Boletín Orujo de Galicia Outubro 2011

Page 1

MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:42 Página 1

Outubro 2011

Boletín do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia E ADEMÁIS...

Nove cidades acolleron a 2ª edición

Mellor Cóctel de Orujo

de “Os únicos con espírito galego”

A campaña, ademais, tivo tamén o seu eco en internet a través das

María Padra Turgallicia

O Consello Regulador desenvolveu entre os meses de marzo e maio a segunda edición da súa campaña promocional, “Os únicos con espírito galego”, concebida para traballar por dar a coñecer os produtos amparados baixo este selo de calidade. Os participantes no concurso superaron as 1.200 persoas sendo o Centro Comercial Pontevella, en Ourense, o que maior participación acadou, seguido do Centro Comercial Gran Vía de Vigo e o Centro Comercial A Barca de Pontevedra.

redes sociais, seguindo así co obxectivo de fomentar a interactividade co consumidor final. Pax. 2

Leve descenso dos litros calificados O Consello Regulador leva certificadas ata o 31 de maio máis de 147.000 contraetiquetas e un total de 97.701 litros dos diferentes destilados que ampara. Páx. 3 Presencia en ferias O CRDDXX estivo presente tanto en destacas feiras profesionais como noutras dedicadas ao

Pedro Elexpuru proclamouse vencedor da IX edición do Mellor Cóctel con Bagazo de Galicia coa súa creación “21 de marzo”. O certame desenvolveuse no marco da décima edición do Campeonato Galego de Coctelería, promovido por Agaba. Pax. 7

Viaxe de formación Preto de 30 profesionais dos medios de comunicación galegos participaron en dúas viaxes promovidas polo Consello Regulador en Ourense e Santiago. Pax. 4 e 5

consumidor final como Salimat, en Silleda; o Salón Gourmets, en Madrid, ou VinisTerrae, en Ourense. Pax. 6 e 7 En boca de... Bosco Torremocha Falamos da situación das bebidas espirituosas con Bosco Torremocha, o novo director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE). Pax. 8

Edita: Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia www.orujodegalicia.org · https://www.facebook.com/OrujodeGalicia

Deseño: Publigal Redacción: Nós Comunicación


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:43 Página 2

Outubro 2011

A campaña de promoción levou a imaxe do Consello a nove cidades

Preto de 1.300 persoas participaron na segunda edición de “Os únicos con espírito galego” A segunda edición da campaña “Os únicos con espírto galego”, promovida polo Consello Regulador co obxecto de reforzar a imaxe desta entidade certificadora e dos seus produtos avalados, percorreu nove cidades ao longo dos meses de marzo, abril e maio. Durante unha semana, cada un dos centros comerciais de Vigo, Pontevedra, Lalín, Ourense, A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo mantiveron o espírito galego a través dun stand no que se ofreceu información sobre o Consello. Os visitantes, ademais de coñecer un pouco máis sobre os produtos certificados coa contraetiqueta do Consello, tamén puideron participar no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas con todos os gastos pagos no Hotel Monumento San Francisco de Santiago, onde tamén poderán disfrutar dunha cata exhibición que terá lugar o vindeiro 17 de setembro. Os participantes no concurso superaron as 1.300 persoas, sendo o Centro Comercial Pontevella (Ourense) o que maior participación acadou, seguido do Centro

Comercial Gran Vía (Vigo) e do Centro Comercial A Barca (Pontevedra).

O stand en Ourense na Pontevella foi o que máis visitas recibiu

A campaña, ademais, tivo tamén o seu eco en internet a través das redes sociais, seguindo así co obxectivo de fomentar a interactividade co consumidor final. Para iso o Consello Regulador abriu unha conta en Facebook que mantén xa máis

“O Centro Comercial Pontevella, en Ourense, acadou o maior número de participantes, superando os 230 ”

232 persoas participaron no stand de Gran Vía en Vigo

O Centro Comercial As Termas de Lugo pechou a campaña

········ 2 ········

de 200 fans. Deles 80 foron as persoas que tomaron parte nos catro concursos que se desenvolveron durante estes tres meses en que se prolongou a campaña. Os gañadores, sete en total, terán a oportunidade de participar, xunto co gañador dos centros comerciais, procedente de Narón, na cata exhibición que se celebrará no Hotel Monumento San Francisco.


