Paseando por Belvís
Situado no centro histórico de Compostela, o parque de Belvís ocupa unha antiga zona de hortas que foi transformada en parque urbano entre 1998 e 2008. No seu trazado respectáronse os muros, as bancadas do terreo e as vías históricas, como a rúa das Trompas. O parque de Belvís destaca polas súas amplas extensións de céspede, que se combinan con outras máis reducidas de arboredo, nas que podemos ver algunhas árbores de gran tamaño, coma un exemplar de dracena e varios castiñeiros. Dúas zonas do parque dividíronse en pequenas hortas, cultivadas por veciños e veciñas de Compostela que obtiveron a correspondente concesión do Concello.
1 of 1 Itinerario ambiental Pagepara descubrir o noso parque
CIAC - Google Maps
Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado
LOCALIZACIÓN: R/Ameixaga, s/nº - Santiago de Compostela Coordenadas GPS: 42º 52,489’ N; 08º 32,274’ O
O parque é atravesado polo rego do Cancelón, afluente do Sar. No século XIX levaba auga dabondo como para abastecer as dúas fábricas de curtido do coiro que se situaban nos terreos do actual parque. O antigo curtidoiro de San Nicolás de Sar foi restaurado para acoller o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), mentres que do outro, situado nas Trompas, podemos ver a estrutura do edificio.
HORARIO: Martes de 16.30 a 18.30 Mércores, xoves, venres e sábado: de 09.30 a 13.30 Domingos e Luns, pechado MÁIS INFORMACIÓN: Teléfono: 981.543.145 Fax: 981.543.146 Correo-e: ciac@santiagodecompostela.org Web: www.ciac-compostela.org
Mapa de 1907 onde se ve o actual parque de Belvís bañado polo rego do Cancelón e os edificios do que hoxe en día é o CIAC.
Rúa das Trompas en 1919, coas hortas e o convento de Belvís ao fondo
©2011 Google - Datos de mapa ©2011 Tele Atlas -
CIAC
Un centro de visitantes para saber máis sobre o medio urbano
Público · 494 vistas Creado el 8 de Abr · Por · Actualizado el 8 de Abr
Deseño e realización:
cem, s.coop.galega
CIAC
As cidades son lugares clave na xénese e na solución da problemática ambiental que ameaza o noso benestar. O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) naceu para achegar a toda a cidadanía, e especialmente á poboación escolar, o funcionamento da cidade desde a perspectiva ambiental, coa finalidade última de fortalecer a implicación da sociedade compostelá na solución dos problemas ambientais locais e globais. O CIAC alberga unha exposición permanente e interactiva, composta por material expositivo fixo e mais por pantallas táctiles con opcións para distintos niveis de formación dispoñibles en galego, español e inglés. A exposición pode ser visitada por calquera persoa interesada durante o horario de apertura ao público do CIAC. Ademais, é posible concertar visitas guiadas para grupos por parte de centros de ensino, asociacións,... O programa de actividades do CIAC compleméntase coa organización de obradoiros, exposicións temporais, xornadas técnicas e xornadas de divulgación.
Belvís foi durante moito tempo e ate mediados do século pasado unha zona de cultivos moi importante para a cidade e ademais na época medieval era tamén unha sorte de “foso” que actuaba coma defensa natural da cidade. Hoxe separa e relaciona o casco histórico co convento de Belvís e o Seminario Menor. O primeiro foi fundado no século XIV e reedificado na época barroca. A súa igrexa é obra de Fernando de Casas e Novoa, autor tamén da fachada do Obradoiro da catedral. O edificio do Seminario Menor foi construído nos anos 50, segundo os padróns da arquitectura da posguerra. Hoxe funciona tamén como colexio e albergue de peregrinos. Coma o resto dos parques da cidade, Belvís contribúe de variadas formas a facer de Santiago unha cidade máis habitable, e ademais de ser un espazo privilexiado para o lecer, axuda a reducir o cambo climático, é o hábitat de diversas especies de fauna e flora e aminora as enchentes cando chove intensamente.
O Convento de Belvís, desde o xardín das aromáticas que hai na horta piloto xestionada polo propio concello.