instituto parece o Vaticano. Ándanche os nosos curas paseando todo o ano.
(Refrán)
Os rapaces de segundo andan sempre como tolos, pois se ves as súas aulas parecen xaulas de monos.
(Refrán) ¡Ai, Manolo!, ¡Ai, Manolo! estanche saíndo canas. A outros cáeselle o pelo. En total, ¡non somos nada!
(Refrán) (Refrán) Sor María, Sor María non me botes tanto fóra. A min gústame ir a clase, que a zarzuela a min me mola.
Para tomar un café fanche falta dous recreos: o primeiro para pedilo o segundo para bebelo.
(Refrán) (Refrán) Os rapaces de terceiro sonche xente moi marchosa sempre con faltas de orde para desgracia da Rosa.
Isto dos agrupamentos foiche unha cousa moi boa, que para cambiar de clase andamos sempre por fóra.
(Refrán) (Refrán) A Marina xa está farta de botarvos para fóra cando estades nos pasillos case a volvedes tola.
¿Con quen quere usted falar? -Con don Luís ou con don Paco -E non lle daría igual coa Fina ou co Valeriano?.
POR PILAR DÁVILA PADRÓN E TRINIDAD GONZÁLEZ DOPAZO.
13
ZONACERO
ESPARAVÁN
ATRÉVETE E PENSA
¿Atréveste grumete? John Silver, o temible pirata, mesturou unha moeda falsa con 8 moedas de ouro. Exteriormente son iguais, pero a falsa pesa menos que as demais. John Silver aposta que coa axuda dunha balanza de pratos é quen de atopar a moeda falsa en tres pesadas e que ninguén o pode facer en menos, ¿apostas...? Se te atreviches con John Silver, o máis cruel dos piratas, pode que tamén o fagas coas seguintes preguntas: ¿Cal é o máximo número de moedas entre as que atoparías unha falsa con tres pesadas? ¿E con catro pesadas? Se empregases unha báscula de precisión electrónica e dixital, ¿cantas pesadas necesitarías para atopar a falsa entre as 9 moedas?
Todo é necesario P. e E., profesores de matemáticas, atópanse despois de moitos anos sen verse. E.: Souben que tes tres fillos, ¿cantos anos teñen xa? P.: Pois verás, o producto das súas idades é 36 e a suma coincide co número da túa casa. E. (despois de pensalo un anaco): Pero fáltame un dato. P.: Tes razón, o maior toca o piano. ¿Adiviña cales son as idades dos fillos de P.?
Estress Combinando Combinando cifras e as operación elementais, a)Expresa o número cen de catro modos distintos, empregando cinco cifras iguais. b) Expresa o número dez empregando cinco noves. Indica como mínimo, dous procedementos dos múltiples que hai para realizalo. c) Expresa o número cen, empregando as dez primeiras cifras. ¿Por cantos procedementos podes facelo?
Un alumno fíxolle ó seu profesor o seguinte razoamento: “Non podo vir máis a clase porque non teño tempo: teño que durmir 8 horas diarias (122 días ó ano), hai 104 sábados e domin gos, 60 días de vacacións, necesito 3 horas diarias para comer (45 días ó ano), e 2 horas para xogar (30 días ó ano). En total 122+104+60+45+30=361. Xa ve, non me queda tempo. O profe repasou as contas e comprobou que non había erros, ¿Como é posible? DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
14
ZONA CREACIÓN
ESPARAVÁN
UNHA GALAXIA DE LETRAS
P
OEMAS
De dous corazóns
Xa non volverei
De dous corazóns me namorei, e un deles escollerei con gran sixilo o pensarei pois de dous corazóns me namorei.
Xa non volverei ver o teu sorriso e eses ollos que me dan luz.