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:43 Página 3

Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Leve descenso respecto da media dos 3 últimos anos nas contraetiquetas e litros calificados Segundo as cifras que obran en poder do Consello Regulador, ata o 31 de maio este ente certificador emitiu 147.583 contraetiquetas e un total de 97.701 litros dos diferentes destilados que ampara. Estas cifras, que teñen carácter provisional, supoñen un leve descenso con respecto ao ano pasado. No caso do litros calificados, a cifra supón unha baixa do 12% con respecto á media de litros cualificados na mesma data do tres últimos exercicios (2008, 2009 e 2010), mentres que no caso das contraetiquetas supón un descenso do 13% respecto a 2010.

un lixeiro descenso do 12% respecto da media dos tres últimos anos.

En liñas xerais este balance supón que, tralo repunte do ano pasado, as cifras volven ser as habituais até esa data. Se comparamos o número de contraetiquetas coa media dos últimos anos, que rolda as 160.000 contraetiquetas, a cifra ata o 31 de maio supón un descenso do 7.81%. En canto ao número de litros cualificados, o Consello Regulador detecta tamén

Desde o Consello Regulador son claros cando aseguran que, sendo cifras relativamente pequenas, han de estudarse en conxunto, destacando a produción de augardente de bagazo, que segue manténdose á alza aínda que non alcanzase a cifra record do ano pasado. Destacan, ademais, os bos resultados do licor de herbas, que cualificou un 71% máis que no 2010.

Sube o licor de herbas A augardente de bagazo, con 49.685 litros, seguido do licor de herbas (con 30.566) e o licor café (con 16.950 litros) son os produtos con maior número de litros.

“Temos que ter en conta que a destilación dunha adega máis ou menos pode facer variar considerablemente o resultado final”

········ 3 ········

Neste sentido, o presidente do Consello Regulador, Evaristo Rodríguez, explica que “temos que ser cautos con estas primeiras cifras, xa que as do ano pasado correspondían ao primeiros sete meses e tiñamos máis da metade do ano contabilizado e tampouco debemos pasar por alto que en 2010 puido haber un certo repunte que agora non se manteña”. Rodríguez tamén incide no feito de que as variacións que se detectan en produtos como os licores ou as augardentes obedecen ás necesidades das destiladoras, polo que “para poder obter unha idea significativa á hora de valorar a produción de destilados debemos fixarnos preferentemente na augardente de bagazo”, explicou, “se a estas circunstancias sumamos o escaso número de empresas destiladoras, atopámonos con que a destilación nunha adega máis ou menos varía considerablemente os resultados finais”, conclúe o presidente do Consello Regulador.


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:44 Página 4

Outubro 2011

No marco das accións promocionais do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, preto de 30 profesionais dos medios de comunicación galegos participaron en dúas viaxes de prensa orientados a formar a estes profesionais no sector dos destilados galegos. A iniciativa permitiu a moitos deles unha primeira toma de contacto coa destilación mentres que outros puideron coñecer de maneira máis profunda o proceso de elaboración dos produtos amparados baixo este selo de calidade. A primeira xornada desenvolveuse o pasado mes de xaneiro, nunha visita onde os participantes puideron coñecer unha adega de destilación tradicional, Adegas Moure, na Ribeira Sacra e outra

María Padra Turgallicia

Augardentes e Licores Tradicionales de Galicia aposta pola formación para dar a coñecer o sector

Ambas xornadas incluíron unha cata degustación dos produtos amparados polo Consello

máis tecnificada, a Vitivinícola do Ribeiro, a máis importante da provincia. O arrastre de vapor tradicional e as últimas tecnoloxías implantadas

na elaboración destes destilados déronse a man tanto durante este primeiro press trip como no segundo, celebrado na comarca de Santiago de Compostela a mediados do mes de febreiro e que levou

A viaxe en fotogramas: Ourense e Santiago de Compost

········ 4 ········


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:44 Página 5

Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Trinta profesionais dos medios de comunicación participaron en dúas viaxes para coñecer a elaboración dos destilados galegos aos profesionais ata Destilerías Compostela, en Rois, e Augardentes de Galicia, en Vedra. Neste último punto, ademais de ter a

