2017
Nยบ28
PAPAVENTOS
MAIO 2017
EDITORIAL Un ano máis sae con moita ilusión e traballo a revista anual PAPAVENTOS. Temos que agradecer toda a colaboración da comunidade educativa, Mestres e mestras, alumnado do centro como aos pais e nais. Todos nós participamos na elaboración desta revista para que podades gozar dun ratiño agradable na súa lectura. A portada de PAPAVENTOS simboliza a inclusión e o traballo colaborativo. Durante este curso estivemos a desenvolver o proxecto RED EDUCA durante os venres do 2º e 3º trimestre. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil e os de 1º e 2º de Primaria desfrutaron dos talleres de robótoca, costura, construción, mindfulness, arte e horta. Temos que destacar o traballo de todo o profesorado e a axuda sempre das familias. Queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa implicación na tarefa educativa, non só pola aportación económica, senón tamén, pola oferta variada de actividades culturais e extraescolares que pon a nosa disposición, e coas que, dende hai anos, disfrutamos o profesorado e o alumnado. Estendemos este agradecemento as Bibliotecas e ao EDL de Oleiros, por contar sempre coa súa axuda no desenvolvemento de actividades encamiñadas ao fomento da lectura e da nosa lingüa. Damos as grazas a ANPA Bidueiro pola súa implicación para que, curso a curso, a tarefa educativa sexa máis doada. Dende estas páxinas despedimos unha nova promoción de sexto (2008-17), desexándolles moita sorte na nova etapa que inician. Esperamos que o ventiño suave do Parga vos acariñe e vos dea ánimos para acadar unha formación e desenvolvemento persoal completo. Damos a benvida aos nenos e nenas de tres anos que inician a súa andaina en E. Infantil.
Sorte para todos e todas! CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
2
PAPAVENTOS
MAIO 2017
MAGOSTO E SAMAÍN As primeiras festividades que celebramos neste curso foron o Samaín e o Magosto, así bonito quedou o cole.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
3
PAPAVENTOS
MAIO 2017
25N: LOITA POLA IGUALDADE DE XÉNERO E NON VIOLENCIA
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
4
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CHEGOU O NADAL!
POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE NADAL: PORTADA: CATALINA 3º B CONTIDO: CELIA 5º B CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
5
PAPAVENTOS
MAIO 2017
DÍA DA PAZ
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN O ALUMNADO DO ISIDRO FIXO UNHA PEQUENA DOACIÓN DESTINADA A UNHA ONG
14 DE FEBREIRO
Todos e todas escribimos mensaxes de cariño e de paz para decorar o corazón do cole!
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
6
PAPAVENTOS
MAIO 2017
O ENTROIDO Tal e como dixo o Meco: “O mellor día e o venres, chega o remate da semana e irás como che de a gana”
5º B E.I
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
7
PAPAVENTOS
MAIO 2017
LETRAS GALEGAS 2017 O pasado mes de maio festexamos o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi: CARLOS CASARES!!