Unha gran tristeza se propaga no meu interior e non hai ninguén que pare esta dor, pois dóeme o corazón, ¿é a soidade a miña salvación? Agora xa o pensei, agora xa o decidín, escólloa a ela que é a que creo me quere a min. Con moito pesar e con gran dor eu mesmo terei que esquecerme da outra flor. Agora vou onda ela e ela onda min, os meus ollos mírana ela mírame a min. Eu quero, quero falar, “quérote” pero algo, non me deixa falar. Ela tiña algo na mirada, ¿estará namorada? espero que sexa de min pois eu mesmo voume declarar aquí. Ármome de valor ármome de amor agora llo digo e non me irei cun non. CRISTOPHER DA SILVA ÁLVAREZ
Xa non volverei ver a túa silueta á luz da lúa. Xa non volverei sentir as túas mans queimando a miña pel. Xa non volverei ver o vento enguedellando o teu fermoso cabelo. Xa non volverei escoitar a túa doce voz dicíndome cousas fermosas. Xa non che volverei escribir. XA NON VOLVEREI. EVA ÁLVAREZ CID
O amor dunha nena Xogaches co meu cariño despois de que tanto te amei. Portácheste coma un neno de ti nunca o pensei. Quixen amar a un home e a ti entregueiche o meu amor. O teu foi falso, barato e traidor. Dixeches que eu era unha nena Pero... ¿Que sabes ti de amor? Que tan só es un neno que xoga a ser maior. Se non sabes o que é a vida nin o bonito que é querer. Recorda que eu fun unha nena que te quixo coma unha muller. TOÑI GÓMEZ BALTAR
15
ZONACREACIÓN
ESPARAVÁN
UNHA VIAXE Ó PASADO
R
ELATO
A cada momento lembraba algo, pero xa non podía, xa non podía dar a volta, xa non podía pór máis escusas. Decidida, colleu as maletas, as cartas, asegurouse de que todo estaba en orde e pechou a porta. Chamou ó ascensor. Meteu as maletas dentro e deulle ó botón do baixo, en canto se pecharon as portas baixou as escaleiras, nunca ía no ascensor dende aquilo que lle ocorrera cando era moza, agora non soportaba estar pechada, pero “non é grave, xa me chegan os problemas que teño como para estar todo o tempo no médico” -pensou.
“
Todos os anos xuntámonos nas festas da aldea, xa sabes o 15 de agosto, pero ti nunca vés, e pensei que quizais non sabías nada, ou pode que estiveras demasiado ocupada, pero sexa o que sexa gustaríame moito, e seguro que ós outros tamén, que viñeses, teño moitas gañas de verte. ¿Canto tempo hai que non vés por aquí? Por favor volve, aínda que só sexa por uns días, dende que empezastes a marchar quedei moi só, uns á cidade a estudiar, outros a traballar fóra, outros... Recorda todos os bos momentos que pasamos todos xuntos, todo o bo. ¿Lémbraste
estupenda. Xa levaba un par de horas conducindo cando comezou a darlle voltas á idea do encontro, ¿que ía facer?, ¿como os ía recoñecer? Unha persoa en dez anos cambia moito, de novo entroulle o medo. Parou e relaxouse, logo proseguiu a viaxe.
A carta seguía pero non lle fixo falta ler máis, por fin estaba decidida...
Cando chegou ó baixo ía arfando, baixara as escaleiras correndo coa intención de impedir que as maletas volvesen cara a arriba. Saíu cara ó aparcadoiro e recuperou os folgos mentres esperaba a que o homiño se puxese verde para cruzar. Buscou o coche e ó seu carón prendeu un cigarro. Estaba moi nerviosa e de novo comezou a dubidar, pero ó introducir a man no peto dos vaqueiros para coller as chaves atopouna e para convencerse a si mesma leuna de novo: Ola nena ¿que tal estás? Eu por aquí, coma sempre, o mesmo sitio, o mesmo..., o mesmo todo. Que ¿sorprendida pola miña carta? Supoño que si, calquera non, case dez anos sen nos ver e case cinco máis sen a penas falarnos, pero xa ves. “Sabes, por fin me decidín a sentar a cabeza, voume mudar a unha casiña preto da vila, e agora teño un traballo de ver dade, o outro só é un pasatempo. Ben ó que ía, facendo as maletas atopei fotos, cartas e un montón de cousas, entroume a melancolía e ... ocorréuseme escribir.