“O obxectivo que perseguimos é dar a coñecer a realidade dun sector con moito futuro en Galicia” oportunidade de coñecer a contorna onde se cultiva a uva, celebrouse unha cata que permitiu que os participantes puidesen coñecer e paladear as características organolépticas que distinguen aos xenuínos destilados galegos. Segundo explicou o presidente do Consello Regulador, Evaristo Rodríguez, quen resolveu moitas das dúbidas expostas polos participantes, “o obxectivo que perseguimos é dar a coñecer a realidade

do noso sector, un sector con moito futuro en Galicia pero para o que temos que traballar para desterrar o consumo dos destilados mal chamados caseiros”. Produtos con contraetiqueta Neste sentido, desde o Consello Regulador lembran a necesidade de consumir produtos con contraetiqueta xa que tan só ésta garante a orixe e a calidade do producto, polo que aconsellan non deixarse enganar polo termo “caseiro” nin polo uso dun nome galego asociado a un produto. Desde o CRDDXX, os seus responsables lembran que é unha responsabilidade de todos, tanto consumidores como hostaleiros, técnicos, consellos reguladores e administracións, acabar coa lacra dos produtos de dubidosa garantía e apostar decididamente por este sector.

O Consello, en cifras Evaristo Rodriguez lembrou que este órgano certificador, o único de destilados de subproductos vinícolas existente en España, agrupa actualmente a 75 empresas comercializadoras. Da súa producción, a de augardente de bagazo, que se incrementou en 2010 nun 11.8% con respecto á media do tres últimos exercicios, é quizáis a máis significativa á hora de valorar a produción deste ano. Durante o ano pasado, as empresas inscritas neste Consello Regulador emitiu máis de 420.000 contraetiquetas, un 20% máis que en 2009.

ostela acolleron as dúas xornadas dirixidas aos profesionais

········ 5 ········


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:45 Página 6

Outubro 2011

O Consello Regulador achegou os seus destilados ao Salón Gourmets O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia estivo presente, do 11 ao 14 de abril, no Salón Internacional do Club de Gourmets. Unha edición coa que este salón chega ao cuarto de século de vida. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia achegouse a esta cita dentro da caseta conxunta coa Consellería de Medio Rural, un posto no que se ofreceu produto xenérico para o sector profesional que se achegou ata aló. O presidente deste Consello Regulador, Evaristo Rodríguez, que tomou parte no salón, explicou que “a promoción das augardentes e licores tradicionais de Galicia é un dos nosos eixos fundamentais de traballo, xa que

o noso obxectivo é que profesionais do sector coñezan a calidade e excelencia dos destilados galegos amparados por este Consello Regulador”. Produtos controlados Tanto o presidente como a secretaria do Consello, Carmen Otero, que tamén tomou parte na feira, destacaron a actual campaña de promoción que leva a cabo este Consello Regulador ‘Os únicos con Espírito Galego’, na que a través de casetas en diferentes centros comerciais galegos achégase a realidade deste sector ao consumidor final, informándolle de cales son os produtos amparados e da necesidade de que consuman produtos que pasasen polos preceptivos controis sanitarios.

O CRDDXX estivo en Vinis Terrae Fiel á súa cita con Vinis Terrae, Salón dos Viños e Licores Galegos de Calidade, o Consello Regulador acudiu cunha caseta propia á cuarta edición desta feira profesional dedicada sector vinívinícola, que se celebrou no recinto ferial de Expourense. O Consello ofreceu información dos produtos que ampara a través de dúas presentacións de produto, que correron a cargo da secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero, quen explicou que “o obxectivo de tomar parte en feiras desta índole é poder ofrecer información dos nosos produtos, incidindo na necesidade de que o sector aposte por produtos que pasasen polos debidos controis de calidade”.

