Para atopar os libros que buscas debes ter en conta a etiqueta que teñen colocada na parte inferior do lombo:
82N-G
O nº da CDU, neste caso, LITERATURA.
CAR
As 3 primeiras letras en maiúsculas do apelido do autor.
bol
As 3primeiras letras en minúsculas do título do libro.
Os libros clasifícanse polas materias das que tratan (CDU) A cada materia correspóndelle un número dende o 0 ata o 9:
No caso da narrativa as etiquetas serán de cores segundo a idade recomendada Azul.- Educación Infantil Vermello.- 1º Ciclo Verde.- 2º Ciclo Amarelo.- 3º Ciclo Os libros de información e divulgación terán a etiqueta branca. En cada andel os libros estarán colocados por orde alfabética do apelido do autor/a.
0 DICIONARIOS 1 FILOSOFÍA 3 CC. SOCIAIS 4 BALEIRO 6 CC. NATURAIS 7 ARTE 9 XEOGRAFÍA E HISTORIA
2 RELIXIÓN 5 MATEMÁTICAS 8 LITERATURA
Para consultar o noso catálogo vía internet http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.as px?CodigoBiblioteca=OEC024 Ou ben visita o noso blog: http://charcalibros.blogspot.com/
BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO. XINZO DE LIMIA - OURENSE CURSO 2011 – 2012
NORMAS DE USO Debes coidar os libros. Evita dobralos, manchalos, enrugalos…. Ti es responsable do libro que levas e, no caso de estragalo ou perdelo, deberás repoñelo ou abonar o seu importe, para incorporalo de novo á biblioteca. Na biblioteca debes estar en silencio para non molestar aos demais. Se atopas un libro en mal estado, avisa aos encargados/as da biblioteca e colócao no caixón que pon “reparar”. Podes facer uso dos ordenadores sempre co permiso do mestre/a de garda e para temas relacionados co cole. Non comas nin bebas dentro da biblioteca Sé ordenado/a: deixa os libros onde os atopaches. Se tes dúbidas, non o coloques, déixao no caixón que di “colocar”. Sé responsable: devolve os materiais que tes en préstamo dentro do prazo. Pensa que outras persoas poden querer usalos.
PRÉSTAMOS Debes presentar o teu carné de usuario/a para calquera préstamo ou devolución. Os préstamos e as devolucións sempre serán rexistradas mediante o programa informático de xestión. Horario • 1 sesión semanal cada grupo/clase co seu titor ou titora. • Todos os días na hora do recreo. Alumnado • 1 libro de ficción. Tempo máximo 15 días. • 1 película ou disco de música durante 8 días como máximo. NON SE PRESTAN: - Enciclopedias e dicionarios - Libros e materiais non autorizados. Aulas FICCIÓN • Como máximo, 25 libros durante un trimestre. CONSULTA • Poden permanecer na aula durante dúas semanas. .
ESPAZOS