cando fomos polo monte adiante coas motos e despois...?”. A carta seguía pero non lle fixo falta ler máis, por fin estaba decidida, ela tamén os botaba en falta, ela tamén precisaba velos, esperaba que aquel momento fose moi especial, todos es vellos amigos xuntos de novo, no mesmo sitio, na mesma noite... aquilo podía ser moito. Introduciu as maletas no maleteiro, subiu ó coche e arrincou. Tardou dúas horas en saír da cidade, era moi grande e a esa hora había moito tráfico. Mentres atravesaba a cidade aproveitou para chamar á oficina e dicirlle á súa secretaria que ía uns días de vacacións, que lle collera os recados e non deixara aumentar os informes enriba da súa mesa, tamén chamou ó seu socio, comunicoulle a nova e colgou, para asegurarse de que a deixaba en paz apagou o móbil e o busca, despois de todo ¿quen a ía despedir? A empresa non ía ir á ruína porque ela faltase uns días. Cando logrou saír da cidade estaba moito máis relaxada, ir de visita á aldea parecíalle unha idea
Ela era moi especial, sempre o fora, era unha grande executiva, dona da metade dunha empresa moi importante que lle pagaba todos os vicios que se lle podían antollar, era dura ou aparentábao porque no fondo era unha sentimental. Os cartos non llo daban todo. Empezara a separarse dos seus amigos cando botou mozo, nun principio non, logo viñeron os problemas, comezaron a distanciarse, sempre había un sitio mellor ó que ir, ó final xa non se puñan escusas, simplemente quedaban na casa. Ó rematar os estudios xa case non se falaban. Nin sequera lle foron á voda cando casou, iso doéralle moito. Máis tarde, marchou para continuar os estudios e poder ter un bo traballo. Por desgracia para o seu matrimonio atopouno, ó principio as cousas non ían mal, pero os momentos que ela pasaba na casa cada vez eran menores, xa non tiña tempo para el. Un día, ó chegar da oficina, el non estaba, buscouno na casa e no enorme xardín, ninguén contestou. Enriba da mesiña da entrada, de-
16
ZONACREACIÓN
baixo do seu floreiro, unha carta sen nome, que supuxo era para ela, dicía “Cando teñas tempo chámame. Quérote.” Nada máis, sen explicacións. Tardou moito en entendelo, buscouno durante semanas, cando falou con el, as palabras foron as mesmas, nada máis. Dende aquilo, afanouse cada vez máis no traballo, quería chamalo pero nunca tiña tempo. Agora dábase conta. E que dicir dos seus pais, facía dous anos que non os vira, ou quizais máis, dende o enterro da avoa, só permanecera un día na aldea porque tiña moito traballo, co que ela lle quería e nin sequera tivo tempo para derramar unha bágoa por esa segunda nai que a criara. E seus irmáns, ¿Que sería deles? Discutira con un o día do enterro da avoa e ó outro non o vía dende que marchara da casa dos seus pais. Agora xa tanto tiña, todo pasara. Despois de tanto tempo, ía á casa. Levaba horas conducindo e estaba moi preto, decidiu parar. Aparcou o coche e dirixiuse ó bar ó que sempre ía cando era nova. Non lle custou moito dar con el, aínda que agora todo era diferente, entrou, sentou nun tallo preto do final da barra e acendeu un cigarro. Estivo esperando un anaco, achegouse a ela unha rapariga nova de doce anos como moito. Pediu , antes de que a rapaciña se fose non aturou a curiosidade e decidiu preguntar polos antigos donos do bar, vaia sorpresa a súa cando lle dixo que o bar seguía sendo das mesmas persoas de sempre, ela era neta. A rapaza marchou polo café. Ela estaba sorprendida e á vez entusiasmada. Cando a rapaza regresou, preguntoulle o nome da súa nai, e antes de que puidese dicir nada abriuse unha porta, a rapaza xirou a cabeza e dixo: “¡Mamá, creo que esta señora quere falar contigo!”. Ergueu a vista para poder vela mentres se aproximaba. Esta preguntoulle se a podía axudar en algo e entón díxolle: “¿Non me recordas? Xa sei que cambiei moito pero despois de pasar aquí tantas horas pensei que polo menos soaríache a miña cara” A señora non sabía moi ben se crer o que estaba vendo, a súa faciana era seria , de súpeto abrazouna e sentiu a sensación perdida da amizade. Estiveron moito tempo conversando de todo o novo que pasara por alí, tamén recordaron vellos tempos, pero xa era tarde e tiña que marchar, prometeulle pasar por alí calquera día para cear. Colleu o coche de novo e foi cara á casa. Ó chegar non había ninguén, tumbouse no céspede a esperar. Non tardou moito