Destilados e novas maridaxes centraron unha cata no programa Come A Coruña Novas maridaxes, nesta ocasión con marrón glacé e con mel, e as grandes posibilidades dos licores maridados con postres doces centraron unha xornada celebrada nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña e na que 20 persoas degustaron os destilados amparados polo Consello Regulador. O evento desenvolveuse dentro das diferentes actividades recollidas na gran Carpa Degústame, no marco do

········ 6 ········

programa Come A Coruña, celebrado o pasado mes de abril. Baixo o asesoramento do técnico do Consello Regulador, Hixinio Rodeiro, a degustación estaba dirixida ao consumidor final, ao que se ofreceu a posibilidade de probar 5 produtos amparados baixo este selo de calidade para que puideran coñecer e apreciar as súas diferencias.


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:45 Página 7

Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Ana Mª Martínez vence na X edición do Campionato Galego de Coctelería

Pedro Elexpuru gaña a IX edición do Mellor Cóctel con Aguardente de Bagazo de Galicia A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos quedou pequena para acoller as máis de 250 persoas que se deron cita durante a X edición do Campionato Galego de Cocktelería Clásica, que se celebrou o pasado mes de abril. Promovido pola Asociación Galega de Barmen (AGABA) en colaboración co Consello Regulador Aguardientes e Licores Tradicionais de Galicia, o concurso contou coa participación de 30 especialistas nas súas diferentes fases. Ana María Martínez Núñez, co seu cóctel Garota Roses, proclamouse campioa absoluta do certame, un título que a acredita para representar a Galicia no Campionato Nacional na modalidade de Xefes de Bar mentres que Cristian Rodriguez, coa súa creación Nature, foi o subcampión.

marzo”. O xurado estivo composto polo vicepresidente do Consello Regulador, Argimiro Levoso, e pola vogal do CR, Sonia Otero. O seis finalistas que participaron na elaboración do mellor cóctel de bagazo obtiveron un presente aportado por esTradicionais de Galicia.

Na IX edición do Mellor Cóctel con Augardente de Bagazo de Galicia, o gañador foi Pedro Elexpuru, quen obtivo o premio achegado polo CRDDXX, patrocinador do evento, pola súa creación “21 de

A coctelería máis acrobática O certame contou, ademais, coa II edición do Campionato Galego de Flairtending, a modalidade de coctelería máis acrobática e espectacular, na que se alzou coa vitoria Enrique Romaní. A valoración técnica correu a cargo do campión de España de Flairtending 2009 e 2010, Nahuel Frúmboli, e de Noel Vela, subcampión de España desta modalidade en 2010, que tamén ofreceron unha exhibición.

Salimat 2011 acolleu unha mostra dos produtos amparados baixo o selo de calidade do CRDDXX O recinto feiral Semana Verde de Silleda acolleu unha presentación de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia no marco da celebración de SALIMAT 2011, o Salón da Alimentación do Atlántico. Preto de 25 persoas déronse cita na caseta da Xunta de Galicia para participar nesta actividade, que estivo a cargo da secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero. A iniciativa permitiu resolver as dúbidas dos participantes e degustar 4 elaboracións amparadas baixo o selo de calidade desta denominación: Augardente de Bagazo da va-

riedade Albariño, Licor de Herbas de Galicia, Augardentes de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. Otero incidiu nas características organolépticas que definen estes produtos e nas diferenzas entre augardentes e licores, o que suscitou a curiosidade dos presentes. A secretaria do Consello fixo un repaso pola historia desta entidade

········ 7 ········

e polas diferentes actividades que levan adiante tanto como órgano certificador como no ámbito da formación e difusión destes produtos.


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:45 Página 8

BOCA eNDE...

Bosco Torremocha, director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) Bosco Torremocha ocupa o cargo de Director Executivo de FEBE desde decembro de 2010, pero leva máis dunha década vencellado ao mundo do viño e

das bebidas espirituosas, sendo así un gran coñecedor deste sector do que nos ofrece unha minuciosa análise.

“Desde FEBE sempre defendemos a autorregulación e sobre todo a educación como mellor ferramenta de prevención” Cal é a situación actual do sector das bebidas espirituosas en España? O noso sector vive un momento moi difícil para todas as dimensións de empresas, con especial incidencia para as pequenas e medianas empresas e as micro empresas familiares, que se están vendo gravemente afectadas pola crise económica como demostran as fortes caídas que vimos sufrindo en 2008 (-11.8%) e 2009 (-12%). O pasado ano foi de mantemento, estando moi lonxe de recuperar os niveis de comercialización de 2008/2009. O sector arrastra unha situación de crise conxuntural que se remonta a máis dun lustro e que respondeu a uns axustes derivados dun paulatino envellecemento poboacional e de cambios no patrón de consumo, conxuntura que se viu acentuada co impacto da crise global. Nesta situación é lóxico pensar que as nosas empresas teñen un hándicap moi importante á hora de planificar estratexias de cara a unha posible recuperación.

