Actividade issuu

Page 1

Título: As rexións de Francia: historia, xeografía, cultura e gastronomía Nivel educativo: 4° ESO Recursos necesarios: Ordenador, Internet, EDI, LibreOffice e Issuu Contidos a tratar: as rexións de Francia, a súa historia, xeografía, cultura e gastronomía. Comprensión lectora dun texto “exemplo”, expresión escrita empregando as estruturas lingüísticas (gramaticais e sintáticas) aprendidas ata o momento e expresión oral. Procedemento a seguir para levala á práctica: nas seguintes clases veranse e estudiaranse as diferentes rexións de Francia. Para iso, o profesor ensinaralles aos alumnos una publicación sobre a rexión de Alsacia que subiu previamente a Issuu. En clase veranse os diferentes apartados desa publicación (historia, cultura, xeografía, gastronomía, etc.) e o profesor dará un listado de máis rexións de Francia. Os alumnos deberán logo, formar grupos de 3 persoas e escoller una desas rexións. Cada grupo deberá realizar un pequeño traballo con LibreOffice sobre a rexión escollida (ben con Word ou PowerPoint). Deberán buscar en Internet información acerca da rexión (historia, xeografía, cultura, gastronomía, etc.) seguindo un pouco a estrutura da publicación vista en Issuu (os alumnos Terán a ligazón a esa publicación para poder acceder a ela tamén dende casa, se o desexan). Unha vez buscada a información, farán o traballo e una vez finalizado, o profesor revisarao e xunto cos demais traballos, publicaraos en Issuu. Cando estean todos os traballos publicados en Issuu, cada grupo fará una pequeña exposición ante os compañeiros de clase (cada publicación será vista directamente en Issuu grazas ao EDI).

Ligazón ao documento de traballo: http://issuu.com/nievesjimenezantolin/docs/alsace_en_quelques_lignes_fr


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.