ESPARAVÁN en durmirse, non sabía moi ben o tempo que pasara cando oíu voces que se aproximaban. Ergueuse e esperou a que seus pais chegasen. Ó vela súa nai non o podía crer, abrazouna moi forte e botouse a chorar. Axudáronlle a meter dentro as maletas e mentres ela se deu un baño seus pais fixeron a cea. Sentaron á mesa, estiveron falando moito tempo, despois cansa da viaxe foi durmir. Ó día seguinte ergueuse cedo como era costume nela e tras desfacer as maletas e contemplar de novo a habitación saíu para axudarlle á súa nai co almorzo, eles non estaban, tan só había unha nota na mesa. Mil pensamentos pasaron pola súa cabeza, leuna: “Nena fomos dar un paseo volvemos ás 10, volve deitarte”. Non podía, subiu ó faiado e buscou as súas cousas, estivo alí moito tempo, cada obxecto era un recordo, unha persoa, unha vida pasada que perdera. Ó día seguinte estivo na casa descansando, axudándolle á súa nai e recordando. Non tardou moito tempo en notarse o barullo do comezo das festas, e como cando era pequena, foi á igrexa coa familia, quedou fóra, non coñecía a ninguén e ninguén a recoñecía a ela, só un fato de caras que lle soaban e lle recordaban algo. Aquela mesma noite foi a primeira da festa, quedara cos amigos ó día seguinte, así que foi ata aló e en lugar de quedar marchou de paseo. Camiñou toda a noite, ó deterse comezaba a verse máis claro, unha cor laranxa estendíase por riba do cumio da montaña na que pasara tantos momentos, na que gozara de longas tardes, onde fuxira para estar a soas, na que vira o solpor tantas veces. Debía regresar á casa antes de que seus pais se preocuparan, pero era tanto o tempo que perdera na cidade que xa non lembraba o que era sentir a liberdade, así que seguiu andando. Chegou á casa xa pasada a hora do xantar, súa nai estaba preocupada, tranquilizouse cando lle dixo o que estivera a facer. Esa era a gran noite, ese día ía voltar a ser unha nena, ou eso era o que pensaba. Era cedo, decidiu visitar á avoa. Colleu unhas flores do xardín e foi ó cemiterio. Permaneceu alí un bo anaco falando coa súa avoa e por un momento pensou que despois de tanto tempo ía poder desafogarse e deixar que as bágoas lle percorresen a cara, unha veciña truncou os seus plans. Xa case era hora de ir á festa. Puxo un dos seus vestidos, “nada atrevido nin demasiado formal, algo sinxelo” pensou. Por fin colleu o camiño xunto cos seus
pais. Chegaron cedo. O pai marchou falar cuns amigos , ela preguntoulle á súa nai se xa vira algún dos seus antigos compañeiros, a nai sinaloulle un grupo de persoas que estaba algo máis retirado. Decidiuse , deulle un bico á nai e foi cara a eles. Cando chegou só foi quen de dicir un “ola” case imperceptible, todos se voltaron na súa dirección, nos seus beizos debuxouse un sorriso, ninguén fixo nada, a piques de desmoronarse, alguén se achegou a ela e abrazouna, percibiu a calor do seu corpo e viu o brillo deses ollos que tanto lle gustaron sempre. Sentía unha gran ledicia por volver. Pouco a pouco foron chegando máis persoas que se uniron ó grupo. Non tardou moito tempo en decatarse de que todos os seus amigos de xuventude triunfaran na vida, non do xeito que ela ata ese momento entendía por triunfar, si dun xeito persoal, todos tiñan unha boa vida, unha familia... todos agás ela. Foron pasando as horas e xurdindo as conversas. Pensou que non encaixaba alí, sen que se decatasen marchou. Só quería fuxir, estar soa, dirixiuse ó único sitio ó que aínda non fora. Marchou cara ó río, xunto á presa, alí onde pasara tantas horas. Ó principio só paseaba, despois quixo correr, tirou os zapatos, meteuse pola canle do vello muíño, estaba pechada polas silvas, rompeulle parte da roupa. Chegou á beira do río, o seu vestido estaba feito trinzas, rompeu os cachos que estaban soltos, na súa cara e brazos tiña pequenos cortes e feridas, lavouse. Sentou, mirou as estrelas mentres acendía
un cigarro e notou como algo quente corría polas súas meixelas, deixou saír toda a dor, toda a soidade, a culpa, os remordementos. Chorou. Notou como unha cálida man se lle pousaba no ombreiro, volveuse, alí de pé, viu a todos os que foran os seus amigos, a todos os que ela deixara, só puido articular unha palabra: “Gracias”. Pseudónimo B.M.T
17
ZONALETRAS GALEGAS
ESPARAVÁN
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS NON O ESQUEZAS... osé Antón Avilés Vinagre naceu na vila noiesa de Taramancos e dela tomou o nome. Era o máis vello de catro irmáns, e a súa nai e avoa foron as súas referencias na vida. Estudiou na academia Balmes de Noia, no instituto Xelmírez de Santiago e na escola de Náutica da Coruña. Foi nesta cidade onde recoñece a súa vocación pola poesía e onde inicia a súa andaina con As moradías do vento e A frauta e o garamelo. Na Coruña coñece a persoeiros como Álvaro Cunqueiro, Urbano Lugrís, Uxío Carré... No ano 1961 emigra a Colombia, onde desempeña moitos e dispares oficios, campesiño, cazador de tigres, domador de cabalos, churreiro, contrabandista, xornalista, editor... Volta a súa terra no ano 1980 e convértese en taberneiro en Noia.
