RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS QUE LEMBREN A HISTORIA DA LIMIA Coa idea de organizar unha exposición de fotografías antigas a través da cal os alumnos e alumnas poidan coñecer a historia de Xinzo, presentamos esta actividade.
BASES:
1. Serán de interese todas aquelas fotografías antigas que recollan a historia da Limia (a vila, o río, a Lagoa, festas populares…). Cada unha delas traerá no dorso o nome, apelido e curso do alumno/a (preferiblemente escritos a lapis). Así mesmo, agradecemos que veñan acompañadas dunha pequena nota na que se explique o seu contido e que sexan entregadas nun sobre pechado. 2. Os sobres coas fotos serán recollidos polos titores do curso correspondente. 3. Será o Centro o encargado de escanear cada unha delas. 4. As orixinais devolveremolas nun prazo máximo de dous días.
5. A exposición estará organizada a partires das fotos escaneadas que nos aportedes.
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!