Roteiro 4 cores e formas

Page 1


Coordinación: Mª Isabel Fraga Vila Autores: Celestino Quintela Sabarís Martín Souto Souto Francisco Leonardo Docanto Xan Guerra Bouzas Museo de Historia Natural Luis Iglesias Universidade de Santiago de Compostela Xuño, 2008 D.L.: C 4587-2008 ISBN: 978-84-691-8188-1 © Museo de Historia Natural



Roteiro 4 “AS CORES E AS FORMAS DAS ÁRBORES” As copas, follas, flores, codias... de árbores e arbustos poden adquirir unha gran diversidade de formas e cores, como se pode ver se por exemplo, se compara un magnolio cun cedro. Centraremos este roteiro no recoñecemento desta variabilidade, ao tempo que aprendemos cousas novas das plantas. Como as árbores varían a estación do ano, as especies e exemplares que se observarán durante o roteiro non serán sempre os mesmos, xa que se procurará seleccionar sempre aqueles que estean na fase máis representativa do seu ciclo biolóxico (floración, frutificación, color de follas, etc.). Neste documento preséntanse algunhas árbores e arbustos a modo de exemplo. Este roteiro está deseñado para o público xeral, especialmente para estudantes de ensino primario. Primeiro imos deternos un pouco no vocabulario que se emprega para describir unha planta leñosa: Que é unha árbore? Planta leñosa cun só tronco que se ramifica para formar a copa e que cando está madura alcanza varios metros de altura. Que é un arbusto? Planta leñosa que se diferenza dunha árbore por non ter un tronco único, senón varios troncos semellantes desde a súa base, que se ramifican para formar unha soa copa. En xeral son máis baixos que as árbores.

Árbore Arbusto

Limbo Pecíolo Folla 1- Partes Limbo: é a lámina. Pecíolo: é a parte mais delgadiña que une a lámina coa póla. 2-Formas Simple: a lámina é unha soa peza. Composta: a lámina está dividida en varias pezas (folíolos). Segundo a forma do limbo, danse numerosos nomes diferentes (ovalada, lanceolada, etc.).


Sabes como funciona unha planta? Como primeiro punto do noso roteiro, imos coñecer (ou lembrar) como funcionan as diferentes partes das árbores. Para iso observaremos un magnolio (Magnolia grandiflora) e as súas partes aéreas: raíces superficiais, caule e pólas, follas, flores e froitos.

Na foto central podemos ver o aspecto xeral dun magnolio (Magnolia grandiflora) situada no Campus Sur da USC, preto do MHN Luis Iglesias. Nas fotos seguintes podemos observar as diferentes partes desta planta:

- Raíz: cunha función de suxeición ao substrato e tamén de captación de auga e nutrientes do solo.

- Caule e pólas: que teñen funcións estruturais, de soporte das partes que realizan a fotosíntese, e tamén unha función de transporte de auga, sales e nutrientes entre as partes aéreas e as partes subterráneas da planta.


- Follas: son os órganos onde ten lugar a respiración e a fotosíntese. Grazas á fotosíntese, as plantas poden producir os seus propios alimentos a partir da auga e sales minerais (que captan do solo) e o CO2 (que captan do aire). As plantas, coa fotosíntese, purifican o noso aire e enriquéceno en osíxeno!!!

- Flores: son os órganos de reprodución sexual nas plantas. O magnolio ten unhas flores de cor branca ou crema de gran tamaño.

- Froitos: son estruturas que cobren e protexen ás sementes. Neste caso, cada flor produce moitos froitos que forman un conxunto chamado polifolículo.

A continuación amósanse unha serie de árbores e arbustos presentes no Campus Sur da USC, nos que se sinalan varios caracteres que observaremos durante o roteiro. Estas especies selecciónanse para ter unha pequena mostra de diferentes formas de copas (columnar, cónica, esférica,...) de follas (agullas, escamas, simples, compostas, ovaladas, palmeadas...) e tamén cores (verde, azulenta, vermella, amarela,...). De acordo coa dispoñibilidade de tempo ou a época do ano veranse diferentes especies, como as que se indican a continuación.


