A escola dos meus avos

Page 1

A ESCOLA DOS MEUS AVOS ¿COMO ERA A ESCOLA? O edificio da escola era a antiga casa de pobo onde antigamente se xuntaban os veciños para resolver os seus problemas. Naquel tempo os nenos estudaban separados das nenas e dentro do colexio había un crucifixo e unha foto de Franco na cabeceira da mesa de traballo do mestre. As mesas e os bancos eran corridos con capacidade de oito a doce nenos por mesa, non existían bolígrafos e para escribir usábase pluma e tinteiro. A pluma estaba formada por dúas partes: a pluma dita e unha maniña ou cañotero, tamén se usaba unha pluma chamada de redondilla. Para as Matemáticas usábanse a pizarra con un útil chamado pizarrillo e tamén se usaba o encerado para ditados e operacións de Matemáticas para o ensino colectivo. Na mesma escola estudaban xuntos dende os máis pequenos ata os máis grandes. O primeiro libro dos nenos era “ Raias primeiras” seguido do “Silabario” e “Catón” logo pasaban a “ misandero”, leccións e cosas, manescrita, “enciclopedias escolares”, “virtude e patria” e enciclopedias primeiro,segundo e terceiro grao. Estes libros pasaban duns cursos a outros. Só tiñan uniformes as escolas privadas de alto nivel e no caso das escolas públicas usábanse mandilóns. Os comedores só os tiñan os colexios privados. Tiñan unha maneira peculiar de castigar a os nenos. Por mal comportamento poñíannos de xeonllos e libros ou pizarras nas mans cos brazos estirados e tamén pegábanlle cunha regra nas mans e no caso de falta de atención ou non


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.