X
A súa obra adoita inscribirse na Xeración galega de Poetas dos 50 ou das Festas Minervais e da súa poesía din que é de "exuberante natureza tropical". A pesar da súa autodefinición como "un campesiño autodidacta" foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de cultura de Noia, polo BNG.
OBRA POÉTICA As moradías do vento (Revista Atlántida, A Coruña, 1955). A frauta e o garamelo (Moret, A Coruña, 1958). O tempo no espello (Ediciós do Castro, Sada, 1982), este volume inclúe ademais dos dous primeiNon hai regreso, avoa, ros libros, os titulados Poemas a Fina Barrios nunca (1959), Poemas soltos a regresa o mesmo home Maricarme Pereira (1961) ao mesmo sitio. e Os poemas da ausencia O lobo do deserto (1961-1981). perdeu a túa voz, Cantos caucanos (Sotelo Blanco, Barcelona, 1985). e a auga clara da túa man As torres no ar (Sotelo non apaga a saudade revertida. Blanco, Barcelona, 1989). Todos os rumbos, todos os Antoloxía poética navíos (Editorial Compostela, lévanme ao grande río a renacer: Santiago, 1992). No ámbito do Cauca. Última fuxida a Harar (Espiral Maior, A Coruña, 1992). Cantos Caucanos (1985)
As súas obras poéticas: O tempo no espello (algúns dos poemas foran escritos antes da súa marcha a América, outros xurdiron na emigración). Cantos Caucanos escritos desde a saudade. As torres no ar son o froito da "patria recuperada" (cantos a carón da terra, elexías do mar, a torre secreta...). A nova crónica das Indias é a única obra narrativa escrita no ano 1992, o ano da súa morte. Ó dicir do escritor, "as persoaxes dun xeito ou doutro cruzáronse na miña vida". Última fuxida a Harar é o seu derradeiro libro de poemas, está á espera da morte.
18
ZONACONCURSOS
ESPARAVÁN
PREMIOS
Concurso Tarxetas de nadal
PAULA CASADO - PATRICIA CID 3º ESO B LILIANA SILVA CARBALHO 3º ESO A
IVÁN GARCÍA GARCÍA 3º ESO A
Concurso de Máscaras
MARCOS GONZÁLEZ NÚÑEZ. 2º ESO A
RAQUEL DE DIOS PÉREZ. 1ºA BAC.
LARA FERREIRO GÓMEZ. 1º ESO A
19
ZONACONCURSOS
Concurso San Valentín A MIÑA ROSEIRA
ESPARAVÁN
ESES OLLOS TRISTES
A MULLER DOS MEUS OLLOS
Eses ollos tristes que me miran. Eses ollos tristes que me miran que me odian.
A muller dos meus ollos, é tan fermosa, coma o olor dunha rosa, tan suave e tan amorosa.
Eses ollos tristes que algunha vez destilaron alegría, agora sofren a súa rebeldía.
Os seus ollos negros, craváronseme coma espadas, coma se fosen enfeitizadas, co amor das súas fadas.
Eses ollos tristes que algún día me quixeron agora ódianme co seu corazón sincero.
Eses ollos tristes que nunca antes sufriran desamor agora choran a dor do amor.
Eses ollos tristes que agora sofren esa dor, nunca máis volverán a amar con ardor.
Eses ollos tristes que me miran. Eses ollos tristes que me miran, que me odian.
A muller dos meus ollos, aloumiña unha rosa, coma a súa pel agarimosa, coma a súa pel amorosa.
A muller dos meus ollos, na noite de San Xoán durmiuse, e na súa casa viuse, durmindo coma unha deusa.
A muller dos meus ollos en pleno día se marchou, e cando ela se virou, da miña alma se olvidou.
LUIS CARBALLO SIMÓN. ROCÍO PRADO CONDE
TODO SOBRE O INSTITUTO
Ó TEU ALCANCE
ESPARAVÁN