Título: XOGO DO ÊTRE E AVOIR Nivel educativo: 1° ESO Recursos necesarios: dous dados para a primeira etapa, un dado e 16 tarxetas para a segunda etapa. Nun dos dados figuran os pronomes persoais de suxeito, no outro dado os verbos ÊTRE seguido dun adxectivo e o verbo AVOIR seguido dun complemento de obxecto. Nas tarxetas, figura o nome dun país ou un substantivo. Contidos a tratar: repaso dos verbos ÊTRE e AVOIR, países en francés, pronomes persoais de suxeito, adxectivos de nacionalidade, cor e cifras. Procedemento a seguir para levala á práctica: empregar este xogo despois de ter aprendidos os verbos ÊTRE e AVOIR, os nomes dos países, os adxectivos de nacionalidade, de cor e de cifras.
Regras do xogo: Primeira etapa: XOGO 1 1. Preparación: O profesor dá dous dados a cada grupo. 2. Desenvolvemento: un xogador tira os dados e fai una frase co pronome e o verbo que lle saíu (por exemplo, JE e AVOIR 18 ANS). Se constrúe a frase correctamente, gaña un punto. Os demais xogadores serán quen verifiquen se a frase é correcta ou non. Cada grupo xogará dúas voltas e se escribirá nunha folla cada punto obtido. 3. Gañador: quen obteña máis puntos gañará o xogo.
Segunda etapa: XOGO 2 1. Preparación: O profesor dá o dado cos verbos ÊTRE e AVOIR e as tarxetas a cada grupo. Fai una pila coas tarxetas sobre a mesa. 2. Desenvolvemento: cada xogador colle unha tarxeta e fai unha frase coa información na tarxeta. Se se trata dun nome dun país, hai que empregar os adxectivos de nacionalidade (por exemplo, con VIETNAM: JE SUIS VIETNAMIEN/NE). Se a frase é correcta, gaña un punto. Cada grupo xogará dúas voltas e escribiranse os puntos obtidos nunha folla. 3. Gañador: á fin, calcularanse os puntos obtidos e o grupo con maior puntuación gañará o xogo.