¿

Que grao de colaboración manteñen coas administracións públicas? Para FEBE é primordial contar co apoio de todos os sectores implicados. Por este motivo sempre tratamos de ter presente á

¿

Administración no desenvolvemento das nosas campañas de sensibilización, porque o seu labor lexislativo sería inútil sen políticas informativas destinadas a previr consumos indebidos. Por iso é polo que FEBE leva máis dunha década desenvolvendo unha intensa política de partenariado con Concellos e Comunidades Autónomas para desenvolver campañas de prevención en colectivos

“ A augardente de bagazo ten que evolucionar cara a converterse nun produto de prestixio social”

de risco. Actualmente mantemos activos máis dunha vintena de convenios con concellos de Galicia, Madrid, Andalucía e Cataluña, así como con outras comunidades autónomas

como Valencia, Castela A Mancha e Andalucía. De todos os xeitos, seguimos pensando que se todo o investimento que o sector leva facendo desde o ano 2000 até hoxe se coordinase coas accións que desenvolve o Ministerio de Sanidade, indubidablemente, os nosos resultados serían aínda mellores. Pero se me pregunta se esa colaboración ten campo de mellora, a resposta é si! Están implicados na campaña de sensibilización sobre o consumo de alcol en

¿


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:46 Página 9

Consello Regulador das Denominacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

O sector, en cifras

menores e adolescentes que o Ministerio de Sanidade anunciou para o mes de setembro? O pasado mes de marzo tivemos, por primeira vez, ocasión de expor ante a Comisión Mixta CongresoSenado todas as iniciativas que desenvolvemos en materia de prevención do consumo en menores. Agora temos que esperar a que se concrete todo o que foi anticipando tanto o Ministerio de Sanidade como o Plan Nacional Sobre Drogas, xa que ambas institucións comentaron que queren implicar a todos os sectores afectados. Desde FEBE non queremos simplemente esperar, senón que queremos ser parte activa da solución polo que vimos solicitando á ministra unha reunión executiva de traballo para ofrecer a nosa colaboración e a nosa experiencia promocionando o consumo responsable e loitando contra o consumo en colectivos de risco e definir as liñas da campaña. Que opina da decisión do Ministerio de Sanidade de que as cervexas lembren o consumo para maiores de 18 anos? Desde FEBE sempre defendemos a autorregulación e, sobre todo, a educación como mellor ferramenta de prevención. O noso sector é un

¿

dos máis regulados e o importante non é promover novas leis ou restricións senón facer cumprir as que existen. Para iso é fundamental a implicación de todos, para evitar os consumos indebidos de bebidas con contido alcohólico e, especialmente, o ‘consumo cero’ en colectivos de risco (menores, condutores, embarazadas, etc.). Por iso estamos convencidos de que cando se trata de incidir en comportamentos e cambiar hábitos a única alternativa atópase na educación e require especialmente actuacións que sintonicen cos

“ O importante non é promover novas leis senón facer cumprir as que existen”

destinatarios, especialmente se falamos dos mozos. Desde FEBE pensamos que a inclusión dunha mensaxe na etiquetaxe das bebidas alcohólicas non é unha ferramenta eficaz, xa que non repara na evidencia de que case o 80% do consumo no noso país realízase na canle HORECA, onde o consumidor non ten acceso directo á etiquetaxe do produto.

¿ Qué iniciativas deste tipo puxeron en marcha en Galicia?

········ 9 ········

A industria de bebidas espirituosas comercializa anualmente en España ao redor de 205 millóns de litros, cun valor económico próximo aos 7.000 millóns de euros, o que supón preto do 0,12% do PIB español. Así, a produción de bebidas espirituosas supón un 1,5% da produción agroalimentaria. En España, o emprego xerado polo sector de bebidas espirituosas alcanza os 300.000 traballos.

