CARTA AS FAMILIAS

Page 1

Estimadas familias Cando abrimos un libro abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a El temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de imaxinar, de vivir outras vidas, de comprender.... Durante a infancia a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura. Esta Mochila viaxeira é unha invitación para disfrutar dos libros en compañia, compartindo coa familia os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos. As materiais incluídos están pensados para que sexan do agrado de todos vós e confiamos en que poidamos conseguir os obxectivos para os que foi deseñada esta actividade.  Tomar conciencia da importancia que ten a familia no fomento da lectura.  Coñecer e valorar os diferentes tipos de lecturas: libros de ficción, informativos,álbumes, revistas, etc  Descubrir “outros xeitos de ler” na linguaxe da música e dos audiovisuais.  Fomentar o hábito lector no alumnado do centro. Xunto cos materiais enviamos tamén o “Caderno viaxeiro” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou...incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades... Esperamos a vosa colaboración, convencidos/as de que o esforzo incidirá moi positivamente na educación dos vos@s fill@s

¡¡Ánimo e boas lecturas!! MOITAS GRAZAS A TODO@S POLA VOSA COLABORACIÓN Equipo de dinamización de Biblioteca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.