matemáticas e literatura Neste primeiro número do boletín da biblioteca do IES Xoán Montes, presentamos cinco libros recén incorporados aos nosos fondos. Todos estes libros teñen que ver coas matemáticas… e non son os únicos: son os primeiros dunha serie de libros que veñen enriquecer esta sección literaria da biblioteca. De cada libro, ofrecemos unha breve síntese e, a continuación, en cor destacada, un enigma que resolver. Ánimo, lectores! Tres estudantes tratan de resolver o asasinato do seu profesor de matemáticas e para iso terán que resolver unha serie de adiviñas e problemas matemáticos. Un home quere deixar de fumar e toma a decisión de facelo. Mira as súas reservas e ve que lle quedan 27 cigarros. Pensa :"fumo estes e deixoo", pero cando xa o deixou ve que con 3 colillas pode facer un novo cigarro ata que só lle quede unha. Cantos cigarros fuma en total?
Na biblioteca tés un buzón agardando as túas suxestións, propostas, reconmendacións… utilízao! Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo bibliotecaxoanmontes@gmail.com http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com/
Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes Número 1 Decembro 2009
MALDITAS MATEMÁTICAS Unha nena chamada Alicia, á que non lle gustan as matemáticas, viaxa ao país dos números acompañada do escritor Lewis Carroll. Percorren capítulos famosos da historia das matemáticas como o cadrado máxico, a criba de Eratóstenes, etc.
Por que 11 significa once e non significa dous?
EL CÓDIGO DA VINCI
O Código da Vinci é unha novela de misterio de gran éxito comercial. Combina o xénero detectivesco co esoterismo. O libro afirma que a Igrexa Católica estaría involucrada nunha conspiración para encubrir a verdadeira historia de Xesucristo. O conservador do Museo do Louvre é asasinado e deixa unha mensaxe en clave na que os números que a forman son os oito primeiros termos da sucesión de Fibonacci. Aquí comenza a búsqueda de novas claves para resolver o crime e descubrir un segredo gardado durante séculos.
EL DIABLO DE LOS NÚMEROS A Robert non lle gustan as matemáticas, como a moitos outros, porque non acaba de entendelas. Pero una noite soña cun demo que o irá iniciando na ciencia dos números. Robert pensa que é outro pesadelo, pero na realidade é o comenzo dun percorrido novo e apaixonante a través do mundo das matemáticas. Así, durante doce noites, Robert soñará con sistemas de numeración cada vez máis incribles. Fíxate na multiplicación de uns: 1x1=1 11x11=11 111x111=12321 Canto será 111111x111111 ?
LA SELVA DE LOS NÚMEROS Unha tartaruga inventa os números e vai impartindo as súas ensinanzas por toda a selva: sistemas de numeración, números primos, ritmos musicais, etc. Como naceron os números? Quen os inventou? Para que serven?