E logo ti ….de que clase vés sendo?
Coa idea de darlle continuidade ao proxecto plurianual que comezamos o curso pasado e aproveitando o festexo do Día do Libro, no noso Centro pretendemos traballar os distintos autores que dan nome ás nosas aulas
(Christian Andersen, Rosalía de Castro, Pepe
Carreiro, Eric Carle, Samaniego, Roald Dahl, Carlos Casares...). Cada clase traballará pinceladas sobre o autor que dá nome a súa aula. Ao longo desa semana ( 22 ao 25 do mes de abril ) será labor dos propios nenos/as de Primaria recoller información, nos recreos, do autor que dá nome á clase dos seus compañeiros ( do mesmo nivel ).
O venres, 26 de abril, rematando esta actividade, unha velliña andará, polo patio, preguntando de xeito aleatorio aos nenos/as: “E logo ti … de que clase vés sendo? “E os teus amigos/as da outra clase? “.