Galicia é unha das Comunidades onde máis programas desenvolvemos debido á importancia que ten para o sector como rexión produtora tradicional de bebidas espirituosas, así como pola boa acollida que tivemos sempre desde a Administración. Así, nos últimos anos desenvolvemos campañas para concienciar aos máis novos da necesidade de non beber se se vai a conducir, a través da promoción da figura do condutor alternativo, co noso programa Os Noc-Quendas. Con esta iniciativa chegamos a máis de 20.000 mozos en toda a xeografía nacional, dos que máis de 2.400 foron impactados en capitais galegas. Outra das nosas iniciativas ten que ver coa dispensación responsable de bebidas alcohólicas. No noso afán por promover o consumo responsable dos nosos produtos é vital ter conta que no 80% dos casos este consumo realízase en hostalaría. Por este motivo deseñamos unha formación específica para formar a estes profesionais en técnicas e coñecementos para realizar unha dispensación responsa-


MaquetaOrujo:OrujoDeGalicia 05/10/2011 9:46 Página 10

Outubro 2011

ble de bebidas alcohólicas. Mediante esta iniciativa formamos xa a máis de 3.000 profesionais e futuros profesionais dos que máis de 400 son galegos. Pero aínda hai campo de mellora! Este ano queremos impulsar un Convenio Marco de Colaboración coa Xunta de Galicia, que nestes momentos avanza a un ritmo moito máis lento do que nos gustaría, e tamén novas iniciativas cos recentemente elixidos Concellos de Santiago ou A Coruña, dirixidas a outros colectivos, como universitarios ou embarazadas, sempre para

“ Este ano estamos impulsando un Convenio Marco coa Xunta de Galicia”

promover o consumo responsable de bebidas alcohólicas. Somos un sector comprometido, capaz de autorregularse e de promover hábitos responsables.

¿ Que opinión ten do traballo desenvolvido por este Consello Regulador? A miña obrigación é estar ao día de todo o que ocorre no noso Sector. Neste caso teño que dicir que o Consello sempre demostrou o seu bo facer en cada unha das iniciativas que leva a cabo. Sabendo adaptarse aos cambios de mercado e da sociedade, propondo novas iniciativas e loitando polos intereses comúns do sector. Ademais, considero vital a promoción que fan dos produtos amparados, favorecendo a imaxe global do sector sen esquecer o compoñente tradicional dos nosos produtos pero á vangarda en temas de innovación. Se, ademais, atendemos aos limitados recursos dos que actual-

mente dispón, empezo a crer naquilo de “meigas, habelas hainas”.

¿Coñece os cambios que o este Consello Regulador propón para modificar a súa normativa para incrementar a súa produción e o número de empresas amparadas? É fundamental! Encomio esta iniciativa animando ao Consello Regulador a promover estes cambios. O sector dos espirituosos precisa da unidade de todos os actores e niso os licores e destilados tradicionalmente producidos en Galicia non só non deben ser unha excepción, senón que deben ser exemplo para outras zonas produtoras. A adaptación aos novos tempos e ás novas tendencias do mercado que está a demostrar o Consello Regulador é unha mostra máis dos esforzos que realiza o sector para estar á vangarda das demandas dos consumidores.

¿ Cal cre que é futuro inmediato do sector das bebidas

········ 10 ········

espirituosas? Cales pensan que serán os seus cabalos de batalla? En FEBE queremos ser optimistas e pensar que este ano os esforzos que están a realizar todas as nosas empresas empezarán a dar os seus froitos, aínda que a bagaxe de perdas que arrastramos nos últimos anos, con caídas de dous díxitos nos anos 2008 e 2009, fainos ser bastante cautos. De todos os xeitos, calquera cambio impositivo podería lastrar esta ansiada recuperación. O que hai que recoñecer é o esforzo que está a facer o sector para ofrecer produtos de altísima calidade, renovando as súas ofertas constantemente e apostando pola innovación e a calidade como acenos de identidade. Penso que o cabalo de batalla será adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e a que calquera crecemento ou recuperación veña sempre acompañada da responsabilidade no consumo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.