Carlos Casares Mouriño nace en Ourense o 24 de agosto de 1941. Aos catro anos, a súa familia trasládase a Xinzo de Limia. Tamén pasa tempadas coa familia dos país nas aldeas próximas de Lamas e Sabucedo, máis en Beiro. Alí estaba en contacto coa natureza, aprende os nomes dos paxaros e das árbores. As vivencias nestes lugares deixarán unha importante pegada na súa obra. En 1952, ingresa no Seminario de Ourense; nese momento empeza a adivinarse o seu destino literario ao publicar un xornal semanal chamado El Averno. No seminario ten a oportunidade de ler os autores clásicos e os escritores españois e estranxeiros. Unha vez fóra do seminario, gaña o concurso provincial de relatos breves e iso permítelle coñecer a Vicente Risco e participar no seu faladoiro do Café Parque. Na década dos 60 marcha a Santiago de Compostela, para estudar Filosofía e Letras. Nesta época publica as súas primeiras obras: en 1967, Vento ferido, un
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
8
PAPAVENTOS
MAIO 2017
conxunto de relatos xuvenís que acada un enorme éxito; ao ano seguinte, A galiña azul, un libro de contos para nenos que gaña o concurso da Asociación Cultural O Facho e que reflixte o seu espírito comprometido e libertario e, en 1969, a súa primeira novela, Cambio en tres. Nese ano comeza a traballar como profesor en Viana do Bolo, pero perde o traballo por pretender que os nenos e nenas pobres poidan acceder de balde ao comedor escolar e ten que marchar a traballar a Bilbao. Despois exercerá a profesión en Cangas do Morrazo e Vigo. En 1971, nunha viaxe en tren, coñece a Kristina Berg, unha rapariga sueca coa que casa de alí a pouco; así é como chega a amar Suecia, un país que toma como modelo para Galicia. Nesta década consolídase como escritor. Gaña o premio da Asociación Cultural O Facho coa peza de teatro As laranxas máis laranxas de todas as Laranxas en 1973 e pública Xoguetes para un tempo prohibido en 1975. Pouco despois, saen do prelo Os escuros soños de Clío (1979) e Ilustrísima (1980). Tamén traduce ao galego a obra O Principiño e colabora cos xornais La Región e La Voz de Galicia. En 1978 ingresa na Real Academia Galega e pasa a ser o máis novo dos seus membros. En 1982 preséntase como galeguista independente nas listaxes do PSdeG-PSOE nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia e é elixido deputado. Participa na redacción e aprobación da Lei de normalización Lingüística, un dos seus grandes logros. En 1985 é nomeado director da Editorial Galaxia, cargo que desempeñará ata o seu pasamento. Nesta última etpa da vida dirixe tamén a revista Grial, e preside a asociación de escritores PEN Club de Galicia e o Consello da Cultura Galega. En 1992 empeza a publicar a diario a columna “A marxe” no xornal La Voz de Galicia, estes pequenos artigos converterano nunha figura noi popular e querida.
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
9
PAPAVENTOS
MAIO 2017
Nesta época escribe outras obras destinadas ao público infantil como Lolo anda en bicicleta, Un polvo xigante ou unha serie de libros arredor da figura dun neno inventor, Toribio, pero tamén biografías, ensaios, traducións e as novelas Deus sentado nun sillón azul (1996) e O Sol do verán (2002); esta última será publicada despois da súa norte, ese mesmo ano.
TALLERES: 1º e 2º de Primaria desfrutaron cos XOGOS POPULARES
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
10
PAPAVENTOS
MAIO 2017
POSAMOS MOI DEVERTIDOS PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO!
CEIP. PLURILINGÃœE ISIDRO PARGA PONDAL
11
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
12
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
13
PAPAVENTOS
MAIO 2017
Fixemos pa
Valentín deixábase acariñar
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
14
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
15
PAPAVENTOS
MAIO 2017
Os nenos de 5º A de infantil estivemos coñecendo a Monet e algunhas das súas obras. Despois de ver o seu autorretrato, fixemos os nosos. E...así de bonitos quedaron.
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
16
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
17
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
18
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
19
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
20
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
21
PAPAVENTOS
MAIO 2017
Sofia Canedo 3ยบ B
CEIP. PLURILINGร E ISIDRO PARGA PONDAL
22
PAPAVENTOS
MAIO 2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
23
PAPAVENTOS
MAIO 2017
DESPEDIDAS DUNHA ETAPA
NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL QUE O ANO QUE VEN CHEGAN A PRIMARIA!
Os nenos e nenas de 6º despiden a súa etapa no cole cunha saída as Fragas do Eume. AQUÍ OS TEDES GOZANDO DA NATUREZA!
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
24
PAPAVENTOS
MAIO 2017
Equipo de Dinamización Lingüística CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal Curso 2016-2017
CEIP. PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL
25