Copa

Esférica.

Camelia (Camellia japonica) Follas

Simples, coriáceas, de cor verde escura por enriba e máis clara por embaixo. A marxe é serrada.

Codia

Lisa e de cor escura.


Cedro do Atlas (Cedrus atlantica ‘glauca’) Copa

Follas

Codia

Piramidal.

Agullas de cor gris azulenta neste cultivar, reunidas en grupos semellantes a pinceis.

Rugosa (reticulada), de cor castañoavermellada.


Xinkgo (Ginkgo biloba) Copa

Follas

Codia

Piramidal.

Con forma de abano e nervaciĂłn bifurcada. Moitas teĂąen unha escotadura central no ĂĄpice. En outono son de cor amarela viva.

Rugosa, con fendas lonxitudinais.


Tuiopse (Thujopsis dolobrata ‘variegata’) Copa

Follas

Codia

Cónica.

En forma de escama, variegadas (de cor branca e verde).

Escamosa de cor avermellada, as escamas son tiras alongadas.


Chopo (Populus alba) Copa

Columnar.

Follas

Codia

De contorno pentagonal, marxe lobulada e

Abrancazada en ĂĄrbores novas, con

envĂŠs de cor gris clara.

pequenas manchas escuras.


Ameixeira xaponesa (Prunus cerasifera ‘pisardii’) Copa

Esférica e irregular.

Follas

Simples, lanceoladas de marxe serrada e cor púrpura.

Codia

Codia reticulada.


Loureiro xaponés, loureiro manchado (Aucuba japonica ‘variegata’) Copa

Arbusto de forma esférica.

Follas

Codia

Alongada, marxe serrada, variegada

Verde, con avultamentos lonxitudinais grises-

(manchas irregulares amarelas).

acastañados.


Robinia (Robinia pseudacacia) Copa

Follas

Esférica irregular.

Composta, pinnada, con folíolos en número impar.

Codia

Rugosa, con fendas lonxitudinais moi fondas.


Castiñeiro das Indias (Aesculus hippocastanum) Copa

Follas e froito

Esférica a irregular.

Compostas, palmeadas con cinco folíolos.

Codia

Codia de cor escura, escamenta (semellante á do plátano), escamas reticuladas.


Criptomeria (Cryptomeria japonica) Copa

Follas

Codia

Piramidal.

Agullas rĂ­xidas, curvadas na punta.

Avermellada, con fendas lonxitudinais.


Tuia xigante (Thuja plicata ‘zebrina’) Copa

Cónica.

Follas

Escamas, variegadas (verde-amareladas), dispostas nas pólas como as tellas dun tellado.

Codia

Cor castaño-escura, con escamas alongadas.


Plátano (Platanus orientalis) Copa

Esférica

Follas

Simples, con lóbulos dispostos de forma palmeada e marxe con dentes de tamaño irregular.

Codia

Escamosa, de diferentes cores.


Acivro, xardón (Ilex aquifolium) Copa

Cónica e irregular.

Follas

Enteiras, coriáceas, de marxes espiñosas e de cor verde máis escura por enriba.

Codia

Codia lisa, castaño escura.


Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipifera) Copa

Follas

Simples, palmeado-lobuladas, cunha Esférica irregular.

escotadura no ápice e coa base en forma de corazón.

Codia

Codia de cor clara, rugosa con fendas pouco profundas.


Sabugueiro, bieiteiro (Sambucus nigra) Copa

Arbusto de copa esfĂŠrica.

Follas e froito

Folla composta, pinnada, con cinco folĂ­olos de marxe serrada.

Codia

De cor clara, rugosa, con fendas profundas.


Liquidámbar (Liquidambar styraciflua) Copa

Follas

Simples, palmeadolobuladas, con 3 lóbulos Piramidal.

grandes e 2 basais máis pequenos. En outono viran a cores amarelas, vermellas e púrpuras

Codia

Codia rugosa, reticulada, fendas pouco profundas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.